21 sept 2007

en poleiro alleo

"Pedagoxía á carta" (Helena Villar Janeiro, en El Correo Gallego, 21 set.)

"Cultura" (Bieito Iglesias, El Correo Gallego; 20 set.)

"Aprobados y selectividad" (unha interesante carta de Raquel Rico Linage en El País, 20 set.)

74 comentarios:

Anónimo dijo...

A selectividade, como a proba do CAP, só serve a estas alturas da xogada para pagar uns sobresoldiños (porque non chega nin a eso) aos correctores e aos coordinadores (que, por certo, levan tamén a súa bufandiña como se fora un cargo de xestión universitario).
QUe aprobe o 90% indica ben claro, agás para as autoridades académicas, que é un sistema (como outros nos que pase esto) falaz, falso e inútil. E costoso, aínda que esto (chiculate do loro mediante) non importa tanto.

Anónimo dijo...

Esquecín lembrar o vello argumento proselectividade de que os estudantes da privada van primados nas notas. Para qué queren ver primadas as súas notas, se teñen primada a súa vida, a súa carteira e o seu futuro? O ICADE (e tutti quanti) están chamando as súas portas.

Anónimo dijo...

En efecto, a selectividade é unha farsa tal cal a describe Arume.

Se fixeramos un reconto das diversas farsas públicas, canto tempo tardariamos en completar o listado?

Anónimo dijo...

Subliño unha frase memorable do gran Bieito Iglesias:

"A maior catástrofe da Galiza posmoderna -máis aflitiva aínda que a posible desaparición da mazá camoesa- é a perda do baile agarrado".

Canta razón ten!

Anónimo dijo...

Desde que perspectiva apura esa afirmación Iglesias?: desde cada membro (con perdón) da parella ou desde a perspectiva do mirón/voyeur que atende ás evolucións do baile ou do que se tercie? A mín, que non son grande bailador de agarrao aínda que me defendo nas lentas, gústame máis ver bailar ca bailar. Sobre todo, cando contemplo a esas parellas de persoas maiores, coa mirada perdida en horizontes opostos e cos movementos, grabados no máis fondo dos seus celebros, dun mecanismo perfecto de reloxeiría. Por suposto, sen asomo de risas ou de ledicia algunha. Que xa é dicir.

Anónimo dijo...

Se algunha vez están vostedes pola Toscana en agosto e teñen a oportunidade de visitar unha festa de l'Unità, non perdan o que eles chaman Ballo Liscio. Valses, polkas, boleros (tocados por unha orquestra sinxela pero efectiva) entre mulleres con vestidos lixeiros de flores e homes con camisa branca inmaculada, coma recén chegados da oliveira. Non é estraño que Italia sempre gañe eses torneos de baile acrobático e algo hortera: son a sublimación esaxerada desa tradición do baile agarrao.
Sobre a temperatura acadada nesas sesións, mellor non digo nada. Que falen as silveiras.

Marcos Valcárcel López dijo...

Concordo con Arume e con Apicultor no dito sobre a selectividade: o último ano os meus alumnos tiveron uns resultados magníficos na miña materia, pero foi sobre todo porque me centrei os últimos meses no que lles piden exactamente no exame. Iso non demostra que saiban máis Lingua nin Literatura Galega: só que pasan mellor o trámite, creo eu. E o tempo que perdemos neses preparatorios estaría moi ben investido en comentar textos literarios,p.ex. Pero ...
Da cita que destaca apicultor do Bieito:
"A maior catástrofe da Galiza posmoderna -máis aflitiva aínda que a posible desaparición da mazá camoesa- é a perda do baile agarrado".
Magnífica como tantas del. O Bieito debía ir buscando un "negro" que lle preparase un libro de citas e aforismos sacados dos seus artigos: seguro que tiña éxito no mercado (haberá que suxerirllo a Bragado...).

Marcos Valcárcel López dijo...

E do que engade ARUME:
Eu, que son negado para bailar e nin sequera me gusta "Mira quen baila", achegueime ó ano pasado a guichar no Posío nuns bailes que montan alí creo que os sábados pola tarde. Un tipiño cun teclado e non sei se outro con guitarra montaban un barullo de medo. E había bastante xente bailando, agarrado sobre todo. Xente maior, e isto era previsible.Pero tamén bastante xente nova: en concreto, inmigrantes (sudamericanas), quizais habituadas a estas festas xa en decadencia no mundo urbano europeo, seica.

Anónimo dijo...

Máis ca un negro que recompile as súas frases ciscadas por aquí e por alá, mellor sería un técnico de sonido que gravase todo o que Bieito di cando toma un café ou está xantando cos seus amigos.

O outro día escoiteino de casualidade na tertulia do programa de Tino Santiago. Tivo unha entrada memorable.

Anónimo dijo...

Amigo Valcárcel, acaba vostede de quitar un fenómeno que pouco a pouco vai collendo unha forza extraordinaria: os bailes de música latinoamericana. Na discoteca Cachamba de Vigo todos os fins de semana hai visitas de orquestas e cantantes supoño que de salsa, merengue e demáis ritmos marabillosos, anunciados a bombo e platillo polas nosas rúas. Pouco a pouco, os grupos de inmigrantes, que para mín con todo o orgullo do mundo son de Vigo de toda a vida, van formando un mundo paralelo e fascinante que quizáis nós descoñecemos.

Anónimo dijo...

Non séi se en Europa ese tipo de bailes está en decadencia,pero pódolle decir que fai pouco estiven nunha cidade do centro de Alemnia e había unha festa nunha rúa ,cun grupo sudamericano tocando música latina.As alemanas bailaban que se mataban,os ollos brillantes coa emoción.Unha das canciós era "Guantanamera",e mirábanme con envidia ó comprobar que eu podía cantar a canción,aínda que non bailaba (tampouco me gosta moito).A unha díxenlle que,si aprendía español,podería ler os deliciosos poemas de Martí nos que se basean as estrofas desa canción.

Marcos Valcárcel López dijo...

Ah!! O gran MARTÍ. Hai moitos, moitos anos, dediqueille un artigo en La Región, case cando empezaba a escribir na prensa. Os seus libros de versos (e algúns de breves ensaios) están por aí, sempre a man...

Anónimo dijo...

José Martín, non? Un actor español que fixera unha celebérrima serie, na prehistoria da televisión española, sobre o Conde de Montecristo.

