12 sept 2007

POR BIEITO IGLESIAS*
PAIS E FILLOS (12-9-07, no gratuíto De luns a venres. Imaxe de Renoir pai)


Alberto Gonzales, fiscal e estreito colaborador de Bush, viuse na obriga de dimitir por causa de diversos fracasos na súa xestión. Despediuse cunha memorable perorata: “Eu catei o soño americano. Non teño queixa, porque os meus peores días á fronte da Fiscalía foron máis gratos que os mellores días coñecidos por meu pai en toda unha vida”. Imaxinamos ao Gonzales sénior pasando as de Caín como hispano inmigrante na Terra de Promisión que publicita o american dream. O seu cachorro, inchado como un sapo tras empoleirarse nas altas maxistraturas dos EE UU, ve no seu éxito a proba de que mora no país das oportunidades. Esta é a perspectiva habitual das persoas de orixe humilde que logran situarse no presenteiro, embriagadas polo elixir do progreso individual.
Moi outra visión adoptan os fillos de papá célebre, coma tal Jean Renoir (o cineasta), autor dun libro (Renoir, mon père) dedicado a Pierre Auguste, figura da pintura impresionista. Jean evoca sen complexos os gozos rústicos do seu proxenitor, as horas pasadas na lareira borgoñona vendo cocer o pote pendurado da gramalleira ou comendo claudias e fatóns. Ningún dos Renoir acreditaba moito no progreso. O pintor mesmo ironiza sobre os avances tecnolóxicos: “Dinme que un escritor coa súa máquina de escribir pariu un libro en tres anos; Molière e Shakespeare, cunha pluma de ganso, escribían unha obra de teatro en oito días e era unha obra mestra”.

34 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa coñecen o modelo da "pirámide de Maslow".En principio aplícase ó progreso individual,pero tamén se aplica ó progreso familiar xeneracional...
Vou lembrar unhos versos de aquel cantautor ó que lle cortaron as mans no Estadio de Santiago de Chile...

Mi padre fue peón de hacienda
y yo un revolucionario
mis hijos montaron tienda
y mi nieto es funcionario

De seguro X.M.Glz. podería cantala acompañado da súa guitarra nalgún bareto do seu amado Lugo...

Anónimo dijo...

De feito xa a terei cantado máis dunha vez en diversos baretos. Con todo, quédome co escepticismo do(s) Renoir(s), que non coñecía dada a auréola de modernidade que para min os acompaña de vello. Por mala aprendizaxe ou excesiva présa; Pierre Auguste, probablemente, podería dicir algo ao respecto, e non en louvanza miña.

Anónimo dijo...

Sofisticados procesadores de texto pra escribir unha "caca" de lbros.
Sofisticados equipos de música pra escoitar unha música de "caca".
Sofisticados televisores de plasma pra ver programas de "caca".
En xeral:sofisticados medios tecnolóxicos i económicos pra facer "caca".
Pero,obviamente,a tecnoloxía non ten a culpa.E os homes que a melloran fan ben o seu papel.A cadaquén o seu...

Onde pon "caca" (castelán coloquial),quería por un sinónimo coloquial galego...

Anónimo dijo...

Esterco, se lle vale.

Anónimo dijo...

O esterco,prós que somos de aldea,tén connotaciós moi positivas.Era unha riqueza...XD

Anónimo dijo...

Pois póñalle "zurrio", moi dialectal, provinciano lugués e cun aquel de certamente turbio. Se lle acomoda.

Anónimo dijo...

O tal Shakespeare era un tipo práctico.Nas primeiras reprensantaciós de "A tempestade",os actores saían coa roupa mollada tralo naufraxio.Como non lles daba tempo a secalas ben prá seguinte representación,añadíu na obra o caracter "máxico" daquel mar que,entre outras cousas,non mollaba a roupa...Eso sí que é adaptar as obras ás circunstancias e ó "mercado".
Foi o primeiro que asumíu que o teatro non tiña que ser a mera representación de feitos históricos ou mitolóxicos coñecidos,e que tampouco tiña por que rexirse polas reglas da realidade.Se había que lle pór mar a Baviera,púñaselle...

