Hitchcock e as artes plásticasEsculcando no tema das mulleres na obra de Hitchcock, encontro na rede un magnífico
artigo do escritor Juan Pedro Quiñonero (“Babel”) sobre a exposición que hai uns anos se fixo no Centro Pompidou arredor das “coincidencias fatais” entre o cineasta e o mundo da arte. Esa mostra demostrou a inmensa cultura artística do mestre do suspense, tan presente nas súas películas: un bico dos protagonistas en “Vértixe” podería estar inspirado no “Dúo” de Magritte; os “Paxaros negros” de Brake terían que ver cos que aterrorizaban a Tippi Hedren e a casa de “Psicose” estar inspirada na “Montaña do faro” de Edward Hopper. A Kim Novak de “Vértixe” prolonga visualmente a Prosperina de Dante Gabriel Rossetti: o xenio admiraba os prerrafaelistas. E tamén aparecen “coincidencias fatais” coa obra de Edgar Allan Poe, Kafka, Oscar Wilde ou Lovecraft: un xenio, sen dúbida, o gordo inglés.
3 comentarios:
Por disentir un pouco: non cre que Hitchcock é un pouco trampulleiro, que xoga de forma ás veces excesiva coa confianza dos espectadores?
Si, Hitchcock, con ser un xenio, ten altibaixos, ás veces retorce demasiado as cousas e un se pode aburrir de seguilo: para min, "Recuerda" ten partes moi pesadas, de Reader Diagest do Psicoanálise mal asimilado (pese ás imaxes de Dalí) e "Marnie, a ladroa", revisitada hai uns días, tamén me pareceu moi forzada, aínda que ten achádegos visuais indiscutibles...Por exemplo.
Hitchcock non é o inventor do chamado McGufin?
Publicar un comentario