Unha entrevista a tres bandas
(Detalle de Ingres)
(Detalle de Ingres)
Creo que xa lles falara da entrevista que me fixo hai unhas semanas Belén Regueira a propósito deste "noso" blog. E que me serviu ademais para estrearme na tecnoloxía do Messenger cunha charla a tres bandas con Belén e con Manuel Bragado. A entrevista xa está publicada en papel (eu ainda non a vin nese formato), no marco do Cultur.Gal, e tamén na rede no enderezo que agora lles dou, por se lles interesa:
http://www.culturagalega.org/i+c/index.php#publicacion
5 comentarios:
Parabéns ( ou beizóns ) pola entrevista a tres bandas. Certamente interesante.
É un consolo para min saber que Bragado fuma moito, tal como nos informa nas súas notas autobiográficas. Sinto a estraña solidariedade dos que penden dun fío. Aínda que quen sabe ao que lle chama el fumar moito.
Parabéns polo diálogo a tres, e aos tres. Entre outras cousas serviume para lembrar a nosa proximidade xeracional, amais de outras moitas máis proximidades militantes e existenciais. Saúdos e bo día das nosas letras. Mil máis.
Agora están a pasarse a papel moitas letras nacidas nos blogs. O outro día comprei un libro que acaba de saír, titulado "Abierto a todas horas" (Alfaguara), que recolle as entradas publicadas durante un ano por Félix de Azúa en "El Boomeran(g)". É do mellor que lle lin a Azúa, o cal xa é moito dicir porque case todo o que escribe este home é moi bo.
Se non estou equivocado, moitas das cousas que escribiu nos blogs apareceron tamén en EL PAÏS e, sobre todo, en El Periódico de Catalunya.
Publicar un comentario