Anónimo dijo...

É vostede un pozo de anécdotas, sr xoan. E moi boa memoria. Equivócome se é vostede un pouco lingoreteiro? Debía dedicarse ao xornalismo. De verdade llo digo.

Anónimo dijo...

Moito coidado cos xornalistas.

Chega o obispo a un pobo no que nunca estivera e,ó sair do coche,espérano unha nube de xornalistas e fotógrafos.Un deles pregúntalle a boca de xarro:¿Ten pensado visitar o prostíbulo deste pobo,señor obispo?.O obispo,sorprendido,pregúntalle:¿Hai prostíbulo neste pobo?

Ó outro día,sae o titular do xornal:"A primeira pregunta do obispo ó chegar,foi:¿Hai prostíbulo neste pobo?

Seguro que poden contar outras semellantes.E sería un bó post,por certo...

Anónimo dijo...

Os espectadores do teatro dos séculos XVI e XVII comprendían os códigos perfectamente sen necesidade de naturalismos escénicos. De todas maneiras, sabemos que nalgunhas representacións, sobre todo as cortesáns, a tendencia ao "realismo" dos efectos especiais foi notoria: batallas navais no esceario, sangue de verdade nas batallas ou nos duelos de capa e espada ou o cheiro a azufre nas esceas nas que un pecador caía por baixo do taboado queimado polas chamas do inferno.
Como agora entendemos que nas comedias de situación sempre haxa un insólito sofá mirando cara á cuarta parede.

Marcos Valcárcel López dijo...

Magnífico chiste o dos xornalistas, amigo XDC. Usareino calquera día destes na prensa...

Anónimo dijo...

A lenda urbana di que isto lle pasou ó arcebispo de Canterbury na súa primera viaxe a Nova York. Se queren máis citas xornalisticas vexan www.argallando.net. Un exemplo: “—Fíjese en este titular a tres columnas del Chronicle. ¿Por qué en el Inquirer no aparece a menudo uno semejante?
—¡La noticia no es para tanto!
—Señor Carter, si el titular es grande la noticia también lo será”.

Ciudadano Kane, (Orson Welles, 1941)

Anónimo dijo...

Vaia,o anónimo anterior está ben informado.En efecto,a pregunta foi: "¿Ten pensado visitar os strip-clubs do Soho?"

Marcos Valcárcel López dijo...

SOBRE OS XORNALISTAS.
O chiste-anécdota é moi bo, repito.
Pero teñan coidado co que din dos xornalistas: cónstame que hai moitos/as deles, sobre todo novos, entre os lectores desta casa.

Anónimo dijo...

Amigo Valcárcel: non pretenderá que tendo a tiro semellante especie perniciosa (noutrora canallesca) perdamos a ocasión. En todo caso, aos xornalistas (mesmo aos máis novos) vailles a caña.

Anónimo dijo...

Ás veces, o contubernio xornalista-enquisa absurda, produce resultados admirables. Vexan a de hoxe:
Según el estudio '¿Cómo se despiertan los españoles?'
Los gallegos no cambiarían un buen desayuno por el sexo matutino.
Gallegos y extremeños, con un 43 por ciento, son los que más remolonean en la cama antes de despertarse.

Anónimo dijo...

Está ben eso de "enquisa absurda".
A mín tamén me parecen absurdas esas entrevistas standard feitas cunha batería de preguntas,sempre iguáis,sexa quen sexa o entrevistado.As mesmas preguntas pra un ciclista,pra un médico pra un cociñeiro ou pra un político,esquecendo as vellas normas de Halperín acerca da necesaria complementariedade específica entre o suxeto e o obxeto da entrevista

Anónimo dijo...

O frautista de Halperín?

Anónimo dijo...

Halperín,autor dun famoso libro sobre a entrevista periodística.

Pra voltar ó rego do post,dedícolles esta canción de Cat Stevens,"pai e fillo"
Father&Son

Anónimo dijo...

