12 mar 2007


O ovo da serpe.

Pan por Pan domingo 11 marzo (Na foto, a Medusa de Caravaggio)

Moitos dos artigos que limos no Liceo, na homenaxe a Carlos Casares, manteñen nos seus temas unha rabiosa actualidade: velaí a comprensión do fenómeno de inmigración ou a hipersaturación do tráfico nas urbes. Tamén falou Carlos da crispación neses artigos: tamén nos 80 se insultaba ó presidente do goberno e ós ministros. Non é cousa de agora: foi alimentada de vagariño durante anos, con toneladas de demagoxia. Sobre todo por intereses políticos e mediáticos. Ata hoxe non enchoupou con forza a sociedade civil. Pero estamos xa na liña vermella. Por iso cabe pedir responsabilidade a todos os que poidan facer algo para rematar coa senrazón. Díxose sempre que o PP contribuíu á democracia eliminando a forza da extrema dereita e iso é certo. Pero, se hoxe xurdise un partido fascista con vocación de poder, tería moitos votos nestas augas revoltas.

27 comentarios:

Xosé Manuel Carreira dijo...

A crispación vende, Marcos, iso sábese desde os tempos de Goebbles, como resumiu o ministro de propaganda no seguinte decálogo.

1- Simplifique e meta a todos os adversarios no mesmo saco. Non hai termo medio nin matices, dualice, nós os bos, eles os malos.

2- Se non podes evitar as malas noticias, inventa outras que as distraian.

3- Esaxera, convirte calquera anedota en algo gravísimo.

4- Vulgariza, adapta a propaganda ao nível do menos intelixente dos individuos da masa a persuadir.

5- Repite e repite. Se unha mentira se repite suficientemente, acaba por converterse en verdade.

6- Emite constantemente novas acusacións de tal modo que o adversario non teña tempo de refutalas.

7- Apresenta fragmentos e globos sondas como información verídica.

8- Acala calquera liña crítica dentro das propias filas.

9- Apela aos instintos máis primitivos. Fala de sentementos mais do que de razoamentos.

10- Presenta ao adversario como único mas atacao desde varias frontes.

Anónimo dijo...

Mais que crispación, que semánticamente refirese a certa aleatoriedade, eventualiade, circunstancia, o que estamos a vivir ten mais relación cun estado de agresividade organizada, porque non importan os feitos, os seus matices, as súas explicacións, sexa cal sexa o argumento, a dereita responde cun discurso inflexibe, cego, monolóxico, agresivo. negan evidencias, minten, sabendo os complacidos receptores dos seus discursos que minten, sin que esto lles importe. Na dereita non importan os argumentos polo formados e consistentes que sexan, senón pola súa carga ofensiva. A dereita, e esto develmolo ter xa ben aprendido, non ten reparos no uso da agresividade, e do que lle sigue, os reparos foron sempre da esquerda. Nesta situación acostuma a romper a cadea polo eslabón mais flebe, algún xa rompeu, contra unha sede do Psoe, creo que en Mostoles. O curioso foi a reacción oficial do PP, condea pero ao tempo certa comprensión.
Hai uns meses, lin un artido de Anthony Giddens, sempre optimista, pero que desta vez me sorprendía polo seu pesimismo, avisaba da desaparición do centro en Europa.
Esta radicalización da dereita que se está a construir, non nos debe chamar a enganos, temos que saber de que elementos se nutre, como opera e cara onde vai. Non debemos cair no erro de encontrar nesta situación nada de natural, nin de mítico, nin dun rexurdir de ningún pasado. O mellor para a dereita é a o estupor, a perplexidade a paralise dos seus opositores. É tempo de que a España, cando menos liberal, e os nacionalismos ilustrados aposten en serio, con feitos, por outro modelo de estado, simplemente para evitar a involución. Un presidente en Madrid con menor talante democratico e progresista que Zapatero, sería un grave retroceso e unha victoria para a dereita. Hai un estado posibel, tamén probabel, onde o recoñecimento das diferencias e a súa integración en procesos políticos democraticos vai redundar nunha mellor vida para os cidadáns. Pero para esto hai que desarmar o nacionalismo etnocenrista expansivo de Madrid. Hai que atreverse coas reformas profundas da constitución, suprimir os controles antidemocraticos da mesma, distribuir a capital polas capitais, repartir o que foi de todos, e do que ata agora so se beneficou unha Villa, pola que agora se pasea o espiritu da praza de Oriente, percorrendo as súas ruas e ameazando. Non pode o medo unha vez mais mutilar a liberdade. A españa negra, o nacionalismo español expansivo ten que ser freado, polo ben da democracia.Os seus núcleos ideóloxicos e as súas practicas antidemocraticas deben ser detidos pola democracia. As leis de corte autoritario que promulgou a dereita deben ser abolidas, e desobedecidas, como leis inxustas que son, como a lei de partidos. Hai que dar pasos, para acabar coa violencia no Pais Basco e coa ameaza da dereita, que coarta dende a transición o libre desenvolvemento das ideas e as practicas democraticas. E unha cousa non pode ir sen a outra, porque como dicía Giddens, o centro está a desaparecer, ese centro que tantas xogadas de maxia fixo, tantas xogadas irreais, como agora revela esta persistencia, crispada e agresiva dunha dereita que non atende nin vai a atender a razóns nin argumentos, que vai polo poder sen escrupulos democraticos.
Jimy de Rairo

