20 nov 2007

O principio sexto de Goebbels e a legal negación (Afonso Vázquez Monxardín en GH, 20 novembro)

Seguramente coñecen o nome de Joseph Goebbels e o de August Friedrich Kellner non lles di nada. E son dous alemáns para lembrar. O primeiro, sábeno, é un preparadísimo dirixente nazi, sensible coas artes, creador da manipulación política moderna e un abominable monstro que non dubidou en matar os seus seis fillos antes de se suicidar na caída de Berlín. O segundo, Kellner, un modesto inspector de xustiza, socialdemócrata, escribiu durante a segunda guerra mundial un diario titulado A miña oposición desde a consciencia de que a súa loita interna na Alemaña daqueles momentos era imposible. A propósito escribiu: "Non podería combater os nazis hoxe porque teñen o poder de calar a miña voz, por iso, decidín loitar contra eles no futuro. Dareilles ás xeracións vindeiras unha arma contra o rexurdir de tal demo: a miña testemuña dará fe dos actos bárbaros e amosará como paralos". E escribiu un diario de 800 páxinas que paseou medio mundo.
Pero hoxe imos lembrar o sexto dos dez mandamentos da teoría da propaganda elaborados polo sabio e criminal comunicólogo alemán (o principio da orquestración) aquel que en síntese di que unha mentira repetida continuamente pasa por verdade. Precisamente porque é así, nos países avanzados de occidente é delito a negación do holocausto xudeu. Porque o pobo hebreo xa padeceu varias veces na historia a infamia da mentira: desde as acusacións de asasinatos rituais de nenos na España medieval, aos protocolos de Sión, difundidos por verdade, aínda hoxe, nos medios islamitas, a dicir, que non houbo xudeus nas Torres Xemelgas. Contra a mentira criminal, é bo lexislar para impedir sequera a posibilidade de que a unión orquestrada de moitos medios poderosos puidese chegar a relativizar, arrecunchar, ocultar e acabar negando a verdade.
Por iso, a decisión do Constitucional Español amparando na liberdade de expresión o dereito dos neonazis españois de Cedade á negación do holocausto énchenos de tanta vergoña como a Ahmadineyad de satisfacción. Non me estrañaría que quixese subvencionar un próximo congreso de negación neste Madrid, capital dunha ridícula tolerancia. Mentres o bo de August Friedrich Kellner se ha de revolver na súa tumba alemá baixo a ollada triste de millóns de xudeus que chegaron ao ceo, directamente, desde as chemineas do inferno.

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois a min paréceme fatal o Holocausto e ben a decisión do Constitucional.

Anónimo dijo...

Eu estóu dacordo con vostede,jim morrison.Por moito que foda.
Tamén me foden os que teiman con que a Terra é plana ou que os homes vimos de Adán,ou que os americanos non chegaron á Lúa.E ós testigos de Xehová que dín que o númeoro "pi" vale "3" e non "3.141592...".E hai que agoantalos...

Nota:Os Xehovás dín que pi vale "3" porque a Biblia dí que as columnas do Templo de Salomón eran tan perfeitas que o seu perímetro era 3 veces exactas o diámetro.Agora mesmo non lembro libro,capítulo e versículo-

Anónimo dijo...

Así é, amigo Xohan. Como se expón na carta dos historiadores franceses aquí reproducida, pretender lexislar sobre a historia é perigoso. Val que os feitos sexan recordados e que se constitúan “lugares de memoria” corpóreos (monumentos) ou incorpóreos (constitucións) para ter presente aquilo do pasado que non se debe repetir. Val incluso que algúns países, como Alemania, constrúan a súa identidade na resaca de orxías de arrepentimento a todas luces excesivas e tal vez indicativas de que o reprimido acaba sempre por retornar. Pero impoñer a verdade por decreto (por decreto-“lei”) é abandoala ás correlacións de forzas existentes en cada momento: hoxe tócalle á Shoa e mañán tocaralle a un holocausto de signo inverso. E se chegara unha teocracia dos "testigos" (que Xehova nos libre), tocaríalle ao número "pi".

Anónimo dijo...

É todo moi complicado. En puridade, nada por suposto, que opór ao manifesto dos historiadores franceses nin a esa manía de lexislar ou manifestarse sobre o pasado histórico en clave política actual... Como querer que o Concello de Vigo, por exemplo, se manifeste contra o golpe militar de 1936. Certo. Pero as circunstancias estas, nas que son un grupo de neonazis perigosos os que reivindican o seu dereito a defender a súa verdade vainos situar como vencedores nesta controversia... Como se a todo fose opinable. Como se a verdade se puidese cambiar... Pero para iso Goebbles falou. Se non a verdade, si a imaxe da verdade que é o que nós vemos.
Non me gustan as prohibicións, non me gustan as lexislacións sobre o pasado... pero aínda así, non quero quedar como refuxio dos que negan.