Anónimo dijo...

Non podo deixar de pasar por alto a expresión de XDC "bailaban que se mataban". Emprégaa a miña nai, pero a ninguén máis lla escoitei. Amigo Xan, de onde ven sendo vostede?

Anónimo dijo...

Esa expresión é moi común. Eu, sen ir máis lonxe, tamén a utilizo. E non lle son do Bierzo... que eu saiba.

Anónimo dijo...

A verdade é que non penséi moito ó escribilo.E unha expresión feita que usaban os vellos.Son dunha póboa da provincia de Ourense.

Anónimo dijo...

¿Cómo se chamaba a isla do Conde de Montecristo?Arume sábeo seguro,era na costa de Italia...

Anónimo dijo...

O tesouro estaba na illa de Monte-Cristo. El, encerrado, estivo no castelo de If.

Anónimo dijo...

Ó principio o baile foi un acto social.Nel interviña todo o mundo,e os pasos eran complexas maniobras npra que "todo o mundo acabara coñecendo a todo o mundo".Logo foron configurándose parexas,pero estas non eran estábels,logo pasóuse á parexa estábel (só hasta que remataba a peza).Ó final,atomizóuse todo o mundo e cada un bailaba "á súa bola",pero mirando prós outros (unha última ligazón).Época actual:bailar só pra tí mesmo,mirando pra tí mesmo (precisas de "axuda química" externa).
Ou sexa,foi un proceso de descomposición.Se o baile involucra a varias persoas,os pasos deben ser sofisticados pra integrar e sincronizar a todas elas.O baile solto coincidíu có auge do invidualismo.

Anónimo dijo...

lei de función pública

Quintana suaviza as críticas de Aymerich ó plus dos altos cargos
O portavoz nacional do BNG reduce a un "apuntamento" a demanda da formación nacionalista de revisar o complemento salarial

Garante que o seu grupo "non ten intención de facer ningún cisma" ó redor desta cuestión e asegura que tratará o asunto "con normalidade"

O portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, reduciu onte á categoría de "apuntamento" a demanda de revisar o complemento salarial para os ex altos cargos da Xunta e garantiu que os nacionalistas "non teñen intención de facer ningún cisma" ao redor desta cuestión.

Despois de que o seu portavoz parlamentario, Carlos Aymerich, apuntase antonte dúas fórmulas para revisar o plus incluído na reforma da Lei de Función Pública vía disposición adicional, Quintana aproveitou onte a roda de prensa posterior á reunión do Consello Nacional -máximo órgano entre asembleas- para asegurar que o Bloque "vai tratar esta cuestión coa normalidade con que se tratan estas cousas".

Así, reconduciu a polémica xerada durante a última semana, na que chegou a intervir o propio presidente da Xunta de Galicia, o socialista Emilio Pérez Touriño, para reclamar "coherencia" nas fileiras nacionalistas, e declarou que o BNG "fixo algún apuntamento respecto do que consideraría que podería mellorar" na lei, "entre outras cousas isto". En efecto, o BNG aprobou no seu día a mencionada Lei de función pública, apoiada por unanimidade e aprobada no Parlamento autonómico.

Por iso, insistiu en que os nacionalistas "non teñen intención de facer ningún cisma ao redor dunha cuestión coma esta" e asegurou que a avaliarán "no momento procesual oportuno", posto que o conselleiro competente na materia, o de Presidencia, o socialista José Luís Méndez Romeu, xa avanzou que prevé unha nova reforma lexislativa neste mesmo mandato. "Falaremos cando a lei entre en discusión e Méndez a propoña en debate", declarou.

Non hai posicións distantes co seu socio

No entanto, o vicepresidente Anxo Quintana puntualizou que esta formulación se promoverá "sen ningún tipo de espavento nin de controversia máis aló do lóxico" e aproveitou para recoñecer o "grandísimo esforzo" realizado por José Luis Méndez Romeu para culminar un proxecto de lei que, segundo el, "moderniza" a Administración "mellora claramente" a que existía. "Non hai unha posición distante do PSOE", aclarou.

Neste sentido, considerou que os termos da lei son "claramente positivos" e engadiu que lle "consta o esforzo" do conselleiro de Presidencia para "dar ese paso".

"Estamos de acordo coas directrices, como non podía ser doutro xeito, e así o aprobamos no Goberno", aseverou e, para resolver definitivamente a polémica, concluíu: "Coincidimos plenamente con esa necesidade e apoiamos óoconselleiro nesa intención de seguir mellorando a lei".

Anónimo dijo...

Gradualizando, diría eu, ou lubricando engrenaxes. Pero eu ben sabía que nin pan nin auga; espero só que esta declaración non poida ser usada en contra miña.

Anónimo dijo...

Ai, amigo González, creo que o Bloque non poderá ter mellor valedor ca vostede. A todo lle encontra unha explicación (ou unha xustificación).

Anónimo dijo...

Non o entendo, Apicultor. Eu aquí teño realizado críticas a posicións e actuacións do Bloque en diferentes ocasións, e non lle vou facer á súa memoria nin intelixencia o agravio de puntualizalas. Iso si, todo o mundo sabe aquí que eu teño unha posición política e que non teño costume de agachala;

O que acontece é que este caso xa me resulta difícil de seguir, por moito que fose de temer algo así; coma vde. di -en versión adaptada-, ás veces aparenta que todo vale para verificar o punto de partida, ou sexa, que cómpre escoller sempre a versión na que o BNG quede peor parado.

En fin, tentando amosar que na presente valoración me move algo máis cá paixón partidaria (non confío moito en disipar a desconfianza, pero por cinco minutos que non quede), expoño sinteticamente a tal valoración en pasos.

Pola razón que fose (xogo de equilibrios internos, razóns electorais ou racción ante a crítica social), o BNG manifestou a conveniencia de anular a "decisión do plus". Expoñentes de perfil partidario (o coordinador da Executiva e mailo portavoz do grupo parlamentario) expuxeron a iniciativa e defendérona. De resultas, houbo un intercambio de declaracións co socio de goberno onde non faltaron as avaliacións e expresións fortes: clara "renxedura de engrenaxes", utilizando unha vez máis a expresión acuñada polo dono desta casa e á que eu desde aquela me acollo. No seu perfil institucional (aquel polo que, neste momento, é máis identificado no país todo), o Vicepresidente da Xunta indica, un, que a cousa non é para mañá (graduando), senón en todo caso para a Lei de Orzamentos do 2008, segundo o Bloque, por medio dos seus representantes, insinuara ou manifestara anteriormente; dous, que por iso non van romper o goberno (ou sexa, lubricación de engrenaxes).

