Pobres Tintín e Hergé
Andoliña 17 xullo
Indignados están hoxe moitos amantes da banda deseñada e non só os seguidores da liña branca de Hergé e o inmortal Tintín. Como xa sucedera cos contos tradicionais, dos Grimm e Andersen, os novos inquisidores dedícanse agora a censurar o cómic clásico. As teorías da corrección política, que impulsaron antes carapuchiñas feministas e similares, poden chegar ó esperpento. Unha vez aceptada a premisa inquisitorial, non hai volta atrás: todo é posible no reino do disparate.
Porque censura é o que fai o Observatorio Británico contra a Discriminación cando obriga a varias cadeas de librarías a acantoar o álbum Tintín no Congo por presentar varias viñetas nas que os negros son vistos como "retrasados" e "submisos colonizados". O propio Hergé refugou deste álbum e confesou que era, tamén na súa ideoloxía, froito dos prexuízos do mundo burgués da súa época. E xa está: non entender iso é non comprender que é unha obra de arte como produto histórico, que como tal debe ser lido, pero non corrixido.
O seguinte paso será vetar as películas de Tarzán de Jhonny Weismuller e facer unha versión pacifista e branda da Ilíada. O conto é triste, que dicía o noso Castelao. E non rían. Todo se andará.
Andoliña 17 xullo
Indignados están hoxe moitos amantes da banda deseñada e non só os seguidores da liña branca de Hergé e o inmortal Tintín. Como xa sucedera cos contos tradicionais, dos Grimm e Andersen, os novos inquisidores dedícanse agora a censurar o cómic clásico. As teorías da corrección política, que impulsaron antes carapuchiñas feministas e similares, poden chegar ó esperpento. Unha vez aceptada a premisa inquisitorial, non hai volta atrás: todo é posible no reino do disparate.
Porque censura é o que fai o Observatorio Británico contra a Discriminación cando obriga a varias cadeas de librarías a acantoar o álbum Tintín no Congo por presentar varias viñetas nas que os negros son vistos como "retrasados" e "submisos colonizados". O propio Hergé refugou deste álbum e confesou que era, tamén na súa ideoloxía, froito dos prexuízos do mundo burgués da súa época. E xa está: non entender iso é non comprender que é unha obra de arte como produto histórico, que como tal debe ser lido, pero non corrixido.
O seguinte paso será vetar as películas de Tarzán de Jhonny Weismuller e facer unha versión pacifista e branda da Ilíada. O conto é triste, que dicía o noso Castelao. E non rían. Todo se andará.
112 comentarios:
Tamén cambiaron os botes de Cola-Cao. O problema de Hergé vese complicado polo seu coqueteo co nazismo ou con partidos dese corte en Bélxica. Se a iso engadimos a masacre xenocida no Congo baixo o reinado do grande Leopoldo II, pois o políticamente correcto parece neste caso un pouco máis correcto ca de costume.
Home, Arume, Hergé coqueteou, en efecto, pero recoñeceu moi pronto o seu erro e pidiu desculpas, renegando dese pasado. Non fixeron así outros.
E, en fin, a masacre no Congo perpetrada por Leopoldo II e os seus secuaces, foi moito antes, e cando Hergé fixo ese album xa ninguén se lembraba dese xenocidio, polo que non se pode establecer unha relación causa-efecto.
O politicamente correcto -impulsado moitas veces por poderosos lobbys- é un cancro censor que vai carcomendo a historia cultural europea, que foi a que foi.
Do que se trata, penso, é de explicar e entender o por qué das cousas. Algo que non ten nada que ver con xustificalas, xaora.
Nese afán corrector vai inserido un mal totalitario. Fúrtasenos a experiencia do mal.
Onte estiven nun campo de concentración, e lembreime ao observar a chegada dun autobús de turistas aquelas afirmacións de Adorno, sobre a imposibilidade de facer poesia logo do Holocausto.
As portinhas do forno crematorio, estaban abertas, como un sagrario, corpo de cristo.
Arriva no ceo, as trenzas de cinza,
Sulamit
foron pasto do ser.
Sain co espíritu revolto
O ser dase onde rompe(zerbrich) a palabra.
Jimy de Rairo
Que lager foi o que visitou, amigo Jimmy?
Si, non digo que haxa causa-efecto, pero un editor de Tintín en Inglaterra no ano 2007 procura evitar calquera asimilación con episodios infames da historia recente do mundo. E o xenocidio do Congo, así como o comercio de escravos, son antigos, pero cobran valor máis ca simbólico neste momento, ata o punto de que nunha sociedade coma a británica, onde os negros (afroamericáns sería a palabra para EEUU) son unha parte importantísima da poboación, calquera visión ofensiva (mesmo nun comic) sobre a negritude resulta indignante.
Serán lobbys, mas tendrán sentido.
Pero os episodios infames da historia recente do mundo non desaparecen porque se maquillen os libros -e un cómic éo- daquela época, e menos impedindo a súa reedición.
Se levamos a lóxica do "politicamente correcto" até o paroxismo, desaparecería o 90% da historia cultural e artística mundial. É unha lóxica perversa.
En todo caso, o que habería que estar vixilantes é coas visións ofensivas que se poidan facer no presente, non das que se fixeron no pasado.
É un disparate monumental -que acarrea tráxicas consecuencias- indignarse co pasado e tratar de rescribilo en función de hipersensibilidades censoras do presente. O totalitarismo, como ben dicía Jimmy, agóchase nese afán corrector.
Creo que APC explicou con moita claridade o que pensamos algúns sobre o pensamento "politicamente correcto": levado ó extremo, supón a propia desaparición do concepto de cultura occidental. Vixiemos o presente e non tanto xa as obras de arte, que deben ter a súa autonomía estética (penso eu: non confundamos a voz do escritor coa dos seus personaxes ou a voz do narrador), senón a estulticia de moitos políticos e líderes de opinión racistas, misóxinos, colonialistas, etc., que sen dúbida que aínda hai abondo...
Hai tempo un compañeiro de Santiago levou a un grupo de estudantes americáns que estudaban español nas aulas de Filoloxía de Santiago textos de literatura española clásica. Levou para o seu comentario a pasaxe do Lazarillo de Tormes na que o fillo da nai de Lázaro e do mozo moreno (negro, entre nós) co que se arrimara asústase ao ver ao pai. O meu compañeiro, que leva comentando tal pasaxe desde que a literatura española remataba no caso Savolta, procedeu como era habitual, ata que viu que varias persoas saían da aula. Días despois soubo que case todo o grupo presentara denuncia diante do coordinador dos cursos e, por suposto, con copia ao responsable do intercambio de estudantes en EE.UU, porque un profesor de literatura española ofendera gravemente ás persoas cun texto indignante sobre un neno mulato que ten medo da escura pel do seu pai negro.
Sei que esto está a suceder e en EE.UU. é moeda máis ca común nos campus. A selección de textos depende máis da forma en que poda valorarse a visibilidade de certos grupos que dunha canonización de obras ou de autores. Prefírense textos en que apareza o conflicto colonial, racial ou sexual, a aqueles que poidan resultar de criterios (obviamente sempre discutibles) estéticos establecidos durante séculos. Non hai moito recibín correos alarmantes de EE.UU. nos que se certificaba a desaparición, por exemplo, dos estudios históricos literarios máis atrás do século XIX. Os estudios literarios medievais danse por eliminados.
É un tema moi interesante e moi debatido: creo que faltaba neste blog a discusión sobre o alcance dos estudios culturais na construcción doutros paradigmas culturais. Con este punto da censura ou da autocensura que ben apunta APC.
Como saben,hai un libro dunha escritora galega sobor do sexismo e o racismo nos escritos de Pondal.
A mín non me parece mal que se fagan ese tipo de libros de análisis pero outra cousa e modificar os orixinales.No caso do Tintin,poderíanse publicar,como apéndice do orixinal, o análisis que se quixera.O orixinal,filho do seu tempo,e o análisis posterior tamén.
FELICIDADES a XAN DA COBA pola asunción do seu novo nick (antes Troll Ágrafo). Vexo que seguiu o consello de APC para que figure o seu nick no inicio da mensaxe: é boa cousa, porque os seus lectores así encontrarán antes eses textos. (Permítome agora eliminar a súa mensaxe anterior que repetía o mesmo texto desta. Saúdos).
Dende hai xa varios lustros, estase desenvolvendo dun xeito alarmante unha "arte de sentirse ofendidos" e unha "cultura da queixa" que agochan moitas cousas, e non necesariamente beneficiosas.
E normalmente faise en beneficio dun intereses particulares que só pretende gañar cuotas de poder (cultural, político, etc.) para os máis espabilados que abandeiran esa "nova sensibilidade". E, en efecto, parte dese caixón de xastre que son os "cultural studies" ten moito que ver.
E coincido coa súa última apreciación, de Xan da Coba, sobre o estudo arredor de Pondal (de María Xosé Queizán). Todo é digno de estudo, se se fai ben, pero de aí non se debe derivar unha condea ó ostracismo dun autor (nas artes ou nas letras) se este ten a calidade literaria suficiente (como a tiña Pondal, á marxe da anacronía dos seus gustos literarios, vistos dende a óptica de hoxe).
