Un anuncio de 1936, do Día do Estatuto (28 xuño)
Publicado en La Voz de Galicia (Enviado por Monxardín. Clicar na imaxe para ampliala)
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
38 comentarios:
Boeno.Está claro que non se andaban con hipocresías...
E,ademáis prefíroo ó de "el triunfo de la muerte sobre la inteligencia"
Hoxe os anuncios das revistas empregan máis a imaxe que o texto explícito, o cal non quere dicir que a mensaxe de fondo sexa moi diferente das aquí expresada, non embargantes os cambios sociais e económicos que houbo en 70 anos.
Tén vostede o 100% da razón,sr.M.Swann.Nos anuncios de hoxe,a mesaxe é exactamente a mesma,pero de xeito suliminal,polo que os seus efectos son moito máis difíciles de combatir...
Pois eu disinto de vostedes: a mensaxe non é exactamente a mesma. Non cambiou unicamente o continente, tamén o contido sufriu notables cambios.
En primeiro lugar, porque hoxe non hai unha "mensaxe" única, nin tan sequera unha predominante, senón unha multiplicidade de mensaxes, que moitas veces se anulan entre si.
En segundo lugar, porque dentro desa pluralidade de mensaxes que existe hoxe tamén entra -e cada vez con máis forza- o da muller autodeterminada e orgullosa de si mesma, así como tamén a do home que xa non é un macho ibérico.
En fin, parécemo a min, vaia.
Envídioo,señor apicultor.Debe rodearse vostede dun tipo de mulleres moi interesante e moi concreto.Profesionales,intelixentes,traballadoras,triunfadoras.Pero pra queñes andamos un pouco entre todo tipo de xente e polo tanto entre todo tipo de mulleres ,i escoitamos as súas conversaciós,non se nos fai tan extraño o razoamento que se fai no anúncio.
Eu falaba, amigo XDC, só de publicidade, non de nada persoal. O que non impide que, se cadra, teña que felicitarme igualmente.
Apicultor:
Eu non dixen que a mensaxe é a mesma. "Non moi diferente" (o que eu dixen) non é "exactamente a mesma". Iso en primeiro lugar.
Por outra banda, a pluralidade de mensaxes tamén existía daquela, aínda que en menor medida, porque a variedade de produtos era menor e tamén o era o público con poder adquisitivo.
O máis curioso da publicidade de hoxe en día é o feito de que che venden o produto "para que te sientas bien", "seas tú misma", pois é ese tipo de anuncios os que van dirixidos especialmente ás mulleres. Pero non necesariamente: acórdanse daquel anucnio de hai anos que dicía "Martini, invita a vivir"?
En fin, apicultor, gústame que reivindique a "autodeterminación da muller" na publicidade. A ver se a Galicia tamén lle toca algunha vez.
A pregunta que se pode facer é: para que quere Galicia autodeterminarse hoxe? Estaría ben que se explaiase no asunto alén dos tópicos, monsieur Swann.
Si: tamén o dicían da muller hai décadas: Para que se van a independizar ("audodeterminar") as mulleres...? Co ben que están na casiña... en vez de traballar por aí fóra... elas soíñas... Xa farán pola vida os seus mariditos...
Explaiamento moi deficiente, señor Swann, e analoxía moi inapropiada.
Non. Quen se ten que explicar é vostede.
Vostede afirmou que a muller ha de ter o dereito de autodeterminarse. Non cre que Galicia tamén o debería ter ese dereito de decidir por si? Independentemente do momento no que decida exercelo...
Se vostede está en contra dese dereito para Galicia, gustaríame que explicase por qué. O meu xeito de pensar xa o coñece; agora gustaríanos saber como pensa vostede, sobre todo porque sempre está a botar balóns fóra. Signifíquese, home, signifíquese. Deixe as ironías de tertulia, e díganos que é o mellor para Galicia.
Pois, sinxelamente, porque non comparto a idea de que a autodeterminación de Galicia sexa a "pedra filosofal" que todo o solucione. Antes ao contrario, penso que crearía máis problemas dos que resolvería.
Pero non contestou a miña pregunta... algo habitual nos nacionalistas galegos cando se lle pregunta directamente: para que quere Galicia autodeterminarse hoxe?
Xa sabe a anécdota da entrevista entre o arcebispo Quiroga e o inquilino do Pardo. Quiroga pedía cartos para a ampliación do aeroporto de Lavacolla, pois íase celebrar un ano santo, había que atender aos viaxeiros e viría o Papa.
Franco espetoulle: "Y si no viene?"
E Quiroga retrucoulle: "Y si viene?"
A autodeterminación virá, apicultor, por moito que vostede, coma Franco, nos inquira: "E se non nos sirve de nada?" Servir ha de servir, home, veña ou non o Papa. Logo xa nós decidiremos ser federais ou independentes.