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

A Medusa de Caravaggio é unha rodela de ceremonias: nela pintou o maldito Michelangelo Merisi a figura da Gorgona, que convertía coa súa mirada os homes en pedra. Esperemos que a súa ilustración, amigo Valcárcel, sirva de escudo ás vehemencias intolerantes de tanta xente.

Anónimo dijo...

Espero non abusar se pégo aquí un artigo de Xabier Pérez Davila publicado na web inforosal o pasado domingo. Pinta unha serie de mentiras do PP. Aí vai:

Partido Popular: dereita civilizada, sen complexos, franquista
Domingo, 11 de Marzo do 2007
Contra a dereita mentireira

Hoxe é 11 de marzo. Cúmprense 3 anos da maior matanza desde a recuperación da democracia no Estado español. Onte, 10 de marzo, o Partido Popular mobilizou centos de miles de persoas contra a liberdade atenuada de De Juana Chaos. Falso. Mentira. Manifestáronse para que esquezamos o seu comportamento indigno, antidemocrático de hai tres anos. Manifestáronse para que esquezamos o esboroamento das súas irracionais teorías da conspiración.

Madrid, 11 de marzo de 2004. O estoupido de varias bombas no comboio de cercanías deixa 192 mortos e centos de feridos. O goberno asegura que o atentado foi obra de ETA. Falso, mentira. Era Presidente do Goberno José María Aznar, Ministro de Interior, Ángel Acebes e Portavoz do Goberno, Eduardo Zaplana. Mariano Rajoy dimitira meses antes para presentar a súa candidatura á presidencia. O medo domínaos. Temen que se o pobo sabe da verdadeira autoría, relacione o atentado coa participación do Estado español na invasión de Irak. Deciden agachar a verdade até o día das eleccións. Fracasan. Centos de miles de votantes mobilízanse ao se sentiren manipulados. O PP perde as eleccións. Agora queren que esquezamos. Non esquecemos.

O xuízo do 11-M está a deixar en ridículo as súas paranoicas teorías conspiratorias da autoría de ETA coa complicidade do PSOE, a Garda Civil, os servizos de intelixencia e a Orde dos Templarios. Falso. Mentira. Queren que afastemos os nosos ollos da verdade que ha producir a sentenza.

José María Aznar recoñeceu hai semanas que non existían armas de destrución masiva en Irak. Afirma que hai tres anos enganárase. Falso. Mentira. Sábiao. Sabiámolo. Os centos de miles de persoas que nos manifestamos en Galiza. Os millóns de persoas que se manifestaron no Estado, en Europa, no Mundo. E se non o soubese, tal sinistra ineptitude, tal disforme incapacidade non abondaría para que renunciase a calquera responsabilidade pública, política?

