26 oct 2007

IIªs Xornadas da Raia: A represión, en Vilardevós 27 outubro.

Coa participación de Antonio Gamoneda, Xosé Carlos Caneiro, Xerardo das Airas, Paola Godinho, Xulio Prada e Mª Carmen Serrano Fernández, entre outros. (Programa completo en comentarios).

9 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

PROGRAMA COMPLETO
10:00h ACTO DE INAGURACIÓN. D. Xosé Carlos Sierra Rodríguez, Delegado da Consellería de Cultura e Deporte; D. José Luis Pérez, Alcalde de Vilardevós; D. Digno González Diéguez, Coordinador de C.D.R. Portas Abertas. 10:30h. PONENCIA "A Represión Franquista", D. Xerardo Dasairas , Profesor da Universidade de Vigo. Presenta D. Antonio Montalvao Machado, Secretario Xeral de ADRAT. 11:45h. PONENCIA "Entre Franco e Salazar: a repreçao entre a provincia de Ourense e TrasdosMontes (1936-1946). Dña. Paola Godinho, Universidade Nova: Departamento Antropoloxía. Presenta D. Antonio Montalvao Machado. 12:45h MESA REDONDA: "A represión franquista na primeira posguerra (1940-1947). O caso ourensán". D. Xulio Prada Rodriguez, Profesor Univ. Vigo, Facultade de Historia. "De primeira man....". Testimonio de represaliados. Modera: Mª Carmen Serrano Fernández. Responsable da área social do C.D.R. Portas Abertas. 16:00h. VISIONADO DO DOCUMENTAl "Os últimos fuxidos". Dirixido por: D. Jose Luis Santiago Rodríguez.
17:00h. PONENCIA: "Poemas de la Insurgencia". D. Antonio Gamoneda, Premio Cervantes 2006. Presenta D. Xose Carlos Caneiro. 18.00h. CLAUSURA. Dna. Ánxela Bugallo Rodríguez, Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia; D. José Luis Pérez, Alcalde do Concello de Vilardevós. D. José Paz Paz, Presidente de C.D.R. Portas Abertas. 19:00h. VISITA O CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CONTRABANDO. Exposición de diferentes artistas da Comarca de Verín. 20.00h. ACTUACIÓN: "Poemas de amor e liberdade". D. Xosé Carlos Caneiro, (Escritor e compositor). D. Xosé Manuel Salgado (guitarra).

Anónimo dijo...

¿Pero Digno non era cura e marchara prás misións?

Anónimo dijo...

�Contrabando? Nesa zona sempre lle chamaron estraperlo.

Anónimo dijo...

Sinto non estar en Villardebós ou Vilardevós con tan altas personalidades, polo que me terei que conformar lendo un par de contos arraianos de McFerrin.

Anónimo dijo...

Seguramente coñecen moitas historias do estraperlo nesa zona.Eu tamén,por certas conexiós familiares.Pero deseguro non me creerán crean se lles conto que aínda a fináis dos setenta había unha velliña portuguesa que pasaba clandestinamente á xente sin pasaporte A CABALO DELA,atravesando un regato fronteirizo ,cunhas "kaituskas" postas.
Pódenme crer,que o vín cós meus própios ollos.

Anónimo dijo...

Esquecín decilo:cobrando,claro.Non lembro bén si eran cinco pesos daquelas.

Marcos Valcárcel López dijo...

Digno, si, é o crego que estivo nas misións e tamén foi alcalde (do PSOE). É un bon amigo meu e ó seu arredor pasou unha parte importante da miña infancia e adolescencia, cando Temiño lle facía a vida imposible. Moitas persoas en Ourense saben o qué significou a figura de Digno naqueles anos: unha aperta dende aquí, por se chegase ata el dalgún xeito (Non poderei ir a Vilardevós).

Anónimo dijo...

É verdade que fora alcalde un tempo,xa non lembraba.Despóis do outro Luis,incombustible do PSOE durante anos.Eran "os tres mosqueteros":Luis de Vilardevós,Jaime de Trasmiras e Raúl de Castrelo do Val.Este último é hoxe delegado de non séi qué.

Anónimo dijo...

Vilardebós,pra quen non o conoza

pinchar eiquí