9 nov 2007


Edoy
Leliadoura

Pan por Pan xoves 9 novembro

Aló por 1985, cando nacía a TVG e a Escola de Gaitas da Deputación, Olegario Sotelo Blanco puña en marcha, dende a súa editorial en Compostela, unha ambiciosa e fermosa colección de poesía: Leliadoura. Por ela pasaron durante 12 anos moitos nomes da lírica do noso tempo: Manuel Rivas, FernánVello, Ramiro Fonte, Pilar Pallarés, Rodríguez Fer, e ourensáns como Cesáreo Sánchez e Manuel Guede, entre outros. Damos conta da reaparición da colección, agora como Edoy Leliadoura e dirixida polo especialista Xesús González Gómez, nestes mesmos días. Xa están na rúa seis novos poemarios: “Memoria de Abad”, de Rafa Villar; “Onde o ollar comeza a doer”, de Antón Dobao; “Os poemas de como se rompe todo”, de Daniel Salgado; “Bingo”, de Pilar Beiro; “Sextinario: 36+3”, de Marica Campo, e “Derrotas con raíces”, do amigo fisterrán Modesto Fraga.

61 comentarios:

Anónimo dijo...

Seguin con atención esa colección, pero fai moito tempo que non merco poesía, podería colgar Marcos, algún poema destes últimos títulos?, non me viría mal unha revelación.
Nun asunto parecido, observo como lles vai a beleza nórdica de Scarlet, nicole... non podería colgar unha imaxe dunha beleza MEDITERRANEA, morena, por aquelo da diferencia e porme adicada unha imaxe de Monica Bellucci.?

Anónimo dijo...

Se por algo se caracteriza este blog e a gran maioría dos seus frecuentadores é por facer do eclecticismo unha relixión, Jimmy.

Daquela, o amigo Marcos e os demais temos celebrado tanto a "beleza [e a intelixencia interpretativa] nórdica" como a "beleza [e a intelixencia interpretativa] mediterránea". Se varias veces estiveron por aquí Scarlett e Nicole, case outras tantas ten estado Monica Bellucci.

Ora ben, eu tamén apoio incondicionalmente a súa petición, xaora.

Anónimo dijo...

Poesía pra un fin de semana de magostos? Non é mala idea.Uns,comendo castañas,viño e chourizos.E outro,subido nun penedo próximo léndolles poesía,coma nos monasterios.Haberá que seleccionar os poemas:que falen das castañas e chourizos.

"A castaña quere no Agosto arder e no Setembro beber",decía meu abó.Este ano viñéronlle os meses algo ó revés.Non sei se haberá moitas...

"Alto me vexo,no meu capalexo...".Esperen,que miro en Google...
Eiquí hai cantigas das castañas

Anónimo dijo...

Moito me parece que debe ser sextinario e non xestinario, agás que sexa de coña e trate das xestas...

Anónimo dijo...

Falando de belezas, atención, enquisa de ECO-CONSULTING para Asuvasdasolaina:

As rapazas galegas máis bonitas son as de... [mociños, escollan unha cidade ou pueblo]

Os rapaces galegos máis vistosos son os de... (mociñas, escollan cidade ou pueblo

Se hai un empate técnico, que decida o xefe do blog.

Anónimo dijo...

Eís o meu voto:

Os rapaces galegos máis vistosos son os que están emigrados en Barcelona :-)

Anónimo dijo...

Ni hablar. Ademáis, Barcelona está nos países estranxeiros. Non escoitaron o de Paisos Cataláns?

A ver o meu voto vai para... vaia, xa se me esquceu o que ía dicir... ben cando me acorde xa volveire por aquí.

Anónimo dijo...

Saíronlle admiradoras... ou admiradores, Swann. Non se queixe.

Anónimo dijo...

E eso que aínda non me viron o fuciño Como dicía o outro, "direiche".

Pero vote, vote, sr apicultore. Queremos saber se, neste tema, vostede tira para o norte ou o sur... (non tire para moito prao leste que iso xa é a España)

Anónimo dijo...

