Hai uns anos homenaxeámolo no Ateneo Ourensán, por iniciativa da Asociación de Amigos da República. Chéganos agora a nova da súa morte (vía X.L. Carrión) e transcribimos aquí o comunicado de despedida desta asociación (o texto completo, en comentarios):
Quen é José Bóveda? Un home bo e xeneroso que lembraba como naquel Abril de esperanzas de 1931 “uns poucos rapaces falamos un día de que eiquí non había ningún sindicato,. Entón decidimos montar a CNT”. Lembraba que “entre 4 ou 5 montamos o primeiro sindicato na comarca, para facer fronte aos caciques. Os xornais eran entón de 3,5 pesetas e 20 horas de traballo. Nós pedimos 5 pesetas e 8 horas. Tiñamos que ir polas portas ás noites explicando o que queriamos, coa negativa dos empresarios, aínda que o conseguimos ao final”.
Co Golpe de Estado, o seu posicionamento custoulle unha condena de 30 anos de cadea por “Rebelión Militar”(?) nun esperpéntico xuízo no Paraninfo do Instituto de Ourense. Conducido inicialmente á prisión de Celanova, foi levado o 26 de xuño de 1937 á prisión do Forte de San Cristóbal, en Pamplona. de onde se fuga o 22 de maio de 1938 xunto con 1085 presos, entre eles 204 galegos (deles 33 eran da provincia de Ourense), segundo el explicaba e así consta nos libros como o de Félix Sierra “La fuga de San Cristóbal”.
19 comentarios:
Texto e foto aportados por X.L.Carrión:
“Ás barricadas, ás barricadas, polo trunfo da Confederación!
“...porque un se sente na obriga de espallar aos catro ventos
que esta Terra, tantas veces mal representada pola mansedume
e docilidade das bestas de carga, tamén soubo de rebeldías”.
(Verbas tiradas do limiar do libro de Dionisio Pereira
“A CNT na Galicia 1922-1936”)
Dende hai 10 anos, nas datas en torno ao 14 de Abril celébrase en Ourense a Festa da República. A de 2002 estivo dedicada ao polo papel xogado polos/as sindicalistas ao longo da República. Para personificar tal feito foi elixido José Bóveda Formigo, natural da localidade ribadaviense de Ventosela. Daquela tiña 90 anos cumpridos
Quen é José Bóveda? Un home bo e xeneroso que lembraba como naquel Abril de esperanzas de 1931 “uns poucos rapaces falamos un día de que eiquí non había ningún sindicato,. Entón decidimos montar a CNT”. Lembraba que “entre 4 ou 5 montamos o primeiro sindicato na comarca, para facer fronte aos caciques. Os xornais eran entón de 3,5 pesetas e 20 horas de traballo. Nós pedimos 5 pesetas e 8 horas. Tiñamos que ir polas portas ás noites explicando o que queriamos, coa negativa dos empresarios, aínda que o conseguimos ao final”.
Co Golpe de Estado, o seu posicionamento custoulle unha condena de 30 anos de cadea por “Rebelión Militar”(?) nun esperpéntico xuízo no Paraninfo do Instituto de Ourense. Conducido inicialmente á prisión de Celanova, foi levado o 26 de xuño de 1937 á prisión do Forte de San Cristóbal, en Pamplona. de onde se fuga o 22 de maio de 1938 xunto con 1085 presos, entre eles 204 galegos (deles 33 eran da provincia de Ourense), segundo el explicaba e así consta nos libros como o de Félix Sierra “La fuga de San Cristóbal”.
Detido aos poucos días, José foi condenado a 17 anos de cadea máis, en setembro de 1945 fóronlle revisadas as penas e saíu á rúa, regresando de novo a Ribadavia, aínda que mal mirado de novo. Por iso tivo que emigrar a Barcelona. Os traballos da vida e a xubilación foron os motivos do seu regreso á súa Ventosela natal, ás lembranzas, aos veciños e á familia.
Cando tivemos a honra de coñecelo e falar con el contaba que ao seu regreso a casa, “atopeime cos fascistas de sempre”, lembraba, sinalando que “un día no bar ‘Moderno’ de Ribadavia estaban 4 ou 5 nunha mesa cun amigo meu de esquerdas. Cando eu ía ao café só falaba con quen se podía falar. Eu sentei noutro lado, Cando me dixeron que fora sentar con eles, dixen que con fascistas non estaba. Recoñezo que era un pouco maleducado ao tratar con esa xente, pero era o que había que facer. Para evitar problemas, marchei para Barcelona no ano 47”.
Co pesar polo pasamento do amigo José o 16 de xullo, pero coa alegría de telo coñecido, unimos as nosas voces á súa para cantar aquilo de “ás barricadas, ás barricadas, polo trunfo da Confederación!
Saúde e República!
Amigos da República
Que a terra lle sexa leve!
Lémbrome agora da esquecida e benquerida Cuca Tovar, que gañou un pleito ao Concello orensán porque non lle deixaban consultar uns rexistros relativos ás víctimas da represión. Vai sendo hora de desenterrar ese expediente para lembrar á que posiblemente foi unha das primeiras que intentou penetrar no oscuro misterio da represión, pero seica algúns historiadores non están moi interesados ¿non sí?
