20 ene 2007

Beiras dálle tamén ‘leña’ a Feijóo polo triste crac do Estatuto
A nova completa en Galicia Hoxe

O nacionalista acusa os populares de ser a “sucursal ianqui de Bush en España” e culpa a Feijóo O actual responsable de Acción Política da nova Executiva do BNG e presidente da Fundación Galiza Sempre, Xosé Manuel Beiras, responsabilizou onte o PPdeG do fracaso da reforma estatutaria por seguir a "estratexia de Madrid" e subliñou que o voceiro nacional da súa formación e vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, "non baixou os calzóns" durante as negociacións que tiveron lugar na reunión de líderes políticos do pasado mércores. (...)
Neste sentido, criticou a postura mantida polo PPdeG, ó que culpou de "non defender" a Galicia e de poñerse a disposición da "estratexia" do PP de Madrid. "Un partido", dixo, "que é a sucursal ianqui de George W. Bush –o presidente de Estados Unidos– en España e en Europa".
Así, subliñou que a dirección popular, tanto na comunidade de Galicia coma en Madrid, é a "plataforma de lanzamento" da estratexia da "ultraglobalización belicista" de Bush, "o obxectivo da cal pasa por destruír as distintas culturas e pobos". Desta forma, dixo non entender como o presidente de PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, se negou a que o futuro texto autonómico "afirme legalmente" a súa identidade como pobo e se converta nun "suxeito activo de dereito político".

10 comentarios:

Anónimo dijo...

escoitei un anaco das declaracións do vello e fíxome rir(é de agradecer) porque cando íase referir a Quintana, atrancouse (o inconscente traicionouno) e non lle salia o nome, acabou chamándolle Portavoz Nacional, ainda que queria decir o ..... Mal vamos nesta terra canda a UNICA representación nacionalista que ten 13 diputados de 75, a dirixen 15 gichos nos que alomenos un montou un piposte para chegar o cumio por demostar que é algen e sobre todos por joder (algo por certo, moi galego). E logo esperamos un estatuto de nación!!! Meus, o que nos queda.

Anónimo dijo...

Pois eu creo, sinceramente, que Beiras pecou de “ultraideoloxismo” nas súas declaracións, e que con iso distraiu o que tiña que ser o obxectivo central da súa intervención: denunciar o PP verbo da non consecución do Estatuto.

Semella politicamente desenfocado subliñar, lisa e simplemente, que a dirección popular, tanto na comunidade de Galicia coma en Madrid, é a "plataforma de lanzamento" da estratexia da "ultraglobalización belicista" de Bush, "o obxectivo da cal pasa por destruír as distintas culturas e pobos".

Que dá a entender con todo isto?
Que non houbo Estatuto debido á “ultraglobalización belicista” de Bush e que a negativa do PPG a darlle luz forma parte dun plan esbozado polo presidente dos EE.UU.? En consecuencia, que Bush vetou o novo Estatuto para Galicia?

Reparemos en todo isto.
Non está a mesturar Beiras caoticamente factores moi diferentes entre si nun discurso ultraideoloxizado que dilúe as responsabilidades concretas de persoas concretas nunha suposta conspiración de alcance mundial?

O seu é un discurso para consumo interno e, lonxe defacer fincapé no fundamental, vaise polos cerros de Montana.

Moi confuso e nada crible polo conxunto da cidadanía galega.

Esa é a miña opinión.

Marcos Valcárcel López dijo...

Algo de razón ten Anónimo PC: hai tanto que criticar na liña obstruccionista do PPGalego que é preferible centrarse na súa inutilidade como axente político neste país, por riba do seu papel ideolóxico, que de todos os xeitos pode coincidir co diagnóstico de Beiras.

Anónimo dijo...

Si, é verdade, tanto o que decides anónimo PC e MV.Pero o vello anda noutras leiras, el é un facho incustionable, un luz na oscuridade, un profeta e os profetas falan para o futuro, para os que viran. Xa dende uns anos para aqui ten outro futuro nesta terra de pailans, de escuros e duros.

Anónimo dijo...

O discurso caótico, entrefrebado de uitraideoloxismo, é marca da casa Beiras, xunto con outros compoñentes de carácter ben distinto. Houbo tempo, duradoiro, no que ía gobernando o balance; pero hai dous ou tres anos, anunciou que daquela en diante había falar "abertamente".

Eu valoro positivamente que volvese á dirección do Bloque. O seu concurso en positivo debe devolver vontades perdidas. Pero xa non é o tempo del nin da súa xeración; había ser o da nosa...

