5 oct 2007

Refraneiro (2).
Andoliña sábado 6 outubro. Imaxe de Mar R. Caldas.

Outra nota sobre os refráns das mulleres: creo que din máis da posición submisa e marxinal da muller na sociedade tradicional que un longo ensaio. Á muller non se lle permitía sen mofa non ser fermosa: “A muller con bigote, non necesita dote”, di un dos ditos máis crueis. E a mofa caía con todo o seu peso sobre as donas que xa pasaran a mocidade: “A muller despois dos corenta, pónseche balorenta”. Tampouco debía queixarse, seica: “Can que moito ladre, e muller que moito se queixe, é mellor que se deixe”. A muller, en fin, aparece obxectualizada e utilizada: “A muller e o muíño queren uso continuo”.
Velaí o espello dunha situación de despezo e marxinación que foron ben reais ata tempos moi recentes. “Home casado nin muller é” di outro dito moi popular, creo que tamén en Portugal, que amosa con contundencia como a desvalorización feminina serve mesmo para ridiculizar ó home, neste caso ó home casado.
O indicado non é privativo da cultura popular galega: os mesmos riscos poden encontrarse noutras culturas tradicionais e campesiñas, tamén nas que hoxe obrigan ás mulleres a levar velo. Insisto no xa dito: memoria crítica dun pasado que tiña luces e sombras.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Nun certo país de África,dínlle a un home cando anda algo deprimido:

-A tí faiche falta unha "manta con orellas".

(Non fará falla decir qué é esa "manta con orellas")

Anónimo dijo...

podes continuar coa saga. veña, veña. A cólera supérase e pásase por enriba dela, mantendo a calma.
sigue se iso che fai feliz. Diso se trata, de que a humanidade mellore e sexamos todos máis felices :-)

Anónimo dijo...

Isto non ten nada que ver,

pero hoxe sae un artigo de Manuel Rivas en El país (Luzes): humor alucinóxeno e intelixente a mazo. case me botan do bar de tanto rir :-)

cambiando de tema,
contunúeN coa saga de refráns

Anónimo dijo...

Hai xente que confunde os desexos coa realidade.E,aínda peor,a realidade pasada cós desexos do presente.
Os refrás conteñen información valiosísima sobor do xeito de pensar no pasado, polo tanto sobor de moitos xiros mentáis subconscentes do presente.Quen pense que Marcos os plantexa coma un chiste,non entende nada de nada,ó meu parecer.A quén lle molesten tanto que lle impidan pensar con obxetividade,disparando certas hormonas ,fáltalle a madurez real da que adolecen queñes nunca as pasaron putas, e pensan que o mundo foi un fermoso conto de fadas.

Anónimo dijo...

Voúlle propoñer outra idea pra un post futuro,Marcos.Certas léis do noso pasado.Por exemplo,na época romana se alguén non pagaba unha deuda no tempo estipulado,o acreedor estaba autorizado a matalo e descuartizar o corpo en tantos cachos como denarios lle debera.(Ó mellor fai máis graza,por que ese problema está máis superado...).(Moitos diran "¡Qué bestas!".Bestas eran antes,cando non había dura lex,sed lex...)

Anónimo dijo...

