16 feb 2007


Ó mellor ata sobran os meteorólogos...
Segundo esta imaxe que me manda un amigo, ó mellor ata sobran os meteorólogos. As cousas son tan sinxelas como indica o cartel, supoño que procedente de terras portugueses: se non se ve a pedr, hai nevoeiro; se se balancea, é que hai vento, e se a pedra non está, debe haber un tornado en marcha. (E que conste que non teño nada contra tan ilustre gremio: aínda máis, durante varios meses, o meu primeiro traballo remunerado, xunto coa miña muller e outra parella amiga, foi atender as medicións da Estación de Meteoroloxía de Ourense, na Granxa da Deputación, o que nos obrigaba a estar aló creo que ás 7 (ou 7,30?) da mañá para tomar as notas pertinentes e describir as nubes do día. E tiña o seu aquel tal compromiso...).

3 comentarios:

Xosé Manuel Carreira dijo...

Vese claramente que os noso irmáns portugueses son moi amigos do ir arranjando-se.

Anónimo dijo...

Vese na foto, na diferente aliñacióndo botón "simples" do resto das letras, que é unha montaxe... maliña, por certo.
Hai outras de portugal, pola rede, máis simpáticas, como a dos tipos que se confunden e pintan SPOT na rúa en vez de STOP, etc.

Xosé Manuel Carreira dijo...

Pode que o do SimpleX será unha crítica ao programa de reforma fiscal de Sócrates.