13 mar 2007


Blanco Amor e a ditadura na Arxentina
(...) De volta de falar cun home -os paisanos din así cando queren ocultar a alguén-, atópome, diante do Parque de San Lázaro, con Eduardo Blanco-Amor. Falamos, lembramos o noso encontro en Rivadabia, na Mostra de Teatro, imos xantar. Eduardo, preocupadísimo polo situación na Arxentina: "O Mundial de fútbol é unha tapadeira perfecta para a guerra sucia. Os "militronchos" están torturando e asasinando ao mellor da xuventude. Ese Videla é un fascista con cara de can famento." A conversa vai derivando e el aconséllame: "Anda rapaz, estuda, escribe. Onde vas con esa "facha" de comunista enxebre ao servizo de Líster? Frecuenta Madrid, Barcelona... Por certo, esta semana tiven visita. Viñéronme ver Antonio Carrera e Félix Grande, dous bos escritores. Veu canda eles Manolo Vilanova, un poeta de Barbantes. Estivemos no Liceo. Tes que coñecelos... (...)
("En cunca de ouro", Luís González Tosar, El Correo Gallego, 13 marzo)
Artigo completo

3 comentarios:

torredebabel dijo...

Grazas Marcos! sempre que chego a estas Uvas e atopo algunha historia de Blanco Amor, marcho contenta co meu agasallo: un paso mais preto dese fabuloso escritor. Apertas!

Marcos Valcárcel López dijo...

Como podes ver, TDB, a presenza de Blanco Amor segue moi viva na Galicia, case a diario. Eu quedo moi satisfeita de que estas notas que escribo eu (ou, como neste caso, que transcribo doutros) vos sirvan para recoñecervos na inmensa obra do ourensán, que botou na Arxentina unha gran parte da súa vida (alí fixo o seu mellor xornalismo, ademais). Saúdos.

Anónimo dijo...

Abofé que Tosar lle fixo moito caso a Blanco Amor. Tamén lle recomendou daquela que se convertese en asesor áulico dunha administración liderada por un exministro franquista? Ao mellor o paso do comunista enxebre ao galeghista de Pérez Varela se debeu ao consello dun ilustre. Vaites, vaites...