Fototeca. Xa pasaron uns cantos aniños...
No ano 1995 a Casa da Xuventude de Ourense (as fotos son do seu arquivo) celebrou os seus primeiros 25 anos (fundouse en 1970, nos estertores do franquismo). Celebrouse aquel aniversario cunha serie de mesas redondas e eu mesmo participei nalgunha delas. Recupero estas dúas fotos de cando o nacionalismo (era un debate sobre ese tema, na propia Casa) aínda non gobernaba. Os ponentes son Benito Alonso, historiador hoxe en Tui (o "Roi" para os que o coñecemos de vello, compartimos estadía en Compostela); Heitor, que presidía a Auriense entón, e Alfredo Suárez Canal, que non sei se estaba na Deputación ou xa era deputado galego. Entre o público varios militantes daquela hora: Montse, Carballo, Paradelo, eu mesmo... En segundo plano un noviño aínda Alexandre Sánchez Vidal, hoxe tenente de alcalde na cidade.
35 comentarios:
O Heitor Rial,pouco cambeóu.Traballaba daquela como deseñador gáfico pró que hoxe é asesor de imaxe do actual alcalde.Un tipo simpático.
O local, paréceme recoñecelo, é a Auriense, tería que adicarlle un fio a súa historia Marcos.
Por onde andaban vostedes nesas datas do 95?
Buf,qué vello son,por que esa data paréceme de onte pola tarde... :(((
o Marcos creo que viña de ser candidato a concelleiro por Allariz,se non lembro mal...
Como (case) sempre neste tipo de actos, as primeiras sillas (galego normativo "cadeiras") deixadas a propósito para os que van chegando tarde... ou non dan chegado...
A mesa, de mestre escola unitaria. Os debuxos e o cadro, algunha concesión a un pintor local. As cadeiras, de segunda mao, dalgún café que quebrou. O chao de baldosín. A auga, sousas (naturelment). Cinceiro pepsi, cando aínda se podía fumar. Caretos circunspectos dos asistentes. Participante na mesa redonda que olla nervoso para as súas notas, mentres o outro acopaña as súas verbas con xesto decidido. Moderador nun segundo plano...
Asistentes,os previamente convencidos,e as preguntas do final,previsibles e rituales,como as respostas subseguintes.
Unha "misa"
Un rito
Que actualiza controladamente o mito
e todo mito oculta o sacrificio porque este faría visibel a violencia mimetica dirixida ao chivo expiatorio.
I eses ritos deben desarrollarse de xeito regular no tempo,dando lugar ó que Canetti chamóu "masa periódica",pra catalizar a enerxía dunha masa "medrante" fora de control e perigosa.
Pero,volvendo a foto,a mesa encantaríame pra mín.Non sei se iréi de noite roubala e filmalo en video como fixeron coa cadeira do Zapatero.
Pero as fotos deben de ser na casa da xuventude,onde eu paséi tantas horas xogando ó xadrez cando novo.
Pero a execución do chivo expiatoria calma, ou na súa vez o rito, ou dende a perspectiva cristian, o sacrificio de Cristo, que fai visibel o que todo mito oculta, para abandoar definitivamente o mito e a violencia contra o outro, que é xa un.
Certo,Jimmy.Vostede tamén debéu de ler "Veo a Satán caer como el relámpago",fascinante,do que xa faléi algunha vez.
O mural parece feito por un chaval,non lembro o nome,pintor que compartíu un tempo unha casa alquilada na Penalba,con Chus Pato e Asun Arias.Logo,creo que foi prá Canarias.Caíame moi ben.Era chapista profesinal.
Xa que mentéi a Asun,creo que foi alá polo 95 cando promovéu aquela campaña do OU.O carrabOUxo fixera aquela viñeta na que o U escrebíao un burro dando unha couce,coa ferradura,decindo: OU somos OU non somos,¡OU!
A foto foi tomada na Auriense, antes da reforma para facer o café. E ese cadro do que se fala estivo moito tempo alí, de fondo das conferencias e recitais.
DA AURIENSE, haberá que falar de vagar nalgún momento.
E, sr. Xoán da Coba, está errado: eu nunca fun candidato en Allariz, porque nin nacín nin vivín alí.
