8 may 2007

En poleiro alleo
Pouco cambiou o mundo dende o tempo dos romanos, di Monxardín. Sarille, "enfant terrible" do noso xornalismo, cuestiona a valía e cualidade poéticas de María Mariño. E Luís G. Tosar reencóntrase co mundo da aldea, pero, por baixo da gabanza, hai aspectos distanciadores...

O auriga Diocles e Fernando Alonso (Afonso Monxardín, en Galicia Hoxe)

O que vostede debe saber de María Mariño (X.M. Sarille, en El Correo Gallego)

Gabanza da aldea (Luís González Tosar, en El Correo Gallego)

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Non lle falta ao Sarille quen o secunde, xa se fixo ver aquí.

Nas Letras Galegas hai figuras maiores e menores; acontece en todas. O que non hai en todas é unha efémeride coma esta nosa, xurdida por motivación particular e, para o meu ver, aínda con fundamento.

Unha veces dedicáselle o ano a figura maior, outros a menor; o motivo é diverso, a circunstancia probablemente inevitable. Dedicarllo a Sarmiento ou a Murguía foi opción discutible, no seu día explicada; ; Añón non é Cabanillas; María Mariño, xaora, dificilmente se compara con Avilés de Taramancos.

Que queren que lles diga? Encontro na Mariño desharmonías, ao mellor trivialidades; tal poema de auténtica suxestión tropeza nun eco ante o ollo desafortunado. Posiblemente Novoneyra esaxerou, e serían logo del os seus motivos. É probablemente un mundo lírico valioso resolto cos recursos dispoñibles.

No 1970, con dezaseis anos, a petición mercoume miña nai "Os cen mellores poemas da lingua galega", escolla e edición de Alonso Montero; a miña visión da nosa lírica moderna asenta alí. Desde aquela coñezo "Tiven medo" e xa a cantei. Onde algún simpleza e mediocridade, en quero encontrar por veces misterio. A teoría da invención aparéntame un tanto inverosímil, aínda que só for por consideracións lingüísticas. Do resto, non me ocupo.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non é a primeira vez que, efectivamente, se plantexa a idoneidade da persoa celebrada. Nin ha ser a última, xa que as condicións que a RAG impuxo ás súas decisións dificultan o éxito completo.
Pero aínda hai máis: habería que ver se as persoas que forman a Academia, por lóxica, pertencentes a xeracións non precisamente novas, acertan coas súas propostas ou se, polo contrario, admiten como interesantes os caprichos/arbitrios/gustos/preferencias (todo o razonados que poidan aparecer) daqueles que adoitan amosar máis autoridade ou que son sinalados como máis preparados na materia. Eu gustaría de persoas máis atraíntes (sen eses anos de purgatorio preDLG), porque corremos o risco (con perdón) non só de deixarmos pasar a ocasión senón de crearmos rémoras para outros anos. É esta festa que convén reconsiderar por outras vertentes. Eu creo, sen ser sarillólogo, que por aí van os tiros do xanontanto enfant e si terrible XM.

Anónimo dijo...

Arume, o Proust está feito. Vostede foi quen o provocou, logo non diga.

Léoos mañá.

Anónimo dijo...

Tres bos artigos, cadanseu no seu estilo. Felicito aos seus autores.

Anónimo dijo...

Bos artigos, si, mesmo o de González Tosar. Talvez o Sarille mete o dedo moito na chaga para fachendear de enfant terrible, mais non deixa de ter razón.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

A mín o do Ché deume un ar decimonónico moi xeitoso. E coñecéndoo (de vista, naturalmente, pois nunca o tratei), parece artigo gorentoso dun lord para o Times desde os confíns das súas altas terras do norte de Inglaterra, condado de York, polo menos.

Anónimo dijo...

Sr Valcárcel, agora parece que se sinte máis de cerca a calor humán,está ben o contador ese, que colocou aí onda o seu retrato, polo menos agora sabemos cantos andamos na casa, parece que no intre que isto escribo que somos sete, que barbaridade!
Noraboa.

Marcos Valcárcel López dijo...

O do contador é, como sempre, obra do amigo Xulio Outumuro, que non para. E si, é certo, eu hoxe cando escribía, sentiame máis acompañado ó saber que había varias persoas en liña, aínda que non as poida ver e algunhas nin sequera ler (a maioría dos que entran non escriben, só len). Misterios do mundo moderno!!