Anónimo dijo...

El Pleno del Tribunal Constitucional, en Sentencia de fecha siete de noviembre de dos mil siete, ha resuelto la cuestión de inconstitucionalidad planteada por la Sección Tercera de la Audiencia Provincial de Barcelona, respecto al artículo 607, párrafo segundo, del Código Penal. El Tribunal Constitucional, en su Sentencia, de la que ha sido Ponente el Magistrado don Eugeni Gay Montalvo, ha decidido estimar parcialmente la presente cuestión de inconstitucionalidad, y en consecuencia:

1º. Declarar inconstitucional y nula la inclusión de la expresión “nieguen o” en el primer inciso art. 607.2 del Código Penal.

2º. Declarar que no es inconstitucional el primer inciso del art. 607.2 del Código Penal que castiga la difusión de ideas o doctrinas tendentes a justificar un delito de genocidio, interpretado en los términos del fundamento jurídico 9 de esta Sentencia.

3º. Desestimar la cuestión de inconstitucionalidad en todo lo demás.

La Sentencia ha recibido los votos particulares formulados por los Magistrados, don Roberto García-Calvo y Montiel, don Jorge Rodríguez-Zapata Pérez, don Ramón Rodríguez Arribas y don Pascual Sala Sánchez.

Anónimo dijo...

Sentencia completa

Anónimo dijo...

Entresaco un párrafo significativo dos fundamentos xurídicos:
"En tal sentido, no estamos ante un supuesto de limitación de la libertad de expresión por parte del Código Penal, sino que éste interfiere en el ámbito propio de la delimitación misma del derecho constitucional. Más allá del riesgo, indeseable en el Estado democrático, de hacer del Derecho penal un factor de disuasión del ejercicio de la libertad de expresión, del que hemos advertido en otras ocasiones (SSTC 105/1990, FFJJ 4 y 8; 287/2000, de 11 de diciembre, FJ 4; STEDH, caso Castells, 23 de abril de 1992, § 46), a las normas penales les está vedado invadir el contenido constitucionalmente garantizado de los derechos fundamentales. La libertad de configuración del legislador penal encuentra su límite en el contenido esencial del derecho a la libertad de expresión, de tal modo que, por lo que ahora interesa, nuestro ordenamiento constitucional no permite la tipificación como delito de la mera transmisión de ideas, ni siquiera en los casos en que se trate de ideas execrables por resultar contrarias a la dignidad humana que constituye el fundamento de todos los derechos que recoge la Constitución y, por ende, de nuestro sistema político."

Anónimo dijo...

Como este debate se iniciou nun fío de máis abaixo e como se fai mención a el, tómome a liberdade de pegalo de novo aquí.



apicultor dijo...

A cousa é moito máis complexa do que nós pensamos, Etxe. En Europa ten habido grandes debates sobre todo este asunto entre respectables intelectuais libres de calquera connivencia co neonazismo e co negacionismo.

Hai moitas facianas a considerar, e non é doada unha posición equilibrada que, por unha banda, poña no seu lugar os negacionistas, e que, pola outra, respecte a liberdade de expresión e de investigación.

Difícil cuestión, sen dúbida.


Jimy de Rairo dijo...

A opinión non debe, democráticamente ser delicto. O delicto debe implicar a acción do delincuente, acción neste caso politica, é dicir constituirse nunha vontade de acción negacionista, nunha organización ou nun partido. A prohibición debe referirse a partidos nazis, non a emisión de opinións de intelectuais, expertos ou cidadáns respecto do holocausto. A democracia non pode prohibir pensar, ainda que eses pensamentos sexan antidemocráticos.


apicultor dijo...

En efecto, Jimmy, por aí van os tiros.


Xohan da Coba dijo...

Aparte de eso,penso que hai demasiado pouca tendencia a mudar de opinión.A deixar que novos coñecementos,que novos acontecementos,que novas vivencias fagan evoluir o que pensamos.Unha opinión é en realidade unha hipótese.Emitida pra darlle senso ó vivido,ó pensado.Pero qué pasa cando seguimos acumulando experiencia?.Moitos,distorsionan a percepción de novos feitos pra acomodalas ás vellas opiniós.É o máis cómodo.

Canto Stuart Mill falóu da "liberdade de opinión" no seu delicioso libro "sobre a liberdade",referíase a liberdade de EMITIR calquera opinión.Pero pra contrastala con outras nunha dialéctica sin fin có obxectivo de acadar conclusiós,sempre provisionáis,satisfactorias prá todos.Non como algo acabado,mineralizado,con todo o dereito a existir como tal e para sempre.


apicultor dijo...

