13 abr. 2007


Sesenta aniversario do mítico programa en galego da BBC, o primeiro na historia da radio

Este 14 de abril cúmprense sesenta anos dunha das máis marabillosas aventuras da nosa lingua: o ourensán Alexandre Reimúndez iniciaba o programa en galego da BBC, en Londres
Afonso Monxardín rememora en Galicia Hoxe este acontecemento cultural, 60 anos despois

16 comentarios:

David Paz Nóvoa dijo...

Moi interesante historia a de Alexandre Reimúndez e non menos a fotografía que seguramente foi tomada no estudo de Ernesto Schreck.

Silvio Falcón dijo...

MENSAXE DE PETICIÓN DE ADHESIÓN AO BLOGOMILLO:

Amigos e amigas, coido que todos denunciamos aqueles que destrúen o noso medio natural.

Actuemos, movámonos contra o que está á pasar en Tomiño!

O blogomillo ten voz.

http://eu-e-galiza.blogspot.com/2007/04/realmente-noso-movmonos.html

Unha aperta

Isildur dijo...

Xusto e merecido recoñecemento. Alexandre Reimúndez é, por certo, unha figura pouco coñecida, fóra dun anaco que un día lle adicara o xenial Borobó. E un caso de deriva intelectual e política oposta ao usual. Pois sendo estudante en Madrid foi un dos asinantes do manifesto "La Conquista del Estado" no 1931, xunta doutro galego, o profesor universitario Manuel Souto Vilas, de Arzúa.

Adrian Solovio dijo...

Pois eu, malia os seus pecadiños de mocidade, propoño ao Reimúndez como figura para o próximo Día das Letras Galegas. Tamén os tivo o grande Cunqueiro, o denostado Risto, digo Risco... Xa o din o teóricos da Comunicación: o importante é que falen, e Reimúndez faladoriño era, ou ?

Isildur dijo...

Non se trata de debater sobre a santidade patriótica de ninguén -vella teima do galeguismo e doutros ismos; canto máis puro e sen contradicións, mellor; e se non se foi, pois haino que inventar-, senón de achegarse á súa complexidade. No caso de Reimúndez, a súa evolución vai en senso inverso: fascismo vangardista de mocidade, republicanismo e galeguismo de madureza. Que acontecería no medio? Eís un interrogante que haberá que respostar, nada máis. E o importante é que falen, si, pero iso non o é todo na vida.

Dixomedixome dijo...

Tíñame por observador, rebaixome e fago benia ó artigo "A república polo chan" en La región do venres de AVM.
Marcos : pagaría a pena que o subises !

AVM dijo...

De Raimundez.

Contábame o outro día o seu sobriño neto, Eduardo, que o Alexandre morreu pouco a pouco nunha aldea do sur de Inglaterra a fins dos sesenta. E como sabía estaba nas últimas, dispuxo ter por riba da tumba unha lousa de granito de Piñor, cousa que lle encargou ao seu irmán, o coñecido xastre en Ourense. E este, por medio dun que exportaba pedra, envioulla. Hoxe descansa en horizontal abrigado polo seu desexo nas humidas terras de Albión.

Item mais.

Lembro tamén que un día o Augusto Assia, cabroncete el, me contou en Xanceda, comendo uns ovos da casa ,fritos, deliciosos, que cando topou a Raimundez en Londres alá polo 44 ou 45 -coñecíao de Ourense- sorprendeuse. Seica marchara a Londres... en plena guerra, pois como vivía en Barcelona, tiña medo que se enteirasen da súa antiga atracción polo fascismo e "actuasen en consecuencia".

Pediulle, por favor, a don Felipe que nada comentase, pois en Londres, todos pensaban que estaba exiliado como a maioría...

O Felipe así o fixo... pero non resistiu contar a anecdota cincuenta anos despois. Está disculpado.

marcos valcarcel dijo...

Poucos meses antes de morrer Augusto Assía deu unha magnífica conferencia sobre a historia de Ourense nos anos 20 en caixaourense, no local da Alameda. Non teño noticia de que ninguén a gravase e é unha auténtica mágoa. Eu tomara unhas notas moi detalladas, catro ou cinco folios, como testemuña de moitas cousas que nunca oíra contar, pero, señores (o meu drama!), onde estarán esas notas entre os milleiros de papeis e recortes do meu estudo? Se algún día as encontro, verquereinas aquí, porque de seguro pagan a pena.

adrian solovio dijo...

De verdade, entenrecedor o da lousa de granito, e o digo sen ofender, dunha "galeguidade" da que todos nós deberíamos tomar nota. É obvio que o amor a Terra, ao país dun, non só e o amor a lingua, senón a tódalas súas manifestacións culturais, Adolfo Domínguez incluído. Por iso, se dentro de 50 anos alguén fai arqueoloxía nos blogs galaicos da WEB, agardo que midan o amor ao país dos que aquí falamos grazas a ese retrato no que apareceremos vestindo de Alfredo Pernas ou do dese Dominguez... Coñas a parte, non sei, a min ese tipo de ensoñacións nostálxicas sobre o enxebrismo dos nosos próceres deixame un pouco frío. ¿Estareí logo menos apegado ás cousas do país porque quero que me icineren? ¿É a icineración antigalega e antipatriótica?

