CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL
tvg (1985), Gramática Galega (1986)
(Imaxes: o poemario de Luís González Tosar; un cartel do Antroido en Compostela e unha portada de Luzes de Galiza, con foto de Xosé Abad)
No campo do ensaio e a investigación, 1986 foi un ano excepcional. Galaxia publicaba a primeira Gramática Galega, escrita con rigor científico e elaborada por lingüistas do ILG, e Ir Indo publicaba en tres tomos o seu Diccionario, con 90.000 entradas. Aparecían libros como Capitalismo e desemprego en Galicia, de Xavier Vence; Gallaescia escandinavica, de Vicente Almazán; O final da historia, de X.C. Bermejo Barrera; Historias de Compostela, de Filgueira Valverde; Autobiografía dun labrego. Estudio novelado de antropoloxía, de Xosé R. Mariño Ferro, e Conversas en Compostela con Carballo Calero, de Miguel A. Fernán-Vello e Francisco Pillado Mayor. Da mesma andaina son o álbum Dibuxos de humor, de Xaquín Marín e Siro López; Os petos de ánimas en Ourense, de Begoña Bas; A intervención de Gondomar nos problemas internacionais de pesca, de Lois Tobío; e o terceiro número de festa da palabra silenciada, dedicado todo el a Francisca Herrera Garrido.En Sotelo Blanco aparecía a Literatura Galega Medieval, de Xosé R. Pena, e en Ediciós do Castro obras como Testimonio de la guerra civil, de Isabel Ríos, ou La Institución Libre de Enseñanza en Galicia, de Serafín Porto Ucha.
Celebrábase o aniversario do nacemento de Castelao, de Cuevillas e de Salvador de Madariaga e houbo homenaxes para todos. Pero na bibliografía gañaba Castelao. Velaí: Vida e paixón de Castelao, de Xosé Núñez Búa; Castelao: caricatura e autocaricatura, de Clodio González; o ensaio de Daniel Cortezón, Castelao ou a paixón de Galicia, e o estudo La persecución de Castelao durante el franquismo, de Carlos Fernández, ademais dun número monográfico da revista científica de Barcelona Anthropos (n.65) sobre o rianxeiro. Pola súa banda, a revista de Oviedo Los Cuadernos del Norte ocupábase con detalle de Álvaro Cunqueiro e Cela cumpría 70 anos. A editorial española Tusquets recuperaba parte do xornalismo de Cunqueiro en tomos como Viajes imaginarios y reales, unha delicia das prosas do mindoniense, preparada por César Antonio Molina.
O Centro Dramático Galego, dirixido entón por Ernesto Chao, andaba coas montaxes O enfermo imaxinario, de Moliére, dirixida por Eduardo Alonso e traducida por Manuel Guede; e A noite vai como un río, de Cunqueiro, dirixida por Xulio Lago. Celebrábase unha mostra teatral en Cariño e a II Mostra Internacional do Teatro Galego en Ribadavia, con compañías foráneas e as galegas Artello, Luís Seoane e Moucho Clerc.
No capítulo poético, son desas datas libros como Códice Calixtino, un dos poemarios centrais de Luz Pozo Garza; ou A caneiro cheo, primeiro volume dos versos de Luís González Tosar, que merecera o V premio Esquío e o Losada Diéguez. Desa andaina son ademais Sede e luz, de Miguel González Garcés; Pensar na tempestade, de Ramiro Fonte; Antigo futuro, de Xoán Manuel Casado; e Denuncia do equilibrio, de Xela Arias, finalista do Losada Diéguez. No ano dedicado a Aquilino Iglesia Alvariño, Xerais sacaba a súa Poesía Completa, preparada por Xesús Alonso Montero. O Esquío dese ano era para Xosé María Álvarez Cáccamo e Pilar Pallarés, cos libros Luminoso lugar de abatimento e Caravanserai. Aparecía unha nova antoloxía de poesía galega, Desde a palabra, doce voces. Nova poesía galega (Sotelo Blanco), preparada por Luciano Rodríguez, e falecía o poeta de Dodro, Eusebio Lorenzo Baleirón, ós 24 anos, con dous volumes publicados.
