17 feb. 2007

Nunha cafetería do centro de Auria

Estou tomando unha caña de cervexa nunha cafetería do centro de Ourense. Moi perto fan tertulia diaria un grupo de políticos, todos antigos altos cargos do Partido Popular (mesmo exparlamentarios), afíns ó que se chamaba o sector democráta-cristián do PP. Falan do caso de Gondomar e da corrupción: "Xa hai que ser burros deixarse coller desa maneira...". Un deles propón que os concellais non poidan conceder esas licencias, que para iso está o alcalde. Outro di: "Yo estoy convencido de que con la democracia se favorece mucho la corrupción. En tiempos de Franco nada de esto pasaba". Os demáis amosan o seu asentimento...

7 comentarios:

Un amigo dijo...

O que di que en tempos de Franco non había corrupción e que esta chegou coa democracia é un cínico ou un parvo. Vostede que escoitou a conversa, señor Valcarcel, saberá en que categoría ten máis posibilidades de estar esa persoa.
Na ditadura a corrupción era xeral, máis nada se dicía dela porque de nada se podía falar abertamente e menos escribir e publicar. A verdade é que a corrupción non é que fose maior, é que era consubstancial á ditadura.
Respecto do outro comentario de que son burros por deixárense coller, pois penso que quizais ten razón, xa que eu podería nomearlle ducias de alcaldes e concelleiros do PP en diversos concellos galegos que teñen feito un “capitalito” pondo o cazo e usando todo tipo de información privilexiada. Claro que quizais non é só porque uns sexan burros ou os outros listos, quizais hai que se preguntar si non terá sido pola inacción da xustiza (fiscalía,...) na hora de actuar sobre os enriquecementos de tantos e tantos edís.

Anónimo dijo...

Tamén lle coñezo eu algúns do PSOE. En todos os sitios cocen fabas.

Etxeokeai dijo...

Unha vez en Santiago, comendo no Alameda, nos días en que colleran ao Roldán alá en Laos, tiña uns políticos do PP ao lado falando de onde se refuxiaría cada un.
Un dícía... eu en Venezuela, sin dúbida, alá hai preto da fronteira coa Guiana...O outro retrucaba, non tal, mellor en Brasil, que non hai convenio... alí tamén....
Un deles chegou a ter cargos centrais e autonómicos nas Américas...
Quero pensar que era só unha conversa inocentes destas "que faría eu se me tocase a lotería". Ou será moito ben pensar?

Etxeokeai dijo...

Eu entendo aos políticos corruptos.
Que a un prigado concelleiro de calquera lugar lle chegue un construtor tintineando cunha bolsa chea de euros e se lle faga o cu gaseosa. Enténdoo. Ainda que supoño que nunca faría eu tal -falar é fácil- e sexa partidario de metelos no caldeiro.
Normalmente, a vía da participación na política activa é unha vía de medre persoal. Canto indocumentado non coñecemos que fóra da política non teña oficio nin beneficio coñecido? Por iso, que a calquera persoa que deu o primeiro paso e entrou na actividade sen formación nin ter clara a súa actividade como servidor público,é fácil que dean seducido. Por outra banda, a escuridade da financiación dos partido tamén a promove. Se o construtor lle di, tome, o 2,5 % do monto para o partido... E vas ti, concelleiro, e dislle ao partido, eu son o que me xogo o pelello de pasarvos X pasta, polo tanto, parte do risco para min...
Total, hai que dar caña sen rasgar vestidura, metendo a xente no cárcere, organizando transparentemetne a financiación dos partidos e... claramente... dándolle toda a caña do mundo aos construtores que entren no xogo. ¿Cantos construtores marean aos políticos e os engaiolan cos prebendas? Construción hai en toda Europa, e a construción non ten que ser consultancial á corrupción. Pero é tanto política, -do concelleiro que cobra dous mil euros ao mes entre o seu traballo particular e as dietas políticas, do partido, todos, que non teñen claro o seu sistema de funcionamento e aos que chegan doazóns estrañas- e o constructor multimillonario que o fai babear co forrollo dos cartos ao pobre pringando, que como o de Gondomar, queda aínda de parvixolo.

Leituga 1 dijo...

Cada vez están saíndo á luz máis casos deste tipo, aínda que non todos tan perfectos, tan de "cómic" como o de Gondomar. Pero iso non quere dicir que haxa hoxe máis corrupción que antes. Hai, iso si, dous factores novos: unha presión inmobiliaria que nin sequera é comparable á dos anos 60-70, e novas instancias dedicadas a perseguir este tipo de corrupción: Fiscalía Urbanística e grupo da Garda Civil especializado neste tipo de delictos. No caso de Gondomar, houbo un terceiro elemento novo que non sei se se xeralizará: a denuncia do promotor inmobiliario, habitualmente aconchabado cos políticos corruptos e que desta vez non aceptou ese estado de cousas.

Xosé M. González dijo...

Uns fenómenos, Marcos, eses tales políticos. É significativo que aínda ousen dicir tales cousas en alto (iso de "hai que ser parvo).

O caso Gondomar prodúceme considerable satisfacción, como visitante estival do Val Miñor desde hai máis de vinte anos. Ora ben, ao fío do que di o Leituga, hai algunhas cousas que me resultan un tanto sorprendentes. Unha delas é, xustamente, que varios promotores e ¡nada menos ca un arquitecto! se decidan a presentar denuncia; precisamente agora, nas vésperas dunhas eleccíóns municipais e cando máis dano político lle pode facer ao PP: se o alcalde recunca na candidatura, malo; se non, talvez peor.

Hai algún outro detalliño que non comento, por discreción. Pero algo si que puntualizo: os tres representantes públicos do BNG agredidos nas súas persoa e propiedades hai xa tempo suscitaran regular interese e non moita solidariedade; eles mesmos o indicaban estes días de atrás, quixen entender que doídos, e non sen razón, ante certa comparanza implícita. Quero mellor non precisar máis, de non ser necesario.

Roi Queimado dijo...

Espero co bo ¨promotor inmobiliario¨ non sera dises que pide X en euros en negro pra que podas mercalo pisiño ou senon nada de nada!!!