4 jul 2007


Máis sobre os ollos e o amor (na literatura popular)

Pan por Pan mércores 4 xullo. Imaxe de J.L. Gerome.

É tan inmensa e vizosa a nosa poesía popular que encontramos nela todos os temas, actitudes e rexistros. Tamén, como estamos vendo, sobre o amor e os ollos.
Estes son a imaxe que mellor representa a amada: “Olliños que ben me queren/ nesta terra non están;/ pasano a Pontesampaio/ sabe Dios cando virán”.
Pero os ollos, aínda os propios, son tamén os culpables do castigo do amor, por eles entran os desexos e as paixóns: “Os meus ollos ten a culpa,/ a eles m’ hei de volver,/ que fun tomar amores/ a donde non deben ser”.
O mesmo laio do trobador medieval García de Guilhade: “Os olhos verdes que eu vi/ me fazen ora andar assí”.
Os ollos permiten ver a amada e non outra cousa é o que quere, por riba de todo, o mozo das nosas cantigas populares: “Quérote tanto, meniña,/ quérote tanto, rapaza,/ que o día que non te vexo/ eu non sei o que me pasa”.
(P.S.: a maioría das coplas que uso nestes miniartigos están sacadas da excepcional escolma de DOMINGO BLANCO, A poesía popular en Galicia, 2 vols., Xerais, 1992, que recolle case catro mil breves cantigas galegas)

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Olhos cheios-vacíos ,de sonhos ou de...
Olhos que se fechan cando se abre outra cousa no corpo ou no mundo...
Olhos vigíamtes do resto do corpo ou do resto do mundo...
Olhos inconfundibles,os da nai,os do neno,os de...
Olhos inapagávels,olhos que nunca fechan,que nunca dormen...
Olhos de pedra,ou outros materiales...
Olhos que nom choraram,ou sempre a chorar...
Olhos-espelhos,olhos-arma,
olhos-fiestra..
Olhos de formas non esféricas,triángulos,flores,olhos diferentes entre sí...
Olhos que son máis que dous...
Olhos dun animal noutro...
Olhos que non miran pra onde se espera...
Olhos que se moven según sons,sabores,...
Olhos de tamanho extranho en relación a...
Olhos con area,ou obxetos extranos...sangue...
Olhos vendados ou desvendados da xustiza ou de...
Olhos,un aberto,outro fechado,por qué...
Olhos nas máscaras do ladrao,do ciruxano,do soldado químico,...

Ta bén o exercicio,sim senhor...


Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

(ContinuaÇao do exercicio...)

Olhos que brilan pola súa auséncia,non están...
Olhos do Guadiana reflectidos noutros olhos...
(Buraco) dos olhos na capucha do verdugo...
(Buraco) do olho na xigantesca calavera do cíclope,coa estaca espetada...
Olho de vidro na calavera do esquelete de Castelao (?)
Olhos tralas características gafas:Castelao,Sartre,...
Olhos humáns nos peixes das augas quentes subterráneas de Auria,inventados por J.Noguerol...


Mr Troll

Anónimo dijo...

Olho-parche do pirata-Moshé Dayán
Olho que paga dente,doitas...

Agora,combinamos dous...

Olho único imprevisto,cheio de pesadelos e de area,tras a venda,da Xustiza,ou ferido nalgúnha altura pola espada...


(O tema dispárase,da pra pintar cuadros,filmes,esculturas,contos...se un no fora tan tan tan vago...)

Mr Troll

lourixe dijo...

Sendo tenra, moi tenra adolescente, ainda me enternecía mais a versión de Duncan Dhu de "Esos ojos negros"... Tempos aqueles en que era "joven y bella"... Divertídevos co karaoke!

Anónimo dijo...

Xa non será adolescente, señorita Lourixe. Pero o que é indubidable é que aínda é tenra, xove e bella. Permítame que lle dedique unha canción optimista:

Canción para Lourixe

Anónimo dijo...

I eu dedícolhe ésta,Lourixe
Adivinhe cual dos catro son eu...

http://www.youtube.com/watch?v=klQtI_rVeTM

Mr.Troll ágrafo

Anónimo dijo...

A ver, Mr. Troll, terei que botarlle eu unha man:

Canción que dedica Mr. Troll

Anónimo dijo...

Obrigado,a.p.-c. Xa sabe que Deus anota nunha libreta de contable os favores que fai cada un...

asiento 1 de DIARIO

favores DEBE HABER fecha
1 Mr Troll ap.c 5/7/04

Mr Troll ágrafo