Agora saen á rúa da man da dereita extrema, arborando os aguiotes, recuperando a linguaxe excluínte dos bos e os malos españois, o léxico maniqueo, inquisitorial, da España Unha, Grande e Libre. Un sorriso lene abroia nos nosos rostros. Despois de décadas de nos manifestar, son eles os que se manifestan. Din facelo polas vítimas. Falso. Mentira. Non tiveron onte unha verba, unha lembranza para os mortos do 11 de marzo. Que revela ese freudiano esquecemento, que remorso, que incomodidade?. Españois bos e españois malos, vítimas boas e vítimas malas. Non tiveron onte unha verba, unha lembranza para as vítimas, centos de miles, en Irak. É que as nais iraquís non son nais? E que as súas bágoas son menos humanas cás nosas? E que a destrución dun país enteiro non é terrorismo?

Insultan o Presidente do Goberno español. Recuperan a linguaxe rancia, resesa, machista que ficara afastada do espazo público. ¡ Covarde! E cando o din están a se referir ao valor testicular, gonadal. E imaxinámolos a pór a súa hombría en riba da mesa. Mais nós estimamos o valor cívico, o valor da intelixencia e do amor á liberdade. Din que España está en mans dos "maricones". E un Deja Vú tráenos o arrecendo da España franquista e da Lei de Perigosidade Social. Berran no Senado. Para impediren que fale Zapatero. É unha representación teatral para os nostálxicos do Xefe. Só un home forte, capaz de ensinar os cairos, de erguer o índice ameazante para acusar é merecente do goberno, do PODER. E buscan o apoio dos amantes da dialéctica do amo e do escravo.

Anónimo dijo...

http://www.youtube.com/watch?v=tzU270SkOak
Espero que non o interprete como unha vanalidade......
Son Sete Saias un dúo feminino de arpas e voz.....
Espero que o disfrute.

PD: non tiña outro xeito de facerlle chegar o arte desta mozas galegas...só agardo que saiba perdoar a intromisión

Son Unha Xoaniña dijo...

Nada que engadir ó dito por xm carreira, anónimo e raf.
So se pode dicir máis alto, claro está dabondo.
Houbérame gustado asistir a ese acto en Ourense de conmemoración a Casares.

Anónimo dijo...

Estamos na liña vermella como di o señor Valcarcel, mais resulta evidente que a intención do PP e dos medios que lle dan cobertura é traspasala. Todo lles vale con tal de chegaren ao goberno. Pouco lles importa que polo camiño poñan en cuestión a convivencia ou institucións emanadas da constitución coa que tanto enchen a boca. Di tamén o señor Valcarcel que a súa achega á democracia foi eliminar a forza da extrema dereita. Agora mesmo non sei se foi eliminación ou simplemente integración nas súas fileiras para volver usar deles chegado o momento.
Recomendo o artigo de Manuel Martínez Barreiro en Vieiros.

http://www.vieiros.com/opinions/opinion/24/coidando-dos-ovos-da-serpe

rosa enriquez dijo...

O acto debeu ser emocionante. Teríame gustado ir. Un saúdo

Anónimo dijo...

Ollo coas análises simplificadoras sobre "a dereita" (mala) ou "a esquerda" (boa) porque, para empezar, tanto a dereita (UCD) coma a esquerda española (PSOE) teñen moito que ocultar no tema GAL. Ou xa nos esquecemos.... agora que estamos enchoupados do "ano da memoria". NOs partidos políticos españois o que estea libre de pecado que tire a primeira pedra. Tampouco nos esquecemos da traxectoria do PP a favor da guerra en Irak, e da sangría de ETA no País Basco e no resto do estado.

Anónimo dijo...

