4 jul 2007


Galegos de Ourense (III): Política, Literatura e Igrexa

Aínda que en teoría xa estou de vacacións, seguimos traballando... E estes días bastante liado, por dúas cousas. A primeira, arranxar temas de intendencia: a estancia da filla en Santiago dende outubro (xa está solucionado). E a segunda, polo que segue máis abaixo. (A foto é do 20 de maio de 1994, cando a homenaxe a Casares do Clube Cultural Alexandre Bóveda en Ourense: presentes M.V., Benito Losada, Carlos Casares, José L. Outeiriño -responsable de Protocolo do Concello- e Afonso V. Monxardín).

Galegos de Ourense (III): Política, Literatura e Igrexa
(Curso de Extensión Universitaria. No Mosteiro de San Salvador, Celanova. Dirixido por Jesús de Juana, Julio Prada e Domingo R. Teijeiro)

Mércores 4 xullo. O Bispo Quevedo (Ponente: Jesús de Juana)
San Rosendo (Segundo Pérez)
Marcelo Macías (Miguel Ángel González)

Xoves 5 xullo. Antón Losada Diéguez (Xosé R. Quintana)
Carlos Casares (Marcos Valcárcel)
Florentino López Cuevillas (Domingo Rguez. Teijeiro)

Venres 6 xullo. Manuel Suárez e Benigno Álvarez (Julio Prada)
Xaquín Lourenzo (Luis Domínguez)
(Curso de Extensión Universitaria. No Mosteiro de San Salvador, Celanova. Dirixido por Jesús de Juana, Julio Prada e Domingo R. Teijeiro)

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Que vostede o conferencie ben, Valcárcel.

Anónimo dijo...

El podería ser que algún dos habitués de chez Valcárcel conferencie estes días en Celanova?

Anónimo dijo...

Tenha coidado se bebe na fonte da Plaza,Marcos.Xa sabe de a lenda que dí que si bebe do canho do Norte,pónse un tolo...(Sí,creo que era o do Norte)
E si lhe apetece dar unha volta,vaia hasta o alto do furriolo onde fixeron ese mural en honor ós paseados,e vexa se hai labores de mantenhemento,que acredito que non...

Mr Troll

Anónimo dijo...

Por certo,o meu abó tamén estivo preso en Celanova na posguerra...
Mr Troll

Anónimo dijo...

E pónhalle unha flor a Celso Emilio,que lhe cadra de caminho.Xa debéu morrer o enterrador que o enterróu e que limpaba o recinto(ou non,non séi).Era analfabeto,pero trataba a tumba de Celso Emilio con moito carinho.Eu preguntéilhe: vostede se non sabe lér,como é que sabe que este senhor escribía tan ben."Eu,é polo que dí a xente..."
Mr Troll

Anónimo dijo...

Podería, mr. Swan, podería ser...
(M. V.)

Anónimo dijo...

Que teñan todos vostedes un feliz verán/vrao. A min vaime ser imposible consultar o blog a cotío, aínda que procurarei conectarme desde algún cíber.
Vou ter pouco tempo para viaxar, pero lendo as entradas do sr González entráronme ganas de pasar un día enteiro en Lugo, percorrendo as rúas e visitando todos os museos. Aurens' xa me queda un pouco máis a desmao, pero seguro que me cadra de pasar por alí algún día.
Marcel Swann

Anónimo dijo...

Amigo Swann: se non é impertinencia, por onde vai o seu camiño na busca do verán perdido? Onde vai de vacances? Díganos algo. En todo caso, feliz verán/vrao/vrán/verao.

Anónimo dijo...

Se quere, Swann, poña aviso en calquera sitio de aquí, que deica a fin do mes habemos estar de garda.

En todo caso, que Lugo non lle dea desencanto.

Anónimo dijo...

Habémolo botar en falta, amigo Swann. Dígollo en serio de verdade. Porque sen vostede non imos ter con quen "pelexar" (dialecticamente, enténdase), e así un perde alicientes blogueiros.

En todo caso, deséxolle que teña un feliz e moi frutífero verán para que volte con enerxías renovadas ao curre de cada día.

Quen nos poría este castigo... o de traballar, enténdase. É que realmente o mundo está moi mal organizado, pero que moi mal organizado.

Unha aperta.

Anónimo dijo...

Unha canción de despedida para o amigo Swann:

Goodbye boys

Anónimo dijo...

Maxino que xa o conhece,Señor Swann,pero se anda por terras da pro-vincia de Lugo,non deixe de ver:
-O pedregal de Irimía ,onde nace o Río Miño.(Na caseta de información turística da vila,Meira,venden tamén libros de un poeta local que lhe escribíu ó rio).
-O árbol talhado de Begonte.Infórmese da taberna-restaurante do escultor que o fixo.cómese bén.
-As lagoas de Cospeito.(Non hai moito onde comer...)
-A parte do caminho de Santiago,qué lhe vou dicer...
-Pode darse unha volta por Taramundi,xa en Asturias.Paga a pena...
-Dos Ancares e o Courel,xa sabe...Pregunte en Folgoso por unha parrilhada enxebre,toda en madeira de uces,rexentada por un alemán,perdida por alí...

Maxino que conoce os sitios...son soi algús dos meus "Lugares máxicos..",ó azar...

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Adios cigarros
compañeros de mi vida
farias queridas
de aquellos tiempos
me toca hoy el daros última calada
ya no me queda más que la mísera pava

por que el doctor me prohibió
fumar
(CHIM-PÜM)

(Xa mo imaxino na voz do Gardel...)

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Corrección parcial: o castiñeiro tallado está en Baamonde, concello de Begonte. O escultor era Víctor Corral, da súa familia eran o restaurante Galicia, que está na estrada xeral, e O Labrego, en recinto propio.

O castiñeiro está acarón da igrexa parroquial. O Galicia, ao ladiño. Polo resto ha ter que preguntar.

Ora que, probablemente, o Swann xa sabe.

Anónimo dijo...

Ok,tovarich XM glz. Uóxen jaraxó.Da svidáñia...

(Ok,camarada XM Glz.Moi ben.Hasta vernos)

Mr Troll ágrafo