Asegúrolle, Apicultor, que a explicación neste caso (non digo noutros) non tiven que buscala, veume soa. De calquera maneira, agradezo que de momento non me fixeran pagar moi caro esta interpretación, porque o da lubricación daba para moito máis; e non o digo por vde., antigo AP-C, que xa sei que nin usa eses modos nin me quere tan mal, polas mostras.

Anónimo dijo...

O que eu pretendía, amigo González, é que se manifestase sobre a "rectificación no aire" (como dicía un veciño meu dos futbolistas) do BNG sobre os sobresoldos. E sobre a entidade desa -de momento retórica- rectificación.

Primeiro aproba polas caladas o plus. Meses despois, seica sendo sensibles ao malestar social, din que propoñen modificar esa situación, escenificando unha fiticia contundencia. E finalmente sae Quintana dicindo que non é para tanto. En que quedamos?

En fin, en tanto que experto blocólogo, gustariame que nos dese unha opinión. Algo xa avanzou na súa contestación, pero podería profundar algo máis.

Anónimo dijo...

Sabendo como saben no bloque que a decisión é legalmente irreversible, e sabendo que a decisión terá un coste electoral (moito ou pouco) ¿Non serán xestos cara a galería,pretendendo que todo ese coste o asuma o PSOE? É a miña impresión persoal.(I eu tamén voto).

Anónimo dijo...

Tamén o Psoe póde comprometerse a anular o plus. Nada llo impide.
Deste xeito o custe político de tal decisión compartiríano Bng e Psoe e as consecuencias electorais da "marcha atrás" serían menores para ambos.
A non ser que Touriño crea firmemente na necesidade dese sobresoldo e esté disposto a soportar a crítica social correspondente.

Anónimo dijo...

Parece ser que non é tan sencillo dar marcha atrás,por unha lei de rango superior que impide eliminar dereitos adquiridos.Se é así,que non nos traten coma nenos e que o digan claro.Supónse que os cidadáns somos xente adulta ¿ou non?

Anónimo dijo...

Está craro que haberá un número de beneficiarios que,de calquera xeito, cobrarán ese plus. Pero as consecuencias limitaríanse.
Tamén poderían renunciar e el. Teño entendido que para cobralo hai que reclamalo.

Anónimo dijo...

Pois se pretendía iso, ben puido dicilo en vez de picar, que un acaba con complexo de gandaría salmantina. Pouco teño que engadir, máis ben reitero os pasos que segundo a miña visión leva o caso.

Adóptase o acordo lexislativo. Hai unha reacción social en contra, minoritaria pero cualitativamente relevante. O BNG adopta unha decisión rectificadora; di que desde o primeiro momento disentía, pero que apoiou a medida en virtude do quid pro quo operante en calquera goberno de coalición, e é crible tendo en conta a súa historia e filosofía políticas; neste caso, ademais da razón aducida (resposta á sensibilidade social) pódese pensar que operasen outros factores: preocupación electoral -aí o Bloque ten máis que perder có PSOE-, debate político interno, presión do sector sindical. Non diría eu que con contundencia (trece sobre sesenta e dous?), si con claridade, representantes partidarios instan publicamente a rectificar. PP e PSOE reaccionan negativamente, de forma terminante os segundos; fala Aymerich, fala Touriño, responde Aymerich e a cousa leva camiño de quentarse. Intervén Quintana, non retira a proposta de rectificación, marca prazo (necesariamente dilatorio, vista a reacción dos concorrentes, pero non longo) e dille ao país que a estabilidade do goberno non corre perigo.

En que quedamos? Pois miren, en que, pola traza, seica ao Bloque sempre se lle pide un plus, e non é retranca. Malo cando se fai ver, que seica o importante é que a Xunta funcione e sexa unha; malo cando non se fai ver, porque aí seica tiña que plantarse e impoñer a forza terminante do seu vinte por cento. Diríase que a nación toda, incluíndo as catro quintas partes que non o votaron, cifran no BNG a consistencia ética da política galega, e a necesaria implementación gobernativa; é hipérbole, claro. Que conste: de ser iso, tampouco non estaría mal de todo; como diría un mestre -igual un día lles concreto, sen nome-, o caso é que falen de ti, aínda que sexa ben. Sic.

Queren que lles diga a verdade toda? Pouco claro teño o do famoso complemento. A estas alturas sei perfectamente que non son os 15.000 euros que reiteran abusivamente os que nin sequera puntualizan se anuais ou mensuais (non é broma, pode perfectamente haber quen estea convencido do segundo). Considero ademais que deben ser retribuídas tanto a dedicación pública coma o abandono ou arrombamento dunha carreira profesional; non me dá frío nin calor o uso simplista do concepto "A política é un servizo [e faino gratis ou paga ti, que a min dáme a risa]". Por último, na letra impresa non dá un distinguido, por veces, indignación de envexa, esa lacra.

Quítese, con todo, o complemento. E o demais, a ver se vai tendo algo de amaño.

Anónimo dijo...

Deseguro ,o feito de renunciar voluntariamente a ese plus,sería ben "vendido" por algúns ós que lles resultara políticamente rentable o xesto.Por outra banda,a ninguén se lle debe pedir que renunce persoalmente a un dereito que lle asiste,e confiar neso tampouco é pragmático.O que hai é que facer ben desde un principio as leis.

Anónimo dijo...

Non estou seguro de que a rectificación sexa mellor que "mantenella y no enmendalla". A estas alturas digo. Desde un punto de vista político, non ético. Non estou seguro de que a decisión de Touriño de non tocalo ou a de Méndez Romeu de lembrar que os deputados do BNG votaron sabendo ben que votaban non dea máis réditos que andaren agora de arrepentidos. E volvo dicir, desde un punto de vista estrictamente político, non ético nin moral. Por iso, non me extraña a actitude de Quintana negando a maior.
Todo este comentario a marxe do que un poda pensar sobre o asunto, que xa foi referido por extenso.

Anónimo dijo...

