10 feb. 2007


Maruja Mallo e Juan Orol García
Salvador Rodríguez recupera hoxe no Faro de Vigo e no Suplemento do Sábado, dúas historias interesantes: a do director de cine Juan Orol García, amigo de Luis Buñuel, e uns artigos de Maruja Mallo en La Vanguardia no verán de 1938, denunciando a represión da guerra incivil en Bueu.
Pódense consultar os dous traballos en formato PDF, aquí.
(O retrato feminino que acompaña este post estivo na mostra que lle dedicou hai moitos anos o CGAC a Maruja Mallo. Daquela merquei o poster deste enigmático e clasicista retrato que, logo enmarcado, hai moitos anos recibe ós visitantes na entrada da miña casa).

1 comentario:

Moralla dijo...

Maruxa Mallo foi unha gran pintora silenciada no pasado polo feito de ser muller e tamén pola penumbra da emigración e a ditadura. Hoxe en día está empezando a rexurdir o seu potencial e a súa luz eterna. Bravo por este post.