Hainas guapas e guapos en calquera sitio: non hai lugares mellores ca outros, agás, por suposto, as/os das veigas fértis do Bierzo.
Para que imos a andar con "boberías" e falsos fairplays.

Anónimo dijo...

Asi se fala Arume!

Marcos Valcárcel López dijo...

SOBRE A BELEZA E OS SEUS CRITERIOS "OBXECTIVOS": nova de hoxe mesmo en El Mundo (adiviñen quen ilustra o tema: si, Scarlett Johanson. Pero podería ser Nicole Kidman ou Mónica Bellucci. Ou tantas máis):
TRAS REALIZAR UNA ENCUESTA CON CIENTOS DE PARTICIPANTES
Psicólogos británicos afirman que sonreír y mirar a los ojos son las claves de la seducción
Esta preferencia apenas varía si el rostro es hermoso o feo, si está alegre o enfadado

La actriz Scarlett Johansson, mirando fijamente y sonriendo a la cámara. (Foto: AP)
Actualizado viernes 09/11/2007 17:37 (CET)
EDUARDO SUÁREZ
LONDRES.- Ni trapos ni potingues ni perfumes caros. Sonreír y mirar a los ojos son la receta infalible en el cortejo amoroso. Lo dice un ambicioso estudio de psicólogos dirigido a determinar qué es lo que hace que nos guste más un rostro que otro y hasta qué punto eso influye en nuestras preferencias sexuales.

Y parece que influye. Las conclusiones del estudio –llevado a cabo por científicos de las universidades escocesas de Stirling y Aberdeen– reflejan que es más probable que una persona nos parezca atractiva si sonríe y si nos mira a los ojos. No importa que sea más o menos agraciada. Estos dos factores se llevan la palma de la seducción.

El método del estudio es de una sencillez diáfana. Presentaba inicialmente a cientos de encuestados las imágenes de dos caras idénticas cuya única diferencia estribaba en la mirada. Una de ellas fija los ojos en la cámara; la otra, no. Las preferencias del público se decantaban claramente por la primera imagen.

Esto, que a primera vista puede parecer lógico, se volvía algo más sorprendente en el segundo hallazgo: si se pregunta cuál de los dos rostros es sexualmente más atractivo, la proporción de quienes eligen el primero se dispara. Es decir, cuando uno mira fijamente a los ojos de una persona está tocando consciente o inconscientemente una tecla de la atracción sexual.

Según el estudio, esta atracción visual es mayor entre personas de distinto sexo y son los hombres –y no las mujeres– quienes son más conscientes de ella. Lo que demuestran los científicos escoceses es que en general sentimos preferencia por una persona que nos mire a los ojos, y que esta preferencia apenas varía si el rostro es hermoso o feo, si está alegre o enfadado.

En este sentido, otra de las conclusiones del estudio es precisamente que las caras sonrientes nos atraen sexualmente más que las enojadas. «Las personas prefieren caras que le transmitan la impresión de que son importantes», afirmaba ayer Claire Conway, una de las autoras del estudio.

El propio documento añade: «El ritual del cortejo sexual es un recurso escaso que debería ser utilizado juiciosamente, y las preferencias por quienes miran a los ojos incrementan la probabilidad de dirigir ese recurso escaso hacia objetivos potenciales que es más probable que nos correspondan». En cristiano, que la sonrisa es un letrero luminoso que guía a los seres humanos en el azaroso camino hacia la conquista.

«Desde luego, la sonrisa es una señal muy clara que te dice si una persona está interesada en ti o cree que está malgastando su tiempo al hablar contigo», asegura Ruth Mace, de la Universidad de Londres, que «pero el estudio indica también el grado de atractivo que uno encuentra en una persona depende en parte de hasta qué punto uno crea que va a tener éxito con ella».

Por debajo de la hojarasca más llamativa hay un objetivo en el estudio científicamente más importante: determinar si nuestras preferencias faciales son fruto o no de la evolución. Según los científicos escoceses, el atractivo sexual de un rostro de mirada fija y sonriente es muy difícil de justificar sin recurrir a Darwin. En ese caso, la sonrisa tendría una función psicosocial muy útil: ayudar a los seres humanos a escoger objetivos «factibles» para sus conquistas.