Anónimo dijo...

Tres artigos magníficos. Empezo a pensar que, en conxunto, o nivel do articulismo en galego é superior ao da novela. Xa sei que é máis fácil, rápido e cómodo escribir un artigo. Pero escribilo ben xa non debe selo tanto.
Non coñecía eu ao Diocles lusitano este do que nos fala Monxardín. Vida envexable a dese langrán, como a de todos os heroes deportivos da Antigüidade, quen ademais de saborear a victoria sempre doce, eran cantados por Píndaro ou por calquera outro odógrafo. Hoxe todo segue igual, como di Monxardín, ma non troppo. Os deportistas andan todos medio dopados (Basso, Ulrich...) e o coitado de Maradona saíu da coca para entrar no calimocho. ¿E quen os cantan? Catro pelanas do Marca, os bocazas das radios e ese atorrante calvorota da Sexta. Periodismo deportivo, ¡que desatre! Menos mal que existen Jorge Valdano, Robinson e Maldini.

Con Sarille estou de acordo en que María Mariño é unha poeta menos que menor. E paréceme moi ben que haxa quen se saia do corro da pataca e o diga tan tranquilamente como o fai o Terrible XM (gústame o alcume que lle puxo o señor Arume).

O artigo de Tosar é magnífico pola súa gradación, que vai dende a descrición da repousada convalecencia rural ata a terrible escena recreada ao final con catro escollidas pinceladas.

Por certo, e enlazando o artigo de Tosar co de Monxardín: non me estraña que o brutamontes que mallaba nos cabalos fose do Real Madrid. Ninguén do Barcelona faría tal.

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo con Leituga 1. Ninguén coa camiseta do Barça faría atal cousa. Xa postos, a ver cando o amigo Valcárcel propón algún tema futboleiro, aínda que sexa vencellado co tema da identidade e a sangrante rivalidade Depor-Celta.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois, queridos amigos/as, por aí vano ter moi difícil: son a persoa máis allea ó mundo do fútbol que poden vostedes encontrarse pola xeografía galaica. Nunca vin un partido enteiro e a estas alturas xa non é hora de cambiar...
En calquera caso, esta casa está aberta a debates de todo tipo e non vetamos o tema futboleiro pero non me pidan que participe: nin sei nin quero saber dese mundiño... Un ten as súas limitacións...

Anónimo dijo...

O señor Valcárcel é da miña corda: poucas raras avis quedamos dese teor. Somos tan poucos que nin a once chegamos.

Anónimo dijo...

Aventuro dificultade para discutirmos: dúas especies parecen aquí rarear, e imprescindibles, seica, para o disenso: madridista e coruñés.

A cousa, logo, quedaría en lea arredor do Ronaldinho, o E'too ou a nova alfaia blaugrana: o pibe Messi. Canto a Vázquez-Stoichkov e outras veleidades celtistas, non quererán pisarlle o terreo ao blog do Brétemas.

Anónimo dijo...

E xa que estamos nesta onda: mantense unha certa correlación política entre nacionalismo e esquerdismo en favor do Barça e certo centralismo e conservadurismo en favor do Madrid? Seica o rapaz de Julius de Celanova é acérrimo: tal vez é xenético? Máis que nada por provocar.

Anónimo dijo...

Tamén son eu alleo radicalmente ao mundo do futbol... para a miña desgracia, por suposto. (Aínda que en poucos, en ambientes contados queda un por parvo e sen saber de que falar).
Por non saber, non sei ben se xogan once e o porteiro ou doce e o porteiro... Limitacións de formación. Creo que cumpría falar coa Ministra para uqe puxese unha materia no ensino monográfica.
Aínda así, como un non é impermeable, sabe do Caneda, que lle resultaba gracioso, e que o carallán do Ruíz de Lopera lle sacou o nome do ourensán Benito Villamarín ao estadio do Bético, polo que eu lle quedei moi ofendido, pois O Benito, de Alongos, mandáballe aceite a meu avó Antonio na posguerra, para gardar os chourizos, e con esas cousas non se xoga.
Ademais, como nos ilustra Allegue, foi o noso Blanco Amor a falar de futbol no cincuentenario do Betis Balompié, convidado por José Villamarín, irmán de Benito e á sazón presidente do Centro Galego de Bos Aires.. Debeu ser alá por 1958 ou así.