Discrepancia sen ineficacia. Arredor do dito e á marxe de réditos.

Anónimo dijo...

Pero que pode dicir Quintana e que podemos esperar nós del sobre as discrepancias? Vai dicir o contrario: que funcionan como unha piña pero que son un desastre?
Sobre a idea extendida de que falta cultura de diálogo e de gobernos de coalición, creo que xa chegou a hora de mudar. Porque xa levamos tempo con esta pamema e, desde logo, se non saben dialogar é problema deles, non da falta de cultura democrática dos votantes impacientes que non estamos afeitos a estas disensións que é o que parece insinuar sempre o goberno mal trabado.

Anónimo dijo...

Señor Arumes:
Vostede que coñece en profundidade a política italiana sabe que estas medidas abren un camiño perigoso. Que crean castas. É algo inxustificado.
Esto non é pagar soldos dignos aos políticos. Esto é beneficiar a un grupo de funcionarios polo resto da súa vida laboral en contra de todos os demais.
Se os sindicatos,mediante unha iniciativa popular levan o asunto ao parlamento,será un escándalo.
De sabios é rectificar

Anónimo dijo...

Xa dixen que falaba desde un punto de vista político, de orde case maquiavélica, non desde o meu punto de vista que coincide punto por punto con vostede, amigo anónimo. Vostede ademáis lembra o dos sabios: non estamos necesariamente con sabios, estamos con políticos.

Anónimo dijo...

Creo que estamos todos de acordo en rexeitar ese sobresoldo ou aguinaldo, sexa da cuantía que sexa, por inncesario economicamente, inxusto socialmente e impresentable eticamente.

Temos que tumbar abaixo esa medida, obrigando a todos a rectificar. A saúde democrática do país está na UVI.

Anónimo dijo...

Arume, con franqueza: levamos moi pouco, pouquísimo tempo, cun goberno de coalición que mereza tal nome na política nacional. Porque aquel tripartito ante-Fraga era en realidade o goberno dun partido (o PSOE) cun grupo descabezado e sen cadros (CG sen Barreiro) e outro que eran basicamente catro (PNG).

Estas cousas melloran co tempo; mellor dito, fanse co tempo. E eu non teño idea de que a Xunta de Galicia actual sexa un desastre, nin sequera de que estea menos coordinada cós gobernos de Fraga.

Aínda máis: paréceme claro que o cidadán medianamente informado non ten a percepción de que o goberno actual sexa peor en termos de acción conxunta. Insisto, o medianamente informado, porque os menos tampouco. E mire: considero máis desexable a discusión pública cá coitelada secreta; penso que o cidadán tamén, razoada ou intuitivamente. De feito, non me parece que o PP teña gañado puntos por aí.

Teñan boa noite.

Anónimo dijo...

É posible que teña un día malo, pero en ningún momento dixen que fora un desastre o goberno de Touriño con Quintana. O que dixen é que non podemos esperar das declaracións dos gobernantes outra cousa que verbas de afirmación da estabilidade e da eficacia do seu labor.
Sobre a idea de que melloran co tempo pode engadirse a de que poden empeorar. E que a coordinación non é precisamente unha das virtudes deste goberno. Que é mellor velos loitar por ocupar terreo político todos os santos días do calendario á luz pública e non darse coiteladas por San Caetano (ou chamar á policía) non o nego, pero non estou seguro, de novo, que sexa o máis atractivo para os seus electores.
Sorte que o PP está desaparecido.

Anónimo dijo...

Xosé Luis Barreiro
Los 15000 euros de la discordia

El sistema de retribución de los funcionarios es un galimatías difícil de entender. Pero, lejos de ser irracional o caprichoso, responde a una filosofía que conviene recordar. Los funcionarios son, por definición, trabajadores estabilizados e inamovibles, y por eso tienen un sistema de retribuciones que, dividido en aspectos básicos y complementarios, trata de incentivar el reciclaje de conocimientos y el adecuado cumplimiento del deber.
Si hablamos solo del sueldo base, los profesores de universidad nos movemos en la categoría de los mileuristas, de la que solo escapamos a base de trienios, quinquenios de docencia, sexenios de investigación, complemento de destino, cargos académicos y similares. Dicho de otra forma: todo funcionario, por el hecho de serlo, está sujeto a este modelo retributivo, y por eso es posible ver a dos profesores de la misma categoría, y que imparten idéntica docencia, con diferencias salariales de hasta seiscientos euros mensuales.
En tales circunstancias es muy difícil excluir de la carrera administrativa la gestión de los altos cargos, ya que su experiencia directiva incide de forma coherente en las habilidades administradoras que se le reconocen y pagan a todos los funcionarios. A cualquier funcionario se le retribuyen los trienios, se le consolidan niveles que disfrutó coyunturalmente, se le pagan cursos diversos que luego se le reconocen en los concursos de traslado, y se le reconocen sexenios y quinquenios que se obtienen, mediante evaluación automática o caprichosa, a base de cumplir las funciones para las que se le nombró. Y por eso resulta un contrasentido que lo único que se quiere excluir de esta tómbola sea, precisamente, la experiencia en la alta gestión.
Lo que ahora discutimos, y lo que justifica el bamboleo -¡ay bamboleo!- del BNG, es el hecho de subir el complemento de destino de los funcionarios que hayan desempeñado un alto cargo hasta la cuantía correspondiente al complemento de un director general del Estado. Y eso es tanto como decir que a la mayoría de los cargos, que ya disfrutan complementos de destino muy significativos, no les supondrá más de cinco o seis mil euros anuales.
Por eso puede decirse que el problema es la ignorancia: la de los que ignoran que su propio sueldo está lleno de retribuciones complementarias de escasa o nula objetividad; la de los que no saben explicar que quieren hacer lo que ya se hace en la Administración central y en la mayoría de las autonomías, y la de los que, en vez de enterarse de qué estamos hablando, prefieren hablar de los altos cargos como si perteneciesen a la banda de Alí Babá. Y es que el escándalo y la ignorancia son dos caras de una misma moneda

Anónimo dijo...

Beiras e Nogueira rachan cos plantexamentos do BNG sobre Reganosa
Máis de 150 intelectuais e políticos asinan a prol do traslado da planta de Reganosa.