Abundando no dito, cómpre subliñar o Manifesto Liberté pour l'histoire! asinado o 14 de decembro de 2005, no que dezanove grandes historiadores fanceses facían un chamamento demandando a abrogación dunha lei que se aprobara recentemente (23 de febreiro de 2005) que estipulaba que os programas escolares recoñecesen “le rôle positif” da presenza francesa alén-mar, especialmente en África do Norte.

Pero é que, ademais, tamén esixían a derogación das leis de 13 de xullo de 1990 (a célebre Lei Gayssot, que reprimía todo acto racista, antisemita ou xenófobo), a de 29 de xaneiro de 2001 (recoñecemento do xenocidio armenio de 1915) e a de 21 de maio de 2001 (Lei Taubira, que recoñecía a trata de escravos como crime contra a humanidade), por canto restrinxían a liberdade do historiador baixo a pena de sancións indignas nun réxime democrático.

As súas razóns eran, coido, ben contundentes:

Liberté pour l'histoire!

Emus par les interventions politiques de plus en plus fréquentes dans l’appréciation des événements du passé et par les procédures judiciaires touchant des historiens et des penseurs, nous tenons à rappeler les principes suivants :

• L’histoire n’est pas une religion. L’historien n’accepte aucun dogme, ne respecte aucun interdit, ne connaît pas de tabous. Il peut être dérangeant.

• L’histoire n’est pas la morale. L’historien n’a pas pour rôle d’exalter ou de condamner, il explique.

• L’histoire n’est pas l’esclave de l’actualité. L’historien ne plaque pas sur le passé des schémas idéologiques contemporains et n’introduit pas dans les événements d’autrefois la sensibilité d’aujourd’hui.

• L’histoire n’est pas la mémoire. L’historien, dans une démarche scientifique, recueille les souvenirs des hommes, les compare entre eux, les confronte aux documents, aux objets, aux traces, et établit les faits. L’histoire tient compte de la mémoire, elle ne s’y réduit pas.

• L’histoire n’est pas un objet juridique. Dans un Etat libre, il n’appartient ni au Parlement ni à l’autorité judiciaire de définir la vérité historique. La politique de l’Etat, même animée des meilleures intentions, n’est pas la politique de l’histoire.

C’est en violation de ces principes que des articles de lois successives ¬ notamment lois du 13 juillet 1990, du 29 janvier 2001, du 21 mai 2001, du 23 février 2005 ¬ ont restreint la liberté de l’historien, lui ont dit, sous peine de sanctions, ce qu’il doit chercher et ce qu’il doit trouver, lui ont prescrit des méthodes et posé des limites.

Nous demandons l’abrogation de ces dispositions législatives indignes d’un régime démocratique.

Jean-Pierre Azéma, Elisabeth Badinter, Jean-Jacques Becker, Françoise Chandernagor, Alain Decaux, Marc Ferro, Jacques Julliard, Jean Leclant, Pierre Milza, Pierre Nora, Mona Ozouf, Jean-Claude Perrot, Antoine Prost, René Rémond, Maurice Vaïsse, Jean-Pierre Vernant, Paul Veyne, Pierre Vidal-Naquet et Michel Winock.


Jim Morrison dijo...

Resérvense as rituais expiatorios para a vida privada e que o estado concentre os seus esforzos en protexer ao individuo doutros excesos. Non estaría mal que a iniciativa tomada polos franceses fose imitada en Alemania, coa penalización da negación do Holocausto. Anque tal e como son os alemáns de especialistas en orxías autopunitivas, vai ser un pouco difícil.


Xohan da Coba dijo...

Estupendo "pentálogo" o que proporciona no último comentario,Apicultor.Non sei se poñelo en letras bén grandes,engadir algunha ilustración pertinente e comercializalo como póster.Ás facultades de Historia mandaríalle ún gratis,pra que o puxeran na entrada,bén á vista.Ou mellor,ahí,tallado en pedra.Ou proiectalo cún potente raio láser na lúa en determinadas efemérides.


ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Sans doute, monsieur Des Caves.


Leituga 1 dijo...

Eu non estou de acordo na penalización do "negacionismo". E tampouco me parecen de recibo as propostas de Izquierda Unida no sentido de trasladar á lexislación española unha figura delictiva similar á alemana pero en relación co franquismo. E subscribo cada un dos puntos dese manifesto dos historiadores franceses posto aquí por Apicultor.

Anónimo dijo...

Aquí o asunto ten dous aspectos, ao meu ver, que poden ser confundidos ou mesturados, pero que se dan de forma autónoma: por un lado, a vertiente, digamos, filosófica (e perdón polo termo) ou de fondo; e, por outro, a vertiente xurídica, derivada da tradición reguladora que prima en cada constitución.
A española, polo que establece a sentencia, parece salvagardar a libertade de expresión, ao considerar que negar o xenocidio non implica a defensa do mesmo, que sí aparece castigada de forma nítida no ordenamento penal español. Iso quero entender eu da sentencia. Outra cousa, entendo, é o propio debate sobre a conveniencia ou non de que isa negación (en nome dunha clara identidade entre quen nega a existencia do xenocidio e a defensa dun crime, como é o caso) poda resultar claramente punible.

