9 nov 2007
















Traballo para grafólogos (2): algúns exemplos máis
Algúns exemplos máis de dedicatorias. As de Rosa Regás (Luna Lunera) e Manuel Vicent (Cuerpos sucesivos), cando presentaron estas novelas no Liceo ourensán. A de Filgueira Valverde, no seu VI-Adral, 1990, o certo é que xa non son capaz hoxe de descifrala. A de Manuel Guede Oliva, datada en Serenou (o seu Ourense literario), é da novela Vísperas de Claudia, finalista do Premio Xerais 1987 e a magnífica capa da portada que tamén reproduzo é de Xosé Díaz.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

POESÍAS E DEDICATORIAS. O xoves, na uvigo, estivo Yolanda Castaño para falar da súa poesía: seica a aula estaba ata os topes. Eu podo asegurar que tivo que sentar nunha mesa do vestíbulo principal a asinar libros e autógrafos. Un éxito total. E, aínda que non a coñezo persoalmente de nada, alégrome de que así sexa. Non vai asinar sempre Messi.

Anónimo dijo...

Por certo, moi boa era esa novela de Manuel Guede Oliva. Oxalá que volva de novo á narrativa.

Marcos Valcárcel López dijo...

Corroboro a apreciación de Apicultor sobre VÍSPERAS, novela da que o seu autor xa nos dera moitas pistas antes da súa saída: andaba a ler daquela o Anecdotario de la Falange orensana, de Meleiro. Por se a alguén lle interesa, por aquelas datas estreábase King Kong na cidade. E outra novela que batía éxitos: Sin novedad en el frente, a pacifista novela de Erich María Remarque, levada ó cine en 1930 por L. Milestone.

Marcos Valcárcel López dijo...

Lembro agora que cando colleran a varios militantes dun núcleo dun grupo armado independentista que andaba medio escondido pola Ribeira Sacra, durmindo en covas e cousas así, encontraron entre as súas lecturas esta novela de Guede. Non sei se daquela era el xa director do CDG, creo que non, debeu ser a finais dos 80.

Anónimo dijo...

Teño pendente a lectura de "Ocaso Otero", a obra teatral de Guede sobre a Bella. Levou hai dous anos o premio "Álvaro Cunqueiro", con anécdota incluída.
Hai tempo que non vexo a Guede, pero polo que me contan creo que está literariamente bastante activo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Está, está activo, o Manolo Guede. Vén de saír o Catálogo da XXV edición do Outono Fotográfico e trae un relato de MG, "Aspectos da realidade", dedicado a Luís Mariño e inspirado nun coñecido fotógrafo galego. (No Catálogo hai tamén un texto meu, quizais o colgue aquí...)

Anónimo dijo...

O de Yolanda Castaño non me estraña. Fíxose moi popular co programa que presenta na TVG. É, ademais, unha poeta moi interesante e unha muller moi atractiva. Reúne todas as características necesarias para que a xente sen moitos prexuízos lle pida autógrafos e para que os do "mundillo" a envexen e a denigren. Eu tamén son envexoso, pero no caso de Yolanda Castaño alégrame que lle vaia ben.

Anónimo dijo...

Efectivamente,Marcos a fináis dos oitenta.A Chus Pato andaba nervosa,por que decía que algún era amigo dela.O Arias Curto tiróuse despóis por unha fiestra da comisaría e partíu un brazo.

Anónimo dijo...

Pois a ver se Guede le isto e me manda un exemplar dese catálogo. A última vez que falei con el chamoume para ver se era eu capaz de clarexarlle un dato que necesitaba sobre ese fotógrafo. Se le isto, xa saberá quen son e igual me fai chegar ese catálogo, ou cando menos o seu texto, que me gustaría moito ler.

Marcos Valcárcel López dijo...

O cat�logo pode pedirllo � amigo BENITO LOSADA (traballo: 988 22 85 00), que seguro que llo far� chegar.

Marcos Valcárcel López dijo...

Por certo, creo que fun eu mesmo quen lle recomendei a Guede que acudise á súa sabia memoria, pois vostede tiña a ponte exacta para descifrar o misterio detrás do que andaba. Unha ponte que ten que ver co café Mexicana de Ourense, un fotógrafo e un escritor.

Anónimo dijo...

Lin o relato de Guede que sinala Valcárcel. Non me gustou gran cousa, se hei de ser sincero.