25 nov 2007


Pintadas (5).
Pan por Pan domingo 25 novembro

Dinme os amigos que en chegando á cidade das Burgas, nalgures quedou esta pintada: “Ourense, Acrópolis de Galicia”. Será polo tópico da Atenas, supoño: en fin, menos mal que non puxeron Necrópolis. O maio do 68 foi o paraíso dos graffitis e as pintadas: nun libro de Cortázar hai moitas imaxes daquela xeira mítica. Velaí algunhas do Maio que quedaron en Internet: “O aburrimento é contrarevolucionario”; “O patrón necesítate. Ti non precisas ó patrón”; “Son marxista, tendencia Groucho”; “Están mercando a túa felicidade. Roúbaa”; “Non poñas parches, a estrutura está podre”. Algunhas das que citamos nestes días, sobre todo de acenos ácratas, collerían nesta última categoría. Tamén esta, que estivo en Oira procede daquel Maio: “La barricada corta el tráfico, pero abre el camino”. Ou esta, tan provocadora: “Mentres os medios mintan, as paredes seguirán falando”.

9 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

E CAL SERÍA A PINTADA MÁIS
empregada polos nacionalistas?
Falamos de antes da democracia, poñamos antes de 1978. Eu creo que algunha destas dúas, que encheron as paredes do país:
GALICIA CEIBE, PODER POPULAR; e
AMNISTÍA PATRIOTAS GALEGOS.
Sen contar as espirais coa sigla UPG. Tamén se usaron ás veces frases de Castelao. Lembran aquela: NÓS TEMOS FE NO NOSO POBO E MÁIS LOGO O NOSO POBO TERÁ FE EN NÓS (de memoria, non literal)

Anónimo dijo...

A última pintada que fixen puña:
"Alisa, con hueso o sin hueso, sa, sa, sa".

Anónimo dijo...

Outra:"Dios ha muerto,Nietsche ha muerto.Y yo no me encuentro nada bien."

Anónimo dijo...

Cando cheguei a Compostela no 77 [Franco del Carro enchía as fachadas dos edificios do Ensanche de sentencias apocalípticas], vin unha pintada na Facultade de Farmacia que non esquecín: "Si los hijos de puta volaran, Fuerza Nueva tendría unhas fuerzas aéreas de la hostia".

Xaime dijo...

Lémbrome da pintada e de quen a fixo e eo motivo foi por que lle sacudiran a un alumno de Dereito uns fachas de Farmacia.

Anónimo dijo...

As millores "pintadas" nas paredes eran as películas pornográficas en super-8 que proiectara o C****** na medianera frente ó seu piso.Menudo escándalo montóu.

Anónimo dijo...

Había un famoso doctor en Compostela,chamado Xocas,moi apreciado por todo o mundo e que falaba un galego estupendo.O que ninguén sabía é que pola noite,merced a un bebedizo da súa invención,se trasformaba nun horrible mostro chamado "Mr.Juán",que falaba un castelán de señoritos.Pasóu tempo hasta que Xocas decidíu que debía rematar con aquelo.Foi ver a un famoso amigo psiquiatra que lle deu un tratamento excepcional.Unha das cousas que lle ordeóu foi escribir unha pintada baixo hipnose.A súa mesaxe tería efectos terapéuticos por "imperativo post-hipnótico".A pintada rezaba: "Eu nunca seréi Yo".

Anónimo dijo...

A mellor pintada, efectivamente.

Eu tamén coñecín a Mr Juan. Falaba galego con todo o mundo: na consulta, na cátedra, no Derby... Só se permitía falar o español en público o Día das Letras Galegas. Tamén o falaba, mais desta volta en privado, cando, en scherzo ou postura inusual, chegaba ao orgasmo coas súas amantes. Daquela, pero só daquela, profería palabras non dignas dun cabaleiro galego "bo e xeneroso" como "Me estoy corriendo, cieliño" ou "Viva España y la madre que me parió".
Estas cousas ocorrían, efectivamente, despois de tomar a pócima. Entón deixaba de ser un señorito fino galeguista e tranformábase nun señorito fino compostelán. Xa non empregaba a louza de Sargadelos coas visitas, senón que lles ofercía a de Sèvres. As tazas convertíanse en pocillos e o "Muchacha, faga o favor de traernos as pastas" en "Muchacha, haga el favor de traernos las pastas".
Quen o coñecía e lle quería ben perdoáballe estes costumes bárbaros. A pócima, qué dúbida cabe, tiraba del o aspecto máis sinistro e canallesco do persoeiro. Era neses momentos cando profería expresións inxuirosas contra os devanceiros galeguistas e, invocando ao diaño, desexaba mil anos máis de réxime franquista pois "los españoles aún no estamos preparados para la democracia".

Unha historia ben triste, desde logo, a de don Juán.

Anónimo dijo...

Esta moito me gusta :"O Bierzo galego".