8 feb 2007




En el remolino, de J.A. Labordeta
Preséntase hoxe en Zaragoza (FNAC) esta novela do cantante e poeta José Antonio Labordeta. Mágoa non estar alí para felicitalo (o único tipo "maleducado" que me caiu ben "mandando á merda" a uns cantos no Parlamento). Graciñas a D.Simón pola información.
Braulio, pobre e humillado, conseguiu converterse no prestamista que executa as débedas non pagadas e que se queda con colleitas e campos. Pero aquel pobo, onde nunca pasa nada, comeza a revolverse nos albores da guerra civil: os sediciosos controlan a zona e din que detiveron a Longares, o alcalde, e que o mataron. O ferreiro e o albanel, os proletarios, desapareceron. E Severino di que non hai máis lei que a da súa pistola. Don Luis, o xuíz, oponse, pero os dous gardas civís únense a Severino. En realidade, as presa de Severino non son os proletarios, senón Braulio, a quen el e todos deben diñeiro. O prestamista mata a Severino e foxe cos seus caudais. Os camaradas de Severino saen en manda a matar o asasino... José Antonio Labordeta escribiu unha fascinante novela coral, relatos que tecen a vida dun pobo onde todos se coñecen e ninguén é o mal absoluto, ou a absoluta bondade. A medida que o lector vaia penetrando no libro descubrirá o máis desconcertante da alma humana. En palabras de José-Carlos Mainer, prologuista do libro, “un relato faulkneriano que é case o xeito innato de narrar unha traxedia civil: un coro de voces, un tempo dinamitado, unha pelerinaxe confusa”.

1 comentario:

insomniorizar dijo...

tou dacordo. a min pareceme entrañable como entrañables me parecen os señores vellos do meu pobo q pola mañá acaparaban a voz de galicia e lían ata os pé de paxina e as esquelas. entrañables como os vellos do meu bat q ajora xa non beben alcol e falan do pasado como bos tempos, entrañables como os berros que botan cando discuten da política de fisterra.

despois de semanas alborotadas, de traslados, busquedas de piso e aljunha que outra metedura de pata no traballo, xa me estou acomodando na cidade das chispas e onte, para ir facendo bo camiño, fun a casa da xuventude de ourense e alí falei con Rosa q é encantadora.e xa tou felís, xa me sinto como na casa, xa lle vou chamar o fogar da xuventude.
a vindeira semana, ou ben a de carnavales que teño ponte teredes noticias miñas. un saudiño dende o insomnio