Mulleres activas.
Pan por Pan 5 xullo. Imaxe: Maternidade, de Arturo Souto.
De todo hai, insisto, no noso cancioneiro popular: por exemplo, mulleres de todos os tipos. Velaí esta irónica defensa da muller casada, pero só por horas: “Quen me dera poder sempre/ ó deitarme ser casada/ e á mañán, ó erguerme, / estar como antes estaba”.
Ou esta valente reivindicación da muller activa, mesmo no plano sexual: “Anque che son piquiniña,/ redonda como unha noz,/ teño de darche combate/ tres horas polo relós”.
Non falta a visión tradicional, máis convencional na denuncia das “liberdades” das féminas: “As rapaciñas de agora/ son pequenas como ratos;/ andan no medio dos toxos/ con barrigas como sapos”.
E hai tamén coplas que falan do maltrato ás mulleres, mesmo xustificándoo. Pero esta sería doutra fasquía ben diferente: “A muller pegoulle ó home/ cunhas cestas dun sarillo;/ xa que pode, está ben feito/ que castigue ó seu marido”.
19 comentarios:
E ben merece ser lembrada esa pintura da nai boa e case celestial: miña nai, miña naiciña / como miña nai ningunha / que quentaba a miña cara / co calorciño da súa.
I esta outra,reivindicando respeto durante o acto sexual:
No me hagas el amor en el camino
que no soy una cadela
andas con los testículos arrastro
y me llenas la vagina de tierra...
Mr Troll
(Puxena en castelán,máis fino,que en galego igual non ma poñen...
Mr Troll
E homes ...
Hombre pequeñito, hombre pequeñito.
Suelta tu canario que quiere volar ...
Yo soy el canario, hombre pequeñito,
Déjame saltar.
Estuve en tu jaula, hombre pequeñito,
Hombre pequeñito que jaula me das.
Digo pequeñito porque no me entiendes,
Ni me entenderás.
Tampoco te entiendo, pero mientras tanto
Abreme la jaula que quiero escapar;
Hombre pequeñito, te amé media hora,
No me pidas más.
ALFONSINA STORNI.
E non hai máis que falar!
Nónima.
Xa,pero acabóu coa súa vida,posiblemente a causa do home pequeñito...
Mr Troll ágrafo...
Por la blanda arena que lame el mar,su pequeña huella no vuelve más...
Sr Valcárcel,dígame se ten o libro "Cancionero musical de Galicia",reunido por Castro Sampedro y Folgar,con notas de José Filgueira Valverde.Se non o ten,fágolhe chegar unha copia encuadernada da reimpresión facsímil de 1942...
Mr Troll ágrafo
Casadiña de tres días
quen che tiróu os colores
nin casada nin solteira
nunca ch´os tiven mellores...
(Na páxina 101 do libro mencionado)
Mr Troll ágrafo
O amor qu´ha de der meu
ha de ter a mau lixeira
ha de colle a rosiña
sen abalar a roseira
p.98
Mr troll ágrafo
Impresionante. É todo isto publicouse en 1942?
1992, se non lin mal.
O que tenho eu é unha reimpresión facsímil da edición de 1942,con máis introducción,notas etc...
tiñas os olliños negros
inda agora os reparéi
si reparara máis cedo
non amara a quen améi
(Bergantiños)
Non te quero por bonita
que xa séi que non a és
quérote por moreniña
e pola ley que me tés
(Ulla)
p.99
Mr Troll ágrafo
Joder,que nos séi nin o que tenho.Ahora apareceron dous libros recopilatorios de cancións galegas,escritos a máquina de un tal José Paredes Pardo,de Campelo,Poio,do 1995 e 1998.Estes acredito que mos dera o Suso Vaamonde...
Críate,vaite criando
rosa branca do xardín
críate,vaite criando
que te crías para mín
(n.92)
Mr Troll ágrafo
Este Mr. Troll ágrafo é unha caixa de sorpresas. E ademais é un tipo bastante simpático. Moito máis do que prometía.
Si, realmente Mr. Troll é ben simpático. E ten unha propia e intransferible erudición, xaora. Anima moito o blog e agradécese.
A MR. TROLL.
Equivócase vostede coa súa erudición. Tiña máis luces que acabar coa súa vida por un home. Acabóuna por decisión propia. Foi unha eutanasia prematura pola propia man.
Hombres ombligo? ...
Me miro y me miro
y me vuelvo a mirar,
me miro y me veo
y no hay nadie más.
Por mí ocurre todo
y no hay más que hablar
por mí ocurre todo
cuándo yo falte, del mundo qué será.
(Pensamiento del hombre sol).
Nónima.
Para Sr.Troll. Non, non teño o libro que cita, aínda que o teño consultado algunha vez. Se quere deixarme calquera cousa, pode facelo na Conserxería do Liceo que logo xa mon entregan de inmediato. Graciñas.
Ei,nónima.Moi bó o do home-embigo.
Eu non son Herudito
nin o quero ser
pro pago dinheiro
se é para aprender...
(Mr Troll ágrafo,a-nómino,pasando a Barcala)
A MR. TROLL AGRAFO.
Paréceme ben
Que pague diñeiro
Cántos ricachóns
Son analfabetos.
Pero teña coidado
Non se vaia arruinar
E moito máis barato
Mirar e observar.
Apréndese tanto
De tanto mirar
Que as veces o que aprendes
E a querer olvidar.
Enténdo ó que se refire
E compartóo tamén
Pero quería réplica
Como toda muller.
Pero non se engane
Que o de muller
Non é connotación ningunha
Nin para mal nin para ben.
(Pensamentos-Pasatempos sen importancia).
Nónima Picafror.
Nónima:
É a primeira volta que me dedican unha copla,non sabe que bén lhe ben ó méu patolóxico ego.Qué razóm tinha o meu sicólogo (vendedor de figos) ó ordeñarme este blog.Graciñas.A outras horas,escríbolhe eu outra, que eu tardo moito,sóio séi rimar tempos verbáis,e pra iso en asonante,som moi mau poeta e tenho que ir mirando dicionarios,e así.
Qué contentinho estóu.O número de coplas que lhe dedicaron a un debía contar pra curriculum...
Mr Troll ágrafo
Publicar un comentario