25 sept. 2007

en poleiro alleo
ESOUTRO NACIONALISMO, Henrique Alvarellos (GH 25 set.)

Aznar é efectivamente un nacionalista dese outro nacionalismo, o español, que nunca di ser tal, un nacionalismo que só fala de bandeiras agora, cando se sente ameazado. É loxicamente o nacionalismo oficial, diriamos que o establecido, o gañador. Que cando se ve atacado reclama para si todo o que noutros intres criticou: os himnos, as bandeiras, as cores, en fin.
(...) O PP, que en Galicia chegou a estar "no límite da autodeterminación" (Cuíña dixit), é hoxe o prototipo do partido nacionalista español. Ten todo o dereito a selo. Mais ten tamén a obriga de dicilo claramente. E de deixar de condenar todos eses nacionalismos que non son o seu. Porque non é xogar limpo. Aquí o que haberá é que chegar a un acordo plural para continuar coa convivencia e o traballo en común mais no respecto á singularidade de cada pobo.
(O artigo completo)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

O nacionalismo español ten dúas caracteristicas que para min o fan rexeitábel. Unha é o feito de facerse a conta de negar outras realidades nacionais, e dicir é un nacionalismo imperialista. A segunda é que onte e hoxe segue a ser un nacionalismo reaccionario.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Aznar a Bush

Xoan da Coba dijo...

Eu o que non remato de entender é ese respeto reverencial pola O.N.U.cando tantos dos seus escaños están ocupados por impresentables,golpistas,xenocidas,etc.