No capítulo poético, son desas datas libros como Códice Calixtino, un dos poemarios centrais de Luz Pozo Garza; ou A caneiro cheo, primeiro volume dos versos de Luís González Tosar, que merecera o V premio Esquío e o Losada Diéguez. Desa andaina son ademais Sede e luz, de Miguel González Garcés; Pensar na tempestade, de Ramiro Fonte; Antigo futuro, de Xoán Manuel Casado; e Denuncia do equilibrio, de Xela Arias, finalista do Losada Diéguez. No ano dedicado a Aquilino Iglesia Alvariño, Xerais sacaba a súa Poesía Completa, preparada por Xesús Alonso Montero. O Esquío dese ano era para Xosé María Álvarez Cáccamo e Pilar Pallarés, cos libros Luminoso lugar de abatimento e Caravanserai. Aparecía unha nova antoloxía de poesía galega, Desde a palabra, doce voces. Nova poesía galega (Sotelo Blanco), preparada por Luciano Rodríguez, e falecía o poeta de Dodro, Eusebio Lorenzo Baleirón, ós 24 anos, con dous volumes publicados.
No terreo musical hai que subliñar Galicia no País das Marabillas, de Milladoiro, gravado en Irlanda; o primeiro disco de A Quenlla, Os tempos non, inda non son chegados; Folla de marzo, disco de Uxía Senlle; Perfiles, de Doa; e o nacemento de Luar na Lubre, con Bieito Romero e Rosa Cedrón. Milladoiro gañaba un Goya coa banda sonora de La mitad del cielo, de Gutiérrez Aragón.O Premio Trasalba era para Valentín Paz Andrade e nos Premios da Crítica os homenaxeados eran o poeta Manuel Vilanova (A lenda das árbores de prata); o teólogo Andrés Torres Queiruga; o catedrático Ramón Lorenzo no apartado de investigación; o Grupo Universitario de Cámara; a iniciativa cultural Cantareliña e a Compañía de Teatro Luís Seoane, que representaba entón A larva furiosa e Fuerzas Eléctricas. No parador de Gondomar celebrábase o III Galeusca cando Avilés de Taramancos presidía a AELG. Presentaban relatorios, entre outros, Xavier Seoane, Xavier Alcalá, Xosé María Dobarro e Carlos Paulo Martínez Pereiro.
20 comentarios:
Vámoslle facer homenaxe a Bieito Romero,que non o precisa.O seu "Son do ar" é proba de que a cultura galega pode acadar universalidade.No espazo e no tempo.Estará nos conservatorios e na memoria colectiva do ser humán dentro de trescentos anos,e máis.Mau a Mau có Canon de Pachelbel o a suite n.3de Bach.Eso sí que é grande.
O SON DO AR
Unha pregunta: mirará este blog o ministro de cultura?
Ninguén comenta a entrevista a Caneiro no Faro de Ourense de hoxe?
Tivo mérito escribir a "Gramática da lingua galega" porque se partía practicamente da nada e, ademais, os encargados de inventar palabros coma "beirarúa" non foran moi explícitos á hora de redactar as "Normas ortográficas e morfolóxicas..."
Algúns dos capítulos de "gramática dos cadriños" (como algúns lle apoñiamos daquela) eran debedoras de gramáticas españolas de moda entón (o alarco-guillermeroxismo de entón), especialmente os capítulos de sintaxe.
O que veu máis tarde non é moito mellor. Bótase de menos unha boa gramática descritiva escrita por especialistas.
Que a escriba o XM Glz.Que lle mostróu a escépticos,coma mín,a existencia de verdadeiros expertos do galego dende o punto de vista das ciencias filolóxicas e lingüistas.
