Pintadas (1).
Pan por Pan mércores 21 novembro
Nota previa: como outras veces, reciclo materiais nacidos no blog, hoxe mesmo. Gustáronme tanto algunhas das súas aportacións no fío da Auriense,
arredor das pintadas, que decidín facer unha pequena serie sobre as pintadas da cidade ourensá. Velaí a primeira entrega.
Na rúa de Camiño Caneiro, ó carón do cruce coa Habana, había unha pintada, aló polo 72, que dicía “Orense con Ferrol. Franco asesino”. En solidariedade coa folga obreira de Ferrol, debeu ser das primeiras na cidade, como lembra un lector do meu blog. Tras dela acoden á memoria, nun curioso cachón de relmbranzas, moitas outras. A cidade ourensá ten unha rica tradición de pintadas ácratas, bastante cachondas todas elas. Por exemplo, aquela xoia de “Grelos, sexo e muiñeira” que estivo en tempos nunha residencia feminina de Cardenal Quiroga. Perto do colexio Cardenal Cisneros houbo outra, moi provocadora cando chegaron as primeiras eleccións democráticas, a favor da abstención: “Haz como nosotros. La reina y yo no votamos” e asinaba o Rei. Co mesmo estilo, na rúa Cardenal Quevedo, aquela que rezaba: “Niezsche murió. Firmado: Dios”. E mañá seguiremos.
54 comentarios:
Buscando en google imaxes de pintadas aparece esta repetidas veces:
"Mentras os medios mintan,as paredes seguirán falando"
conexión google imaxes pintadas
Por qué son os ácratas os que teñen máis inxenio? Será que non teñen nada que perder?
A min encántabame unha que estaba no Tarasca en Compostela: "Sito Miñanco: preso político."
Outra moi boa é aínda recente:
"Ugio e Giana: patriotas galegos, liberdade"
e aquela en Compostela:
"1º de maio, traballa ti que a min dame a risa"
Éstas veño de velas nunha web do maio-68:
- Esto no es más que el principio. Continuemos el combate.
- El aburrimiento es contrarrevolucionario.
- No le pongas parches, la estructura está podrida.
- No vamos a reivindicar nada, no vamos a pedir nada. Tomaremos, ocuparemos.
- El patrón te necesita. Tú no necesitas al patrón.
- Soy un marxista de la tendencia de Groucho.
- Están comprando tu felicidad. Róbala.
- La barricada cierra la calle, pero abre el camino.
- En una sociedad que ha abolido toda aventura, haz de la abolición de esta sociedad la única aventura posible.
-Las ideas no se matan.
... E de pancartas curiosas.
Lembro unha, na última manifestación de adhesión a Franco qeu dicía "Franco, tus ideales son los de Toén"... e outra "Nuestros hijos piden justicia".
As dúas, feitas de encarga, ben deseñadas e sostidas por rapaces de 12 ou 13 anos...
Nota para xente que non sexa da nosa Atenas... En Toén hai un psiquiátrico, coa connotación das paraulas.
Aquela que todo upegallo leva marcada como bautismo de humor:
"QUE SE DEFINA LA U GALICIA ES COLONIA O CHAMPÚ"
O latiguillo conseguinte era: pero está escrita en español.
Os ácratas eran os mellores nos slogans e pintadas, porque era a súa acción política mais eficiente.
O da colonia e o champú é un clásico da pintada galega. Pero no pub Tarasca de Compostela, sorte de Herriko Taberna versión enxebre, algún cachondo medio upegallo deixou escrito no servizo de homes o seguinte grafiti:
SITO MIÑANCO, PATRIOTA GALEGO, LIBERDADE!
Todo o mundo saía do servizo de homes escachando da risa... O mellor era que, inquerido algún rapaz da Paco-Jugend (tamén chamados UMG) sobre o patrioticamente obsceno da pintada, respondían: E bon, tamén Stalin de novo fora medio atracador, e Durruti, e que?
No comments.
Boeno,se nos metemos cós toilett-graffitis xa non rematamos máis...
Eu lembro unha enfronte do instituto de Monforte que dicía: "Escoita, o foder tamén é loita".
Houbera a finais dos 70 unha pequena revolta no Hospital psiquiático de Conxo, no que andivera metido Antón Seoane, médico psiquiatra que daquela exercía alí, o que levou a alguién a pintar no antiguo edificio Castromil, xa a punto de piqueta: SOLIDARIEDADE COS ENFERMOS DE CONXO, que eu nunca entendín.
Espero que o seu autor que a bon seguro anda por aquí mo explique
As veces por obvias tamén che parecen divertidas e de tanto velas xa non che parecen inocentes.
Arume seguro que a lembra, vindo de Pedras Negras e chegando a Lanzada unha pintada nunha sinal de tráfico que poñia : TOURIÑO MENTIROSO
Eu creo que esa da que fala Xaime estaba antes de ser Presidente da Xunta ou de xusto despois, sen días case para mentir (como presidente, enténdase), pero abofé que non comprendín nunca o contexto alí.
En Ourense houbera moitas coa lenda "Solidaridade coa madeira".Non séi se alguén a pode explicar bén.
Recentemente apareceran unhas de "Pocholo ladrón".Creo que xa as borraron.
Na Vistahermosa creo que aínda hai unha que dí "municipal subnormal".Igual xa a borraron.
Logo tamén teño visto varias veces unha que dí "Te quiero".Non séi qué siñifica.
Outra que estivera algún tempo fai anos en Ourense dicía"O corpo é noso.Non a represión sexual".Lembro que nunha misa na igrexa de Santo Domingo o cura arremetera contra esa pintada durante todo o sermón.
