Un dos máis grandes da nosa arte e tamén da arte popular: o escultor Arturo Baltar. Así o retratou o pintor Prego aló por 1955. Por certo, segue sen ter un edificio digno onde mostrar toda a súa inmensa e xenial obra. Había unha promesa do concello neste respecto: quedará esquecida, como tantas outras? Se tivesen un Baltar en calquera outra cidade, xa tería un gran Museo no centro urbano, non me cabe dúbida.
6 comentarios:
No edificio do Banco de España?
¿No Auditorio,que o espacio debia chegar?
Valería algún dos espazos do Banco de España (se se chega a recuperar para uso cultural) ou do Auditorio, que non sei se os ten, ou do edificio que se ía mercar ó carón do Belén de Baltar, na praza de San Cosme. Pero diso non se volveu saber e supoño que co cambio político debería volverse sobre o tema: vai para adiante ou non? Claro que xa sabemos que Cultura só ten débedas e é a moza pobre do concello (e non o digo porque agora sexa ConcelleirA).
¿Què opina desa I edición das festas dionisíacas,Marcos? ¡Nótase que a nosa concelleira da latín!
Vin o cartel e a nota de prensa da Festa Dionisíaca e, en efecto, a nosa concelleira de cultura é profesora de linguas clásicas e ademais exerceu hai poucos anos no meu mesmo centro. A idea da festa semella boa e axeitada a un novo enfoque máis galeguizado dos ciclos festivos: queda por ver cómo se resolve nos seus contidos. En calquera caso, é a primeira edición e quizais apresurada. A idea pode ir mellorando co tempo.
Creo que o edificio o caron da capela de San Cosme está ben para o Museo de Baltar se fan un bo poxecto. Pero ¿qué pas co uso cultural do Banco de España?,
¿acabouse ca campaña electoral?
Publicar un comentario