17 jul 2007


O noso home de Arán (Afonso Vázquez Monxardín, Galicia Hoxe 17 xullo)

Excelente ocasión para recuperar estas imaxes de O home de Arán, de R. Flaherty, 1934.

O caso é que estes mariñeiros españois acolléranse como porto refuxio na illa un día que o mar se encarrapichaba ata o punto de facerse un cabalo desbocado no que era imposible manterse. Alí botaron semanas ata que o mar volveu ter aparencia de camiño calmo e non de leira esgrevia sementada de portas do inferno. Moi lonxe da casa o lugar este para morrer. Mellor acollerse á calor destes homes da illa, pobres coma eles, pero xente de mar e palabra. E alí, coñecido o porto e as xentes que os libraran da morte, volveron con coñac -cunhas botellas que tiñan tres copas na etiqueta... e cada home traída cinco ou seis... E os de Aran cambiábanllelas por sacos de patacas... "Moito lles gustaban as patacas a estes mariñeiros, que as comías só cocidas", dicía este home de Aran, con cara saudosa dun tempo ido. E eles, os outrora duros mariñeiros da illa, hoxe guías ocasionais de furgonetas de turistas, levaban despois estas botellas á cidade da Terra grande, a Galway, para vendelo e sacar uns cartiños para o inverno... ¿Comedores de patacas que dicían "cuchilo" e se entendían ben con estas xentes? Sei eu ben de que terra viñan.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Fermoso texto moi ben escrito. Parabéns ao señor Monxardín.

Anónimo dijo...

Moi bo!!!

Anónimo dijo...

Moi bo!!!

Anónimo dijo...

Lendo sobor de Irlanda véume á memoria a bunita historia de "master mcgrath" un can irlandés que humillóu ós ingleses.Maxino que a conhecen.Colgo unha versión da canción que lhe fixeron ó can (hainas melhores,pro U-tub é o que é)
master mcgrath

Anónimo dijo...

Algo fixen mal...
master mcgrath