9 oct 2007

en poleiro alleo: incendios, democracia e zapatillas

As zapatillas decisorias (Monxardín en Galicia Hoxe 9 X)

Con chuvia non hai incendios (X.M. Sarille en El Correo Gallego 9-X)

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Simpático o artigo de Monxardín, sempre buscando a reflexión desde o lado paródico e paradoxal da vida.

O de Sarille, sinxelamente demoledor, lucidamente certeiro e eficazmente desenmascarador, feito a partir dunha evidente evidencia que algún listillo da consellería de medio rural quixo obviar inutilmente.

Parabéns a Sarille e a Monxardín. A cada novo artigo supéranse a si mesmos.

Anónimo dijo...

Cebrián, onte, coa súa pilarista visión do mundo, censuraba ao goberno a súa oportunista política de comunicación e a súa nefasta comunicación da política. Os gobernos, en xeral, guiados por non sei que asesores (estudantes da mesma universidade e das mesmas aulas polo que se ve, sexa Roma ou Pekín, Washington ou Logroño) están sempre necesitados de saír á palestra, cunha iconografía e cunha posta en escea cada vez máis ridícula: o outro día saíron tres persoas a explicar un plan de bibliotecas ou de desratización ou de sinalización dun par de rúas, eu que sei, diante dun panel que poñía obviamente a área, o departamento, ou consellería correspondiente por se o espectador non se decata ou a cadena televisiva esquece o dato. Pasan todo o día explicando o que fan, en lugar de facer o que din. A mín dame a impresión de que a Suárez Canal, a quen teño por persoa cabal e seria, eso de saír a contar o conto do ben que o fixeron (non entro en se é verdade ou non porque non teño información: non estiven en agosto en Galicia, je) non lle debeu gustar moito. Pero non sei por que se rinden a estes mediocres asesores mediáticos.
Por certo, quen é ese comentarista que rebate a Sarille: será da Consellería de MR?

Anónimo dijo...

É certo que choveu ben e bastante, pero o dispositivo que estaba montado por se viña outra vaga de calor coma a do ano pasado era para meterlle medo ata ao mesmo lume. Que non chovese só podo interpretalo dun xeito: Deus está co bipartito.

Anónimo dijo...

¿Qué grado de eficacia lle atribuídes ós grupos de voluntarios que patrullaron os montes? ¿Pensades que a administración debería apoyar esas iniciativas cidadáns?

Anónimo dijo...

E,repecto ó artigo do Monxardín,lembrar que non xa unhas zapatillas,senón a ferradura dun cabalo decidíu non séi que acontecemento...

Anónimo dijo...

Dunha forma ben amena, o Monxardín lémbranos que non é perfecto nin o máis perfecto dos mundos ou sistemas. A calquera se lle acorda o factor zapatilla! Vaia, estas cousas acórdanselle á dereita; á esquerda, se cadra, víñalle ben ás veces non desprezar tanto as cousas da tradición.

A Sarille, con franqueza, desta volta enténdoo mal en letra e música. Explícome: na tertulia de Tino Santiago cadroulle estar a el o día no que o conselleiro presentara o seu informe; foi alí entrevistado, o Sarille fixo varias preguntas e expuxo, basicamente, renitencia. A presente crítica é cousa ben máis contundente, no estilo dos últimos tempos.

Admito que o informe dos seus amigos puido ser recibido con posterioridade; admito tamén que a elaboración dun artigo escrito pode dar lugar a reflexión e de aí vir contundencia. Con todo, chámame a atención que o informe da consellaría non mereza sequera un pouco de confianza. Tendo en conta, sobre todo, que Suárez Canal sempre se conduciu neste asunto (no 2006 e no 2007) con moita cautela; que no seu informe hai calquera cousa menos triunfalismo; e que o Fiscal aludido (isto lino eu, e escoiteillo dicir en persoa) non nega a existencia dunha trama que nunca o conselleiro, por outra banda, afirmou que existise.

Anticipándose a este tipo de comentarios (de libro era esperalos), Suárez Canal veu dicindo: "Xa sei que choveu, pero algo fariamos tamén ben". Os comentarios baixo o artigo do Sarille paréceme que poden ter certa consistencia, se cadra tanta coma a teoría das frecuencias (admito, con todo, que a miña formación filolóxica non inclúe contidos en edafoloxía, ecoloxía e materia forestal; a miña apreciación, logo, pode ser facilmente desprezada). Por último: non hai quen negue que a choiva de xuño e xullo lles amargou a vida a vacacionantes e pirómanos; igualmente innegable resulta que as cifras de materia ardida este ano non teñen parangón moitos, moitísimos anos atrás. Cos datos do ano que vén estimaremos se o dispositivo de extinción, a maior vixilancia, sensibilidade social suscitada e acción política conseguiron unha nova eficacia; ou se non había máis verdade cá teoría das frecuencias.

Anónimo dijo...

E non se volveu falar máis dun modelo matemático que se desarrollóu creo que na USC,pra optimizar todos os protocolos relacionados coa loita contra os incendios.Imaxino que o S.Canal lle prestaría atención no seu momento,dada a súa formación...

Anónimo dijo...

O das zapatillas é toda unha filosofía da vida.Por eso o pai dos Zipi e Zape se chamaba "Don Pantuflo"

Anónimo dijo...

¡Canto me gostaría ser tan rico que me deixaran entrar nun famoso casino en zapatillas!

Anónimo dijo...

Os porteiros de fútbol saben que cantos máis goles che metan,máis fácil é que che metan outro.¿Ou vaste matar por un balón difícil se levas encaixado cinco tanto como se non levas ningún?

Se hai moitos incendios é moito máis fácil que haxa outro máis,por varios motivos fáciles de ver,e que ademáis sexa peor de tratar.O problema está en darlle volta a esa espiral.A ver se esa primeira volta inversa foi este ano.

bastián gomez trabadelo dijo...

No casino da Toxa, si me acompaña deixano entrar en zapatillas.
Son dos millores clientes, e sempre perdo cada vez entre 1000 e 2000 €, polo que supoñen qué o que me acompaña é outro pardillo.
Así que un de Ourense e outro da Cabana de Bergantiños en zapatillas, entrada libre

Anónimo dijo...

Vaia,agora lembro que o pianista do Casino da Toxa é amigo meu.É de Ourense.Entre o "enchufe" dél e o de Bastián poderéi deseguro entrar en bata i en pantuflas pra tirar unhos cantos millós de euros de nada.

Anónimo dijo...

Se andan zarraspicando cartos, avisen que me poño a tiro e xa non precisan ir á Toxa. E aínda lles podía pasar pola casa, se quixesen, con tal de lles evitar molestias. Eu -e caixanova subsidiarimante- habiámosllo agradecer.

Anónimo dijo...

Moito me gusta lembrar esta escea que relata Groucho Marx nun dos seus libros:
Cada vez que salía un multimillonario da porta da súa mansión,con puro frac e chistera,unha multitude esperábao na rúa pra aclamalo.Entón metía él unha mau no peto,sacaba unha présa de moedas e tirábaas lonxe,coma se fosen caramelos.A multitude apresurábase a recollelas,e deixáballe o camiño expedito,pra que podera acceder ó seu luxoso carruaxe.
¡Eso sí que é ter sensación de ser rico!

Anónimo dijo...

A ver cantos de vós a escoitástedes en francés:

Si j´étais ¿quoi?,moi