Censura e cine
Contan hoxe os xornais que o director taiwanés Ang Lee decidiu cortar media hora as escenas de sexo máis tórridas de “Lust Caution”, recente León de Ouro en Venecia, para que a censura chinesa deixe exhibir a película. Nun deses xornais recollen opinións de varios directores españois, que din que non censurarían nunca as súas películas: o máis curioso é enterarse de que José Luís Cuerda se negou a vender “A lingua das bolboretas” á compañía Iberia porque lle pedían que censurase a escena na que fan o amor nun palleiro. Iberia, campioa da decencia mundial!!!
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
3 comentarios:
Vóuvos contar unha anécdota que me pasóu fai uns vinte e pico anos.
Collín un autobús pra Madrid,e tocóume de compañeiro de asiento un coÑEcido pintor ourensán,Carlos Viejo.Tamén iban no autobús un grupo duns dez ou doce curas,que seguramente asistirían a algún acto en Madrid.
O caso é que cando o chófer iba pór unha película no vídeo,debéu lembrar que era de "destape",tan en boga entonces.No autobús non viaxaban nenos,pero o conductor paróu e levóulle a carátula ós curas por si lle parecía ben a súa proxección.Primeiro preguntóulle a uns,pero éstes dixéronlle que o encargado desas decisiós era outro que iba máis atrás.Cando o chófer se dirixía a él,o meu compañeiro,que escoitara todo,púxose de pé,e berróu,con cabreo: A PELÍCULA QUERO VELA EU.A PELÍCULA QUERO CELA EU...
Houbo unhos momentos de tensión,pero ó final púxose o filme.O meu compañeiro,non lle prestóu a menor atención, e hasta cabeceóu un rato ou charlaba comigo da feira ARCO,onde iba.Os curas aprenderon a geografía da Estrada (Susana).Todos contentos...
Hai xeografías insondables, amigo XDC.
Nesta película traballa o excelente Tony Leung das magníficas películas de In the mood for love, 2046 e a de Internal Affairs, aquel film que o gran Scorsese imitou/plaxiou/copiou o ano pasado en Infiltrados.
Qué sorte, ademáis, ten o ghicho co casting feminino que lle poñen.
Publicar un comentario