Sábado, 22 de septiembre de 2007

XORNAL I Santiago.- Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira, Manuel Rivas, Méndez Ferrín, Díaz Pardo e Ignacio Ramonet son algúns dos nomes que apoian as peticións do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol. Beiras e Nogueira rachan deste xeito cos plantexamentos do BNG sobre Reganosa.

Os colectivos que se opoñen á planta de gas de Reganosa teñen o apoio de máis de 150 intelectuais e artistas. O Comité Cidadán volveu pedirlle ás administracións que deneguen a autorización definitiva para o funcionamento comercial da planta.

Este domingo cumpriranse dous meses de peche no consistorio de Mugardos. Cantantes como María Manuela, escritores como Lino Braxe e actrices como Mabel Ribera participan en actividades de apoio aos pechados.

Os veciños reclaman unha entrevista co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e co ministro de Industria, Joan Clos.

Anónimo dijo...

Un dos poucos que non se vendeu por catro cadelas.

ANT
O bipartito ofreceulle a Beiras a presidencia do Consello Económico e Social

O bipartito, a través do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, ofreceulle a presidencia do Consello Económico e Social (CES) ao ex voceiro nacional do BNG e actual membro da Executiva nacionalista, Xosé Manuel Beiras; unha oferta que o dirixente do Encontro Irmandiño non aceptou.

Segundo as fontes consultadas por A Nosa Terra, Anxo Quintana falou con Xosé Manuel Beiras logo dunha xuntanza da Executiva e despois de ter pactado co PSdeG o perfil para presidir este órgano consultivo. O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño (de quen depende o nomeamento directo deste cargo), amosouse conforme coa posibilidade de que fose o ex líder nacionalista o encargado de presidir esta institución.

Porén, as condicións impostas polos socialistas, e avaladas polo propio BNG, non convenceron a Beiras. O bipartito propuñalle presidir o CES pero, a cambio, tería que deixar a Executiva do BNG e a súa actividade política, algo que non aceptou. “É normal que o presidente e membros dos órganos consultivos aparquen a súa militancia política para dar certa imaxe de ecuanimidade”, indica un membro da Xunta consultado.

“Tal e como é Beiras é lóxico que non o aceptase porque acabaría falando do que non debe, aínda que é o mellor perfil posíbel para dirixir esa institución”, asegura un estreito colaborador do ex voceiro nacionalista, quen asegura que “a Xosé Manuel gustoulle” que pensasen nel.

O CES configúrase como “foro permanente de diálogo e deliberación” entre os axentes económicos e sociais e a Xunta para o exercicio da función consultiva sobre a actividade normativa do Goberno galego en materias de “especial trascendencia económico-social” e para a elaboración de informes, estudos ou propostas encamiñadas a unha “eventual introdución de reformas no ordenamento vixente”.

Este organismo está formado por 35 membros, incluídos o seu presidente e mais o secretario xeral. O mandato dos seus membros é de catro anos, renovábeis por periodos iguais. A pesar disto, os membros poderán ser substituídos polo presidente ou polas entidades, organizacións ou asociacións que os designasen. Deste xeito, o actual presidente desta institución, Paulo Egerique, que asumiu o cargo en xullo de 2004, podería ser substituído antes de tempo tal e como xa acordaron Touriño e Quintana.

Ademáis de Beiras, tamén foi proposto para a presidencia deste órgano o ex reitor da Universidade de Vigo, Domingos Docampo, quen, nun principio, tamén rexeitou este cargo.

A elección do presidente do CES correspóndelle ao BNG tras un pacto acadado entre os dous socios de goberno. Así, e segundo este acordo non escrito, o PSdeG proporía o Valedor do Pobo, un novo membro do Consello de Contas e os do Consello Consultivo. mentres que ao Bloque lle correspondería buscar substituto para a presidencia do CES. Neste pacto tamén se negociou que un dos tres senadores por designación autonómica lle correspondese aos nacionalistas.

Até o momento xa se produciu o cambio no valedor do Pobo, coa elección de Benigno López, e a de tres membros do Consello de Contas; Antonio López (PSdeG), Luciano Fariña (PPdeG) e Pedro Puy Fraga (PPdeG), en substitución de Daniel Barata e Francisco Torres, ambos os dous do PPdeG, ao igual que Fariña, que repetiu no cargo.

Pola contra, o mandato dos membros do Consello Consultivo remata en febreiro de 2008. Tanto os conselleiros como o seu presidente, Xosé Antonio García Caridad, levan no cargo 12 anos e foron elixidos por Manuel Fraga. Tan só un dos cinco membros, Antonio Carro, é próximo aos socialistas. O resto, Paulo Moure Mariño, Xosé Luís de la Torre Nieto, Xosé María Gómez Díaz-Castroverde, ademais do propio García Caridad, son próximos ao PPdeG.

Anónimo dijo...

Xa teño escrito noutro blog que esta noticia a mín non me cadra moito. É posible que pensaran nel para ese cargo, pero parécenme moitos os problemas que causaría unha persoa como Beiras ao fronte dunha institución coma o CES. Non creo, pois, que o bipartito fora tan imprudente como para sopesar tal decisión.
Por outra banda, o eloxio a Beiras por non venderse por catro cadelas induce a pensar na escasa intelixencia do bipartito de crer que con coche oficial, moquetas luxosas e pouco traballo podían acontentar e calar a Beiras. Non creo tan torpes aos gobernantes ni vexo a Beiras deixándose engaiolar por semellante carameliño.
NOTA: o da condición de membro da executiva non vale para Egerique que segue sendo membro do PP.

Anónimo dijo...

Tratar aos políticos (calqueira que sexa a súa orixe) como funcionarios,levanos,irremediablemente ao PRI.

Anónimo dijo...

Eu nunca comprendín a fascinación que moitos nacionalistas sinten por ese personaxe (Barreiro Rivas).

Barreiro, nun arrinque de insólita solidariedade, pretende xustificar inutilmente o inxustificable, mesturando allos con bugallos, creando confusión e -por se isto fose pouco- insultando descaradamente aos que nos opomos a este desaguisado dos sobresoldos.

Anónimo dijo...

