13 mar 2007

PP: Democracia de baixa calidade
A autoría islamista dos atentados de Atocha foi unha mala noticia, porque non alimentaba a crispación e dificultáballes o rumo. Aquela noite as televisións públicas e privadas izaron a golpe de ditado as bandeiras españolas na esquina das pantallas. Impúñase un estado de opinión único e resultaba difícil disentir publicamente sobre a autoría dos crimes. Os que críamos que non fora ETA éramos uns miserábeis, segundo Acebes.
Polas mesmas razóns de estratexia, o líder do PP vasco Carmelo Barrio, lamentábase no Parlamento ao saber que ETA proclamara a última tregua. Canto mellor peor. A dereita arela unha democracia de baixa calidade, con institucións fráxiles, unha xustiza dependente, as leis electorais restritivas. Un pacto débil onde teñan a última palabra, semellante á Restauración, vixiado polos que sempre mandaron na Historia de España, menos nos anos da UCD e do PSOE. Desde logo que non van conseguilo, pero de momento a palabra tolerancia desapareceu do vocabulario político.

("Procurando unha democracia de baixa calidade", X.M. Sarille, El Correo Gallego, 13 marzo)
Artigo completo

2 comentarios:

Anónimo dijo...

http://youtube.com/watch?v=uAxIlzK5pb

vexan vostedes este enlace. non me digan que non é un bo síntoma da ignorancia que goberna na cabeza de moita xente...

Anónimo dijo...

"en política hai una grande liña divisoria, a que separa a aqueles que apoian e xustifican o terrorismo daqueles que sempre o deostamos e combatemos. Porén, na política española e europea pódese aprezar a existencia dunha outra división, a que separa aos que seguimos acreditando na democracia e na liberdade e que democracia e liberdade son sempre a mellor solución dos que, como o PP, están á espera de calquer excusa para limitalas ou mesmo liquidalas. Estas fronteiras deixan ver ben claramente cais son as verdadeiras ameazas que hoxe ten de enfrontar a democracia. Dun lado, sen dúbida ningunha, o terrorismo; do outro, tamén sen dúbida de ningunha caste, aqueles que o aproveitan como arma electoral e como excusa para limitar dereitos e restrinxir liberdades"
Todo o texto anterior está sacado dun recente artigo de opinión de Carlos Aymerich publicado no semanario A Nosa Terra, que a súa vez é unha cita textual da emenda á totalidade defendida polo BNG cando se debateu a lei de partidos no mes de maio de 2002.