Xoán Manuel Casado (e II)
Andoliña 17 febreiro
Di Xesús González Gómez, no estudo que abre o volume de Xoán M. Casado Crónica personal. Poesía completa (1973-2002), que a súa obra poética foi a dun out-sider, sempre por libre e máis influído pola poesía dalgúns poetas da Cataluña do seu tempo que polos seus homólogos galegos daquela hora. Basilio Losada engade que foi a súa unha poesía de experiencias, unha poesía de vida, "dos que, entre a poesía e a vida, optaron, de maneira case feroz pola vida". Camilo Valdehorras fala de biografismo elexíaco e pseudo-confesionalismo irónico no poeta caldelao, aínda que nacido en Barcelona.
Son riscos críticos útiles para asolagarse no mundo lírico de Xoán M. Casado, que amplía as súas perspectivas coa descuberta de versos de intenso alento erótico e paixón amorosa (no libro inédito Parcialidade dos corpos) ou na presenza dunha densa autobiografía lírica no caderno Crónica personal, escrito nos 80, que achega plurais faíscas de toda unha xenealoxía familiar e unha mesta xeografía emocional: o avó materno monárquico que loitou coa República, as películas da infancia, as cancións catalás no colexio, os ecos de Brel e Atahualpa Yupanqui. Fusión íntima, en suma, de poesía e biografía.
1 comentario:
E hoxe,
pasados varios anos,
ti sigues endo ti e a túa circunstancia de formigas
e eu son eu,
con Pound nalgún dos bulsos
XM Casado
Farei un pacto contigo, Walt Whitman-
Detesteite xa bastante.
Veño a ti como un neno medrado.
Que tivo un un pai testarudo;
Xa teño edade para facer amigos.
Fuches ti o que cortaches a madeira,
Xa é tempo agora de labrar.
Temos a mesma saiba, e a mesma raiz-
Haxa comercio, pois, entre nos.
E. Pound
Jimy de Rairo
Publicar un comentario