Creo -e permítaseme a vulgaridade- que non é tempo de "collérnola con papel de fumar", amigo Marcel, cunha dereita extrema case en pé de guerra ao sobrepasar con creces a delgada liña vermella que separa a democracia do autoritarismo, e co seu líder padecendo a "síndrome plebiscitaria", pois seica onte foi un dos días máis emocionantes da súa vida.

Sinceramente, non sei ben a qué ven quitar de novo o tema GAL. A non ser que queiramos facerlle o xogo á dereita extrema.

Ademais, a actual dirección do PSOE nada ten que ver -ou moi pouco- coa dirección da época dos GAL, e a UCD xa hai ben anos que non existe. Por outra parte, os tribunais xa substanciaron, na medida das posibilidades, a cuestión dos GAL, con condeas a unhas cantas persoas.

A súa lapidaria afirmación de que "nos partidos españois o que estea libre de pecado que tire a primeira pedra", soa á existencia dunha sorte de "pecado orixinal" perenne que é imposible de lavar, fágase o que se faga, dígase o que se diga, rectifíquese o que se rectifique.

Se acaso quere dicir que non hai ningún partido inocente, e que todos (pero todos todos, non só os "españois") tiveron e teñen os seus máis e os seus menos, non podo estar máis de acordo. Mais en ningún lugar está escrito que os partidos políticos sexan a Inmaculada Concepción.

Hoxe o problema está na "ruda adversidade urxente", por parafrasear ao bergantiñán.

Anónimo dijo...

Non sei... Penso que nestes temas hai que dar dous pasos cara atrás, separarse e non deixarse levar polo ruído....

A min dáme a impresión de que ese estado de animo dominado pola crispación concentrase moito nun ámbito xeográfico e que ten unha caixa de resonancia moi concreta no marco da toma de posicións mediático-empresariais ... Eu négome a darlle, a quen e tan incapaz, tanta transcendencia (pode que porque non sexa historiador ou simplemente polo meu optimismo visceral ou .....)

Non vexo tanta liña vermella (inexistente para un amante do libertinaxe por outra banda)... non hai profundidade nin altura no debate, é un mero rifirrafe de políticos sen axenda e de medios incapaces de levantar a ollada dos seus pes (e inclúo tamén ó grupo PRISA), unha simple estratexia de comunicación (cantos mais asesores peor) que veremos do que é capaz.Uns tensan para adiantar as eleccións (PP) e outros tentan atrasalas, todos eles en función dos seus intereses curtopracistas, (e penso que nesa liña deberá de ser a intervención de Rubalcaba) ... Todos á espera da lectura dos resultados das municipais/autonómicas.... Non da mais o tema... ("aspiran a que disimulemos a súa pobreza intelectual e moral.....") non vexo eu que marquen realmente a vida dos que non escoitan o ruxe ruxe madrileño..

Por certo aínda que sexa doutro post.... Seica que un novo Plan Ferrol (¿ e van?) contempla que se cedan os terreos sen uso de navantia á Xunta pero que serán destinados a calquera cousa menos a reclamada pola consellería de Industria e Barreras e dicir ó sector naval.. ¿Cal poderá acabar sendo o destino do edificio do Banco de España dentro dun destes"proxectos estratéxicos de longo percorrido"? (si fora este o caso, a única esperanza sería o sentido común do asesor...)

Anónimo dijo...

Eu non lle quero facer o xogo á extrema dereita da que vostede afirma que está en pé de guerra. Eu repítolle que a única guerra que houbo en España organizada polo poder desde que se instaurou o sistema político vixente foi a guerra contra os GAL. Logo veu Aznar e armou outra, con outras nacións, fóra de España.
Por certo, os partidos políticos deberían ser a Inmaculada Concepción, se queremos seguir crendo neles.

Anónimo dijo...

Non, home, Marcel, por deus, eu non dixen que vostede lle fixese o xogo á dereita extrema. Fíxese que usei o plural, non o singular. Só quería chamar á atención sobre distraer as forzas en cousas xa pasadas.