O curioso do caso é que quen reprime a aparición destes textos faino por antirracismo, filantropía e presupostos anticoloniais. É a progresía multicultural, anticanonizadora, anti canon occidental a que leva eses observatorios. Non esquezamos. Xa digo que é un debate interesantísimo.
Permítanme achegar estes correos entre profesores da Academia americana:
1. "Supongo que habrás visto todo el jaleo que se está montando (MLA) entorno al futuro de los programas académicos de los que somos miembros. El tema es muy amplio para entrar con detalle en él en esta breve nota. No obstante, lo que queda claro es que los que detestan o no entiende el sentido de los programas con base en profesores con doctorados en literatura están utilizando, y creo incluso que en ocasiones manipulando la información, para decir que la literatura debe desaparecer de los programas académicos. En ocasiones, ésta es la trampa, (no sé que porcentaje es ignorancia o malicia), para sustituir los puestos, y los programas, por gente (o programas, repito) de lingüística (no solo aplicada, sino teórica). Una reflexión por nuestra parte sobre el tema seria útil. A ver si tenemos que sustituir ahora a Cervantes y la vida intelectual, política, económica, etc. del siglo XVII (a lo cual lo quieren cubrir bajo "Curso de literatura: Cervantes") por estudios de la revista Hola y Semana o por cursos sobre alófonos y variantes de los dialectos de las zonas costeras de... (y adjunto mi profundo respeto a esta disciplina)."
2. "Yo soy profesora de Lit. Colonial hispanoamericana y hago tanto el barroco de indias, como temas indigenas, raciales y de identidad que hoy se han apropriado las teorias poscoloniales de la India y las academias del primer mundo. En el caso de mi universidad no es al avance de la Linguistica a lo que se teme --depende de cual Linguistica hablamos, ya que yo tengo mi BA y uno de mis MA en Semiotica, y me ha ayudado muchisimo en hacer analisis textual y discursivo. Lo que se combate es cualquier disciplina que tenga que ver con el pasado pre-1800. Desde que llegue a MSU en el 2000 tuve que aprender a hacer marketing de mis areas porque los estudiantes graduados tenian la idea de que todo lo colonial (y pre-1800 en ambos lados del Atlantico) es conocimiento inutil. Hoy, despues de 6 anhos, tengo estudiantes de doctorado que me dicen: R., he decidido no matricularme en tu curso porque mi "advisor"--quienes son profs. de siglo 19 y 20 de Peninsular y Latinoamericana-- me dicen que lo colonial no me sirve para nada. Y eso que no dicto solo lo canonico de las listas. Peguen una mirada a mi pagina web , y vean los cursos tan diversos que ensenho y como conecto los quehaceres coloniales verbales y visuales, literarios y otros no canonicos, a lo que sucede hoy en America Latina. Aun asi, mi area se percibe --gracias a colegas de los siglos 19 y 20 en el ejemplo que doy--- como conocimiento inutil.
En varios congresos he presentado trabajos en el que trato este tema: el desafio de legitimar mi area de estudios en la ensenanza universitaria de los Estados Unidos. Mis colegas del area se identifican de inmediato. Tenemos estudiantes que escriben tesis sobre el cine --pero no tocan un texto literario--, sobre el rock espanhol o mexicano, sobre los cantautores hispanos, sobre comerciales de radio y TV, y nuestro doctorado ha pasado a llamarse "Hispanic Cultural Studies" con toda la vaguedad que significa "cultural studies" (este es un debate aparte). Ya no solo se trata de que nuestros propios colegas ignoren todo conocimiento pre-1800 como inutil, sino que se ignore la produccion verbal creativa en general, i.e. lo literario.
Propongo que empecemos un debate serio sobre "Conocimientos Inutiles: los estudios culturales del siglo xxi y la negacion de la tradicion textual hispanica pre-1800 en la academia norteamericana". Que les parece? En todo caso, sera el titulo de uno de mis proximos articulos. Y podriamos generar un volumen en conjunto."
Un perfecto exemplo do que estabamos dicindo, amigo Arume.
Moi boa a expresión " arte de sentirse ofendidos",ap.-c
A algún autor moderno,non sei se a Innerarity,non estoú seguro,lhe lín esta definición do cidadán nunha democracia actual:
"Un bebe caprichoso acompañado de un abogado que le asiste"
Fágase logo unha edición anotada do "Tintín no Congo" (posiblemente a obra de Hergé máis difícil de atopar entre nós, dado que o dos Soviets xa nin conta) e asunto solucionado.
O de América que di o Arume vese algo máis complicado. Cada vez entendo mellor o estilo provocador de Harold Bloom, que así e todo constituíu un canon occidental basicamente "à son aise".
Sinto decepcionalo: non é América. É o mundo mundial. E o Harold Bloom, autor de referencia na FAES.
Para min que Harold Bloom sexa ou non autor de referencia na FAES nin quita nin dá categoría ao mesmo.
Falei de América entendendo que os seus correspondentes eran americanos; aínda máis, deducindo por determinadas grafías, americanos de teclado inglés. De calquera forma, o perfil do que leo coincide cos comentarios adxacentes a "O canon occidental"; e, de calquera maneira, sen desmentir o efecto contaminador que ese academicismo teña chegado a exercer noutras partes do mundo, o certo é que entre nós véxoo algo atrasado, por fortuna: aínda nos estamos a referir a el en forma máis ben satírica.
Non me parece ilóxico de todo que o neoconservadorismo escolla a Bloom por certos motivos; nin é motivo descualificatorio. Aínda lembro a afirmación enfática (aqueles anos) de certo coetáneo hoxe en día acomodado en diferentes parámetros: "Lo dijo Lenin!". Aceptación, abrindo os brazos, doutro interlocutor: "Ah, bueno, si lo dijo Lenin...".
Talvez Harold Bloom, con algo de hipérbole polo medio, poida ser considerado "autor de referencia" pola FAES. Non creo que ocorra o mesmo coa súa distinguida alumna Camille Paglia, que sostén puntos de vista basicamente semellantes aos do seu mentor, aínda que o fai dun xeito sumamente irreverente e politicamente incorrecto. Non vexo a Ana Botella facendo da Paglia a súa referencia, francamente.
A FAES, en todo caso, actúa intelixentemente incorporando a Bloom, un home de esquerdas, ao seu propio "canon". Algo así está facendo Sarkozy na política francesa. Esa mesma intelixencia é a que eu boto a faltar cada vez con máis frecuencia nunha esquerda oscilante entre certo "meapilismo" moral e unha obsesión por perpetrar un mundo perfecto e reconciliado a base xa non só de derrotar ao diabólico capitalismo, senón tamén de levar a cabo un proceso de enxeñería espiritual que nos convirta a todos en boas persoas, ou sexa, en persoas politica e moralmente correctas.
A esquerda reaccionaria -que é unha gran parte da esquerda- leva anos cometendo o inmenso erro de regalarlle á dereita a tradición e o pensamento liberal. A tradición politicamente máis sensata e fructífera do século. O pensamento máis vivo e determinante de hoxendía.
Ten gracia ver á dereita española -a máis facha e clerical de Europa, xunto coa polaca- revestíndose de atributos liberais, celebrando a Harold Bloom, organizando cursos sobre Isaiah Berlin e dentro de pouco, xa verán, sobre Habermas. Mentres tanto, "o perfecto esquerdista español" (por non falar da subespecie galega) é feliz instruíndose en "rebelion.org", en "Le Monde Diplomatique" e buscando novos caudillos estrafalarios que idolatrar, dende Fidel Castro ata Hugo Chavez, pasando polo inefable "Comandante Marcos".
Habermas, teoricamente, xa foi reivindicado como antídoto fronte aos "nacionalistas -seica- decimonónicos". Non coñezo a tal alumna, pero para irreverente e politicamente incorrecto xa chegaba o mestre, que de esquerda non sei se será, pero a bloomnián non hai quen lle gañe.
En fin, corre tempo de redefinición para todo; incluso o termo "liberal" ofrece semántica ben dubidosa. Ora ben, ao Sarkozy véxolle máis selo americano-yankee ca outra cousa, nese contar con personaxes da banda contraria para o seu proxecto non xa gobernativo, senón constitucional; fai ben. Pero, ¿que estará preparando?
Ocurre que a dereita -aínda a máis recalcitrante- non ten ningún reparo nin pudor para apropiarse do que sexa, de Azaña a Bloom, pasando por Habermas ou os irmáns Tonetti. O que faga falta. Todo con tal de chegar ao poder, disfrutalo e facer das súas.
A esquerda, en cambio, é máis melíflua, máis mixiricas. A esquerda "instalada" non é quen de saír do "curtopracismo" (Copyright: Descrido). E a esquerda autoproclamada "alternativa" segue présa nos seus propios mitos e da preguiza mental e intelectual: a visión maniquea das cousas é o seu sinal distintivo.
