1 mar. 2007



Dende Celanova

Cando un rapaz de só 12 anos, dende a Celanova de Curros, Celso Emilio e Méndez Ferrín, cando a outros todo o tempo lles é pouco para a videoconsola e o Gran Hermano, pon a andar un blog...
E ademais faino en galego, na nosa lingua.
Pois qué queren que lles diga?
Para min é unha inxección de optimismo e de fe e esperanza no futuro deste país.
Velaí: www.andrederabal.blogspot.com

8 comentarios:

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Alégrome moitísimo que incluira, señor Valcárcel, este enlace porque eu mesmo cando o vin no post de Brétemas, quedei impresionado. Vostede sinala que escriba en galego, eu ademáis engado que fala de música, de cinema e, por suposto, dos seus profes. Eu sempre confío nos xoves (neste caso aínda pícaros): son moito mellor do que pensamos.

Leituga 1 dijo...

De Celanova só poden saír cousas boas.¡Adiante, André!

andrederabal dijo...

O meu pai, un adicto a este blog di que non se deben andar facendo comentarios de calqueira maneira, e moito menos neste, que non é un chiste,
onde non se fala de trangalladas. Ja, ja, ja... il só anda de mirón...
Por deber veño obligado a dalas GRACIAS a todos, de maneira especial a vostede Marcos, nunca imaxinei que me dedicase nadie unha entrada sobre o meu blog.
Gracias, graciñas a todos.

A.P-C. dijo...

Moi ben, André, así se fai. Moi xeitoso o teu blog. Os meus parabéns.

Roi queimado dijo...

A Deus gracias que hai unha boa nova! Noraboa o André. Ti chegaras lonxe, rapaz!

Etxeokai dijo...

Dálle, dálle André.
Pásao ben e moitas felicidades.
Así, así, así
gana el Madrid.

De Celanova -e de San Salvador de Raval -de Ravo, de raphanus, - só pode vir cousa boa,como dicía o LettiuceONE

Se o escribes con b, tanto ten, pero ser, para ben, érache con uve.

torredebabel dijo...

Grazas Marcos pola referencia. Estou encantada!!!

Anónimo dijo...

It is a pity, that now I can not express - I am late for a meeting. But I will return - I will necessarily write that I think.