Verbo dos partidos, eu, descrido como son (e desculpe que lle roube un intre o seu alcume, amigo Descrido), non "creo" neles. Tan só os considero necesarios, que é outra cousa ben diferente. Máis laica e pragmática, quizais.

E en relación ao que sinala o amigo Descrido, direi que un pesimista é, como ten afirmado alguén, un "optimista informado". Quixera, pois, ser pesimista na medida en que implica esa metodoloxía.

Concordo con vostede en que non hai altura no debate. É máis: nin debate hai propiamente. Agora ben, un "rifirrafe" como o que se está a montar pode xerar unha dinámica que se retroalimenta e que, a partir dun determinado punto de inflexión, é moi difícil reconstruír as pontes cando estas foron dinamitadas.

Que o do PP sexa mero tacticismo curtopracista, electoralista sen máis, empezo xa a dubidalo. Talvez o que comezou sendo así teña revirado noutra especie moito máis preocupante, por estrutural e fundante dunha vella-nova forma de entender a política: resucitar a dialéctica schmidtiana amigo/inimigo.

Non me gustaría ser un dos "avisadores do lume", pero, por se acaso, non estaría de máis mercar roupa ignífuga.

Anónimo dijo...

Sr. Marcel...
Se fala agora do GAL, faille o xogo á extrema dereita. Punto.
Unha guerra aquilo? Un exceso. Algo peor que un crime, un erro.
Pero o GAL, equivocadamente, chapuceramente, tratou de eliminar a violentos con violencia. En calquera caso un pesadelo superado. Non remexa. Os partidos espñois todos contaminados... E logo quen son os santos? ¿Os nacioalistas vascos, cataláns e galegos...? A Chunta Aragonesista non lle coñezo pecados maiores. Aos outros si.
Pero do GAL, mellor chitón. Xa pasou.

Anónimo dijo...

Pero como que co GAL chitón? Eu, de verdade, é que alucino. ALUCINO. Ou sexa, que chitón para unhas cousas e non para outras?
Tou d'acordo con Descrido: todo isto da crispación, das manifestacións, da "guerra" de medios, etc é cousa de Madrid, da capital del reino, dos poderes económico-mediáticos madrileiros. Iso sempre o tiveron moi claro desde Cataluña. Polo tanto, aconséllolles encarecidamente que non lean tanto os inmudnos e os pises: non están a favor noso, non son nada noso, nin van connosco. A guerra mediática que a liden eles. Eu do que estou preocupado é do meu país.

Anónimo dijo...

Pois se está tan preocupado polo seu país, señor Swann, e aborrece tanto a cousa "española", non sei a que vén tanta insistencia nos GAL, que en Galicia, que eu saiba, non protagonizaron actuación ningunha. Quen si actuou aquí foi o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive, o Grapo e tamén a ETA. E se vai seguir falando da "memoria", teña o decoro de poñer un pouco ao día a súa. Talvez así poderá decatarse de que as súas alusións a UCD en relación co asunto dos GAL son un puro anacronismo.

Anónimo dijo...

Cal e ese lume concretamente? Cal é a ameaza, mais ou menos terrible, que vedes os mais pesimistas? (por certo o dos pesimistas como xente ben informada, lémbrame a unha columna de Casares, lida no liceo o outro día, que facía referencia as causas da opinión política dos taxistas...)

Vou simplificar moito o tema (seino..pero..)

Eu penso que o que ten a maior responsabilidade de tender pontes e sempre o goberno, e o goberno de ZP tendeu, acertada ou erradamente, as súas pontes (por certo pontes ás que a clase político mediática, e incluso económica, pero esta adaptase mellor os cambios, madrileña non estaba moi habituada, algo que sempre produce tensións...). O goberno e incapaz de tender pontes cara o PP, este queda illado e.... ¿que facemos? din os sociólogos demoscópicos de cada parte... ¿Que facemos? comentan entre eles e cos seus "aliados" mediáticos (estes sempre tactistas e un pouco manipuladores, nenos consentidos durante os últimos 30 anos)... E xurde o mais doado e simple: ollar ó curtoprazo, e tensar, e rezar para ter sorte, iso é o tactismo.... os que perdan as seguintes eleccións (me temo que ás autonómicas/municipais non resolveran nada e alargarase o tema uns meses mais) serán engulidos, e novos tactistas volveran a facer de zapadores .... e a vida seguirá, e un puñado mais de cidadáns lle darán as costas ós partidos (e outro puñado, probablemente mais pequeno, ilusionarase co seu novo líder) e ...... haberá tensións, e algúns foguetes nos xornais, nas tertulias da radio, dos blogs e, con certo escepticismo, nas do liceo e ......arder arder...seguirán ardendo os nosos montes

