Jerry Falwell, telepredicador
andoliña 19 maio
Morreu nestes días, sen que a prensa destacase moito a nova, Jerry Falwell, o pastor evanxélico ultraconservador que creou no seu día o movemento Maioría Moral, en 1979, e todo un lobby para apoiar a campaña cara a presidencia de Ronald Reagan. Toda a súa carreira está chea de xoias como esta: para el, o 11-S foi un castigo contra os pagáns e laicistas, enténdase abortistas, feministas, homosexuais e activistas dos dereitos civís. Tamén defendeu o apartheid surafricano e afirmou que a sida era un castigo contra os pecados dos homosexuais.
A cousa viña de vello. Fillo dun alcohólico, formou unha banda xuvenil na súa mocidade antes de converterse en cristián renacido e fundar a súa propia Igrexa en 1956. Opúxose nos 60 ós dereitos dos negros e ó movemento de Martín Luther King. E soubo ver o poder dos novos medios de masas: dende os programas de radio e TV chegou a millóns de norteamericanos ós que lles contaba cousas como que Tinky Winky, un dos personaxes da serie Teletubbies, era en realidade un homosexual escondido.
O seu mérito, por riba desta xeira de disparates, foi crear un discurso ultraconservador que logo acolleu Reagan. Deixou discípulos privilexiados: non só nos Estados Unidos.
4 comentarios:
Un bo paxaro tiña que ser este tipo, que supoño un gran afeccionado á comida lixo.
Parece ser que Tinky WInky acaba de admitir que foi el o que matou ao Falwell (caír ben), dun golpe certeiro co seu bolso máxico.
Non reprobarei tanto ós Tonechos. Son mellor xente sen dúbida.
O rollo está calculado.Foméntase unha ideoloxía ultraconservadora,e así véndese mellor a meramente conservadora.
Nos centros comerciáis,cando hai productos similares con diferentes precios,o máis caro está somentes de "pique",pra que a xente compre o "segundo",que é o que en realidade queren vender...
Publicar un comentario