O pouco que pode haber de pensamento de esquerda verdadeiramente crítico (e que ten, en boa medida, un compoñente liberal) atópase fóra -ou, como moito, nas marxes- desas dúas ramas da esquerda organizada.
Da primeira, porque non lle fan nin caso ás súas elaboracións por mor do peso das anteolleiras curtopracistas que todo o asolaga. Da segunda, porque resulta incompatible con tanta marulería e marrullería intelectual.
E nós con estes pelos!
Se eu puxen, provocadoramente, a especie de que Harold Bloom era referencia da FAES, fixeno coa intención de suliñar os paradoxos de certas propostas culturais. Non para tirar para un ou para outro lado. Non creo que asumir a HB sexa cuestión de oportunismo da dereita, senón de concordancia coa substancia canónica de HB. Asumir a Shakespeare como paradigma da cultura occidental, que moitos poden compartir, é propio das achegas conservadoras, íntimas amigas de colocar eminencias, xerarquías, haute culture por riba de relativismos varios. Non digo que á esquerda asumir eses plantexamentos lle resulte difícil: todo o contrario. Pero son coordenadas que se cruzan coas de dereita-esquerda ás que estamos afeitos.
A postura de Bloom de considerar a Shakespeare epítome moral da conciencia occidental recibiu ataques da progresía americana de xeito case sistemático. Nin siquera os sectores liberais da "academia" (concepto sempre lábil) americana acreditaron tal posición xerarquizante, sen entrarmos en consideración sobre a prepotencia ou soberbia occidentalizadora que agochan as súas verbas.
Eu plantexo o estado da cuestión tal e como se ven a desenvolver nos derradeiros anos. Anos nos que a tese de HB está claramente desbordada por un vendaval crítico, de inspiración supostamente progresista (feminismo, literaturas coloniais, estudios culturais, definición de identidades, perspectivas sistémicas) que amenaza desde a raíz o prurito canónico que HB ostenta como definitorio da cultura de occidente.
Concordo basicamente co que di vostede, AP-C. Aínda que non tanto na relación que establece entre o "apropiacionismo" da dereita e unha hipotética colleita de votos como resultado. Creo que non é esa a finalidade. Máis ben o que ocorre é que a dereita española sempre estivo orfa de ideas e de bases teóricas, agás uns cantos resortes vellos, autoritarios e clasistas, aos que se engadíanos preceptos, doutrinas e catecismos que lle subministraba a Igrexa Católica. Unha perrallada, en definitiva.
Tras a restauración da democracia, a dereita viviu moitos anos nesa orfandade de ideas, o cal lle facilitou moito a tarefa á esquerda. Pero dende dez anos para acá, primeiro co chamado neo-liberalismo, de alcance fundamentalmente económico, e agora coa moda "neo-con" e coa crítica da esquerda realizada por moitos antigos esquerdistas, está levando a cabo iso que antes se chamaba "un rearme ideolóxico" que ten como principal obxectivo a medio e longo prazo erosionar e invertir a "hexemonía ideolóxica" aínda hoxe vixente da esquerda no conxunto do entramado social, aínda que sexa unha hexemonía máis baseada en "ideoloxemas" e tópicos vellos que en outra cousa.
Por certo, AP-C: dixéronme que lera vostede aquel libro que recomendei eu aquí hai algún tempo: "El misteriosos caso alemán", de Rosa Sala. Teño entendido que lle gustou, polo que me conta o meu nodo de espías ourensáns.
Estou de acordo co que di, amigo Leituga 1. Pero vostede entendeume algo mal: non establecín ningunha relación mecánica de "apropiacionismo". Hai xa ben anos que me decatei que os votos non se conseguen citando a Habermas ou a Azaña! Aínda que non o desenvolvín, ía na mesma dirección que vostede apunta con tanto rigor como soltura expresiva.
E si, lin aquel libro de Rosa Sala. De feito, a poucos días de vostede recomendalo, fixen un pequeno comentario sobre o mesmo que non debeu ler. Por aí debe andar nos arquivos. Mais non paga a pena procuralo.
A min esto lembrame o caso verídico dun escritor de contos infantis, no que os da editora trocanlle totalmente o argumento en troques do politicamente correcto, trocandolle un episodio onde o protagonista roubanlle a bicicleta por outro onde perde a bicicleta, etc... Hoxe en días os autores da literatura infantil universal non poderían escreber a carapuchiña vermella, etc... A iste paso acabaran por facer unha versión pacifista e politicamente correcta do famoso libro ¨Miña Loita¨....
Paréceme que queren darlle ó tema mais relevancia da que realmente terá (xulgan dende a "inmediatez" curtopracista que tanto se din nesta entrada) déanlle tempo a eses textos e as propostas sobre as que o Sr Leituga constrúe as bases e o rearme ideolóxico da nova esquerda e da neo-dereita, e verán como, na súa maior parte, son meras ideas-percha onde pódese colgar calquera cousa, pero que dificilmente serán quen de cimentar nada ideoloxicamente novo.
Por certo, escomencemos eliminando os tebeos do Guerreiro do Antifaz e do Capitán Treboada pra non enturbiala ¨alianza de civilizacións ¨co mundo musulman, e escomencemos a porlle cancelas o Shakespeare ise, un misoxeno, un racista,un... logo seguiremos por uns cantos mais....dises escritores universais...
Estádesvos ponhendo moi serios.Ahí vai una anedota pra liberar a tensión amoreada:
anedota
Esas censuras non se fan pra non ofender.Fanse pra non molestar,que é moi distinto.Pero as molestias de unhos cantos non están por riba da verdade,que é de todos.E supóñen un ser humán infantilizado,intolerante,en lugar de maduro,forte,libre.
impagable e ilustrativa anedota a que nos facilitou xan da coba; graciñas pola tertulia así montada, lástima non se dera unha por semana
Todos estes comentarios chocan cunha realidade cada vez máis evidente e tanxible nas universidades americanas e en boa parte nos curricula académicos das europeas. Baste unha ollada aos programas das materias, aos planos de estudios (posgraos ou másters) ou aos índices das principais revistas de humanidades. Con solo ler os títulos dos traballos faise un idea de por onde van os tiros. Por moito que aquí reneguemos do políticamente correcto. E, por suposto, xa están noutros orbes da cultura, de carácter máis divulgativo. Agora teño que marchar, pero á volta colgo algún exemplo do dito.
Títulos de traballos en Hispanic Review 2007:
"De muchas y muy bárbaras naciones con quien conversé y vivi": Alvar Núñez Cabeza de Vaca's Naufragios as a War Tactics Manual / 1-22
Through the Bonfires of Petrarchism: Flemish Aesthetics in "El coloquio de los perros" / 23-46
"Mía o de naiden". La reescritura de la violencia en "Pasión de historia" de Ana Lydia Vega / 47-60
Nation and Identity in Crisis and Beyond: Mempo Giardinelli's Santo oficio de la memoria / 61-80
Decolonizing the Sodomite: Queer Tropes of Sexuality in Colonial Andean Culture (review) / 81-83
La modernidad silenciada: la cultura española en torno a 1900 (review) / 84-86
Borges and Translation: The Irreverence of the Periphery (review) / 87-89
The Canon and the Archive: Configuring Literature in Modern Spain (review) / 90
Fago un par de precisións:
1. Cando digo humanidades (agora o nome que han levar os graos universitarios: Artes e Humanidades) quero dicir mellor estudios literarios e culturais. Non podo falar de Historia ou doutras disciplinas porque non teño información tan precisa.
2. Nos estudios literarios en Galicia nocións coma identidade, nación, modernidade, periferia, anticanon están moi presentes nos últimos tempos. E moitos deles teñen que ver con planteamentos propios dos cultural studies. Os presupostos nacionalistas de análise literario concordan, e moito, con estas perspectivas de cultural studies. HB, neste contexto, non é moi benvido.
Colo tamén o programa dun curso de doutoramento dunha universidade galega para que vexan o nivel de incorporación desta nova case epistemoloxía literaria:
"O programa X ten como obxectivo principal a difusión das perspectivas máis novidosas en cada unha das áreas de investigación propostas. (...)Deste xeito, a variada oferta de cursos do noso programa tenta achegarse ás diversas materias de estudo cun obxectivo común: a ollada dende a nosa contemporaneidade. A ollada é a metáfora que empregamos para referirnos tanto ás formas de mirar de xeito consciente para o presente coma ás nosas propostas de recuperación “lúcida” do pasado.
(...)
O itinerario literario-cultural artéllase segundo as perspectivas teóricas máis recentes como as do feminismo e o poscolonialismo, os estudios culturais, identitarios e de xénero, o posestructuralismo e a deconstrución, a análise de textos narrativos e fílmicos, así como a revisión dos clásicos ou os estudos sobre o humor literario, entre outras. Deste xeito, os cursos tentan conformar diferentes olladas e promover espazos para o pensamento en torno aos seguintes núcleos temáticos: a análise da ideoloxía nas literaturas infantil e xuvenil, a identidade nas literaturas da diáspora, o achegamento ás interrelacións estéticas e políticas no espazo urbano da modernidade, á exploración das vinculacións entre as vangardas e o teatro de Broadway e a problemática da cinematografía contemporánea."