Anónimo dijo...

As miñas alusións á UCD non son tal anacronismo, e serven para amosar que tanto dereita como esquerda española teñen moito que agochar no tema terrorista. Non preciso, por tanto, ningún decoro: o indecoroso foi o que fixeron eles desde posicións "democráticas".
E por certo, tampouco me ten que recordar o que xa sei sobre as bandas terroristas que mencionou.

Anónimo dijo...

Amigo Descrido, a cita do pesimista como optimista informado é de Norberto Bobbio, non precisamente dun taxista (con todos os meus respectos para este gremio). Conviña, quizais, ler máis a Bobbio que a abstrusos tratados de economía comercial.

Anónimo dijo...

(a.p-c)Coñecía a Cita e, aínda que lla atribúen a numerosos pais, tamén o seu autor. É certo que temos que ler a Bobbio (aínda que sen endeusar esa mistura de filosofía política e teoría do dereito)...e mais... (tampouco imos desmerecer a Casares) Simplemente trataba de fuxir de tópicos e desdramatizar ... En calquera caso pido escusas, non tiña ningunha dúbida de que a túa opinión, non por pesimista se non por outros valores persoais, está moito mais fundada que a do taxista que aseguraba a Casares que eran a súa Cultura (e información) a que cimentaba a súa opinión...

Unha aperta moi forte.

En calquera caso....¿cal era o perigo de fondo?

Por certo, no quería eu misturar temas pero..... nesta liña mediática, chámame a atención neste rebumbio, a pobreza das informacións (non falo neste momento das colaboracións) das páxinas galegas da edición do xornal El Pais.... (curiosamente os seus contidos, ton e preocupacións van en liña cos periódicos mais locais e sen perspectiva) estes si que len tratados comerciais.

Anónimo dijo...

quería dicir.....(curiosamente os seus contidos, ton e preocupacións ou van en liña cós do xornal El Mundo ou cós periódicos mais locais e sen perspectiva) estes si que len tratados comerciais.

Anónimo dijo...

Todo está demasiado "comercializado", amigo Descrido. Non así a xente de ben, coma vostede.

Unha aperta (e desculpas pola ironía do meu post anterior).

Anónimo dijo...

O atafego destes días tólleme o vagar e acougo que serían necesarios para secundar o seu importante debate. En espera de ocasión mellor (por desgraza, o PP ben se encargará de que non desaparezan), e de esguello no ronsel do Swann, apego aquí o escrito de alguén que en parte fala tamén por min.


É O NOSO PROBLEMA?
Xoán Antón Pérez Lema


(martes 13 de marzo de 2007)


Concordo con Suso de Toro en que os nacionalistas españois amosáronos este día que o que chaman PP non é máis-nin menos- ca o Partido Nacionalista Español. Concordo que hai un lote de xente a nível estatal que tenta patrimonializar un himno e unha bandeira que lle pertencen, polo menos, a outro mundo de xente se cadra tres ou catro veces máis numeroso.

Suso de Toro é un intelectual que resulta un luxo para un pequeño país europeo coma é a Galiza. Compatibiliza unha calidade literaria de nível internacional cun compromiso vital a prol do seu País moi pouco frecuente no mundo intelectual. Compromiso que mesmo lle levou a sofrir persecución durante a longa era fraguiana.