Tampouco a min a mensaxe me parece moi diferente,tendo en conta que na sociedade actual o que prima é a búsqueda constante da beleza e da eterna xuventud; con isto estánnos a bombardear a cotío e nós seguimos coma borregos as pautas que nos marcan,todos homes e mulleres.Agora ben os efectos secundarios acadados pola coitada usuaria dos productos RISLER,mudaron .Hoxe en día, a Deus grazas,boa parte delas temos independencia económica e a procura "dun bo partido" xa non é primordial.A pesar dos moi elementais coñecementos político -económicos que posúo ,atrévome a decir que( e isto afecta tanto ás persoas coma ós pobos)non hai independencia, autodeterminación ,nen liberdade que se sosteña se non leva aparellada solvencia económica.¿ Estamos en Galicia en tal situación ? Ainda así conserve vostede Sr.Swann ese pontiño de maravillosa utopía... Que é a vida sen ilusións?
Será que a vou perdendo que xa me falta o "e" en xuventude.
Sorte que tén,doniña.A mín váime faltando máis que o "é".
¿Xuventude=Beleza?
¿A Xuventude triunfa sobor da Intelixencia e a Fortuna?
Eu discrepo, en parte, do que di Doniña.
É certo que hoxe existe un desaforado culto á xuventude e á beleza (en realidade, cando non o houbo?). Pero no que non estou de acordo é de que sexa unha simple consecuencia do "bombardeo" publicitario e de que nós sexamos un borregos que non facemos máis que seguir aos "creativos" que nos pastorean. Non. Hai unha cousa que -a falta agora doutro termo- podemos chamar sensibilidade contemporánea configurada por múltiples elementos que se retroalimentan a sí mesmos. A publicidade é un deses elementos, pero non o único. De tal xeito que o que fai esta é reproducir e representar esa sensibilidade que ten como norte a xuventude e a beleza, é dicir, o efémero.
Pero non me fagan caso.
Apicultor está a referirse a iso que en teoría da comunicación creo que lle chaman "axenda compartida": os medios (neste caso a publicidade) non serían emisores puros e autosuficientes, dedicados a inocular mensaxes (ideoloxía) nunha audiencia pasiva e incapaz de tomar distancia, obrigada a desmpeñar involuntariamente un papel meramente receptor, tal e como estipulaba o modelo comunicacional denominado "skinneriano". A axenda compartida concédelle maiores doses de autonomía aos receptores, capacidades para reprocesar as mensaxes incluso en sentido contrario ao que pretende o emisor. Os medios serían, á vez, receptores das mensaxes dos diferentes grupos sociais, das audiencias. E os contidos, incluídos os da publicidade, serían unha resultante da interrelación entre emisores e receptores que simultanean continuamente estas dúas funcións, que non fondo son indivisibles.
¡No somos nadie!
Ou sexa,imaxes de espello que se reflexan noutros espellos e noutros espellos.¡Basta atopar a figura real e movela,pra cambear todo,pero é indistinguible das outras,ou sinxelamente non existe!
Volvendo ó tema da autodeterminación.¿Cantos dos documentos que habitualmente manexa calquer cidadán:carnet de identidade,de conducir,documentos de propiedade, etc,etc teñen realmente necesidade de ser tratados "desde Madrid" e non mellorarían de ser xestionados nun entorno máis próximo?
Tiroume a palabra da boca, amigo Leituga 1. Que ben se explica vostede!
Hoxe as marcas comerciais non teñen collóns a facer a publicidade así, teñen que atopar estas tonterías dalgún xeito, aínda que en realidade a cousa vai polo mesmo camiño.
O cidadán medio traga e non se decata de nada. Algún tería que botarlle unha ollada a este recorte e diría:
Carallo! se é o mismo que contan os que me vende o meu perfume, serei paspán!!!
A min esa idea de que o cidadán medio traga e non se decata de nada como un paspán, paréceme, ademais de simple e falsa, un insulto gratuito ás persoas e unha soberbia por parte de quen emite a opinión.
O cidadán medio ten perfectamente a capacidade teórica de facer profundos análisis acerca de todo que o rodea:anuncios,periódicos,revistas,consignas políticas,etc,etc,etc...
O que non tén e esa capacidade na práctica.É tan enorme a cantidade de estímulos,que é materialmente imposible procesalos todos en profunfidad e actuar en consecuencia.O "mecanismo de defensa" é unha simplificación excesiva e peligrosa do análisis e unhas conductas derivadas prácticamente impulsivas.Esa é,en realidade,as bazas coas que contan os publicitarios,asesores políticos,etc...
Un exemplo.O lanzamento dun candidato político costa cantidades inxentes de cartos.Despóis de todo ese despilfarro,a meirande parte da xente,só é capaz de decir unha ou dúas cousas acerca del,normalmente simplonas.