Anónimo dijo...

Non sabía eu que o arume fose un idioma. Agradecería máis datos sobre o mesmo.

Anónimo dijo...

Acabáramos...

Anónimo dijo...

O sorriso é un dogma no Marketing pero lamentabelmente remata en moca, en hipocrisia social. Detectado o fraude percurase a beleza na autenticidade, que non necesariamente sorrí, pero cando expontaneamente aparece irradia o explendor de poder ser feliz, e quen non se enamora do amor?

Anónimo dijo...

Os científicos das universidades de estirrrlín e aberrrdín merecen un Nobel. Pero non sei cal.

Anónimo dijo...

Cheou a Autenticidade, sorriu displicentemente e dixo: -Aí vos quedades compostos e sen noiva!

Anónimo dijo...

Non sabía eu que houbese varios premios Nobel. Agradecería máis información.

Anónimo dijo...

Adicarse á enolingüística (sen t: ou sexa amorrar a lingua ao morapio) é o que ten: perde un a concentración.

Anónimo dijo...

Tamos gallo(u)feiros. Ta visto que tamos en víspora de sábado e antevíspora pecadora do dominko.

Anónimo dijo...

Quédame por saber se o arume é unha lingua, tal como se desprende dunha intervención do señor de Rairo. Agradecería datos para a nova edición do Atlas Lingúístico Mundial.

Anónimo dijo...

Informo ao Etnolingüísta que si que hai varios premios Nobel. De Medicina, de Literatura, da Paz, de Economía, etcétera.

Marcos Valcárcel López dijo...

Non me esquezo do mandado de Jimmy de Rairo. Mañá haberá no blog imaxe de Mónica Bellucci. De feito, usarei ese comentario que peguei para a glosa do meu Pan por Pan. Pero no xornal vai outra beleza contemporánea, un algo enigmática: do cine estadounidense e un pouco violenta nas súas últimas películas.

Anónimo dijo...

Verbo de se o arume é unha lingua, non teño datos sobre o particular. Será mellor que llo pregunte directamente a Jimmy, pois se el o dixo seguro que debe existir.

Anónimo dijo...

Summa ironía, moi boa a intervención, Apicultor, pero non esqueza que a ironía debe estar ao servizo do mais alto ideal. Se non se regala o sorriso, terá que ser por algo?

Anónimo dijo...

Non nos teña nun vilo até mañá, Valcárcel. Por favor, fale, fale, díganos quen será.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois é unha actriz que a min me gusta físicamente, non como intérprete, e non sei moi ben por qué. Ollos grandes. Loira. E xa dei moitas pistas.

Anónimo dijo...

Os arumes son sinais, é factibel unha sintaxe de sinais, pero non é posibel a segunda articulación, polo que son limitadas as posibilidades de operatividade mental.

Anónimo dijo...

Uma Thurman.

Anónimo dijo...

Non lle sei ben, Jimmy, teño pouco trato coa Autenticidade e non me atrevo a preguntarlle, non vaia ser que me mire mal e logo teña que andar cariacontecido polo mundo adiante.

Anónimo dijo...

Moitas pistas?

Aínda que ao mellor Arume -aínda tendo limitadas as posibilidades de operatividade mental: Jimmy dixit, eh- acertou plenamente, contradecindo empiricamente a noción teórica de Jimmy.

Marcos Valcárcel López dijo...

Acertou de cheo Arume, moi rápido sacando o revólver. Aínda hai pouco vin unha desas de Kill Bill ou como sexa, que non me gustan, pero só por seguir a Uma Thurman: non debe haber dous segundos na película en que non estea cortando unha cabeza, un brazo ou algo así. O das belezas é moi subxectivo, por suposto. Outra actriz que me chama a atención, cun físico moi marcado e rasgado, e non sei se é guapa, é Kristin Scott Thomas (O paciente inglés, O home que marmuraba ós cabalos, etc.).

Anónimo dijo...