Penso que o amigo Jimmy anda a ler ou a reler a René Girard.
Eis o meu ex-profe de Historia, o Bieito. Que pouco cambiou! O mesmo bigote, o mesmo pelo, todo igual! Mesmo a charla seguro que é parecida. Hehe.
Lin "vexo a Sat�n cair como un raio" cando saiu, o ultimo que tiv�n nas mans de Girard, son uns antigos estudos sobre literatura, concretamente sobre Paolo e Francesca de R�mini, os famosos amantes adulteros cos que se encontra Dante no Poema Sacro. Non sei se vostedes o saben, pero un amigo que se adica a teolox�a d�xome que no gremio moitos ti�an a Girard por un neoortodoxo.
O mural do fondo é do propio Heitor. O pintor do que fala Xan da Coba é Tito Leites quen aínda estivo en Ourense hai dous anos para participar nunha mostra colectiva, "Presenzas", en lembranza doutras dúas exposicións feitas hai 20 e 10 anos na Casa da Xuventude
Eu linlle, hai xa ben tempo, "La violencia y lo sagrado" e máis "El chivo expiatorio". Pero creo que non lle pillei todos os "meandros".
Vata,Marcos.O Alzheimer empézame a afectar,pero ó revés:lembro cousas que non existiron.¿De verdade que non foi algunha vez nas listas (non digo de número 1) por Allariz?
Pois, a non ser que sexa a min a quen me afecte o alzheimer, nunca fun candidato, e menos municipal, en Allariz. Si o fun en bastantes ocasións en listas provinciais: nunhas xerais aínda recentes fixen case toda a campaña acompañando a Anxo Quintana e noutras ía de n.2 ou 3 ou pechando a lista. Mesmo na etapa do PSG-Esquerda Galega (aí vai outra confidencia) achegámonos un día ata Allariz a negociar uns contactos políticos (omito os nomes que de seguro militarán hoxe no Bloque), con intención quizais de facer lista alí: foi imposible porque vimos que era absurdo competir co BNG no seu propio feudo e a lista non se fixo.
O primeiro voto da miña vida,fora pra esquerda galega.Nalgunha convocatoria electoral anterior non pudera votar,a pesares de poder xa facelo,por estar fora.
Pois,aclarado,Marcos.A memoria traizóame.Sería nalgunha desas outras listas que dí.
O primeiro voto da miña vida,fora pra esquerda galega.Nalgunha convocatoria electoral anterior non pudera votar,a pesares de poder xa facelo,por estar fora.
Pois,aclarado,Marcos.A memoria traizóame.Sería nalgunha desas outras listas que dí.
Esa fama de neoortodoxo extédendese á rede,polo que se ve.Veño de visitar páxinas que falan do libro referido,e comprobo,estufefacto,que distorsionan completamente o argumento pra incidir nesa visión do autor.
Pero refirense a súa producción intelectual ou a súa practica relixiosa?
Son críticas que pretenden ver no libro unha defensa de valores relixiosos ortodoxos,cousa que eu non vin así.A mín o libro paréceume socioloxía pura,eso sí,coa linguaxe metafórica típica dos textos relixiosos,pero hai quen non o ve así...
Pura socioloxía tampouco é resulta un híbrido entre socioloxía antropoloxía e teoloxia.
Si,jimmy.Unha componente teolóxica si que tén.Uns agradecécena máis que outros.A mín,aínda que formado no racionalismo puro (son de ciencias "puras"), non me molesta un pouco de trascendentalismo de vez en cuando.XDD
Hai toda un grei de teologos que din practicar unha teoloxia racional, de corte Hegeliano, claro.
Moi oportuno o de "grei" cando de teólogos se trata.
Digoo porque aínda que non levan sotana, distinguense de moi lonxe pola vestimenta, e xuntos fan un efecto moi...de grei.
Lembro unha anécdota que me contaron por certa.Un cura discutía de non séi qué cuestión relixiosa cun laico.Nun momento dado acalóranse e o cura dícelle : "¡Qué me vai decir vostede a mín,que estudéi no Seminario Mayor!",ao que o outro responde sacando un título do portafolios : "Doctor en Teoloxía pola Universidade de Salamanca"
Publicar un comentario