Este Carrión,sempre na brecha.Hasta tén o Hino de Riego no teléfono.Teréi que lhe preguntar a él ou ó Huete se tenhen pensado facer algún tipo de acto.
Video-homenaxe pra José Bóveda nun día coma hoxe 18 do que dixo "Tambén tí,Bruto..."
guerra civil
Ó fío do comentario de ANA BANDE, adhírome totalmente a esa homenaxe pendente a Cuca Tovar, que se foi tan cedo para todo... Daquela houbo un xuízo pola negativa do alcalde, Caride Tabarés, a deixar consultar os libros do cimiterio. Eu acudín como testemuña convocada pola defensa de Cuca Tovar.
Alégrome ben do teu apoio a Cuca, vou ver se me recupero dunha represión contemporánea que veño de sufrir, vou precisar un tempiño, e lle fago unha visita ao insigne arquiveiro Don Francisco Espino. Apertas!
E falando do outro Bóveda...
Non vín neste bloc nenhuma valoración das declaracións de Montero de que Cunqueiro e Risco son responsables da morte de Bóveda...
Quen ten cú tén medo,dicen no meu pobo.Iso é o que lhe pasóu a Risco.E si son eu o que estóu na súa pele xa se me afloxaban os esfínteres todos.Maxino que en poucos días saldrá algún artigo de desagravio...
Non coñezo esas declaracións. ¿Son recentes? ¿Pode alguén informar de onde apareceron?
Si, informo eu mesmo. As declaracións de Alonso Montero sairon no FARO DE ORENSE nunha entrevista breve realizada por X.M. del Caño e en titulares destacados. Pero na presentación do seu libro en Ourense o propio Alonso aclarou que non o dixo con esas palabras e que tería que matizar moito esa afirmación: de feito, falou por tf. con Del Caño e este aseguroulle que sairía unha rectificación ou algo así, cousa que, ata onte, non se publicou. Do libro de Alonso xa se falou aquí e sen dúbida as páxinas máis duras son contra Risco e Cunqueiro: eu mesmo escribín que o autor é máis "comprensivo" con Iglesia Alvariño, Celso Emilio e outros autores circunstanciais de textos profranquistas.
A este Alonso cando se lle quenta a boca ante un xornalista pouco avisado, pasa o que pasa.
¿Del Caño pouco avisado...?
Joer,entón o resto do que temos en Ourense...
Seguramente o resto é para chorar máis aínda.
Cristina Huete, desde El País, creo que non o fai nada mal.
Cristina Huete.Qué maravilha de mulher.Xa desde bén novinha,guapa e intelixente.Nunca soupo o tolinhos que andábamos tantos por ela,fai tantos anos.Escribía xa de adolescente cunha madurez asombrosa.Mesmo levara algún premio...
Ahora está no País.Parece ser que tivo algún problema coa Voz.Creo que non foi a única,pro iso son cousas da vida...
"El País" fichou moi bos xornalistas para a súa edición de Galicia: Cristina Huete, Fernando Varela, Dani Salgado, Pablo López...
Sr. Marcos.Non séi se léu vostede a dupla-páxina que lhe dedica o "Faro de Ourense" a Alonso Montero e ó seu libro,e si lhe gostaría dicir algo ó respeito neste blog...
(Non o atopéi na edición digital pra poder colgalo...)
Lin de vagar esa longa entrevista de dúas páxinas: supoño que é a rectificación esixida por Alonso ó xornalista, moito máis extensa e matizada. Creo que non está na rede. En calquera caso, gardamos unha copia por se a alguén lle interesase como documento histórico-literario.
Podería, se ten tempo e gañas, facernos un pequeno comentario sobre o máis substancial desa longa entrevista con XAM, amigo Valcárcel?
RESPOSTA A APC.
A citada entrevista no Faro é un bo resume do máis sustancial do libro de ALONSO MONTERO. Vaia en esquema:
Fala con detalle da traxedia de Guernica e do artigo de Cunqueiro a favor do bombardeo.
Dos artigos franquistas de Risco: "Risco é o botafumeiro de Hitler, Mussolini, Salazar e Franco" (en titulares)
De Álvaro das Casas, un dos reaccionarios máis grandes e "un tipo infame moralmente". XAM di que fuxiu a Arxentina non exiliado, senón por razóns afectivas, homosexuais.
Das musas do medo: o poema profranquista de Celso Emiliopara salvar a vida.
De Xulio Sigüenza, que polos mesmos motivos dedica un libro a Jesús Suevos.
De Otero Pedrayo, con detalle sobre a súa volta ó ensino.
De Cabanillas, visto como traidor por algúns galeguistas: "manobra para vir á zona franquista, co que desgusta a Castelao".
Matizando: o titular escandaloso do outro día queda en:
"Cunqueiro e sobre todo Risco, cos seus textos brillanets, extraordinariamente ben escritos, estaban construindo un discurso literario e intelectual que lexitimaba a represión, e víctimas desa represión foron fusilados Bóveda e Gómez del Valle, un en Pontevedra e outro en Ourense.
Pola extensión e tamén pola expresión sospeito que a entrevista non é telefónica agora, senón que debeu ser enviada por escrito polo propio entrevistado.
Publicar un comentario