O sorriso.
Pan por Pan sábado 10 novembro
(Nas ilustracións, Mónica Bellucci, en homenaxe a Jimmy de Rairo, e Uma Thurman, esta en autohomenaxe)Poucas cousas hai tan subxectivas na historia do mundo como a Beleza. Non era o mesmo nos tempos de Durero ou de Rubens que hoxe. Nin creo que haxa tampouco valores universais, en Oriente e en Occidente. Pero algúns científicos seguen empeñados en dar co segredo da Beleza. Un estudo duns psicólogos escoceses conclúe que sorrir e mirar fixamente ós ollos son as claves da sedución, á marxe de que un rostro sexa máis feo ou fermoso, alegre ou enfadado. Din que a atracción sexual pode depender desas dúas características. Eu non o vou negar, aínda que outro estudo dicía que vemos como máis atractivas as facianas máis simétricas. Os escoceses remóntanse a Darwin e falan da función psicosocial do sorriso, que axudaría ós seres humanos a escoller as súas conquistas. Só queda saber discernir entre o sorriso verdadeiro e o falso: só iso, nada máis.
18 comentarios:
Eiquí está a famosa poesía de Gandhi que aparece en moitos pósters:
un sorriso costa pouco
Miren qué curioso o que pón
Eiquí
As imaxes de Mónica Belluci no último Fotogramas son unha apoteose do photoshop: semellan unha persoaxe de xogos de ordenador.
Veño cheirando a fumo,dun magosto.Tróuxenlles unhas castañas asadas e xa peladas.Eiquí as poño,pra que as collan.E sorrían:
O O O O O O O O O O O O O O O O
Máis:
O O O O O O o o O
Máis:
O O O O O O o o O
Vaia.Algunhas son pequenas e a última saéu queimada...
Canción que vai de sorrisos:
A sombra do teu sorriso
Paul Anka! Gústame máis a vesión de Stevie Wonder. Non a puiden atopar, así que teremos que conformarnos con
falar de
SUPERSTICIÓN
Estaban ricas as súas castañas, señor XDC. Mesmo a queimada, que era máis grande. Este ano hai menos castañas pero están máis ricas. E non nos trouxo ningún chourizo?
A ver como debuxa o chourizo agora, dacoba!!!
Como é posible que se deixe colonizar pola música do Imperio imperialista, Swann? Parece mentira en vostede!
Reivindiquemos a música netamente patriótica:
Linda Galicia
O-O-O-O-O-O-O-O-O-O
É unha ristra deses redondiños,tan ricos...
Hoxe veño doutros dous magostos.
Estou enmagostado.O desenmagostador que me desenmagoste bó desenmagostador será.
Saio pra Compostela.Mañá é festivo en Ourense e aproveitaréi o día de mañá por aquela zona.Iréi a "Follas Novas" pra mercar os libros recomendados por vostedes non últimos días.
Non se enfaden se tardo en respostar a súas mesaxes.
Máis chourizos(Dos que se comen,que dos outros,non creo que haxa moitos neste blog):
-OWWWWO- (Este é de cabazo)
-OOOO-OOOOO-OOO-OOOO-WWWWW-
(No último quedóu a tripa algo floxa).
Gracias Marcos. Hoxe o photoshop fai miragres, pero non creo que a M.B o precise moitos,ainda que dada a competencia, posibelmente se tire con exceso del. Eu sigo a ver o "eidos" detrás, Sofía Loren, que resultaba até erótica en bata de casa, que mais se lle pode pedir a beleza dunha muller?
Amigo Da Coba: o agasallo foi recollido. Cunha emoción insólita. Bebereina de penalty á súa saúde e irei a gatas ata Ourense a abrazalo. Non se me ocurre outra forma de agradecerllo infinito.
Pois se vai a primeira hora da tarde igual nos topamos, amigo Da Cova, ainda que como nunca nos miramos...
Publicar un comentario