E non podemos falar dos "bellezos"?
Tamén os hai e moitos.

Marcos Valcárcel López dijo...

Aí as miñas competencias xa son menores. Abran vostedes lume, por se acaso. Ou as visitantes femininas da casa, que tamén as hai.

Anónimo dijo...

Uma Thurman está á altura de Scarlett, con perdón para o mito deste blog. Nunha chorrada de película que vin hai pouco con Meryl Streep, titulada Secretos compartidos, está insuperable. Non sei de que ía a peli (unha siquiatra que ten de paciente á noiva do fillo ou algo así): terán que perdoar.

Anónimo dijo...

Sen dúbida o bellezo máis impresionante para mín é Brad Pitt, con diferencia. Despois tal vez o amigo Clooney, cun certo parecido con quen esto escribe, pero moito máis vello, claro está.

Anónimo dijo...

Arume non é unha lingua: é un acha!

Anónimo dijo...

... Ademais de gran humorista, claro está.

(Non sei se se pilla a conto de que ven esta afirmación...)

Marcos Valcárcel López dijo...

Vin a última película que cita Arume, botárona pola tele hai pouco e era bastante infumable, dende logo: pasoume o mesmo que conta Arume.
E de "bellezos" asegúrolles que entre a mocidade feminina (teño boas fontes de información) un dos que arrasa é JOHNNY DEEP (por se alguén se lle parece tamén...)

Anónimo dijo...

Disinto de Arume: Scarlett é moito máis baixiña ca Uma, xaora.

Anónimo dijo...

Un catalán que se apelida Moyá que traballaba en "La buena estrella", non lembro o nome, non lles ten nada que envexar a eses.

Anónimo dijo...

Jordi Mollà, coido que se chamaba o gicho. Tamén fixo de sudaca nunha película ianqui.

(Tamén pode ser que me confunda cun tenista ou así...)

Anónimo dijo...

Apicultore, como caragholas fai para poñer texto en cursiva? Eu fixen un máster cum aproveitamento de linguaxe blogger para escribir ben, pero aínda non dei co botonciño axeitado. É por se isto que escribimos pasa á posteridade...
Ante a disxunctiva, Scarlet Johansson. Pero vamos, como de aquí a Lima.
En canto aos varóns, pois as señoras dirán. Agora parece que se levan os bellezos anenados, tipo Brad Piss ou o Toma Crus. Madia a leva que arume queira imitarlle ao Jeorje Cluny. Creo que esperta nas mozas o amor polas canas e os fulanos vestidos polo Emilio Tucci.

Anónimo dijo...

Falando agora en serio, teño moitas gañas de ler as sextinas de Marica Campo, extraordinaria poeta e notabilísima narradora.

Velaí un adianto que acabo de atopar na rede:

Sextinario

Anónimo dijo...

(Terá que tomar aínda máis apontamentos, predilecto e dilecto alumno Swann)

Anónimo dijo...

Será que vostede ten moito lazer pra argallar neste fedello. Por certo, alumno si, pero non de vostede, meu señoriño.

Anónimo dijo...

Pois non. Ensinoumo onte o amigo Juan Luis nun máster acelerado de five minutos. Eu aproveito moito o tempo, rapasiño.

Anónimo dijo...

Pois eu aprendin soíño, neniño

Anónimo dijo...

Os autodidactas é o que teñen, que todo o fan eles sozinhos.

Anónimo dijo...

Uma Thurman ponme, directamente, dende que a vin por primeira vez en "Amistades peligrosas", corrompida por John Malkovitch. En "Kill Bill" está fantástica. Eu creo que ademais de ter un sex-appeal moi especial, tamén é moi boa actriz.
¿Non di ninguén nada de Jessica Alba e da súa estarrecedora aparición en "Sin City"?
Tamén me fai sufrir Eva Longoria, a calculadora e, non entanto, fogosa e algo "salida" señora Solís de "Mujeres desesperadas".
En canto aos tíos, creo que hoxe por hoxe o rei é Johnny Depp, sen dúbida. Excelente actor ("Peter Pan") e capaz de construír un papel como o do Capitán Jack Sparrow, pirata cínico, covarde, miserable, trampulleiro da peor catadura e, porén, entrañable e megasexy.
O segundo lugar manteno, con inmensa dignidade e ata a súa xa próxima xubilación do mundo da beleza, George Clooney.