Anónimo dijo...

Esta última intervención de Arume sinala a clave da sentencia: non se penaliza a negación do Holocausto (que a pode facer tanto un nazi como un burro), pero si se castiga a apoloxía do mesmo.
Do mesmo modo que non se penaliza chamarlle "loita armada" ao que adoito denominamos "terrorismo", pero si está tipificada como delito a "apoloxía do terrorismo".
Moitas veces os xuristas teñen que fiar moi fino. E está ben que así sexa.

Anónimo dijo...

Non esquezamos que hai catro votos particulares, con argumentos de distinto tenor (dereito internacional, consideracións históricas, referencias ao "negacionismo" como movemento organizado...). Non debeu ser doado. Pero tamén dá a impresión de que, como sinala Leituga I, afinaron de carallo, con perdón.

Anónimo dijo...

Eu tamén penso que non todo é opinable,xa dixen alguha vez que as opiniós son coma os cús:todo o mundo tén ún.Pero certas opiniós descalifícanse solas.E prohibir emitilas é perigoso,xa sabemos por qué.

Prohibir certas opiniós pode tér sentido se as consecuencias do xeito de emitilas(ou o lugar ou outras coxunturas)pódia ser directamente perigoso prás persoas .Xa o dixo Stuart Mill: diante dunha multitude exaltada que pasa ante a casa dun comerciante de trigo,non se pode berrar "a culpa é dos comerciantes de trigo!!" porque eso trae como consecuencia inmediata que lle queimen a casa e que o maten.Pódense imaxinar situaciós similares posibilitadas hoxendía polos medios.Pero eso requeriría unha lexislación específica.Xa existe no dereito as declaraciós "con publicidade" que teñen outro tratamento diferente ás meras declaraciós "en privado".

Anónimo dijo...

Despois das precisas palabras de Arume e Leituga I sobre a Setencia do TC, pouco máis se pode engadir.

Anónimo dijo...

Sentencia, naturalmente.

Anónimo dijo...

A Asociación Galega de Amizade con Israel (Agai) critica a sentenza do TC que nega o delito de xenocidio…

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) queremos deixar pública constancia da nosa radical discrepancia coa recente sentenza do Tribunal Constitucional pola que vén de declarar inconstitucional o delito consistente na difusión de ideas ou doutrinas que NEGUEN UN DELITO DE XENOCIDIO.

Porque negar un xenocidio conleva, cando menos, un profundo desprezo pola dor das súas vítimas, e implica un ataque á dignidade de todas as persoas que conforman o grupo social perseguido, atacando así á base de calquera sociedade que se pretenda democrática.

E o Dereito como froito da sociedade da que xorde, non é neutral, establece sempre un sistema de valores, e coa súa punición delimita aquelas condutas que considera inaceptables. Neste sentido, ante o perigo actual que representa o racismo e a xenofobia, e aprendendo a tráxica lección que nos deixou o Holocausto nazi, a sociedade europea repudia a negación da súa existencia.

Eis a preocupación da Unión Europea para evitar que ningún Estado europeo se poida converter nun refuxio e centro de propaganda xenófoba que nos poidan levar a repetir novamente os terribles erros do século XX, lamentablemente coa recente sentenza, xa temos un erro, o noso.

Porque non é casual a presenza estes días entre nós do destacado negacionista e líder do KU KUS KLAN, David Duke, que ao abeiro da devandita sentenza pode percorrer con toda normalidade e tranquilidade España en actividades públicas nas que fai manifesta apoloxía do antisemitismo, da xenofobia e do odio racial. Lamentablemente en virtude da recente sentenza do TC a súa actividade é lícita.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) facemos un chamamento público á reflexión sobre este grave erro.

Anónimo dijo...

Eu persoalmente estou dacordo en que o negacionismo implica a apoloxía, vistos os precedentes e vista a traxectoria dos que o defenden, do xenocidio. Esa é a miña opinión persoal e a que manifestan varios membros do Tribunal Constitucional nos seus votos particulares de disensión.
Pero se o do KKK "fai manifesta apoloxía do antisemitismo, da xenofobia e do odio racial" será detido e levado a prisión porque eso segue a estar penado na nosa xurisdicción. A súa actividade non é legal e claro está tampouco lícita. Esto déixao meridianamente claro a sentencia: "no es inconstitucional el primer inciso del art. 607.2 del Código Penal que castiga la difusión de ideas o doctrinas tendentes a justificar un delito de genocidio".