E desculpas por esta barrila estival.
Corríxame se me trabuco, amigo Arume, pero teño a sensación de que o grao real efectivo -isto é, que dea resultados prácticos: estudos concretos- de incorporación desa "nova epistemoloxía" en Galicia é, de momento, máis superficial ca outra cousa.
(Seguramente me expliquei mal)
Máis unha declaración de intencións que un resultado en estudos tanxibles.
(A ver se me expliquei algo mellor)
Entendo que quixo dicir interesantes, porque tanxibles hai moitos. Outra cousa é que resistan a proba do nove. DE todas maneiras, non hai simposio, congreso, reunión científica onde non aparezan as verbas fetiches de identidade, multicultural, desconstrucción (desmontaxe, ou des-ouquesexa), (re)lecturas (con todos os novos estilemas formais de parénteses, guións, xogos de palabras, singular/plurai(s), barras, canon(s)). Bote unha lixeira ollada por estes universos que habitan entre nós, claro está nas cumieiras da Academia.
Esquecín engadir: pagados puntualmente polas autoridades educativas da Xunta, do Ministerio ou do Concello, segundo os casos e sexa quen sexa o que estea no poder. Polo tanto, lonxe de calquera hipótese de traballo ou declaración de intencións. Case no BOE ou no DOG, única realidade, como di Leituga1, existente.
Eu referiame á existencia de estudos tanxibles (e interesantes) feitos en Galicia sobre a literatura e a cultura galegas, desde esas perspectivas postmodernas (chamémoslles así).
E non me refiro a traballiños insignificantes publicados en actas de congresos para inflar currículos, nin tampouco a proxectos de investigación finaciados pola Xunta ou o Ministerio, que case sempre quedan en augas de borrallas.
Non. Refírome a libros concretos de autores concretos. Hainos? Non son especialista no asunto nin estou moi ao tanto do que se publica nos estudos literarios en Galicia. Algún haberá, pero creo que moitos non, alén do uso superficial deses "estilemas".
Pódenos dar algúns títulos concretos?
Amigo APC, estiven en Struthof, a uns 180 km, de Frieburg.
Hai pouco tempo, editouse a traducción de "Unha casa de bonecas" (Xerais), no prólogo, botenlhe unha olhada na libraría, as tradutoras, dan conta de que tiveron que vencer a forte tentación de non censurar, cambiando partes "inadmisibeis da obra".
O problema, eu vexo xa ben diagnosticado por un filosofo-sociologo, moi criticado, mais que a sua precisión descriptiva non pode ser obviada nen polo mesmo Habermas, estou a falar de Luhamn, e os procesos de complexización sistemática da sociedade. Habermas dende a perspectiva critica describe o problema, como normativización, xuridificación, ao fin "colonización" do mundo da vida. O proceso pode ser levado, claro está, con mais ou menos intelixencia.
Estou con Leituga respecto a perniciosa entrega do liberalismo a dereita. A liberdade definida negativamente, o primado da autonomía segue a ser a primeira necesidade para a acción política. Sen ela, verdadeiramente non hai politica. O resultado da positivación excesiva dos dereitos, conleva un endurecimento das democracias que constrinhen aos cidadáns, nas "gaiolas de ferro". A min ante este letal proceso para a vida politica, artistica, cotidiana e extraordinaria, so me caben saidas como as de Dworquin, é dicir, parafraseando o titulo dun seu libro, tomarse os dereitos en serio.
Non vexo outra saida, por mais light que lle pareza a esquerda convencional.
Sen caer nos excesos libertaristas, tomarse no seu desenvolvimento teórico e practico os dereitos definidos na teoría política liberal,seméllaseme o unico caminho pracicabel dende unha razonabilidade práctica.
Amigo Arume en Alemania estase a producir un peche progresivo dos departamentos de linguas clasicas. Os americanos están a comprar as bibliotecas destes departamentos, levandose algúns profesores, o Último segundo me contan, foi por aquí, Frieburg, de onde levaron arquivos e libros para a universidade que rectoraba a senhora Condoleza.
Observo o ben que madurecen as uvas, a ver se temos unha vendima, abondosa, dourada e de ácios fermosos para seguir a colgalos da solaina.
Jimy de Rairo
Vostede interpreta mellor ca ninguén o meu interliñado. Tal e como vostede escribe, aínda que eu faría máis sangue, sobre todo porque as borrallas resultantes pagámolas todos/as. E por aí andan exultantes, soberbios alcázares da miseria.
Non coñezo persoalmente ese lager, amigo Jimmy, o único que está situado en territorio francés.
Para quen desexe máis información sobre pódese consultar:
Struthof-Natzweiler (en francés)
Struthof-Natzweiler (en castelán)
Arume: o que di vai polo que dixen eu ou polo que dixo Jimmy?
E faga, faga máis sangue.
Está publicado en castelán un moi bo libro sobre todo o proceso cultural, intelectual e universitario que deu lugar ao que estamos comentando. Chámase "French Theory" e subtitúlase "Foucault, Derrida, Deleuze & Cia y las mutaciones de la vida intelectual en Estados Unidos". Está publicado pola Editorial Melusina no ano 2005 e o seu autor é François Cusset, profesor da Columbia University en París. Transcribo a continuación a contracapa:
"French Theory describe o desembarco dos pensadores postestruturalistas franceses -Foucault, Derrida, Barthes, Deleuze, Baudrillard, Lacan, Kristeva- en Estados Unidos na década dos setenta e o espallamento e mutacións das súas ideas no Novo Mundo: a deconstrución, a diseminación, o biopoder, as micropolíticas, o nomadismo, o corpo sen órganos, o simulacro, o hiperreal... A incidencia desta corrente filosófica clave do século XX é difícil de calibrar e persiste no novo milenio: dende as "guerras semióticas que aínda se libran nas máis prestixiosas universidades estadounidenses ata as "guerras culturais" que enfrontan a liberais e neoconservadores, pasando polas novelas cyberpunk e o éxito comercial da saga cinematográfica Matrix".
Teño que dicirlles tamén que ese texto de contracapa non lle fai demasiado honor -comprensiblemente-ao contido do libro, moitísimo máis amplo, rico e ilustrativo. Cusset está moi ben informado, viviu todo este asunto moi de perto e mostra ao longo das 330 paxinas do libro unha envexable capacidade analítica e mesmo narrativa. É unha desas escasas obras de "historia intelectual" verdadeiramente apaixoantes, con especial incidencia no mundo dos estudos literarios e a súa recente transformación no sentido que apunta Arume.
E xa postos a recomendar, fago o mesmo cos dous libros da xa citada Camille Paglia publicados en castelán: "Vamps & Tramps" e "Sexual Personae", subtitulado "Arte y decadencia desde Nefertiti a Emily Dickinson".
Eu teño certa devoción persoal por Camille Paglia, lesbiana, feminista, liberal, pagana e pornógrafa. Non me parece unha crítica literaria nin unha esteta extraordinaria, pero si moi valente, orixinal, divertida e provocadora. Póñolles aquí unha cita de "Sexual Personae" por se lles abre o apetito. Estou seguro de que polo menos Jimi de Rairo ha de agradecermo:
"Que a cultura popular fai súa o que a alta cultura desbota queda bastante claro no caso da pornografía. A pornografía é pura imaxinería pagana. O mesmo que un poema é unha expresión verbal ritualmente limitada, así tamén a pornografía é unha expresión visual ritualmente limitada do carácter demónico do sexo e a natureza. Cada instantánea, cada ángulo da pornografía, independentemente do estúpido, manipulado ou pastoso que sexa, é un intento de captar toda a imaxe da enormidade da natureza crónica. ¿É arte a pornografía? Sí que o é. Arte é contemplación e conceptualización; é o exhibicionismo ritual dos misterios orixinais. A arte ordena a brutalidade ciclónica da natureza. Como dicía, a arte está chea de crimes. A fealdade e a violencia da pronografía reflicten a fealdade e a violencia da natureza".
Pero non tomen a parte polo todo: o libro ten 1.000 páxinas...
Gran parte do tempo do lecer dos xóvenes e non tan xóvenes pásano en sitios onde non se pode físicamente falar,debido ó volume da música ambiente (non ambiental).É por iso que a comunicación interpersonal fáise cada volta máis visual,sofisticándose e diferenciándose os códigos non-verbales hasta marxes que ningunha Flora Davis pudo sospeitar.E atrofiándose progresivamente a noutrora sofisticada palabra falada,e por tanto a escrita.De ahí ó desprecio polo verbal e por tanto polo conceptual hai só un paso.
Velaí o Índice do libro que citaba Leituga 1:
Table des matières
Introduction. L'effet Sokal
I / L'INVENTION D'UN CORPUS
1. Préhistoires
D'exil en export
Antécédents transatlantiques
L'invention du poststructuralisme (1966)
2. L'enclave universitaire
Mondes à part
Gentlemen et savants
L'excellence et le marché
New Criticism et modernisme littéraire
3. Le tournant des « seventies »
De la militance à l'existence
Revuisme éclectique
Contre-culture : un rendez-vous manqué ?
