31 may 2007

Que pasa cos Mossos?

Na web de El País está colgado o video cos malos tratos que sufriu unha moza detida por parte de varios Mossos de Barcelona. No video, gravado con cámara oculta por Asuntos Internos, vese a agresión que fan dúas policías mulleres sobre a detida. Outro video amosa o estado en que quedou esta, cheo de hematomas por todo o corpo.
Que pasa cos Mossos de Barcelona? Suceden estas cousas aínda na nosa democracia? A policía agresora está detida, pero non é un caso solto. Na mesma comisaría hai varios policías máis suspendidos de emprego polas mesmas razóns. Imaxes nada estimulantes, dende logo. Que pasa nas outras comisarías de España? Se os agredidos son, p.ex., inmigrantes, sen avogados nin persoas que atendan os seus dereitos, a policía ten carta branca para facer o que queira...?

4 comentarios:

Anónimo dijo...

O que está a pasar é que Joan Saura, o conselleiro do interior da Generalitat, apostou forte por coutar as torturas dos Mossos (que algúns chaman, despectivamente, "Gossos": "cans"). Ademáis destes episodios de torturas, o que algunnha xente lles apón é que teñen un escaso coñecemento do país, por moito que leven ese histórico distintivo.
(Por certo, as orixes deste corpo de policía, seica o máis antigo de Europa, aínda están envoltas en polémica).
Creo que non hai nada que degrade máis ao ser humano que a tortura. Eu non podería soportar ver ese vídeo.

Anónimo dijo...

O que sucede en Catalunya é que hai vontade de denunciar este tipo de violacións, e por eso saen a luz, pero é dificil creer que esto ocorre só alí e non en outras comisarias. De Catalunya vennos o exemplo, denuncia, persecución e cámaras que debería extenderse ao resto do estado. No pais Vasco hai moitas denunicias por torturas, pero mirase a cotío para outro lado, hai casos dende logo dificieis de non crer. Lembremos a morte dun detido hai pouco nun centro da Guardia Civil.
A tortura veu sendo practica habitual no franquismo, mátivose sistematicamente no pais vasco,e as veces asoma por todo o estado.
A tortura degrada en primeiro lugar ao corpo no que se exerce, polo que as policias deberían ser as prmimeiras en denuncialas, a tortura degrada ao estado no que se practica, degrada aos seus cidadáns se sospeitando da sua practica miran para outro lado. A tortura degrada a todo o sistema politico e degrada a cada un de nos como cidadáns consentidores. Que se pode dicir contra do terrorismo se se aplica da forma mais cruel no fondo das institucións que dicen conbatilo. Ante estes feitos só cabe esixir mais democracia e responsabilidade cidadán. No caso que nos escandaliza funcionanaron as institucións capaces de sacar os feitos a luz pero o peor é o que non se vé, o que non se sabe, o que se oculta.
Jimy de Rairo

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

INFORME AMNISTÍA INTERNACIONAL PARA ESPAÑA

Silvio Falcón dijo...

Pois a min dame mal rollo, eu teño pasado por diante desas comisarías dos Mossos. É máis, a opinión popular sobre os Mossos non é moi boa. Achácaselle que son antipáticos e pouco preparados, á maioría.

Iso sí, non sei por qué. Non lle son nin conselleiro nin deputado.

Unha aperta