COMO PODES ACABAR NO YOUTUBE…
Andoliña 16 maio
Hai un par de meses chamáronme dunha televisión local para facerme unha entrevista sobre a represión na guerra civil. Expliqueille ó meu interpelante que había outros especialistas no tema, pero insistiu en que fose eu e finalmente aceptei. Chegado ó estudo da citada TV, sentáronme nunha mesa diante das cámaras ó carón do entrevistador (o que me chamara) e outra persoa na outra beira da mesa. Cando nos presenta descubro que a programada entrevista presentábase como un debate no que eu tería que polemizar cun representante de Falange Española. Sentinme burlado e fixen aceno de marchar, quitando o micrófono e explicando que non era para iso para o que fora chamado. O entrevistador desculpouse e convenceume para facer a entrevista, duns vinte minutos, sobre o tema indicado. Logo de falar, marchei.
E hai un par de semanas un amigo mándame un video de You-Tube reproducindo o inicio da entrevista (non o programa completo). Alfredo Conde fixo onte referencia a este suceso case surrealista no seu artigo diario. O peor do conto é o título co que colgaron o recorte audiovisual: “Comunista se niega a debatir con falangista”. O que algúns chaman xornalismo cheira que apesta ...
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
10 comentarios:
Tómeo con filosofía da boa, amigo Valcárcel, que aparecer no You Tube equipárao aos Rolling Stones. Aínda que sexa por causa duns "filósofos" pardos... e parvos.
Hai moito impresentable solto polo mundo adiante, amigo Marcos. Só a unha mente perversa e retorcida se lle ocorre a "feliz idea" de aproveitarse da boa fe de persoas coma ti. Por desgraza, neste poleiro noso chamado Galicia, parece que aínda habitan bastantes máis fascistas dos que cabería esperar, pero en fin. Moito ánimo, irmán.
Pois o seica entrevistador frustrado é candidato electoral que foi considerado aquí por alguén como alternativa interesante. Supoño que o lembramos.
Supoño que as referencias que se fixeron do tal entrevistador como alcaldable eran brincadeira. Ten un partido que se chama Democracia Orensana e dende a súa TV local manda mensaxes na liña antipartidos tradicionais e ás veces contra a política mesma (sinónimo de corrupción, etc.). Pero téñeno moi difícil: teñen que xogar no mesmo campo con Troitiño (PG), que si pode ter bastantes votos; e cos de Terra Galega (Valcarce), dos que xa falei. Demasiadas bocas para recoller os votos antipartidos tradicionais... Por certo, o que digo demostra que manexar unha TV local tampouco ofrece (cando menos ata agora) resultados constatables e inmediatos.
Una curiosidade, amigo Valcárcel, vostede chegou a falar co tipiño da Falange, fóra de cadro?
Repito o que xa dixera daquela sobre as teles locais: manéxanas personaxes cun ego hiper-desenrolado para facer "contactos" co mundo empresarial e, polo que vexo neste caso, facer carreira político-mediática. Como? Adulando egos, mercadeando favores, captando despistados. Teño coñecementos, indirectos, dese medio. Logo os "ghefazos" acaban colocados todos nalgunha empresa importante ou no servizo de comunicación do persoeiro político de turno.
Dubido que o demócrata ourensán ese faga carreira xornalística despois das elecións.
Pois non, non cheguei a falar co personaxe de FE, non por nada, senón porque me fun ó rematar a miña entrevista e el aínda non falara. Pero tiña unha pinta... (non sei se sae en pantalla). O único que oín, cando foi a miña liorta co presentador, é que el dicía "Pues yo no pregunté, pues yo no pregunté" (se era entrevista ou debate, querería dicir).
Menos mal que polo menos o presentador non lle aldraxou a vostede como ó da Falange, "representantes políticos... bueno, este no representa mucho"(...!!)
"por favor cierra la puerta.. ah, ¿ya estamos grabando?"
"Fixo vostede un traballo sobre a Guerra Civil...", Valcárcel: "Si... o traballo é de hai 20 anos"
Admíroo por ser o único que mantivo a dignidade nesa absurda encerrona (cómica por outra banda, ainda que a vostede daquela non lle fixera graza ningunha). Chapeau.
Sorprendido me quedo ao ler todo isto. Para nada sabía eu desa encerrona. Recordo moi ben que vin toda esa entrevista, incluso a intervención do falangista. Debo dicir que me confundiu un pouco velo nunha canle tan chocalleira. De tódolos xeitos Marcos estivo moi correcto en todo momento. O do You Tube paréceme moi lamentable e inxustificable. Calquera de nos pode tranquilamente aparecer nel polo máis mínimo motivo o cal resulta tremendamente preocupante.
Hai que empezar a temer a esta xente que che di "No soy de izquierdas ni de derechas". Se chegan ao poder, o seguinte que dirán é "Yo no creo en la política" e logo "Yo soy la única política".
Por outra banda, non saben nin escribir na súa "propia" lingua, nin teñen o tacto de editar un pouco os seus propios vídeos. Son tan pailáns que cren que colgando o video fan unha "gracia", cando os que quedan en ridículo son eles.
Publicar un comentario