Con relación o que dí no post,maxino que coñecen o caso de Simenon,que chegóu a escreber unha novela dun tirón ¿Como era? en sete horas,de sete capítulos,con sete páxinas cada un,encerrado nunha caixa de cristal á vista do público nuha rúa de París.A miña opinión particular é:asi lle saían.Moito máis perto de Estefanía que de Conan Doyle.

Marcos Valcárcel López dijo...

Graciñas por FATHER&SON, amigo XDC. Devolveume vostede ós días da mocidade: eu fun sempre moi de Cat Stevens, Leonard Cohen e Simon e Garfunkel. Supoño que cousas da idade e dos tempos dos primeiros guateques en pisos. Xa sei que moitos contertulios andaban daquela coas guitarras rock: eu era moito menos moderno. Pero observo que resisten o paso do tempo: vin nestes días de novo O GRADUADO e a música de S.e G. é peza sustancial de película tan relevante nas nosas vidas. Que lle pasaría ó pobre de Cat Stevens para acabar convertido en Yusuf Islam?

Anónimo dijo...

Boeno,señor Marcos.A música de "O Graduado" nacéu moito antes que S&G.En realidade é unha fermosa balada tradicional irlandesa chamada "A feira de Scarborough" (Scarborugh fair).Deseguro pode atopar infinidade de versións en youtube.

Anónimo dijo...

Non só eso.Qué lle pasaría pra reclamar a morte de Salman Rushdie no seu día,ou defender os actos do 11-S

Anónimo dijo...

Eu, desde que defendeu a fatwa conta Rushdie, teño un instintivo rexeitamento a escoitar as súas cancións.

Anónimo dijo...

Neste caso concreto,eu sigo diferenzando o home da obra.

Anónimo dijo...

Señor Da Coba: ademais de "Scarborough Fair", a banda sonora de "O graduado" incluía cancións de Simon and Garfunkel orixinais e novas, como a inesquecible e xa para sempre clásica "Mrs. Robinson".

"Where are you going, Joe DiMaggio? A nation turns its lonely eyes to you."
U-u-ú.

Sempre me gustou iso da "nación de ollos solitarios" pendente do bate do ex-home de Marilyn Monroe.

Anónimo dijo...

Vexo agora a nota sobre Scarborough fair de Xan da Coba. Pode ser irlandesa, pero Scarborough atópase na costa leste en Inglaterra, cunha longa praia onde alugan burros ou poneys para dar paseos. Ao lado de Scarborough está Whitby, o pequeno e precioso porto onde chegou o cadaleito de Drácula por barco desde Transilvania. Miren por onde comunicamos os posts.
En todo caso, ese verso de "Parsley, Sage, Rosemary and Thyme" máis parece das terras meridionais que daquelas terras de choiva e brezo no Yorkshire.

Anónimo dijo...

Eso que dí é certo,xa o teño pensado.Pero nas partituras pón que é irlandesa.Pode ser que haxa moitas vilas con ese nome,como pasa habitualmente...
"...Perexel,Salvia,Romero e Tomíño.Dalle recordos meus a unha que foi o meu verdadeiro amor..."

Anónimo dijo...

Na Wikipedia danna por inglesa:
http://en.wikipedia.org/wiki/Scarborough_Fair

Anónimo dijo...

Vaya.Menudo lío...

Anónimo dijo...

Interesante o seu enlace,Arume.¡fala do simbolismo desas catro herbas!

Anónimo dijo...

E fíxese no que dí de que podería ser un xeito mnemotécnico de lembrar esas catro herbas ¡abortivas!,información especialmente útil prás mulleres de entón...
Arume dos piñeiros,eu téñolle que pagar algo por ese enlace.

Anónimo dijo...

Cun corto de cervexa confórmome, pero saiba que coñecelo en persoa é pago superior a todo. A ver se facemos por vérmonos.

Anónimo dijo...

Pra interesar ós seus fillos adolescentes nesta interesante balada,díganlle que é a orixinal de "Duerme,duerme" do grupo de rock "Mago de Oz".
(Os internautas adolescentes,farán o revés:Pra interesar ós vosos pais en "Mago de Oz",poñerlla e preguntáille se lles soa...).¡unha ponte xeracional!
duerme,duerme