Anónimo dijo...

O Clooney disque se parece ao conselleiro de industria. Vostedes que opinan? Este é menos guapo evidentemente.

Anónimo dijo...

Tamén ten o seu o Viggo Mortensen, sobre todo en Promesas do Leste. O Pitt de Jesse James non está esplendoroso, pero o de Troia, mamma mía.
En tías (para que imos disimular), unha Ludivine Sagnier en Swimming Pool, a Marta Etura de Azuloscurocasinegro, ou a Julianne Moore de Far frome Heaven, de distinta natureza, ben valen unha visita ao cinema.
Por suposto, calquera coincidencia con conselleiros e conselleiras é pura utopía.

Anónimo dijo...

Señor etnolinguista, Nunca afirmei que os arumes fosen unha linguaxe.
uló?

Anónimo dijo...

E os apicultores, pois xa se sabe o que lle fan ás abellas.

Anónimo dijo...

Señor de Rairo, vostede na data sinalada na súa intervención (vie nov 09, 05:10:00 PM) dixo textualmente:

. Asi se fala Arume!

Polo que quedaba claro que interpelaba ao anterior participante admirándose do seu dominio da lingua Arume. Coa mesma construción gramatical, vexamos o exemplo con outras linguas:

. Así se fala Ruso!
. Así se fala Cantonés!
. Así se fala Portugués!

Non pode ser correcta a interpretación de que, se cadra, se estaría dirixindo ao participante (chamado Arume dos Piñeiros, polo que tampouco sería raro que falase "Arume") como apoio ao que este estaba dicindo. Porque neste caso tería que afirmar:

. Así se fala, Arume!

Se o participante tivese por nome Ruso, Cantonés ou Portugués, tería que dicir igualmente:

. Así se fala, Ruso!
. Así se fala, Cantonés!
. Así se fala, Portugués!

Polo tanto, a conclusión lóxica é que o Arume non pode ser outra cousa máis ca unha lingua viva, que se aínda se fala nalgún lugar do mundo. E como descoñezo a súa existencia, rogaría información sobre a mesma para incluila na nova edición do Atlas Lingúístico Mundial. Moitas grazas pola súa colaboración.

Anónimo dijo...

... que aínda se fala nalgún...

Anónimo dijo...

A propósito, chámome Etnolingüísta e non "etnolinguista".

Anónimo dijo...

Jraciñas por bir ilusttrarnos,Etnolingüística.Se non fora por xente tan listíssima coma bostede qué sería de nós.

Anónimo dijo...

Señor etnolinguista, fixase vostede únicamente na secuencia lóxica da frase, non na intencional. A frase, é un acto de fala non unha preposición.
Pero se a analisa así, direille que o arume falase entre as "flores del sil" que polinizan as abellas de Ponferrada, e que dan unha mel extraordinaria, que o apicultor recolle para suavizar as gorxas dos mellores profesores. Por eso cando se escoita unha conferencia maxistral, dise que hai Arume.

Anónimo dijo...

Arume non é certamente un idioma, é a reminiscencia dun código con propiedades anamnéticas. Hai estudosos do arume en conexión moi directa coas escólas cabalísticas.
Na Cábala o mel está moi relacionado co coñecimento. Úntaselle a esquina superior dereita das páxinas do libro, aos rapaces, para que ao pasar a páxina lle quede impregnado o dedo, que logo levan a boca, edunzando a lectura. A labora dos Apicultores estivo sempre relacionada, por eso , co coñecimento.

Anónimo dijo...

Boa idea,a do mel nas follas.Se o soupera Umberto Eco no seu momento ,o "Nome da rosa" tería outro final...

Non sei se saben que algús traballadores de fotocopiadoras téñense intoxicado có tóner a forza de mollar o dedo pra contar milleiros de copias.