L'aventure de Semiotext(e)
4. Littérature et théorie
Conflit des facultés : la victoire du récit
En citant en détournant
Résistances : de l'histoire à la philosophie
Theory, une éducation critique
5. Les chantiers de la déconstruction
Lecture, l'enjeu derridien
Le quatuor de Yale
Échappées et stratagèmes
Supplément : l'effet Derrida
II / LES USAGES DE LA THÉORIE
6. Politiques identitaires
Le triomphe des cult' studs'
Ethnicité, postcolonialité, subalternité
Questions de genre
Politique théorique, alliance malaisée
New Historicism : les limites d'un compromis
7. La contre-offensive idéologique
La querelle du canon
Les méprises du PC
Un débat national
La croisade néoconservatrice
Vers une gauche postpolitique ?
8. Stars de campus
Judith Butler et la performance
Gayatri Spivak et l'intotalité
Stanley Fish et l'institution
Edward Said et la critique
Richard Rorty et la conversation
Fredric Jameson et la question postmoderne
9. Étudiants et usagers
Les jeux de la parataxe
Bildungstheorie contre lecture légitime
Augmentation du monde et privatisation des savoirs
10. Pratiques artistes
Entre l'oeuvre et le marché
Le quiproquo simulationniste
Architectures immatérielles
11. Machinations théoriques
Zone d'autonomie temporaire
Cyborgs, platines, objets trouvés
Pop : circulation aléatoire
III / ALLERS-RETOURS
12. La théorie-norme : une influence prolongée
La ritournelle du déclin
La persistance culturaliste
De Foucault à Barthes : le nuancier des paradoxes
13. La théorie-monde : un héritage planétaire
L'Amérique et ses autres
Impacts lointains, effets directs
Les sources allemandes
14. Et pendant ce temps-là en France
L'humanisme isolé, ou la résurgence des gros concepts
Le lent retour du refoulé
Science pure et raison d'État
Conclusion. Différence et affirmation
Postface à l'édition de 2005
Index
Remerciements
E velaí a Introdución da versión en castelán:
Introdución libro François Cusset
O campo está por se quere visitalo, senhor APC, na Alsacia, francesa,por suposto.
Respecto ao deconstructivismo, eu acostumo a recomendar o libro de SOkal, "unha impostura intelectual".(aos decosntructivistas claro), porque sempre xenera debates apaixoados.
A toda proposta filosofica hai que reconhecerlle o que afirma de verdade,e rexeitar o que tenhan de impostura
pero esto requeriría un debate mais fino.
Jimy de Rairo
Ah, qué gustiño da lervos! boa ensalada a que facedes, arume de piñeiros, leitugas de primeira, a.p..io diríase que afrodisiaco, e por aí seguido.
Xa coñecía de referencias ese "campo", amigo Jimmy.
Verbo da ensalada que di o Anómino, pregúntolle: vostede que quere ser, vinagre ou aceite? Aliñe, Aliñe, amigo Anónimo, por min non se prive.
se fora unha salsa diríalle que o prixel, sendo ensalada conformome con disfrutala, caro amigo
Eu xa estóu facendo unha "lista preta" de comics,películas e programas de TV pra censuralos se nalgúnha altura tenho ese poder.Por fomentar a "burricie..."
Non acabo de entender, sr Arume, se os estudios culturais lle parecen ben ou lle parecen mal. Porque, anque todos os comentarios críticos aquí aparecidos choquen "cunha realidade cada vez máis evidente e tanxible nas universidades americanas e en boa parte nos curricula académicos das europeas", cabería, pola súa parte, un posicionamento máis claro ao respecto. Ademáis, afirmar que os planteamentos de Bloom (neste aspecto esencialmente coincidentes cos de Steiner) se superpoñen ás coordenadas "esquerda" e "dereita", non é razón suficiente para descalificarmos a proposta de introducir criterio e xerarquía nun mundo literario rexido, en ocasións, por factores extraartísticos ou anartísticos. Nese sentido, a utilización de Bloom pola neoconservadurismo pode non ser casual, pero non refuta a súa proposta de canon; ou máis exactamente, non invalida a chamada de atención sobre a necesidade de distinguirmos entre o bo e o malo, o artístico e o anartístico, o ideolóxico e o textual. O tema é complicado, dende logo, e non se pode despachar en dúas liñas. Pero lendo estas liñas, venme a lembranza do pobre Sartre premarxista, quen, acosado polos comunistas, respondía que tal vez a a súa obra literaria e filosófica reproducía valores "pequeno-burgueses", pero que iso, en todo caso, non significaba que o que escribise fose falso. Ou é que o arte -pola súa propia natureza, xerárquica e aristocrática- non é, no seu fondo máis fondo, xordo ás voces moralizantes (de “esquerda” e “dereita”) que lle chegan da sociedade?
Respecto a estudios interesantes sobre a literatura galega, eu ao menos, e agradecería mais información, o mais suxerente que tenho atopado e a Gonzalez Millán.
No ámeto da filosofía estase a dar unha discriminación que vai tomando cada vez mais corpo, as discusións sobre as direrencias entre Analíticos e Continentais, comezan a segarlle a herva baixo os pes aos deconstructivitas.
Jimy de Rairo
Eu non son claro nos meus comentarios a propósito, porque o que pretendín foi suliñar, como dixen, as contradiccións deste debate, non amosar a miña opinión ao respecto. Eu describo a situación.
Pero se me pide posturas (con perdón) eu son moi de kamasutra: uns días arréolle pola beira dos culture club, outros fago de misionero filolóxico, outros descontrúo o 68 para achegarme ao 69, outros reto(ri)zo á xeito de Eco, eu que sei. Así ata completar o catálogo, segundo os días, a compañía, o lugar e a vontade non sempre definida. Depende. Eclecticismo de aquén e de alén.
Jim Morrison,a súa maneira de escribir lémbrame á de unha señora que se chamaba Clara,i escribía as veces claro,as veces oscuro,as veces claroscuro...
Jane Austen fóra do canon ou serpente cultural de verán?
Arume entendeume perfectamente, amigo Xan. Teño para min que os "estudios culturais" significan, no plano intelectual, unha certa revancha de sectores periféricos ao campo propiamente literario, que aproveitaron a oportunidade para colocarse no centro do debate intelectual, e dende aí decidir que debe ser lido e que non. No plano cultural, os “estudios culturais” supoñen un trunfo do relativismo multiculturalista, que, en perfecta consonancia coas estratexias do capitalismo global, tende a reducir a "identidade" a cultura ( “gay”, “feminina”, “negra”..) e a negala como comunidade (o ideal do mercado é un mundo de átomos consumidores, sen vencellos nin pasado). E, no plano político, os estudios culturais supoñen unha certa reciclaxe de intelectuais marxistas, orfos de bandeiras dende que a caída do pano e os procesos de individuación deixaron á esquerda orfa de mitos e bandeiras. Por suposto que non comparto a sintonía estudios culturais-relativismo papán-moralismo politicamente correcto. E entre a lectura de H. Bloom de Philip Roth ( recomendo a lectura de “La mancha humana”, unha crítica demoedora das estupideces ás que pode chegar a correccíón política e os disparates de certo feminismo) e a dun deconstructivista, non teño dúbida. Pero tal vez sexan cousas da idade.
Outra lamentatio, vida de EE.UU: quixera facer notar o tono nostálxico:
"Comparto vuestra frustración, y se me paga mal encima. Efectivamente, en esta época, que que se ve empeñado en repetir todos los errores del pasado, la pobre Posteridad se encuentra carcomida, maltratada y con una falta de pretendiente (rechazada). En la U. Pittsburg, según se cuenta, se han eliminado los estudios Peninsulares por completo, y cada vez más se pierde de vista la grandeza de nuestros clásicos antiguos. La culpa es de la ignorancia, que se ha puesto muy de moda, y su acompañante prejuicio anti-historiográfico -- algunas veces denominado "presentism." Como dijo Goethe, "los árabes del desierto odian el pescado." Muchos de nuestros colegas desprecian lo que no cultivan; no pueden ver por encima de su propia altura. En mi departmento se quejan de que ofrezco cuatro cursos en el Siglo de Oro. Hay un par en medieval y uno en colonial. Les señalo que la literatura española empieza en el siglo XII y si redujéramos más el número de cursos en las épocas antiguas, habría una ridícula preponderancia de cursos en los Siglos XIX y XX, siglos que resultan más simpáticos porque su estudio no requiere tanta preparación como las épocas antiguas, sobre todo el Siglo de Oro, en que todo se junta -- la tradición greco-romana, lo medieval, lo renacentista italiano y nórdico (en todo lo anterior, literatura, arte, filosofía, teología y otros estudios de una multitud de disciplinas), lo de la primera época y lo moderno en una multitud de culturas y disciplinas. . . . . Algunos de nuestros colegas no se atrevieron a abordar a los clásicos y ahora queren despreciar a los que lo hicieron. Es como si nos "general practitioners" en la profesión médica quisieran eliminar las especializaciones diciendo que los encuentran "anticuadas" -- en realidad quieren monopolizar a los pacientes, sin pensar en si los pueden curar o no. Pronto tendremos que ir a Montreal para comprar ejemplares de Rousseau, como Francisco Márquez Villanueva dijo que en su juventud ellos tenían que ir a Lisboa para compra libros de Rousseau. De cierta manera, la Edad Media se está poniendo más de moda, y no lo que la superó menos.
