30 mar. 2007


Seica son Os Grandes Portugueses.

Andoliña sábado 31 marzo
Imaxe de J. Opie (Este tema está tamén a debate no blog Fragmentos de Galaxia)
Con este título, Os grandes portugueses, un programa da televisión pública portuguesa (RTP) elixiu, cos votos emitidos polos espectadores, o gran portugués máis importante de todos os tempos. Na lista estaban nomes como Afonso Henriques, primeiro rei de Portugal e fundador do país, Vasco de Gama, Pessoa e Saramago. Pero o gañador foi António Salazar, ditador nese país case 40 anos, entre 1932 e 1968. Co 41 por cento dos votos emitidos. A esquerda do país veciño protesta e di que se quere branquear o salazarismo.
Sorprendeu o segundo elixido: Álvaro Cunhal, do Partido Comunista que loitou contra Salazar. Como explicar o paradoxo? A min non me sorprende moito. Moita xente admira as personalidades fortes, contundentes. Cantos galegos, por exemplo, admiraban por igual a Manuel Fraga e a Fidel Castro? Por tras de Salazar e Cunhal, quedou Arístides de Sousa Mendes, diplomático que axudou a miles de xudeus perseguidos polos nazis, contra a vontade de Salazar.
En Alemaña tamén se fixo esta enquisa e eliminouse o nome de Hitler, porque non se admitiron personaxes que non respectaran os Dereitos Humanos. En España? Se se fai, mellor co modelo alemán.

8 comentarios:

Xabier dijo...

A verdade que a min si me sorprendeu e non atopo unha explicación fácil. É certo que en épocas de crise este tipo de personaxes fortes como califica Marcos son ben recibidos como salvadores ou xa como último ou único recurso pero debemos ter en conta que Portugal e unha democracia desde xa fai moitos anos e que a figura de Salazar debera estar casi no olvido nunha enquisa deste tipo. É impensable que en España saira elexido Franco do mesmo xeito por moitas bandeiras franquistas que viramos estes días pasados. Non obstante debemos ter en conta o desencanto que se vive no pais veciño desde xa fai uns anos tal e como veñen mostrando todos os pulsómetros levados a cabo en distintos xornais. Pensemos tamén que a elección de Cavaco Silva cun discurso totalmente populista obedeceu en parte a esa necesidade de atopar "ese home" que o vai a solucionar todo, salvando as distancias, lóxico.

Xosé M. González dijo...

Fíxense en que enquisas semellantes deron resultados equipolentes en país diverso: un ultradereitista en Holanda, Reagan e os Bush nos USA... En Alemaña deixaron fóra a Hitler.

Témpora brava?

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

A reportaxe de EL PAíS hoxe sobre os portugueses é, para os que vemos todos os días as cuadrillas de albaneis a traballar na construcción en Vigo ou en lugares bastante máis lonxe de Portugal (nunha localidade mineira, por exemplo, hai un grupo duns vinte que, polo que sei, viven nun piso e desprázanse sempre coa mesma furgoneta e traballan as horas que non ten o día) unha realidade ben triste. As putas, con perdón, fronteiras entre España e Portugale impediron que toda a zona de tras os montes e toda a zona fronteiriza de León Zamora e Salamanca sexa unha das zonas máis deprimidas, subdesenroladas e inhóspitas probablemente de Europa.

David Paz Nóvoa dijo...

Ben parece que os nosos veciños aínda están a agardar o regreso do Rei Sebastião nunha mañá de neboeiro para salvar o país.

a.p-c. dijo...

En Galicia tamén hai moitos "sebastianistas" aínda que non o saiban.

Xabier dijo...

Remito este artigo publicado no "Jornal de Noticias"