Vostede señor SABIO xoan da coba, deixe de prexulgar a que non coñece, deixe de XULGAR porque vostede non ten nin puta idea de quen as pasou putas na vida, vostede non sabe nada da vida dos que no coñece. Ninguén dixo aquí tampouco que non se valorara a tradición oral en absoluto, ben recoñezo que os refráns son riqueza do noso legazo. Cecais aquí é vostede o que está a terxiversar o que para min era unha broma sen malas intencións. No post anterior, Marcos Valcárcel puxo un post defendendo as mulleres a través da crítica de refráns que ofendían ás mesmas. E coma sempre, certos homes frustrados comezaron a recrearse e a soltar con sorna e incesantemente refráns unha e outra vez, e ver quen dá máis, a ver quen ten máis sabiduría, no canto de valorar que ten máis SENSIBILIDADE. Un chegou a dicir que as mulleres foran a fonta dos mesmos,pero non se trata do QUE, trátase de ir á RAÍZ dos problemas, das cousas, do POR QUE. Desde as orixes, a semente que somos NÓS, foi apaleada, denigrada, sometida a pedradas e hostiazos, maltratada: esa é a razón pola que a autoestima das mulleres foi baixa no pasado, porque só recibían educación dos homes, porque a unha muller non se lle permitía estudar, formarse, por iso as mulleres eran machistas (e algunhas siguen sendo), por vontade allea, non por pracer, porque así se lle impuxo ao longo de toda a historia. Ou sexa que cale dunha vez, non falte ao repecto, porque vostede non sabe quen as pasou putas na vida, nin sabe quen valora aquí a quen e o que. Un respecto, porque o único que vostede fai neste blog é faltar o respecto dos "principiantes" que tan só queren dar unha opinión sen malas intencións ata que nos fartamos. Non fale polos demais, e deixe a súa ironía prepotente e maliciosa para a súa almofada, porque un ten tamén os seus límites. Niguén sabe que sifrui máis nesta vida, niguén está dentro do corazón dos demais.
RESPECTO!
As mulleres temos dignidade

bastián gomez trabadelo dijo...

Xa llo díxen Xoan que a ía liar.
Se precisa axuda, chame .... amodo.

Anónimo dijo...

A mín non me vai falar vostede de respeto á dignidade das mulleres,por que vostede non sabe se eu tiven algún ou moitos problemas,mesmo persoales graves, por defender a dignidade das mulleres e os seus dereitos cando tal proceder non era o "políticamente correcto" que é hoxe ,cando as cousas eran moi diferentes a como son hoxe. (Amiga Martull,onde estés,esto vai por tí, e polos recordos daquela época dura da AGM).

Anónimo dijo...

E,Bastián,graciñas,pero fai moito tempo que non lle teño medo ó home do saco...

Anónimo dijo...

Contan dun necio que un día
tan triste e mísero estaba
que sólo o consolaban
as uvas do blog que lía

¿Haberá outro,entre sí decía
máis necio e triste no blog?
E cando a fiestra pechóu
Veulle a resposta,vendo
na pantalla do aparello
un grande,xigante NON.

Anónimo dijo...

DOn Xoan, botámolo de menos na lección maxistral. Porque as leccións maxistrais sen comentarios xa non son deste mundo.

Anónimo dijo...

Nunca me gostaron as lecciós maxistráis.En realidade nunca me gostaron as lecciós de ningunha clase.Só as de mestres que estaban na clase pero non "daban clase":Xocas (Xaquín Lorenzo),por exemplo.E un mestre ó que ,xunto con outro,lle fixeron unha homenaxe en Ourense fai pouco,con presencia do delegado do goberno.
De tódolos xeitos,grazas por decir "botámolo de menos",por que,no seu caso concreto,teño a impresión de que é certo.

Anónimo dijo...

Vaia mirade que atopéi:

Por el machismo atávico, al soneto
jamás se le ha dejado ser soneta;
pero hoy asume el reto este poeta
(la reta he de decir, mejor que el reto).

La reta asumo, pues. Como poeto
en mi vido me he visto en tal aprieta;
aunque si estoy en esta vericueta,
habré de resolver el papeleto.

Que no digan de mí que soy machisto:
rechazo tal injurio –¡ni de bromo!–
con estas bellas versas, mis retoñas.

Pondré toda la empeña como artisto
en extirpar las vicias del idiomo
¡y que nadie me venga ya con coñas!.

--
Un saludo, Flint
Gijon Fortuna (773926) www.fibha.com

Anónimo dijo...

PLAS, PLAS, PLAS !!!