XM Glz,o Cervantes,O Shakespeare do galego.Escribirá a magna obra que fará que deixomos de referirnos ó galego coma língua de Rosalía.No siglo XXI falaráse da "língua de XM Glz Saavedra".Se no Quixote hai un vocabulario de 12.000 verbas,XM Glz rematará por meter ,coma mínimo,1000 máis.E será a "Pedra Roseta" do galego dentro de mil anos.Todo o vocabulario,a sintase,a semántica do galego nunha obra sobre Lugo,sen dúbida.
Saavedra, o chaquespeare galego. Que vaian tomando nota os mánchadores de coartelas dos susosdetoros, manolosrivases e bieitosigrexas de turno.
Cómpre crear, e xa, unha cuarta conxugación só para o verbo "saavedrar", que significa "escribir moi ben como Saavedra".
Día das Letras para este cabezaleiro XA, in vida e in vitro.
Chave da cidade de Lugo para Saavedra. En vosté depositamos a casa e a facenda.
Premio Nabo de Lugo d'Ouro pola súa traxectoria neste blogue.
Cabeza de lista do Ben-e-gá nas próximas elecións autárquicas polas catro provincias (malo será que non saia en ningunha).
Non me abrume, da Coba, que é notoriamente excesivo. Anónimo, coa súa enxurrada irónico-apoloxética queda un tamén de marabilla.
De todas maneiras, a gramática de Freixeiro Mato é francamente solvente.
Eu tamén quedo coa gramática de Freixeiro Mato, mais se Saavedra fai unha...
Saavedra, vanlle paló un feixe de poetas arremuiñados ao redor do ministro. Xa nos contará: aproveite para pedir á deputación que lle publiquen o libro. Sen pordeusear, desde logo. E saúde a Coty da miña parte.
Unhas reflexións de Josep (José) María Castellet, publicadas hoxe en "El Periódico", sobre o activismo cultural durante o franquismo (fago un corta e pega do principal):
Castellet recuerda 1973
1. • El editor critica el falso activismo cultural, las reticencias ante Josep Pla y la escasa acogida del 'boom' latinoamericano
ERNEST ALÓS
BARCELONA
Hace tres años, el editor y crítico Josep Maria Castellet entró en el túnel del tiempo cuando descubrió, reordenando su biblioteca, la libreta amarilla donde había escrito su dietario de febrero a julio de 1973. Recién publicado en Edicions 62, por las 144 páginas Dietari de 1973 desfilan los protagonistas de la agitada vida cultural catalana de entonces. A diferencia de los filtros que distorsionan unas memorias, Castellet asegura que sus notas mantienen el frescor del retrato instantáneo, con solo unos ajustes de estilo. Hace unos días, repasó algunas de sus opiniones de 34 años atrás.
(...)
ACTIVISMO INÚTIL
Castellet se lamenta en su diario de la inutilidad de tantas actividades supuestamente de resistencia cultural contra el franquismo. "Era una forma de defensa que teníamos, intentar hacer constantemente cosas, o hacer ver que hacíamos cosas. Perdimos el tiempo, en gran parte, inútilmente. Deberíamos haber hecho más trabajo intelectual y menos activismo pseudopolítico. Por supuesto, separo completamente mi opinión sobre el movimiento intelectual y sobre la lucha sindical y obrera", puntualiza el editor y crítico.
O caso era estar entretidos.
E ten que saber diso, porque chupou xinebras no Boccaccio coa crème de la crème da gauche divine por un tubo tamaño nachovidal. E alí debía caer o réxime varias veces na noite. E cando caeu de verdade, alí seguían dándolle ao pico coma se foran novísimos toda a vida. Debe de referirse a eso.
Castellet, xunto con Barral, Gil de Biedma, Portavella & colegas varios, coa guapa Teresa Gimpera como musa, chuparon alcohol en cantidades industriais na mítica boite Boccaccio, tal como ben apunta Arume.
E...? Invalida iso as súas palabras?
Non, todo o contrario, por eso digo: é narrador máis ca fidedigno.
Vostede, daquela, pensa que Castellet a única actividade cultural que na que participaba era beber cos amigos. Ou o seu comentario foi unha "frivolité" de "qualité" de quen non sabe por onde van os tiros?