O relativismo foi ocupando espazos a medida que ían retrocedendo os valores da ilustración.
O peor é que cando se plantexa o debate, a maior parte da forza argumental perderse, en facerlles ver, que un non ten nada que ver con esa caricatura de ilustrado positivista, e entregado a unha razón soberana e dictatorial. Para min que superado esta primeira barreira, os relativistas son flebes, moi flebes argumentalmente.
Jimy de Rairo
Pode abondar algo máis nesa idea de "discusións sobre as direrencias entre Analíticos e Continentais", amigo Jimmy?
Dame vergoña dicilo, pero é que, con esa terminoloxía, nin me soa remotamente ningún debate. Ao mellor con outra, si.
No meu descargo, direi que non son filósofo. En realidade, o que son é un transeunte.
Máis ca a expulsión do canon, o caso con "Pride and prejudice" soa a despiste masivo ou os lectores/editors non son o que eran; supoño que haberá algún erro de interpretación, pero non se me ocorre cal.
Se ao final Jane Austen queda virtualmente excluída do top, igual o conmemoro lendo de novo "Sense and sensibility"; despois, posiblemente volva ver a película (Emma Thompson, Kate Winslet, Hugh Grant, Alan Rickman, inluso o doutor House... total, nada).
Eu,com tódolos libros de Jane Austen,o único que fixen foi melhorar o inglés.Pra mín foron "auga mineral sen gas"
¿Jimmy,vostede fuma canutos,non sí? ¿Xa vé as paredes de color verde? ¿Está sempre serio? Son síntomas moi fodidos
Querido Jimmy.Recórdame vostede ós nenos de un ano e medio,cando empezan a intentar falar,modulan o tono da voz de maneira simpática,emiten sílabas inintelixibles,pero ún dase conta de que o pasan bén e que éles mesmos enténdense de maravilha para consigo mesmos...
Indígnese,que a indignación é unha forma primitiva de pensamento...
Ich verstehe.Sind Sie in Urlaub...
Eu creo que este Xan da Cova está só e aburrido, na casa. Él o que quer é falar. Anque sexa dos "Continentais" eses, que, por certo, tocan o Sábado nas festas do meu pobo. É unha das mellores orquestas de Galicia.
¿Ónde é seu pobo anglosaxón?
Alá vóu
Estóu eiquí na casa
tan aburrido
que nos séi o que fago nen tampóuco o que digo
o que preciso é de um grolo
para poderme estabiliÇar
o que preciso é de um grolo
quén mo pode dar
(inventéino eu,son un ass)
Eiquí estóu eu sozinho,chimpando nas uvas.
Chímpoas de dúas en dúas e vós non decides ren...
Xanta-cobras,abre a boca pra que saia o Satanás que levas.Eso,sopla.Non podes levar o coche...
Querido Presidente y amigo Mariano:
Como recordarás, hace varios días te escribí para comunicarte mi decisión de dejar la dirección del Partido en Cataluña y, por añadidura, mi dedicación a la política.
Creo que te daba razones más que suficientes para justificar mi actitud. Y, pienso, sinceramente, que todas siguen siendo válidas. En otro momento, y en circunstancias distintas, ya te ofrecí mi puesto ante la clara desautorización a la que me había sometido la Dirección a través del Secretario General.
Tu solicitud, argumentada sólidamente no sólo en términos políticos sino, sobre todo, humanos, y mi aprecio personal y político hacia tu persona, logró que, entonces, reconsiderara mi postura.
Como sabes, he seguido trabajando, en circunstancias nada fáciles y en el seno de un Partido en el que no faltan mezquindades y miserias (que debo decir que se compensan, más que de sobra, con gente admirable por la que siento un enorme respeto y reconocimiento y que me han ayudado a mantener las ganas y la ilusión).
Recientemente, en virtud de lo que te expuse en mi carta, llegué a la conclusión de que mi permanencia no era sostenible y así te lo trasladé, con toda sinceridad y honestidad, y convencido de la irreversibilidad e inevitabilidad de mi salida, y desde la convicción de que era lo mejor, para ti y para el Partido, que fuera cuanto antes.
Tu petición de que abriera unos días de reflexión y, sobre todo, mi profunda voluntad de no perjudicarte, a la vista de los argumentos personales que me utilizaste, logró, de nuevo, que lo haya intentado otra vez, sabiendo, como tu sabes, que mi compromiso no iba a ir, en ningún caso, más allá de las generales y con el único objetivo, en lo personal, de contribuir a tu victoria que deseo fervientemente por el bien de España y de todos.
Creí que eso pasaba por reforzar mi autoridad y, haciendo los cambios y los ajustes necesarios que yo comparto, no aprovechar la circunstancia para demoler mi imagen propia frente a la sociedad catalana, e intentar dañar a personas que, con errores, sin duda, pero también aciertos, se han dejado la piel por nuestro proyecto.
Y como es evidente que se ha querido hacer así desde la Dirección del Partido, y aún constándome que no por ti, el daño ya es irreversible. Lo malo es que creo que, consciente o inconscientemente, el daño se ha hecho, sobre todo, a ti y al Partido.
Pero, queda aún tiempo para las generales y para que otras personas se pongan al frente del Partido en Cataluña y te hagan la mejor campaña electoral.
Siempre mantendré mi afecto y aprecio hacia tu persona y hacia nuestro Partido que me ha dado la oportunidad de conocer a magníficas personas, de descubrir nuevos amigos, y de poder prestar, modestamente, un servicio a los intereses generales, tanto en labores de gobierno, como desde hace ya cuatro años, desde la oposición.
Con toda mi estima
É que se pón a escribir a unhas horas, señor da Coba... isto élle verán.
Respecto á Austen, deixando outras cousas de lado igual está dacordo comigo en que ten certa graza. Home, aquela escena inicial onde o irmán Dashwood maior quere herdar as irmás razoablemente; e vai a pécora da muller fozando nel, baixando e baixando; el que si e que si; e ao final bótaas da casa sen un can... igual lle parece escenificación razoable dunha especia de miñaxoia; vaia, un "calzonazos" en modismo español.
Eu non vín o filme,XM Glz,pro lín o libro.E sí,lembro cómo a mulher foi razoando e razoando,de forma aparentemente silogística e o probe "calzonazos" acabóu por mudar totalmente de opinión,incumplindo a voluntad do pai...
Eu nunca falarei contra o relativismo, en cuxa dictadura me encontro comoda e felizmente atrapado, facendo bo o irritado diagnóstico de Benedicta XVI sobre o Occidente contemporáneo. Claro que o "relativismo absoluto" (bonito paradoxo) tampouco é o meu, pois é a equiparación de todo, ou sexa, a nada.
En relación co que di Jim Morrison sobre a equiparación entre "identidade" e "cultura", en detrimento da identificación coa "comunidade", eu non a faría tanto debedora das "estratexias do capitalismo" como da propia conformación da sociedade multicultural norteamericana, onde a orixe étnica ten unha importancia secundaria en relación cos roles identitarios "reais" e socialmente verificados. Os "gays" confórmanse como comunidade en razón da súa opción sexual e non da súa orixe etno-nacional. E iso é tan normal como que os negros o fagan en función da discriminación que sofren pola cor da súa pel, ou que os latinos ou "hispanos" o fagan en función da súa procedencia xeográfica, da súa lingua e das súas características étnicas mestizas. Despois do fracaso do que se chamou "nacionalismo negro" nos Estados Unidos dos anos 70, o comunitarismo baseado en criterios "nacionais" -que é, porén, o hexemónico en Europa e en outras partes do mundo menos "melting pot"- deixou paso á formación de comunidades que atoparon unha importante fonte de cohesión en outros elementos, como a opción sexual, a relixión, o "xénero" e tamén a "etnia", aínda que este etnicismo non derivase en "nacional".
O caso que presenta Arume dos Piñeiros do profesor do Século de Ouro do que pasan ampliamente, é moi ilustrativo da lóxica tendencia a considerar "coñecemento inútil" todo aquilo que, no campo da literatura, non teña unha directa e pragmática aplicación política. Unha vez desprovista a literatua, como sinala Jim Morrison, da súa autonomía en canto creación estética, unha vez convertida nunha rama da apoloxética e nunha actividade para a "loita ideolóxica", ¿que importancia pode ter unha comedia de Lope de Vega, máis alá da arqueoloxía lingüística e o gabinete de curiosidades?