Eu nunca puiden comprender a fascinación dalgúns comentaristas políticos que escriben nos xornais por Touriño e o seu proxecto político. Unha cousa é a "cultura" (perdón polo palabro) do pacto e o diálogo civilizado entre socios de goberno, e outra é dicirlle si a todo o que decida o sr presidente dos cidadanos.
Resulta curioso que aínda que o aguinaldo de 15,000 euros partiu dunha consellería do PSOE, case todos os paos estéaos a recibir o BNG. Nisto, merécenme tan pouco respecto os que defenden a Touriño, os que consinten, calando, as políticas de Touriño coma os que aproveitan (desde posicións non nacionalistas) para atacar ao BNG.
Tamén resulta rechamante que os que reclaman "diálogo" entre as dúas forzas políticas o fagan case sempre por presuntos incumprimentos do lado máis feble do goberno vendo, como seguro que estamos vendo moitos, as enormes tragadeiras que ten (Reganosa, Cidade da Cultura, Aguinaldo dos 15,000, etc), e vendo tamén como manipulan as informacións TVG e gravan as conversas privadas do sr Losada.

Anónimo dijo...

Esquecíame dicir que a o aguinaldismo (a subvención, o amiguismo, o cuñadismo) está asentado, definitivamente, na sociedade galega. Eis un bo exemplo do que acabo de dicir: a prensa "libre". E se a iso lle axuntamos o profundo conservadurismo galego (no sentido de "madrecita, madrecita, que me quede como estoy" e "a ver se saco unha oposicionciña") aí temos un dos nosos meirandes males.

Eis un bo papel para os blogues onde escribimos libremente os que non vivimos disto e sen ter que quedar ben con ninguén: facer que corrar o aire. Máis airiños da nosa terra e menos desodorante de marca.

Marcos Valcárcel López dijo...

Amiguismo, cuñadismo, enchufismo, subvencionismo... son case materiais xenéticos da estructura do pobo galego. Este goberno debera camiñar dando pasos efectivos para ir solucionando ese andazo, non para consolidalo. Pero que ninguén dubide do antigo destas prácticas: por aí anda publicada unha carta de CASTELAO pedindo unha recomendación na súa mocidade. Iso non mingua, por suposto, a talla intelectual e moral do dirixente galeguista. Só nos confirma que tamén era un ser humano (non un Deus como algúns pretenden ás veces).

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Efectivamente, amigo Swann, resulta curioso que pague sempre o BNG tendo en conta que foi o único que pretendeu facer supersolidus interruptus. Pero por que cre vostede que será, aparte de pola consabida falta de libertade informativa ou polo conservadurismo dos media (léase mídia)?

Anónimo dijo...

Está ben probado que o nepotismo é un cáncer pra calquera sociedade mesmo pra calquera empresa.Nestas últimas percébese en menos tempo,i é precisamente a causa de peche de moitas delas.Nunha sociedade é pan dunhos poucos pra hoxe e a fame de todos pra mañá (pola mána).
Por certo,creo que na súa orixe etimolóxica "nepotismo" debe de ser "sobriñismo".

Marcos Valcárcel López dijo...

CASTELAO PIDE RECOMENDACIÓN.
Por se alguén dubida o dato da miña mensaxe anterior, a carta citada de Castelao está no tomo 6 das súas Obras Completas (Galaxia), datada en 1907 e dirixida a Ramón Tojo Pérez, avogado e entón presidente da Deputación da Coruña, prohome do partido conservador en Padrón. Estaba emparentado coa familia Baltar a través da súa muller. Castelao pídelle unha praza que vai quedar libre de practicante "que, al obtenerla yo, colmaría del modo más completo mis deseos, porque trabajaría bajo lainspección de su pariente Baltar cuya habilidad profesional no debo encomiar ahora. No quiero ser a V. molesto extendiéndome más, a pesar de aconsejarmelo, egoísticamente, el enorme deseo que tengo de conseguir mi objeto...".
E a carta debeu funcionar porque hai outra, de datas semellantes, dándolle as grazas por sr nomeado practicante do Hospital. As dúas proceden do arquivo de Ernesto Baltar.

Anónimo dijo...

Que esté libre de pecado que tire a primeira pedra...

Anónimo dijo...

Castelao sería Castelao e as súas circonstanzas,mais ou menos coma todos...

Xaime dijo...

Eu critico a norma en cuestión e vótollo en cara a quén cos seus votos a aprobou.
Tamén é certo que os famosos pluses e unha norma de carácter estatal, en vigor en alguhas autonomías.
Para Xoan da Coba, dicirlle que igual que se pon en vigor se deixa en suspenso, por medio dunha disposición transitoria -esas que rematan as leises- ou na de embestimentos anuais que dende que hai anos o fixo o PSOE do final do felipismo, hoxe en práctica habitual introducir normas fiscais e salariais.

Anónimo dijo...

Xaime,se non estou errado,vostede milita nun partido político non maioritario.¿Fixo a seu partido,como tal, algún tipo de declaración ou proposta ó respecto,ante a opinión pública?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

En Italia van dar 1000 euros a cada un dos máis de 3000 estudantes que acadaron a máxima puntuación en selectividade (7%). E non é por dar ideas. Mellor gastados non poden estar. Ou si?

Anónimo dijo...

Paréceme perfecta esa decisión dos italianos de darlle 1.000 euros aos estudantes que acadaron a máxima puntuación na selectividade.

Gratificación (económica e/ou en especies) aos bos estudantes. Penalización (económica) aos pais dos alumnos que non aproveiten os seus estudos, penalización que cesaría cando estes si o aproveitasen nunha nova oportunidade.

Anónimo dijo...

Se lle podo contestar eu, Arume, ao que preguntaba máis arriba, dareille dous posibles argumentos.

Primeiro, sempre resulta máis doado mallar no que se supón que menos pode; así, se o costume se modifica un pouco, poderemos pensar que o Bloque empeza a deixar de ser "perro flaco".

Segundo, os votantes e apoiantes do BNG adoitan ser ata o momento tan esixentes que, para o meu entender, acaban volvéndose cargantes; por outra banda, diríase que todo o país esixe do Bloque un plus de dedicación, ética, eficacia, resolución... vaia, que saque todas as castañas do lume. E xaora, non son niso menos esixentes os que nunca os votaron.

Ben pensado, aínda queda outra posibilidade: falar mal do BNG é costume inveterado. Para que cambiar, se así estamos contentos?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Permítame decirlle que as súas explicacións son todas de índole sicosocial, pero ningunha de índole política. Á xente gústalle mallar, esixir, ser cargantes, falar mal e non cambiar. Todas, pois, arraigadas no (non o dixo, pero queda implícito) populacho votante (apoiante) e ningunha no debe do partido. O que xa me parece máis discutible é ese "todo o país" confiado nun BNG ético, dedicado, eficaz, resolutivo. Non digo que non o sexa, pero que o país crea que o é xa me parece moito.