Eso pénsao vostede, obviamente: eu non dixen tal, se repasa o meu comentario.
Pero a lectura de varias memorias daqueles anos ou de testimonios persoais sobre aquel mundo (algúns na propia voz dos protagonistas) apuntan a unha íntima relación entre actividade cultural e longas tertulias e festas en sinalados lugares da hostelería barcelonesa. Ao mellor mentían e non era tal. Ou esaxeran agora nas súas lembranzas daquela época: non sei. No libro de Jose Ribas sobre os 70, do que se falou hai tempo por estes pagos, fálase dese ambiente por exemplo con estes mesmos vimbios. Pero tampouco sei se el sabe por onde van os tiros.
Verbigracia: nas páxinas 93-103 do libro La escuela de Barcelona, de Carme Riera, onde se dedica un par de páxinas a glosar a figura de Castellet como promotor de varias iniciativas culturais, a autora do ensaio (Premio Anagrama, 1988) repasa os bares frecuentados pola xeneración dos 50. E iso que aquí non están mencionados os dos 60 e 70.
E así a bote pronto lembro comentarios sobre ese ambiente nas memorias de Terenci Moix, Gil de Biedma, Carlos Barral, Maruja Torres, Rosa Regàs (de distintas xeneracións), o citado José Ribas, e despois testimonios persoais, que eu escoitara da súa voz, de González Ledesma, Gimferrer, Romà Gubern, Félix de Azúa, Javier Coma, Alberto Blecua entre otros, que, como ve, proceden de distintos planos da extraordinaria acción cultural de Barcelona.
Quizáis tampouco souberon de onde viñan os tiros. Cando se está no medio da batalla é difícil averigüalo.
O Manual Galego de Língua e Estilo é unha iniciativa levada a cabo por Maurício Castro, Beatriz Peres e Eduardo Sanches Maragoto co obxectivo de solucionar os problemas e dúbidas de todas aquelas persoas e colectivos que utilizan o galego reintegrado, provocadas en moitos casos polas formas duplas que permite a normativa da AGAL. A obra busca tamén encher o baleiro que actualmente hai en Galiza no que respecta á bibliografía estilística.
O proxecto xorde ante unha "necesidade concreta do movemento reintegracionista", segundo indica Eduardo Sanches Maragoto, xa que "cada vez hai máis colectivos que o usan e necesitan correctores e unha norma única que seguir". O manual tamén pretende solucionar as dúbidas estilísticas de calquera usuario, aínda que non utilice o galego reintegrado, xa que na actualidade "a bibliografía de estilo en Galiza é moi exigua, e resulta necesaria a creación dunha norma para adaptar o galego aos novos tempos sen ter que recorrer a españolismos".
Dirixido á lingua xornalística e divulgativa, esta obra aborda os problemas que teñen que ver coa corrección estilística, como a puntuación, a tipografía, as maiúsculas ou a linguaxe non discriminatoria. Tamén recolle amplas listas de vocabulario relacionado coa política, a xudicatura, o ambiente, a xeografía galega e internacional e soluciona os erros máis frecuentes que se atopan nos textos escritos en calquera das normativas galegas.
Xa nas librarías
Este é un libro "que a xente pide", segundo indicou un dos seus autores, Eduardo Sanches Maragoto, "nun principio repartíronse 500 exemplares polas librarías máis importantes do país, pero se hai moita demanda por suposto sacaremos unha segunda edición". O manual está dividido en catro unidades: Ortografía e Estilo, Morfossintaxe e Estilo, Léxico e Estilo e Apêndices, e inclúe un CD cun verificador ortográfico de galego-portugués adaptado aos usos propostos polos autores.
A edición correspondeu a unha serie de 14 entidades socioculturais, moitas delas centros sociais que utilizan a normativa reintegrada e colectivos vinculados a AGAL.
http://www.youtube.com/watch?v=bdCjaiXmUb0
Publicar un comentario