4 oct 2007


El-Rei debería estar contento...

El-Rei debería estar contento, ó menos búrlanse del, ten protagonismo, é importante para a xente. Non se pode facer sátira de alguén sen personalidade. Darío Fo

21 comentarios:

Anónimo dijo...

jiji, que bo

Anónimo dijo...

pero todo o mundo nace e vai enfiando unha personalidade determinada, bromas aparte. Ninguén nace nin crece ou evoluciona sen ela. Sería unha contradicción na especie humana.

Anónimo dijo...

Non son monarquico, non encontro congruentes coa democracia eses privilexios de sangue. Amais é un rei imposto por un dictador. Paréceme atentatorio ese blindaxe xudicial e mediático da familia real.
Só lle encontro sentido a monarquía no caso de que apostase por un estado federal e facilitase así a segunda auténtica transicion. De non ser así, paréceme que no mellor dos casos xa tería cumpridos os seus serbicios e sería conveniente finiquitala

Anónimo dijo...

Eu tampouco. Eu serei sempre da república

Anónimo dijo...

Mais témome que aquí falan doutro Rei...

Anónimo dijo...

"Non se pode facer sátira sen personalidade..." qué interesante.
Tomen nota os "profes" que empezan o curso.Se os alumnos os satirizan,canto máis mellor...

Anónimo dijo...

Satura tota nostra est, dicía Quintiliano. Que se non era galego, merecía selo.
http://www.youtube.com/watch?v=JthBilYRGdo

Anónimo dijo...

Esquecín indicar que se trata dunha sátira de Dario Fo sobre Berlusconi (e outros coma Bossi), característica do seu humor e o seu histrionismo fascinante.

lourixe dijo...

Indígname que certos políticos defendan a monarquía como "principal institución do Estado". Non, señores, a principal institución dunha DEMOCRACIA é o POBO soberano, cuxa vontade moitos dos nosos representantes electos se pasan polo forro. Fago miñas as palabras de Mario Regueira: (C+P) Que algo cheira a podre en Mugardos na perspectiva legal parece cada día máis obvio. Pero aínda que un milagro fixese que isto non fose así, a simple vontade dunha comarca enteira debería bastar para botar abaixo un proxecto contra o que se leva alertando demasiado tempo xa. (O suliñado é meu; artículo completo). Ás veces danme gañas de denunciar a un feixe deles por lesa-maxestade.

lourixe dijo...

E que conste que Reganosa é só un exemplo mais das tropelías que contra nós cometen os que xuraron defender os nosos intereses.

Lula Fortune dijo...

Qué boísimo é Darío Fo!!!!! mágoa que sexa tan difícil velo por estes pagos. Un saúdo.

Xaime dijo...

O tema do fío é espiñoso e nótase xa que todolos comentarios son curtos e simples, no millor senso da palabra.
Un estado toma como organización conocida, o menos en occidente, forma republicán, que é a máis normal ou a monárquica que e a máis antigüa, e xusto por eso en recesión.
Un demócrata que recoñece a soberanía o pobo, pode ser tranquilamente monárquico, como elección de organización do Estado. Ollemos senón o Reino Unido, onde a Raíña e intocable e teñenna en moita estima os británicos.
A monarquía Española é desas que reinan pero non gobernan, xa que o Goberno de turno lle pasa todos os seus menxases e declaracións, polo tanto o rei, como tal, fai o que lle mandan.
Creen vostedes que cos exemplares que nos rodean, un Presidente da República Española faríao millor que o Rei, eu dubidoó.
Coidan vostedes que na República Federal Ibérica -Saramago- Galicia, tería máis poder político que hoxe,non, e máis estou completamente convencido de que terían máis poder as federacións surorientales por estar máis poboadas, xa que tamén na U.E. as zonas máis densas de poboación son as que teñen maior peso político.
Está moi ben ser republicán, nin siquer ouso en dicir que está de moda, pero non é ningunha panacea, e polo menos dubido que sexa a curto-medio prazo solución para Galicia.

Anónimo dijo...

Unha razón pola que moita xente non se plantexa a posibilidade de abolir a monarquía ,é que a idea de república parece estar capitalizada pola esquerda,cando en rigor eso non tiña por qué ser así.Mentras non se remate con esa identifiación inxustificada entre esquerda-reública, a metade da poboación será,cando menos,indiferente á cuestión.¿Por qué non pode haber republicanos de dereitas?.

Xaime dijo...

Deu vostede no clavo.
Eu diría máis, - Hernández y Fernández de Hergé- deu vostede no clavo.