Salazar e Cunhal

Mário Contumélias, Docente universitário

Avitória de Salazar no programa da RTP "Os grandes portugueses" tem provocado alguma incomodidade. Por si só, sem grande fundamento, convém que se diga.
Em primeiro lugar, porque não resulta de uma escolha do povo português; é bom termos presente que apenas "votaram" dois por cento dos portugueses. Trata-se, portanto, de uma amostra aleatória e não representativa do sentir dos cidadãos.
Em segundo lugar, porque é a vitória de um fantasma, que ficará a dever-se, sobretudo, ao empenhamento de um insignificante "clube de fãs", com reduzida influência na marcha dos destinos da sociedade portuguesa. Isso mesmo é confirmado pelo estudo da Eurosondagem, feito para a RTP e que mostra duas coisas que a generalidade dos portugueses não participaram no concurso; que se o tivessem feito, Salazar não passaria dos 6,6 por cento.
Exactamente o mesmo se poderá dizer do segundo lugar obtido por Álvaro Cunhal.
Contudo, seria leviandade explicar esta posição dos dois políticos no "ranking" final do programa de uma forma tão simplista. Há que admitir que, para lá da militância dos "fãs" de Salazar e Cunhal, outros portugueses contribuíram para os resultados finais do concurso televisivo. E aqui devemos interrogar-nos sobre a razão por que o terão feito.
Um outro programa de televisão, desta vez o "Opinião pública", da SIC Notícias, de quarta-feira passada, dá um contributo para a resposta a esta segunda questão. Refiro-me à participação de uma espectadora, de 53 anos, apenas com a quarta classe, que, a outro propósito, afirmava o seguinte "Acho que faz falta quem tenha poder neste país, quem mande, quem organize". E, mais adiante, reafirmava: "Tem de haver alguém que mande neste país, que tenha uma voz forte"…

Salazar e Cunhal foram, apesar da doçura da voz do primeiro, duas "vozes fortes", que nunca hesitaram em impor a sua vontade, acima de todas as outras, com total desprezo pela democracia e pela liberdade dos que ousavam pensar e querer agir diferente. Deles, em termos da história dos factos, saberão pouco a maioria dos portugueses. Deles, têm apenas esta ideia foram homens capazes de mandar, de impor a sua vontade.
Portanto, os que, não pertencendo ao "clube de fãs", escolheram Salazar e Cunhal, deram o seu apoio a uma ideia. A de que, como afirmava o antropólogo Jorge Dias, em 1950, somos "um povo paradoxal e difícil de governar". Por isso, precisamos de uma mão forte, capaz de gerir os nossos destinos sem tibiezas.
Uma ideia legitimada pelo desconhecimento do que verdadeiramente foi o Estado Novo e a acção de Oliveira Salazar, e pelo que verdadeiramente significava o conceito de amplas liberdades, da ortodoxia comunista de Álvaro Cunhal.
Ideia igualmente autorizada pela crise estrutural de legitimidade em que crescentemente mergulha o nosso sistema político, pela descrença na classe política, vista como estando cada vez mais distanciada do povo, enquanto retira da função privilégios indevidos, e é atravessada por acusações de prática de irregularidades e corrupções.
E isto, esta ideia, se a tomarmos, e eu tomo-a, como um indicador sociológico do que vai na alma de muitos portugueses, é que é verdadeiramente inquietante. Porque abre espaço a autoritarismos, porque enfraquece a democracia. Porque nos afasta do caminho do sonho de um Portugal melhor, mais livre e mais justo.

Mário Contumélias escreve no JN, quinzenalmente, às sextas-feiras

Xosé M. González dijo...

Moitas das cousas que di o Mário Contumélias non son exclusivas de Portugal, abofé que non. Igual cá enquisa famosa.

Cantos non votan en inquéritos virtuais (e probablemente máis dunha vez) para engordar a alforxa do seu favorito?

Tralaira Gómez dijo...

Partamos do feito incuestionable de que a maioría da xente pode estar equivocada. E que o fai moitas veces. E xa está.
Se preguntamos ao "pobo" -ollen a semellanza fónética con bobo- quen é máis importante, Fernando Alonso ou Clara Campoamor, para a historia de España, ¿alguén dubida que a resposta fose nun noventa e pico a favor do asturiano?
Por iso que hai que combater a política de enquisas. Non contestalas. Desprestixialas. Falar delas. Non se utilizan inocentemente. Intentar que a xente forme a súa opinión partindo da reflexión propia e non da pura opinión dos demais medida e preparada para que un se "agregue" como ser social.
Nada, nada, que lle dean. Dáme o mesmo...
E pensar que a democracia, hai que foderse, é o menos malo dos sistemas. Pois eso, sabendo das limitacións. Non se pode gobernar a golpe de "opinion pública" porque igual que se crea a necesidade de Cocacola ou da retransmisión de fútbol pola tele, créase a necesidade dun golpe de estado. Incluso.