Anónimo dijo...

Pola contra, eu non digo que o sexa, pero se a xente non o cre ignoro a que vén tanta esixencia.

Claro que as explicacións -con retranca ou sen ela- son psíquicas e sociais. Se alguén leva a culpa tanto se ara coma se non ara, algún mecanismo haberá no pensamento, algunha tendencia en colectivo para actuar así.

Que o Bloque se fixo antipático dabondo como para merecer iso? Pois algo diso tamén haberá, xaora. Ora ben, o do populacho, dicir, díxoo vde., para min non mire.

Anónimo dijo...

SARILLE escribe
Existe dentro do Bloque unha vella tradición, que consiste en lamentarse permanentemente polas rebaixas, os esquecementos de compromisos e as novas posicións da organización. Quéixanse as tendencias que se consideran máis consistentes ideoloxicamente, ás que chamaremos a, fronte ás outras, que producen eses cambios, que se contemplan, en troca, como menos comprometidas e máis lixeiras e que chamaremos b. As primeiras, a, están lideradas pola UPG e persoas soltas que aprenderon nese partido, mentres que as b van cambiando cos tempos: ao comezo eran os de Beiras, despois tamén algúns dos de Camilo Nogueira e agora toda esa xente que rodea a Anxo Quintana.

O ritual consiste no seguinte. Algúns de b, os que sexan, toman unha decisión, que por primeira vez se anuncia publicamente. Por exemplo, que a organización xa non é de esquerdas, senón que iso lle vén dado milagrosamente por ser nacionalista. Só importa Galiza, amigas e amigos, proclama o líder. Entón ao comezo os da UPG laiaranse, somos de esquerdas, afirmarán, o que lles serve para cerrar filas, cultivar unha certa ortodoxia de grupo, e dentro da propia tradición, explotar o elemento da lexitimidade, que é un valor engadido moi rendíbel.

Mais ao cabo dun ano, ou antes, aparecerá unha nova cuestión, que pode ser por exemplo o visto e prace da dirección, nomeadamente do portavoz nacional, para que os políticos do pasado e do presente cobren quince mil eurazos vitalicios só por teren estado na política, fosen útiles ou inútiles. Entón a UPG aborda o novo asunto, sen acenos públicos grandes, pero dando a entender que por eles non sería, e que as cousas dentro da organización son como son. A avantaxe desta nova controversia é que xa non se volverá sobre a anterior, sobre as esquerdas ou non esquerdas, porque hai que atender a nova xeira, cerrando filas e cultivando a ortodoxia de grupo. Un xeito peculiar de estar no contexto, de funcionar na engrenaxe do poder sen renunciar a unha especie de vixilancia de principios, de virtude afectada, que ten como única característica a demora dun ano na aceptación dos recortes. E así sucesivamente

Anónimo dijo...

Diríase que Sarille liquida nesta lexislatura balance de décadas. Digo eu que terá este BNG cuxa case metafísica agroma vizosa en calquera fío e a calquera altura.

Imposible entrar en terra tan fértil en hipertexto coma este último artigo. Só citarei tres evidencias do atento: nin o BNG nin os seus precedentes se declararon nunca de esquerda; o da mutua implicación nacionalismo / de esquerda soa a vello vello; o dos quince mil euros foi rectificado, á marxe de matices.

Pero non me esforzarei; xa se sabe que eu, diga o que diga ou se cadra porque digoo que digo, carezo de credibilidade nestes asuntos.

Anónimo dijo...

"Nin o BNG nin os seus precedentes se declararon nunca de esquerda":
comorrrrrrr?

Anónimo dijo...

XM Glz: Facía moitísimos anos que non oía de forma tan explícita eso de que "nin o BNG nin os seus precedentes se declararon nunca de esquerda"...

Anónimo dijo...

Vaia,Arume.Chocóunos a mesma frase.

Anónimo dijo...

Similar frase oínlla fai anos a un histórico do Bloque (xa falecido).
Outra que lle oín foi: "Eu non estóu contra o terrorismo en abstracto:estóu contra o terrorismo por que beneficia á dereita."

Anónimo dijo...

Non mo tome a mal, González, pero véxoo moi descolocado, habida conta que se esgota un argumento manido: son sempre os non (ou os anti) nacionalistas os que teñen a teima de criticar o BNG.

Mais agora, como é Sarille quen o fai, e con tanta contundencia, e ao que non se lle pode negar a condición de nacionalista, o argumento cae polo seu propio peso e queda invalidado de seu.

Daquela, e non mo tome a mal, vostede non ve outra saída que caír no nominalismo ou no formalismo, dicindo iso tan pintoresco, e falso na práctica, de que " nin o BNG nin os seus precedentes se declararon nunca de esquerda". E o di a despeito de declaracións, programas e actuacións. Ou tamén que o dos quince mil euros foi rectificado... esquecéndose dicir que coa boca pequena.

O BNG ten as súas contradicións internas e son moi fortes, e, por veces, o cemento que o une creba. Que outros partidos tamén teñen contradicións internas? Por suposto. Pero díganse, expóñanse, profúndese nelas, nada o impide e sería moi saudable facelo máis do que se fai. Aí hai un gran campo por explorar para os críticos nacionalistas. O que non é de recibo é descualificar (con palabras tan inocentes como teima, moda, deporte nacional) a aqueles outros non nacionalistas e que, por haches ou por bes, critican o BNG (algún siareiro na emigración dirían "atacar", pero estes dislates non contan).

Anónimo dijo...

Pode vde. consultar os documentos da AN-PG e os do BNG; se encontra neles definición específica de esquerda, dígamo.

Na época da AN-PG (fins dos setenta, comezo dos oitenta), a expresión máxica era "socialista", "polo socialismo", lema ou salmodia equipolente. A miúdo había que facer o que eu agora, aclarar que a Asemblea Nacional-Popular Galega non se declaraba polo socialismo, senón que era unha organización "por unha Galicia ceibe e popular". O do socialismo deixa de estar de moda e aparece a máis fluída ou gasosa expresión "de esquerda". Cando o BNG é fundado (no 1982, este sábado conmemórase en Riazor o cuarto de século), participan na fundación colectivos diversos; e xaora, non todos se acollen á tal vitola.