Un certo relativismo é unha condición de posibilidade da comprensión cultural. Mais non un relativismo que sobrevoe as culturas, contemplándoas iguais e uniformes, pois ese relativismo usa unhas lentes que lle fai ver ao principio o que mantén ao final: que todas as culturas son iguais (ou todos os obxectos, ou todos os valores). O relativismo ao que me refiro non renuncia aos seus puntos de vista previos (algúns chámanlle "prexuicios"), pois sempre se parte dun determinado punto de vista, moitas veces ancorado na propia tradición cultural, ao que consciente ou inconscientemente se lle atribúe máis excelencia, e que, lonxe de ser un atranco, é unha condición da comprensión. Pero iso non abonda. Un ten que estar disposto a modificar o seu punto de vista de partida, na confrontación co outro, sen por iso cair na branda aceptación de calquera cousa: fixémonos senón no que acontece cando lemos de verdade e cando conversamos de verdade. No que respecta á “identidade” concordo con Baumann " en que “é unha planta que medra nas ruinas da comunidade e que só frorece baixo a promesa da resurrección dos mortos”. En efecto, nunca se falou tanto de "identidade" como agora, cando o mundo comunitario tradicional parece definitivamente derrotado polo "Progreso". Iso non quer dicir que as identidades non existan. Mais agora, fronte ás identidades tradicionais (as comunidades, que eran algo pero non sabían nin “qué” eran nin “o qué” eran), surxe un neocomunitarismo que, no fondo, non é senón societarismo disfrazado de “comunidade”, nun proceso de “identificación” que é funcional ao desenvolvemento do capitalismo: velaí os gays, lesbianas, e, en xeral, calquera asociación consumidora de dereitos. Quer esto dicir que un se opón a este neoasociacionismo disfrazado de comunidade? Non, claro, pois –como insinúa acertadamente Leituga- todo o mundo debe ter libertade de asociarse, se así o estima comenente. Pero non se espere deses movementos maís do que poden dar. Nin se acepte que, extralímitándose nas súas funcións, determinen a axenda moral da enteira sociedade. Sen esquecerse dos conflictos co ideal de igualdade que o neocomunitarismo identitario implica, que teñen sido abordados con máis ou menos fortuna polos téoricos da política. Porque a ninguén se escapa que aquí se enfrontan duas lóxicas: a democrática (un home, un voto) e a corporativa (trato preferencial para colectivos provistos de “dereitos”). Para resolver estos conflictos non hai receta, nin socialista, nin democrática, nin liberal, nin republicana. A única manera é ilos negociando, apelando á prudencia do lexislador e do gobernante. Por iso eu, persoalmente, son partidario de leis que non clausuren a posibilidade de cambio e evolución. E que, unha vez garantida a igualdade de oportunidades no plano formal, que se xa a vida a que decida. E aquí penso na lexislación sobre o galego e a súa relación co castelán. Pero ese tal vez é outro tema.
Amigo Da Cova, invirta vostede, grolo, por logro e creo que é o que mellor lle sentaría.
A disputa entre analiticos e continentales, avísolles que ten moita miga, comprendo que non sexa de dominio común, como non o son para min as diferencias etre as diversas escolas da historia.
Pero en calquera diccionario actualizado de filosofía podense encontrar unhas mínimas referencias.
Senhor leituga, o relativismo posmoderno, como cara actual do vello escepticismo, supón unha suspensión do xuizo, e ten por finalidade a ataraxia. Pero como ideal, porque na vida practica imponse a dupla moral de Montaigne.
Respecto da identidade, hai abordaxes dende o constuctivismo moi interesantes, para min os mellores, analises que parten de F.Varela e H. Maturana que recollen as aportacións de G.H.Mead,e que desenvolve Habermas, en diferentes obras.
Pero paréceme que podo estar encriptándome algo, como di o amigo Da cova.
Jimy de Rairo
Acabo de ler o post de Jim Morrinson, pareceme sustancioso, pero para manha ou pasado, agora tenho que viaxar.
Jimy de Rairo
Desculpen un comentario anecdótico que non tollerá esa profunda disquisición neste tempo a min vedada: deixen que Hollywood descubra "Fuenteovejuna", que Lope acadará millóns de lectores e o atribulado profesor cursos de doutoramento; se non lle falta moito, igual chega ás portas da xubilación.
Hollywood xa fixo o seu "Fuenteovejuna", só que ao revés. Penso en "La jauría humana", película de Arthur Penn da que gardo un extraordinario e emotivo recordo, aínda que hai mil anos que non a vexo. Aquí eran as masas fanatizadas, manipuladas e cargadas de prexuízos (non no sentido que di o señor Morrison) e de odios irracionais as que atacaban valores democráticos básicos, como a presunción de inocencia e o dereito a un xuízo xusto, que tiñan que ser defendidos por un representante do goberno ao que lle rompían sucesivas veces a cara (Marlon Brando).
Polo demais, direilles que eu estou a favor dun relativismo relativo. Non sei se me explico...
E a ataraxia ¡quen ma dera!
Tén razón,leituga1.O cine cumplíu exemplarmente o seu papel na consolidación deses valores.Lembro tamén,no mesmo senso "O último tren de Gun Hill",que tanto me impresionóu na minha adolescencia,ou "Matar un rosiñol"
Ou sexa,leituga1,que estaría vostede a favor de un
(relativismo relativo)absoluto.
Xa van varias voltas que penso que Kurt Gödel sería feliz neste blog...XDDD
Non, amigo Da Coba (ex-Mr. Trohl Ágrapho), non. Eu ata relativizo a relatividade do meu relativismo. Pero absolutos nunca, para nada, en ningures. Como ve, só admito o absolutismo na absoluta negación dos absolutos.
Xa, pero nin "A manda humana" ("The chase") nin "Cans de palla" ("Straw dogs") son "epics" ou filmes "de época". Non chaman á revisita de clásicos nin lle dan fulgor temporal a Tolkien, Lewis, Süskind... Lope de Vega?
Ora que eu o que estimaba era "El alcalde de Zalamea". Don Lope de Figueroa, Gene Hackman; Pedro Crespo, o galego Martin Sheen; Álvaro de Ataide, Viggo Mortensen ou Orlando Bloom (dependendo de se queren rudo ou guaperas); da filla de Pedro Crespo, igual Penélope Cruz ou Salma Hayek. Metan polo medio o James Gandolfini, Manquiña e Teté Delgado.
Que, Arume? Presta? E igual lle daba vida ao seu correspondente.
Sr leituga1: Ríndome.Ao meu miolo gris acendéuselhe a lus de "overflow" coa súa ultima messaxe.XDDDD
Tiven que escribir a súa proposición en formato booleán e aplicar todas as regras da simplificación,"De Morgan" incluídas,pra poder entendela.XDDD
Por certo, o de leituga1 lémbrame a anécdota de que o creador dos famosos programas DBase sacóu a primeira versión có nome dBaseII.Púxolhe "II" pra que parecera como que era algo que melhoraba un suposto "I" que non existía en realidade.Así "vendía" melhor."Mercaxeito"(¿É esa a verba galega pró español "mercadotecnia",ou inglés "marketing"?).
O de leituga1 parece suxerir posterores versiós melhoradas.Coma no epitafio de Edison (¿Era Edison?).
Outro truco de "mercaxeito":Os mercantilistaa yankis,cando son "autónomos",poñen no rótulo un nome composto,pra dar a impresión de que son corporación.Xenera máis confianza nese mundo.Algo así coma se vostede se chamase "Leituga & 1"
Moito deu de si o politicamente correcto: xa imos nos 90 comentarios e moitos dignos de gardar para reflexionar neles. E xa que se falou de cine ó remate, ademais da magnífica A xauría humana, e doutras que se citaron (matar a un rousiñol, etc.), lembren a extraordinaria FURIA de Fritz Lang, con Spencer Tracy de protagonista: de obrigada visión en calquera posible programa, p.ex., de Educación para a Cidadanía.
¡Boa idea!
¡Se a lée o Pepe Paz xa lha plaxia!
Ademáis,parece ser que agora ten fíos bastante diretos có goberno...
Nós íamos ás películas de Tarzán por ver a Jane, a nai de Mia Farrow, aínda que despois descubrín que moitos tamén devecían polos gloriosos muslames de Johnny Weismuller. Por Cheeta, menos.
Comparto plenamente a experiencia e a querencia de Arume por Jane (Maureen O´Suvllivan), actriz e personaxe cargadas dun doce e embriagador erotismo.
Hai unha escena en "Tarzán e a súa compañeira" (1934) que foi do máis turbadora na miña tenra infancia: a elipse da flor na beira do río.
Aínda hoxe me gusta vela: merquei o pack coas seis películas clásicas de Tarzán e téñoas revisitado non hai moito.
Se ten o paquete (con perdón) con esas pelis, probe a ver se Jane (nesa peli que vostede cita) sae espida cando cae na auga desde a arbre empurrada por Tarzán. Pare o dvd e comente a xogada. Eu infelizmente non teño a copia.
A ver se o fago hoxe á noite e comento a xogada a continuación. Ben se ve que garda un imborrable recordo da escena, amigo Arume.
