25 sept 2007


Stefan Zweig: Carta dunha descoñecida.
Pan por Pan martes 25 set.

Lina hai varios anos e volvín relela nestes días, despois de ver a versión cinematográfica desta novela a cargo de Max Ophuls con Joan Fontaine e Louis Jordan en 1948, tamén maxistral. É unha desas obras imprescindibles en calquera canon literario. Escoiten e logo xulguen se paga a pena (xa me contarán): "Só quero falar contigo, dicircho todo por vez primeira. Terías que coñecer a miña vida, que foi sempre a túa aínda que nunca o soubeches. Pero só ti coñecerás o meu segredo, cando estea morta e xa non teñas que darme unha resposta; cando isto que agora me sacode con calafríos sexa de verdade o final. No caso de que seguise vivindo, rompería esta carta e continuaría en silencio, igual que sempre. Se sostés esta carta nas túas mans, saberás que unha morta estache explicando aquí a súa vida, unha vida que foi sempre a túa dende a primeira ata a derradeira hora”.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Non a lin, cousa que pode remediarse. Pero a "Schachnovelle" ("Novela de xadrez") dá a medida dunha ben interesante figura literaria. Outro expoñente máis (coma Wittgenstein ou Musil) daquela gran Viena e Austria vidas a menos.

Marcos Valcárcel López dijo...

OUTRO ZWEIG, OUTRA XOIA.
Na edición de El País, Clásicos do s.XX, que foi a que lin agora, CARTA DUNHA DESCOÑECIDA vai acompañada doutra pequena xoia, a noveliña LEPORELLA, que comparte coa anterior esa obsesión de amor, neste caso dende os ollos dunha criada ruda e rural cara o seu señor distante e admirado.