Anónimo dijo...

Eu diría que os hai, como tamén "juancarlistas". Aquela ministra de Sanidade do PP, a Celia Villalobos, dicía que ela non era monárquica. Que non fagan demasiado patente a súa situación é outra cousa.

Anónimo dijo...

Puxen un enlace a unha espectacular sesión do grandísimo Fo. En tres partes que aconsello vexan, aínda que non comprendan o italiano. Unha auténtica marabilla.

Anónimo dijo...

¿Quen sabe algo desa "Resistencia Galega" que puxo a bomba esa de REGANOSA?

Anónimo dijo...

Unha das opinións máis estendidas e simples -esta vez no peor sentido da palabra- sobre a forma do estado está na identificación da monarquía con algo antidemocrático por herdado e non elixido. Ese mesmo argumento serve para proclamar o carácter democrático da república. Dá un pouco de preguiza sinalar que a gran maioría de dictaduras e réximes oprobiosos que polo mundo aínda existen son repúblicas. Porén, entre as monarquías figuran como acompañantes da española países de case lendaria tradición democrática, como o Reino Unido, Suecia, Noruega, Dinamarca, Finlandia, Holanda e Bélxica. En fin, o que quero dicir é tan sinxelo como que a forma de Estado monárquica ou republicana non determina e nin sequera condiciona as prácticas de goberno e os avances sociais. Eu son a este respecto "accidentalista" e, polo tanto, "xoancarlista", na medida en que considero que a monarquía española está a desempeñar moi ben o seu papel dende a transición. O dilema monarquía-república paréceme que non está hoxe na axenda de ninguén, agás daqueles aos que non lles abonda cos problemas que hai e aínda queren botar uns poucos máis no pote.

Anónimo dijo...

De todo o que di, Leituga, só discutirei o último. Porque é obvio que nin a república é garantía de democracia e igualdade nin a súa chegada está sempre exenta de abuso e violencia. Pero o papel na transición (e eventualmente no 23-F) da Familia Real -que, iso si, ten unha mercadotecnia impresionante- en canto as décadas avanzan comeza a diluírse para cohortes significativas da sociedade; e a república como principio reaparece en máis dunha axenda, por moito que da maior parte delas a política estea malaventuradamente ausente.

Anónimo dijo...

Home, González, en máis dunha axenda, si, ten razón: aí están os "maulets" queimando dia si e día tamén fotos do Rei. Pero, en calquera caso, creo que son moi poucos os cidadáns habitantes do Reino de España que vexan xa non como unha prioridade, senón simplemente como un problema a cuestión Monarquía-República. A min, particularmente, pareceríame un síntoma de atraso, "xuvenilismo" e insensatez política que ese asunto pasase a ocupar o primeiro plano do debate político. ¡Como se non fose dabondo coa "cuestión territorial"!

Anónimo dijo...

No primeiro plano do debate político o que está, constantemente, son as seica irremediablemente anuais eleccións; a mesma "cuestión territorial", así entre comiñas para discriminala da seria cuestión nacional, forma parte da tirapuxa preelectoral, electoral e postelectoral que consome páxinas de prensa, minutos de radio e de TV. Non o considero gran riqueza. Pero non me refería eu ás prioridades dos grupos políticos máis ou menos organizados ou representativos.

"Axenda" se cadra non foi unha boa palabra para referirse a inquedanza, razoamento e debate. Entre a xente moza (normalmente, se cadra de dezaseis a vinte e tantos anos) ás veces trátanse algunhas cuestións que teñen que ver coa política, e a cuestión monarquía/república é das que xorden. Entre estes mozos o juancarlismo, como xuros de agradecemento polo 23-F ou o presunto papel desempeñado na Transición, é realidade esvaída; non vexo que o substitúa o aprecio polo designado sucesor. E na dialéctica entre ambos sistemas políticos non pense que hai abrumadora vantaxe do que está en vigor.

Resulta para o meu ver datos socioloxicamente relevantes para o medio se non curto prazo. Con todo, a cuestión para nada é simple nin semella de alcance definitivo. En "La Voz de Galicia" (lamentablemente non na edición en liña) sae hoxe unha breve noticia sobre un xurdimento con forza da opción monárquica en Xeorxia; apóiaa a polo visto prestixiosa Igrexa Ortodoxa, pero é de ver como certos líderes políticos non desbotan como absurda a opción: entre eles, nada menos ca Edvard Shevarnadze parece encomiar o papel desempeñado, precisamente, por Juan Carlos de España. Ou sexa, que o debate eilo.