Non respostei ao amigo González sobre a posibilidade dun Alcalde de Zalamea á de jolibú. Eu vin a un grandísimo Jesús Puente (unha das dúas persoas que máis fixeron pola industria conserveira galega) facer de Pedro Crespo e xa ninguén pode sustituilo da miña mente. De todas formas, un AZ hoxe, mesmo coa Scarlett Johansson de Isabel a filla do alcalde, fáiseme pouco dixerible. "Un castigo sin venganza" esa sí que é muiñada.
TARZAN E A FLOR NO RÍO:
Comparto con APC a miña querencia por esa escena tan singular e eficaz. Mesmo a teño posto como exemplo os meus alumnos dunha brillante metáfora que funciona como elipse narrativa: non teño a película, se non ó mellor ata me atrevía a exhibila un día no Instituto. Tarzán e Sabú: un bo anaco da nosa infancia no Peripepe (o Principal ourensán).
Atendendo ás peticións de Arume e Válcarcel velaí van as descricións dalgunhas das escenas solicitadas.
Advertencia: Non apto para menores de dezaoito anos nin para mentes escandalizables.
“Tarzán de los monos” (1932):
Escena: Jane venda unha ferida na cabeza de Tarzán, causada por un león, coa tea do seu propio vestido, quedando a saia e a blusa esnaquizadas nas mangas, nas pernas e no costado. Ao día seguinte, Jane pretende espirse para bañarse no río, pero Tarzán olla para ela. Jane dille: non mires que che vai doer a cabeza. Tarzán guíndase ao río e bótaa tamén a ela. Xogan ao tira-puxa na auga.
Jane sae co vestido todo mollado e pegado ao corpo, pero vese obrigada a refuxiarse de novo no río para fuxir dun ñu. Cando corre cara o río albíscase o movemento dos seus seos libres debaixo do vestido aínda apegado á pel. Unha vez abrazados na auga, Jane coméntalle: es o home máis terrible que teño coñecido, coqueteando seguido con el: es moi atractivo, non sabes o que é un beixo. O ambiente caldéase. Jane sae á beira e bótase a correr rindo: A que non me colles? Tarzán ségea a nado. Cos dous na beira, seguen os xogos. Trazán cóllea en brazos e Jane abandónase no seu colo. Fundido en negro. Romántica escena postcoital.
“Tarzán y su compañera” (1934):
Escena: Faise o día. Primeiro plano de Tarzán que durme agarrado ao seu gran puñal cravado e enfesto en terra (inequívoco signo fálico). Ao seu carón durme Jane cuberta tan só dunha pel de animal. Están no interior dunha rudimentaria cabana de ramas. Tarzán sae por froita mentres Jane durme placidamente. Chega Tarzán. Jane despreguízase sensualmente e dille: Tarzán, es un neno malo.
Escena seguinte: Tarzán e Jane están subidos nunha árbore coa intención de darse un baño no río. Jane viste un elegante e escotado vestido de noite. Cando esta se dispón a quitalo, Tarzán guíndaa á auga e queda co vestido na man (a “natureza” vence á “civilización”), polo que Jane se mergulla espida. Nadan ambos facendo fermosas escenas acrobáticas baixo a auga. A Jane véselle, sobre todo, de costas, ofrecendo ampla panorámica das pernas e traseiro. Hai tamén breves momentos de fronte: albíscanse os peitos e o pube, que semella estar cuberto cunha imperceptible tea ou ben estar depilado.
Nota: Non localicei a escena da flor que cae á auga, a elipse favorita de Valcárcel e máis miña. Quizais estea noutra película da saga.
Con relatos así o verán faise máis cálido, moito máis cálido. Abafante. Puido durmir algo despois?
Magníficas ámbalas dúas descripcións: ben certo é que o erotismo non está no que se ve, senón no que se suxire. E dou fe da escena do río/lago e a flor: habería que buscala. Lembro perfectamente a expresión plácida do rostro de Jane, a flor caíndo nas tranquilas augas... É máis ás veces penso que ese lago é unha charca perto de Ceboliño onde eu ía de neno co meu pai e o meu irmán a bañarnos, entre rochas e vexetación case tropical. Só faltaba Jane...
Aproveitando a circunstancia, vou elaborar un sesudo estudo en plan Cultural Studies titulado: “Nas marxes da lóxica fílmica falo-logo-céntrica: ambigüidade, natureza pristina e práctica sedutora en Jane de Tarzán”.
Que lles parece? Admítense outras suxestión para o título.
Eu suxírolle que lle engada a ese magnífico título o único que lle falta: "desde unha perspectiva de xénero".
Eu xa lle metería unhas cantas barras e uns plurais talqueasí: "Na(s) marxe(s) da (a)lóxica fílmica falo/logo/céntrico-periférica: ambigüidade(s), natureza (para)pristina e práctica/teórica sedutor/a en Jane/o en/de/sob Tarzán, desde unha(s) (ou dúas) perspectiva(s) de/o xén(e)ro.
En todo caso, o parrafiño para poñer á dereita, a xeito de dedicatoria/homenaxe/citaerudita ao comezo do estudo, xa o ten feito: esas dúas narracións poden ser o frontispicio. E de seguro vai ser o millor do traballo.
A m�n g�stame a transformaci�n do antrop�nimo "Tarz�n seguea a nado" en "Traz�n c�llea en brazos". Hai unha condensaci�n de sentido vehiculado pola alteraci�n gr�fica, moi plastica.
Jimy de Rairo
Vou citar unhas ideias do Sr.Sant-Yago Lamas Crego,que dicen que anda por aquí, e asím profito pra desexarlhe unha boa xornada da Patria na que il cumple anos.(Dixen ben,cumple-anos.É un deses patriotas "nacidos o 25 de Xulho").
A pornografía é o totalitarismo do desexo.Non hai nada que engadir.
Queñes se indignan coa pornografía acostuman a ser tibios con outras obscenidades.
Decrétase que o sexo é pecado. Razóase que o pecado leva ó inferno.Por tanto,o sexo debe ser prohibido.A soluzón enxendra o problema.Cuestión sistémica.
A olhada obscena é literal.Nunca ve o sexo como metáfora.
Dupla obscenidad:mostralo todo.Ocultalo todo.Unha moral puritana perfeita defendería a desnudez total.
A pornografía é aburrida.As salas X van pronto ó tacho.
Adorno,en su "Mínima Moralia":"primeiro e único principio da ética sexual:o acusador endexamáis tén razón.
(Abril,1988)
Coas suxerencias de Leituga e de Arume, o artigo de APC sería perfecto: sería moi citado e , probablemente, moi pouco lido. Sospeito que ás veces é iso o que se pretende...
Por certo, da miña época máis cinéfila, gardo a colección completa da revista de cine CONTRACAMPO, onde ás veces caían títulos dese cariz. Con todo, había nesa revista traballos de moita calidade: unha escolma deles acaban de ser recollidos nun libro.
Súmome á felicitación que XDC lle dedica a Stago Lamas , seica mañá de aniversario "patriótico". Creo que vostede o debe coñecer tamén ben (por certo, quizais fixen esoutro día o ridículo: SL. sabe por qué). En fin, sobre Pornografía e Cine lembro un valioso ensaio tamén na recén citada Contracampo.
Por certo, é unha mágoa que este fío, tan comunicativo e de interese, con 107 mensaxes enriba, vaia caír dentro de pouco da páxina á vista do blog. Nada é eterno, evidentemente.
Conhecer a médicos non sempre é por boa cousa,señor Valcárcel.E,no caso da especialidade do Sr Lamas,xa me dirá vostede...Pro bueno.Eu era unha desas persoas que xa mediados os oitenta sabía quén era en realidade unha tal "Clara Sánchez..."
Pois tamén ten razón niso, sr. XDC. Todo é asegún, que dicía don Vicente. Por sorte os médicos que coñezo son ou ben compañeiros de Instituto (xentes como Luís Serrano ou Manuel Suárez) ou ben amigos doutras xeiras culturais ou políticas(entre eles o Lamas, Xavier Casares, David Simón, o deputado Fidalgo, Peña Rey, Doval, Tacho Puga, Michel Escuriaza, Andrés García Mata, etc.). Dos outros, ata hoxe sempre me foi moi ben con eles: dende o inesquecible Dr. Gallego, que me tratou dende neno, ata o actual médico que teño case de cabeceira, excelente profesional (Román Rodríguez Álvarez-Granada). E tamén teño, aínda que vostede xa o sabe todo, bos amigos no gremio da Farmacia, como Adrián Dacunha, amigo de vello e hoxe presidente do seu Colexio profesional, ou Rey Barahona, amigo dende neno.
Lieime a falar dos médicos e esquecín o esencial: eu si sabía quen era Clara Sánchez e ademais gardei os seus artigos en La Región (que están no meu arquivo).
Sempre pode ampliar o número de entradas por páxina, pero tamén é verdade que todo acaba.
Hi Iam Prabhu from chennai,joined today in this forum... :)
Publicar un comentario