E, non embargante, Toro (coma min, coma aquel, coma o mellor amigo, coma o pai sabio ou o mestre querido) ás veces trabúcase. Certamente que os galegos temos de ser solidarios cos españois todos na afirmación das liberdades. Mais, de xeito ningún, temos que arrombar a resolución dos nosos problemas privativos (emprego de calidade e promoción económica, vivenda, educación, atención aos nosos maiores, dependentes e cativos, ampliación da autonomía, reforma local e territorial...) por unha suposta emerxencia estatal que só existe na mente dalgúns.

Non acredito, pois, na fronte anti PP de todos, porque na simplicidade bipartidista sempre perdemos Galiza e os galegos e galegas. E teño para mín que non é só o PP o responsábel desa crispación bipartidista. Indubidalmente o PSOE gaña-e de feito gañou no 2004- con esas chamadas á simplificación bilateral do voto (comigo ou contra mín; cos uns ou cos outros, ou branco ou negro).

Aínda que rexeitemos a maré amarela e bermella dos novos nacionais, non temos de priorizar a nosa atención cara eles. Porque unha fronte anti PP excluiría de vez aos milleiros de cidadáns/as centristas e mornamente galeguistas que un día confiaron naquel partido e hoxe, orfos de representación, buscan o acubillo do novo galeguismo. Unha forza galeguista de goberno que traballe para que Galiza sexa un oase de normalidade, pluralismo e tolerancia, fronte á crispación bipartidista do Madrid político. Nun País onde se debatan e resolvan, dende a propia identidade nacional, os problemas da cidadanía.

¿É -o de Madrid- o noso problema? Teño para mín que antes teríamos que prantexar, debater e resolver outros moitos. Os problemas que, de verdade, angurian á nosa xente.

Anónimo dijo...

Desculpen a intromisión con outro tema que xa foi tratado. Pero considero que, libremente, e quen así o desexe, pode asinar a prol de Valadés e contra a súa expulsión do BNG.

Colo o enderezo electrónico onde se recollen as sinaturas:

http://cartaanxoquintana.blogspot.com/

Anónimo dijo...

Il será posible, xosé m. gonzález, que haxa un eco, un feedback, unha retroalimentación, unha telepatía entre a prensa e algunhas das intervencións das variadas xentes que escriben neste foro?
Concordo fundamentalmente co exposto no artigo de Xoán Antón Pérez Lema.

Anónimo dijo...

Cal é a responsabilidade dos xornalistas nesta exacerbación das opinións?
Hoxe puiden escoitar bastante tempo a comparecencia de Rubalcaba no Parlamento. Estiveron unhas catro ou cinco horas de debate. Rubalcaba estivo moi severo: brilante, por momentos, falou con tranquilidade e achegou datos interesantes. Mesmo tivo un xesto de autocrítica cando non celebrou o contido das súas palabras. Zaplana, na súa liña, interpretou a decisión de Rubalcaba con varias acusacións e varias consideracións contundentes. Pero desde logo todo dentro duns cauces democráticos, parlamentarios, por moi duros que poidan parecer.
Pois ben: os titulares de EL PAÍS escollen as frases máis rechamantes e, polo tanto, menos significativas. Rubalcaba “¿Llevarán ustedes flores a los lugares donde fueron asesinadas personas por los presos que ustedes excarcelaron?”. Zaplana: "Con este Gobierno manda ETA" (As barbaridades deste último son para nota, se non fóran tan infames).
En fin, esta é a responsabilidade dos xornalistas.

Anónimo dijo...

Swann: sen precisar o alcance, coido que este blog chega a ben lugares. Temos evidencia diso, e o anfitrión pona ao noso dispor de vez en cando.

Arume: a prensa non está a axudar, certamente, nin uns nin outros. Non é xa amarelismo, hooliganismo ou cousa semellante. Xa vai sendo urxente precisar que están facendo -ou cal será a motivación-, antes ca sumarse ao coro lamentando crispacións. Que conste que non isto é, arestora, crítica aos presentes.