1 mar. 2007

COMISIÓN CIDADÁ BANCO DE ESPAÑA PARA A CULTURA

Nunha xuntanza celebrada no Liceo o mércores 28 de febreiro, ás 20,15 horas, e con asistencia dunhas cincuenta persoas, acordouse constituír unha COMISIÓN CIDADÁ BANCO DE ESPAÑA PARA A CULTURA que terá como obxectivo central reclamar a recuperación do nobre Edificio do Banco de España para un uso cultural que repercuta beneficiosamente na cidade e na preservación da súa memoria histórica e artística.
Neste sentido, esta comisión empezará a traballar de inmediato estudiando todos os posibles aspectos legais, xurídicos e patrimoniais que poden afectar á salvagarda do edificio e o seu futuro destino cultural. Tamén de inmediato se buscará asesoramento técnico, legal e urbanístico para afrontar todas as perspectivas posibles que afecten a esta campaña.
Nun prazo breve a Comisión terá un primeiro encontro cos medios de comunicación para transmitir os seus debates e as súas reflexións e, ó mesmo tempo, iniciará as xestións pertinentes para falar con todos os axentes que teñen responsabilidade neste tema: dende o subdelegado do goberno ata os representantes dos tres grupos municipais no Concello, pasando polo presidente da Deputación e outras institucións que terían que implicarse decididamente no tema.
Os reunidos amosan a súa esperanza en que a recuperación cultural deste edificio sexa viable e teña lugar o antes posible, sobre todo tendo en conta que outros edificios do Estado en Galicia pasaron por procesos similares e con resutados positivos (por exemplo: o do Banco de España en Santiago, destinado a un Museo da Cidade e das Peregrinacións; a actual sede da Fundación Granell en Compostela ou tamén a Casa das Artes en Vigo).
Para desenvolver todos estes labores pendentes constituíuse un equipo de coordinación da Comisión Cidadá composto por: Andrés Mazaira, Xulio Rodríguez, Marcos Valcárcel, Afonso Vázquez Monxardín, Xosé María Eguileta, Felipe Ferreiro, Benito Losada, Sonia Torre, Pepe Paz, Sexismundo Bobillo e Pilar Charro.

APOIOS Á CAMPAÑA
A seguir indicamos os primeiros nomes de persoas que apoiaron esta campaña, participando nestes encontros ou amosando por escrito o seu apoio:

Sexismundo Bobillo (secretario do Liceo), Pepe Paz (pedagogo), José Paz (fotógrafo), Afonso Vázquez Monxardín (profesor e escritor), Xosé Mª Eguileta (arqueólogo), Felipe Ferreiro (profesor e exdelegado de Cultura), Serafín Alonso (filólogo e profesor), Emilio Fonseca (arquitecto), Maribel Outeiriño (xornalista), Manuel García "Buciños"(escultor), Miguel Carballo (pintor), David Paz Nóvoa (profesor), Pepe Trebolle (xubilado), Xabier Limia (profesor e crítico arte), Andrés Mazaira (profesor Universidade), Ángeles Castro (profesora), Pilar Charro (xubilada), Benito Losada (director Casa da Xuventude), Eduardo Núñez (fotógrafo), Francisco González (coordinador Centro Cultural Simeón), Xabier Paz (libreiro), Lalo Gómez Rosales (presid. Casa Xuventude), Carlos Varela García (profesor), Xosé M. Suárez (médico), Xulio Outumuro (profesor), Sonia Torre (xornalista), César Ansias (expresid. Clube Alexandre Bóveda), Xosé Ramón Quintana Garrido (historiador), Marisa Calvo (actriz e empresaria), Xulio Rodríguez Senra (Castro Floxo), Marcos Valcárcel (historiador), Miguel Doval (asociacionismo veciñal), Rosa Martínez Rodríguez, Leso Vidal (médico), Alfredo Conde (escritor), Xoán Fonseca, Moncho Conde Corbal (empresa), Pablo Sánchez Ferro (director AHPOUR), Eustaquio Puga (médico), Carlos Feijoo Nóvoa (avogado), Lalo Pavón (xornalista), Xavier Bermúdez (director e guionista de cine), Sula Repani (pintora), Elvira Carregal (arquitecta), Francisco Novoa Rodríguez (empresario, Academia Postal), Elvira Cuevillas (xubilada), Xavier Casares (médico), Gustavo Peaguda Pérez (avogado), Manuel Vidal (pintor), Xosé Lois Vázquez (fotógrafo e deseñador).

(Se te queres sumar escríbenos ó correo electrónico que figura no perfil deste blog)

9 comentarios:

A.P-C. dijo...

Veña, que vos podedes!

Etxe dijo...

Veña que NÓS podemos!

a.p-c. dijo...

Ocúrreseme que, dentro da campaña pro uso cultural do BE, e máis adiante, poderían recoller sinaturas de apoio non só de Ourense, senón de toda Galicia, en especial de xente relacionada coa cultura.

Non sei se a idea lles parece atinada.

marcos valcarcel dijo...

Idea máis que atinada, amigo APC, e que xa estaba prevista: hai moitos ourensáns Galicia adiante dos que esperamos o seu apoio para esta campaña (poden manifestalo aquí ou no meu correo persoal: está no perfil do blog).

a.p-c. dijo...

Eu non me refería só aos ourensáns que vivan fóra, senón a todos os galegos en xeral, sexan de Lugo ou de Vilagarcía.

gustavo peaguda dijo...

Perdoa pero a miña imposibilidade de enviar un correo electronico a tua direccion, vou a utilizar esta via para mostrar o meu apoio a vosa campaña sobre o uso de Banco de España.
Gustavo Peaguda Perez(avogado)

Anónimo dijo...

Non fixera o BNG unha proposta similar hai uns anos?

Etxeokeai dijo...

Seica falaron dunha Biblioteca, pero non coallou, non concretaron e hoxe a biblioteca xa está medio feita alá en San Fracisco... A cinco minutos, ao pé do futuro Arquivo histórico Provincial.
Outra cousa é que a moitos nos pareza errada a localización da biblioteca... tan lonxe e costa arriba.¿Podemos estarricar a cidade polas abas de Montealegre?
Se cadra. PEro en calqeura caso, xa está feito.
Outra biblioteca no BE sería redundante.

Anónimo dijo...

Vaia,o típico sindicato dos abaixo firmantes,a maioría dos cales non sabe o que é dar un pau á auga...
O Troll ágrafo