Isildur dijo...

Para ser plenamente patriótica, a incineración débese acompañar de esparexido nas nosas rías. Así mellorará o seu plancton, e os mexillóns, percebes, centolos e demais crustáceos seguirán sendo gordechiños e saborosos. Grazas á incineración contribuiremos a manter o medio ambiente, defender os nosos sectores produtivos e mais a perpetuarnos nos bandullos de xeracións de galegos e galegas que nos seguirán. Coma o dos esquimais que mandaban os anciáns a seren devorados polos osos.. pero menos doóroso.

A historia de Raimúndez semella cada vez máis fascinante. Urxe facerlle unha biografía.

Isildur dijo...

Para ser plenamente patriótica, a incineración débese acompañar de esparexido nas nosas rías. Así mellorará o seu plancton, e os mexillóns, percebes, centolos e demais crustáceos seguirán sendo gordechiños e saborosos. Grazas á incineración contribuiremos a manter o medio ambiente, defender os nosos sectores produtivos e mais a perpetuarnos nos bandullos de xeracións de galegos e galegas que nos seguirán. Coma o dos esquimais que mandaban os anciáns a seren devorados polos osos.. pero menos doóroso.

A historia de Raimúndez semella cada vez máis fascinante. Urxe facerlle unha biografía.

Isildur dijo...

Para ser plenamente patriótica, a incineración débese acompañar de esparexido nas nosas rías. Así mellorará o seu plancton, e os mexillóns, percebes, centolos e demais crustáceos seguirán sendo gordechiños e saborosos. Grazas á incineración contribuiremos a manter o medio ambiente, defender os nosos sectores produtivos e mais a perpetuarnos nos bandullos de xeracións de galegos e galegas que nos seguirán. Coma o dos esquimais que mandaban os anciáns a seren devorados polos osos.. pero menos doóroso.

A historia de Raimúndez semella cada vez máis fascinante. Urxe facerlle unha biografía.

Etxeokeai dijo...

Eu pensei que se queixaban das cinzas na auga, arrastradas dos montes, os mariscadores.
Mellor facer humus...

Unha broma. O día que incineramos á miña queridísima avoa -cousa dela, de noventa e dous anos pero ben criada no progresismo republicano, onde fora mestra- pregunteille ao "técnico" do forno... E logo canto tempo leva o tema? Depende. ¿Como era a súa avoa? Pequeniña, xa mirrara moito.
Pois con tres cuartos de hora vai que arde... Pero así, para un como vostede, habíalle cumprir ben a hora e media.
Calei. Tampouco pedía tanta explicación. Case me mete o medo no corpo.

Adrian Solovio dijo...

Ou seña, que icinerarse non só é patriotico, senón que asemade confirma as teorías dos que din que a patria é canibal. Iso de que é coma Saturno comendo aos seus fillos. Deus !! Agora o entendo, tío !! Aquilo da "Galicia canibal" de Reixa non era de coña. ¡Que medo!.

Pola outra estou de acordo. Que alguén se ocupe de Reimúndez e lle faga unha biografía.

Leituga 1 dijo...

O outro día lin que Keith Richards, o guitarrista dos Rolling Stones, despois de incinerar o cadáver do seu pai, esnifou as cinzas, convenientemente misturadas cun algo de cocaína. Seica se inspiraba nunha tradición de non sei que indios cos que tiña trato. Pero os comanches estes, en vez de esnifar as cinzas, botábanas no caldo. E, ala, pa dentro.

Anónimo dijo...

A ver, unhas puntualizacións:
1º Son sobriño de Alexandre Raimúndez.
2º Era seu pai o xastre: Benigno Raimúndez
3º Era o seu irmán o escenógrafo:
Eduardo Mario Ráimundez Porto
4º Sí a foto é de Schrek.
5º O motivo de que pedir unha lousa de granito de Piñor foi debido a que "gracias" a certo personaxe tan corto de estatura como de mente facilmente identificable nesta páxina tiña por dedicació delatar e facer seguimentos de "elementos desafectos" a Don Paco e o seu réximen para a Embaixada de España en Londres. Iso represenou na súa vida a negación do pasaporte de por vida e a práctica desaparición como ciudadán español, de feito na voda do seu irmán (meu pai)tivo que esperar na fronteira portuguesa mentras a súa dona viña a Ourense. Polo tanto menos coñas, foi o seu derradeiro vínculo ca terra e a familia. EDUARDO VENTURA RAIMUNDEZ FERRER