Apicultor,de seguro que vostede non vota impulsivamente e o seu voto é moi razoado.Pero de seguro,que non razoa tanto,p.ex, a compra dunha lata de atun tanto coma unha ama da casa.Ela decide moito mellor que vostede nese aspecto.É imposible analizalo todo perfectamente
Eu tiven a sorte de coñecer ao Cidadán Medio e, como lle pasaba ao Outro, outra persoa que padece o mesmo síndrome de ser coñecido por todo o mundo, díxome que nada do que lle atribuían (case todo negativo) lle pasaba. Que adicaba media vida a desmintir todo o que andaban a dicir del e que, por favor, o deixaran en paz. Rogoumo de boas maneiras, pero eu advertín na súa cara un aceno de tristura. Foise paseniño, con ar resignado.
O cidadán medio sempre está na rúa.Por eso a expresión anglosaxona é "man in the street"
Que disque non teña unha "capacidade teórica na práctica" (sic.) non implica inevitablemente que o Cidadán Medio sexa un paspán que todo o trague. Mesmo en política, mesmo en política...
Que estea todo o tempo "in the street" fai que, dun xeito ou doutro, estea atento aos signos que esta lanza. Ás veces moito máis que os só viven entre libros.
Amigo XDC, quizais lle cause estupefacción, pero eu sónlle un "amo de casa" case perfecto (e perdón pola inmodestia).
O "Cidadán Medio" faría ben en asumir as súas limitaciós como primeiro e necesario paso pra superalas.O que quere o demo é que pensemos que non existe.
Eu,nin siquera son un mal "amo de casa".Sinxelamente,"Non son".Afortunadamente pra mín,existen os restauráns...
Leí con admiración las cinco profecías de Pero Grullo, y estaba meditando en ellas cuando por detrás me llamaron. Volvíme, y era un muerto muy lacio y afligido, muy blanco y vestido de blanco, y dijo:
-Duélete de mí, y si eres buen cristiano, sácame de poder de los cuentos de los habladores y de los ignorantes que no me dejan descansar, y méteme donde quisieres.
Hincóse de rodillas, y despedazándose a bofetadas, lloraba como niño.
-¿Quién eres -dije- que a tanta desventura estás condenado?
-Yo soy -dijo- un hombre muy viejo a quien levantan mil testimonios y achacan mil mentiras; yo soy el Otro, y me conocerás, pues no hay cosa que no lo diga «el_Otro», y luego, en no sabiendo cómo dar razón de sí, dicen: «Como_dijo_el_Otro». Yo no he dicho nada, ni despego la boca. En latín me llaman quidam, y por esos libros me hallarás abultando ringlones y llenando cláusulas. Y quiero, por amor de Dios, que vayas al otro mundo y digas cómo has visto al Otro, en blanco, y que no tiene nada escrito, y que no dice nada, ni lo ha de decir ni lo ha dicho, y que desmiente desde aquí a cuantos le citan y achacan lo que no saben, pues soy el autor de los idiotas y el texto de los ignorantes. Y has de advertir que en los chismes me llaman «cierta_persona», y en los enredos , y en las cátredas «cierto_autor», y todo lo soy el desdichado Otro. Haz esto y sácame de tanta desventura y miseria
LA VISITA DE LOS CHISTES O EL SUEÑO DE LA MUERTE
LOS SUEÑOS DE QUEVEDO
Eu xa asumo as miñas limitacións. Pero non sei se todo o mundo que di non ser Cidadán Medio fará o mesmo.
Amigo XDC, debe deixarse a metade do soldo en restaurantes e a outra metade en libros. Non aforra nada para cando estea senil?
¿Aforrar? ¿Poupar,como dín os portugueses? Pois agora que o dí,non sería tan má idea...Graciñas...
Sospeito que sabe moito de Quevedo, amigo Arume.
O Quevedo vai sendo animal meu de compañía. Aprende un moito coa súa lingua afiada.
Arume coñece ao Cidadán Medio e ao Outro, que llo presentou Quevedo. Pero, amigos meus, eu coñezo á Xente. Estiven outro día tomando un martini con ela, nunha terraza do Castro. Por certo, para ter os anos que ten non está nada mal. Díxome que estaba xa farta de que a confundisen sempre co Cidadán Medio e co Outro e de que anden dicindo que está todo o día na rúa, coma un pendón desocupado, ademais de atribuírlle constantemente opinións e inclinacións que moitas veces non comparte. Insistiu moito nesto último. Díxome que ela a rúa practicamente non a pisa. Que vai de casa para o traballo e do traballo para casa. E que o mesmo facían os seus dous irmáns, o máis vello, chamado Pobo, e a máis nova, que lle chaman Sociedade.
O texto de Leituga1 venme de lembrar a Lee Iacocca.Ó parecer nas entrevistas de traballo,ante o candidato,lía o currículum , cargado de pomposos títulos,pero apartábao deseguida,e decía:
-Todo eso está moi ben,pero unha cousa non figura:¿Qué tal te levas coa XENTE?
Se o interrogado facía unha moca,ou contestaba con evasivas,Iacocca contestáballe:
-Síntoo moito.Busca outra empresa,por que nesta non traballan gatos nin monos,só XENTE.
Polo que se ve,Leituga1 sería automáticamente contratado.
É que eu, en realidade, amigo Xan, son Lee Iacocca.
Publicar un comentario