9 nov 2007

Do párroco de Tebra e as parellas de feito

Helena Villar, "Unha parella de feito" (ECG 9 nov.)

14 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non entendo moi ben o caso. Ese dicir non dicir propio destas circunstancias impídeme coñecer o alcance real da relación. E a mín como non mo expliquen á laica, digamos, sonlle lego nestes mesteres. Pido, pois, aclaracións.

Xaime dijo...

Habería que desplazar unha comisión rogatoria a Tebra, para preguntar os veciños que son os únicos, entendo eu, poderían darnos respostas.
Propoño que o Presidente da Comisión sexa Xohan da Coba e oficie de secretario o noso anfitrión, Marcos Valcárcel e se sinale como hora do plenario na Torre de Tebra, monumento nacional, a saída da misa dominical da parroqia de Bouzafría, de Santa María de Tebra.
Nos lugares de costume colgárase o edicto, que expresamente dirá que a colabouración dos veciños é obrigatoria e nin siquer por enfermidade poden excusarse.

Anónimo dijo...

Non séi por qué se molesta o obispo có tema,si prá igrexa non teñen valor ,son nulos,eses documentos civís.
Eu son pre-sidente do que vostede me diga ,Xaime (é sinxelo: só hai que sentarse-dediante)
Non só a enfermedade non será disculpa.Hasta os mortos están obrigados a esa votación,coma non podía ser menos nesta nosa galiza profunda.

Anónimo dijo...

O que hai que ir pensando, e xa, é en argallar unha Igrexa Galega Universal, como fixeron os Anglicanos, con bispos galegos (podemos mandar a Barrio para Castrillo de Polvazares ou un lugar así) e con crenzas propias. Todos, eso si, dependentes do Presidente da Xunta, o noso Papa relixioso e político.
Cardenais: Quintana (o eterno sucesor a Papa, o noso Matzinger), Pachi (o bispo ecoloxista), Suárez Canal (polo dos contactos con OPUS), Bugallo (a bispa pelengrina), Caride (a bispa das boas obras), etc.
Poden vostedes ir redactando os Mandamentos, pero eu xa avanzo un: comer carne de porco non só non está permitido, senón que é moi recomendable. E esiximos facer as obleas con pan de Cea...

Anónimo dijo...

Ich wolte "non só está permitido..." sagen. Entschuldigung sie, bitte.

Anónimo dijo...

SUárez Canal é do Opus?

Anónimo dijo...

Un irmán de seu éo, disque.

Anónimo dijo...

Corroboro o dato.

E é que non hai nada mellor que ter bos contactos!

Anónimo dijo...

Parece que non gusta moito que o novo bispo de Lugo sexa asturiano. Mira ti.

bastián gomez trabadelo dijo...

O embaixador no Vaticano, D. Francisco Vázquez, tentou por tódolos medios que o próximo bispo de Lugo fóra frei Clemente López Orozco

Anónimo dijo...

Cumpre todos os requisitos para facer un bo bispo: pachorra, o xesto pousón e a voce oleaxinosa.
Véxoo talmente encasullado, falando o castelanciño (como bo bispo de Lugo) e rillando nos picatostes acompañados da xícara de chiculate Carmiña.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pra bos bispos, por porte e por todo, sobran candidatos neste país: pero hai poucas sedes vacantes. Unha vez fixemos unha lectura dramatizada no Liceo de ILUSTRÍSIMA de Casares: fixo o papel Xoán Fonseca, que lle viña como anel ó dedo. Cando fagan a película de Ilustrísima, que tocará, a quen ven vostedes como o bo bispo liberal ourensán? Un político? Un escritor? Un científico?

Anónimo dijo...

"Bispo" e "liberal", sobre todo no Ourense de entre séculos, son termos que non se atraen precisamente. Que llo digan a Curros!
A ficción todo o ennobrece. Casares, nese sentido, era "buenista".

Marcos Valcárcel López dijo...

CARLOS CASARES conta no seu delicioso "Un país de palabras" como naceu Ilustrísima e canto lle debe ó seu ambiente familiar, rodeado de cregos. O Bispo Cesáreo, curiosamente, que perseguiu a Curros e que ten praza ó carón do Alameda e do actual Pazo do Bispado, din que non foi tan mal bispo, os que entenden desas cousas. Como non foi mal Papa León XIII que iniciou a política social da Igrexa e ó que Curros lle arreou canto quixo en O Divino Sainete: ALONSO MONTERO ten dito e escrito, con retórica irónica, que quizais Curros lle preparou o camiño da Rerum Novarum a ese Papa.