16 oct 2007

XORNADAS EN LEMBRANZA DE VAZQUEZ NUÑEZ.

As Seccións de "Literatura" e "Arte e Historia" do Liceo de Ourense programaron para a vindeira semana unhas Xornada en lembranda de Arturo Vázquez Nuñez", (Ourense, 15 de novembro de 1852 - Ourense, 2 de marzo de 1907) foi un dos máis destacados polígrafos ourensáns do século XIX, especialista en Historia e Arqueoloxía. Estudou Medicina en Santiago de Compostela aínda que abandonou en 1871. Ó ano seguinte pasou a traballar como oficial no Ministerio de Graza e Xustiza sendo ministro o galego Montero Ríos. De volta en Ourense en 1887 incorpórase ao claustro do Instituto como profesor de francés ata 1891.
O programa iniciaráse o martes, día 16 de outubro, ás.18.00 horas. cunha Ofrenda floral no cemiterio de San Francisco, continuando 20.00 horas, no Salón Noble da entidade liceísta coa Inauguración da Exposición bio-bibliográfica sobre Arturo Vázquez Nuñez, e a seguir unha Conferencia de Francisco Fariña Busto co título : Vázquez Nuñez e a Comisión Provincial de Monumentos.
O Día 18 de outubro, xoves, as 20.15 horas. Salón Noble. Conferencia de Jesús de Juana López : Vázquez Nuñez, biografía dun ourensán de pro.
Día 19 de outubro, venres, as 20.15 horas. Salón Noble. Conferencia de Marcos Valcárcel López : Vázquez Nuñez e o periodismo ourensán.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Este Vázquez Núñez tiña pinta de ser moi aburrido. Trabúcome?

Anónimo dijo...

Xamuma ko. (pron.Jamuma kó)

(Non o séi)

Marcos Valcárcel López dijo...

Home, Apicultor, moito máis divertido era Xoán da Coba, dende logo. AVN, solteiro, non deixou descendencia (nin sequera quedan os seus restos nin placa no cimiterio). Erudito, historiador, coleccionista de efemérides (niso estoulle agradecido), impulsor e secretario da Comis. de Monumentos, xornalistas ó carón de Lamas, escritor secundario... Un dos seus principais valores (diso falaremos estes días) foi a súa Biblioteca. Foi profesor de francés no Instituto (e autor dalgunha gramática francesa) e xuntou moitos libros que, seica (C.Casares e outros), puideron servir de fonte e base documental na formación dos homes da Comisión e logo da Xeración Nós (Otero e Risco especialmente) que, como vostede ben sabe, eran francófilos e coñecían ben as letras francesas (ademais demostrouno N.Dulin en dous rigorosos tomos).