Anónimo dijo...

Remato de ler estas declaracións:

Tamén [Beiras] se referiu a súa presencia no Foro Social Mundial de Naerobi en representación do BNG e da Fundación Galiza Sempre e a de Camilo Nogueira, que estará de forma individual. “Camilo Nogueira é un membro do BNG e do Consello Nacional e se está el, tamén está o BNG. Pero Nogueira non é membro da dirección Executiva e eu, en troques, sí son membro e a Comisión Executiva do BNG tomou o acordo de que eu representase ao BNG a ese nivel de Órgano executivo do BNG. E esa é a diferencia entre o mandato que me confire a min e a presencia de Camilo Nogueira”, respostou.

Que pasa? Xa andan de novo na lea? É que son coma nenos pequenos, sempre co "yo soy más que tu".

Anónimo dijo...

Amigo: xosé m. gonzález, comparto con vostede esa visión sobre Beiras. Creo que amosou un camiño moi interesante (tal vez pola súa carisma) para o BNG, pero detívose. Os últimos anos de Beiras son anos de estancamento no avance electoral do nacionalismo. Polo que sexa: non valen dar explicacións cando se estanca e non dalas cando medra ou poñer distintas explicacións esóxenas ou endóxenas, segundo cadre. A súa substitución por un rapaz novo, alcalde dun pequeno pobo de Ourense, con certa prédica no partido non foi nin será doada, porque a sombra do pai, e ademáis intelectual, é moi longa. Pero creo que era necesaria. Noutro post laiábase da escasa fortuna crítica de Quintana ou das veladas ou non tan veladas censuras á súa escasa preparación intelectual: con moita razón, pero creo que o propio Quintana coñece as súas limitacións neste sentido por comparación odiosa. Pertence a unha xeración (non sei se pertence á súa) que ten outro sentido da política, máis aberto, que as xeracións máis vellas non entenden. O BNG non precisa de Beiras e sí de Quintana, capaz de atraer ao seu rego todas as sensibilidades nacionalistas. Eu creo que desde logo con vostede, amigo xosé m., terá que contar. Ánimo.

Anónimo dijo...

Arume: coincido case ao cento por cento, e non é pouco dicir para un tipo tan entreitizo e cargante coma min. En efecto, penso que Quintana podería tirar de xente de diversas sensibilidades, e tamén achegar ao nacionalismo a outros, se lle axudasen ou lle deixasen, polo menos.

Agradézolle o que di sobre min. Facemos o que damos feito.

Anónimo dijo...

Probeiras: Si, estou dacordo con vos. Está vello. Ten a mesma edade cos meus pais e, por lóxica tendo a comparalo con eles porque ten os tics disa edade. Onde quedou ise home que fixo os discursos maxistrais dos días da patria, pezas poeticas que dificilmente volverei a leer. Pero o ego eche así, xoga malas pasadas, como estalle a acontecer. Para min que o sigo desde o 75, o devalo comenzou na comparecencia na noite electoral das suas últimas eleccions nas que presentouse e perdeu, dando aquel triste espectáculo mediático. Facia moitos anos que non tivera vergoña allea de ninguen como aquela triste noite. Logo tuvo a suprema intelixencia de marchar e recuperou o meu creto para logo, sen que ninguen llo pedise (imaxínome que salvo a sua camarilla) volver a loita politiqueira no peor senso da palabra para afundírse definitivamente como creo sinceiramente que agora está, totalmente desacreditado na xente do comun. Ainda así, espero un milagre.

Anónimo dijo...

¡Se ata coincido eu co que din Arume e González sobre Quintana! Eu creo que este tipo é -ou mellor dito, podería chegar a ser- unha bendición para o nacionalismo galego, un golpe de sorte, despois de líderes voluntariosos pero cerriles, como Nogueira, e brillantes pero valeiros, como Beiras. Quintana non ten alta titulación universitaria, pero en intelixencia política, simpatía persoal, coñecemento da xente e capacidade de comprensión da realidade ten un doutorado "cum laude" en comparación cos seus máis inmediatos predecesores. O maior defecto que lle vexo é que é demasiado afeccionado ao regate curto e aínda non se atreve a lanzar pases de corenta metros. Pero se o deixan, aprenderá. Ou se cadra xa sabe, pero no equipo non lle deixan practicar ese lance. Quintana vale moito máis do que din os seus detractores. E outra cousa: non é un especialista en caerlle mal á xente, senón todo o contrario.