Suxiro: valórense as liñas políticas, estímese se se quere a ideoloxía ou actitudes dos afiliados individuais. No meu entender, e en síntese apertadísima, o Bloque é unha organización nacionalista de perfil progresista, cuxas políticas están fortemente marcadas pola atención ás maiorías sociais, non hai moito chamadas "populares"; a gran (inmensa, supoño) maioría dos seus afiliados actuais considéranse "de esquerda".

De palabras me preguntan, de palabras contesto.

Anónimo dijo...

E desculpe, Apicultor, que non lera o seu: eu non descualifico, cualifico. Que Sarille é nacionalista supoño que segue sendo obvio; que baixo as súas duras críticas xace moita materia omitida e discutible, coido que tamén.

Pon vde. en min, Apicultor, palabras e argumentos que non utilizao desde hai ben anos, desde logo máis cós que que ten este blog; francamente, polo que me toca estráñame en vostede. Como tamén me estraña, e non só en vde., que por veces saltemos do nominalismo ao fondo das cousas, segundo din os que portugueses, sem dar por isso.

A letra é a que é; a práctica, tamén. Entendo que o cuestionamento de certos termos faga que salten as alarmas; fagamos o que fagamos, o tempo actúa.

Anónimo dijo...

Segue caendo nun nominalismo estéril que oculta a realidade. Mais agora non teño tempo para proseguer polemizando.

Só un pequeno apontamento: cando se funda o BNG en 1982 todos os que participaron na mesma -e non digamos xa os máis relevantes- eran inequivocamente de esquerdas, usaran esta palabra ou termo análogo. Se vostede se refire ao PNG de Peña, saberá que non participou no acto fundacional.

Anónimo dijo...

O de que eu -e non os demais- caia nonominalismo, e aínda máis o de que ese fose estéril, terá ou tería que demostralo. Ten vde. feito valer aquí o principio de que as disposicións legais "xeran realidade"; afirmo eu aquí o mesmo da palabra e a expresión.

O BNG non se declara de esquerda, e iso fornece unhas posibilidades de acción política máis relevantes das que arestora moitos lle outorgan; ao mellor incluso máis amplas daquelas que acadou o PSOE -e ese si que se declara de esquerda, cousa que non sei se colma o celo- a partir da gobernación felipista e as colateralidades de Barrionuevo ou Solchaga (non mentemos a bicha económica anterior), poño por caso entre outros. E é que as accións de goberno, nomeadamente aquelas que se verrifican en instancias executivo-lexislativas, dan medida relevante e por veces mesmo insospeitada.

A gran maioría dos afiliados, colectivos e base (a inmensa maioría ou, se cadra, case totalidade tanto do chamado BNG-partido coma do chamado BNG-sociedade) sitúanse no que arestora é denominado a "esquerda política". Iso ten consecuencia inevitable, desexable e notoria tanto no perfil da organización coma no seu actuar; pero non cambia o que os papeis explican nin polo tanto é patente de flagrante incoherencia. Que sorprende? Xaora. Case non sorprendeu o outro González cando forzou a retirada da palabra "marxista", verbi gratia; e as sorpresas que esperan nos anos que nos sexan outorgados, meus estimados contertulios, nados todos para aquí da Cortina de Aceiro, e ben me entenderán.

No 1982, Arume, había en Riazor algún colectivo que dificilmente encaixaría no concepto da esquerda política; citemos, por caso, o colectivo Arco da Vella, non integrado ao final probablemente de diversas resultas que ao mellor hai algún momento para dilucidar. Xa as cousas ían en cambio.

Incoherencias e contradicións no BNG? Xaora, e por benvidas as teñan. Falar de asuntos similares noutros grupos? Fágase, en efecto, fágase, que eu nin teño tempo nin ganas de furgar nas evidencias epidérmicas. Por min, seguir tratando en exclusiva do nacionalismo nin me molesta nin me parece negativo para o tal. Xa saben: mellor que falen dun aínda que sexa ben (frase gloriosa do meu primeiro responsable político, e xa choveu).

Anónimo dijo...

Perdón: o vocativo ao Arume debía ser ao Apicultor. Con todo, o primeiro se cadra non está desinteresado da exposición anterior.

Anónimo dijo...

[Non todo está perdido... Máis que non queren venders... perdón pactar]
Galicia Confidencial, 25 de setembro

Os militantes nacionalistas amosan o seu malestar co plus dos 15.000 euros

Tal e como temos comentado, os militantes do BNG, a través dos seus representantes no Consello Nacional fixeron patente o malestar existente entre as bases nacionalistas pola aprobación do famoso plus dos 15.000 euros…

Aconteceu o pasado sábado, na reunión que este órgano tivo en Santiago. Alí, os líderes do Encontro Irmandiño, Movemento pola Base e A Alternativa fixeron patente a descoordinación que existe entre a Executiva, o Grupo Parlamentario e os membros nacionalistas no goberno. Criticaron que se aprobara este complemento sen antes telo abordado nos máximos órganos de decisión do Bloque. Falaron Camilo Nogueira, Xosé Manoel Beiras ou Alberte Rodríguez Feixoo, entre outros, para destacar esta circunstancia.

Precisamente, estes tres colectivos non apoiaron os dous documentos que se debatiron nesta xuntanza; “Guión de situación política. Estratexias e liñas de traballo”, sobre as accións políticas feitas e a facer polo BNG os vindeiros dous anos e “Guión para a avaliación do Goberno galego após dous anos”, sobre o traballo desenvolto polos nacionalistas na Xunta e o que queda por facer.

Nesta xuntanza tamén se escoitaron algunhas voces críticas contra a Consellería de Cultura, precisamente, de membros da UPG, quenes denunciaron que non se está a aproveitar a Cultura para “incrementar a cultura nacional”.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Pero que é a cultura nacional?

Anónimo dijo...

A súa pregunta presupón
- que non existe tal cousa (cultura galega diferenciada)?
- que si existe pero son moitas cousas e non unha soa?
- que o de cultura aínda está por definir?
- que non hai cultura nacional, senón unha universal?
- que non hai culturas superiores a outras?
- que o que conta é o individuo e non a cultura como algo abstracto?
(...)