A raiz da violación e posterior asesinato dunha rapaza do Couto,un suceso que conmocionara a Ourense fai unhos 15 anos,apareceran varias pintadas feministas."Contra o macho,actúa xa"."Mulleres:a rúa tamén é nosa" e moitas máis que non lembro agora mesmo.Tamén aparecera outra,que borraron deseguida,perto dos viños:"Anda solto un violador:......." có nome e apelidos do home en cuestión.
Había unha nun muro no campus sur da USC que dicía: "Aquí es triste sin ti"
Se o corpo non é noso, de quen **** é?!
As de Solidariedade coa Madeira, que duraron, de certo, foran pola folga do sector da madeira, creo que a comezos de 1976. Fora unha dura folga, na que se implicaran a fondo o SOG (hoxe CIG) e un sindicato unitario, non lembro o nome, dependente do Partido do Traballo (PTE); creo que viñera por Ourense un dos seus líderes, Murúzabal, daquela (algúns antigos dirixentes deste sindicalismo pro PTE acabaron no POG e EG: Fernando Solla ou Manuel Monge, p.ex.).
Unha en Barcelona:
"ESTO ESTÁ HECHO EX PROFESO"
No 1977 eu fora a Ourense a unha manifestación en solidariedade co sector da madeira; o líder do SOG no sector penso que se chamaba Ánxel Rúas, e a consigna que se berraba era esa. Fora unha mobilización a base de comandos, con cruce de coches na parte vella. A xente miraba como faciamos, toda interesada e sen meterse; ata que, nun sitio polo que paso ás veces, ao botarlle man ao coche correspondente, unha paisana desas potentes achegouse, separou os que agarraban sen enfadarse moito, e cunha fonética galega desas profundas dixo "¡Ay, no, que es nuestro!". Foise por outro, claro.
Acordoume unha pintada de hai case trinta anos, no que agora é Campus Sur en Santiago: "Elecciones 79: está visto que no escarmentáis". Ácrata, claro.
Non lembra mal,XMGlz.Anxo Rúas.ATS coma o Quin.E con algunhas cousas máis en común que non veñen ó caso.
O seu nome correcto é Anxo Rúa (sen s) e fora un dos que botara a andar o SOG na provincia de Ourense e liderara, con máis entusiasmo que resultados, os primeiros conflitos laborais que dirixira o SOG. Militara na UPG: era o "obreiro" que tiña na cidade a mediados dos setenta.
Logo fíxose celador (non ATS), sendo líder sindical da CIG-Sanidade na cidade de Ourense durante moitos anos, até que o deixou. Hoxe creo que está totalmente apartado da vida política e sindical.
Un buscador de cancións moi chulo:
http://songza.com/about
Pilla de todos os lados (Radio Blog, Youtube...)
Este Apicultor é unha máquina.O seu fillo Brais estará contento de que lembren aínda así a ctividade do seu pai.Tén razón no de celador,efectivamente.
Son corfectos todos os datos que están dando sobre o SOG e Anxo Rúas. Só engadir que durante varios anos Anxo Rúas foi comentarista de política internacional en ANT, unha páxina semanal cando menos, na liña que poden imaxinar (prosoviética, etc.). Despois retirouse de todo, que eu saiba. Na súa última intervención pública, que eu lembre, tiven eu moito que ver: chamámolo no 2000 para o 25 aniversario da Casa da Xuventude e falou en nome dos nacionalistas dos 70 nunha mesa redonda.
Dos primeiros militantes sindicais daquela hora (antes diso mesmo había un Frente Obreiro da UPG) habería que destacar tamén a Antón Sánchez Rivero, aínda que neste caso tratábase dun "obreiro" ou asalariado do sector comercial, pois traballaba na Armería Marcial. O resto dos líderes, na súa maioría, procedían do ensino (UTEG): Alfredo Suárez Canal, Xaquín Méndez Anta, etc.
Por aquel tempo tivo lugar unha invasión de ERGA-OURENSE por parte dos rillotes que chegaban de Vigo.
Rectifico que esto está cheo de historiadores, a verdade é que o desembarco foi algo mais tarde.
Si, foi un par de anos máis tarde. Por sorte, esquecín os nomes de dous deles que tiveron que saír por pernas despois de estafar a medio Ourense: tamén había destas cousas dentro das organizacións.
Pouco despois a UPG (1977 ou 1978?) montaba a súa organización xuvenil, Unión da Mocidade Galega (UMG) co obxectivo básico de controlar ERGA e buscar novos cadros para a UPG. Publicaba un voceiro chamado GUIEIRO e nos primeiros números hai varios artigos sobre tema cultural-patriótico, sen asinar como todo o resto do voceiro. (Por sorte). Adiviñan quen era o autor?
Hai toda unha vaga de personaxes indefinidas naquel tempo de transición persoal, social, política, cultural, económica,psicolóxica, afectiva,histórica,ideolóxica, hemeneutica,propedeutica, heuristica,profesional,sexual, continxente e trascendental.
Non sabía que por aquel entón o Xohan da Coba se adicara a adoutrinamento das camadas populares no GUIEIRO.
Eso nunca no-lo contara
Creo que sen querer dei lugar a unha confusión. O adoutrinador das camadas populares no GUIEIRO era eu mesmo, non Xoán da Coba.
Ja ja ja.Non Xaime.Eu nunca estiven en ERGA min na UMG.Intentáranme convencer,entre eles o Fortes,na actualidade no BNG ourensán(por aquelas estaba estudando na Universidade laboral,creo)e outro cuxo nome non vou decir porque abandoóu ese mundillo obrigado polo pai e igual lle molesta que o diga.
Eu entendera bén,Marcos.E creo que Xaime tamén,pero levantóuse cachondo hoxe.
diga diga...
O curioso dese que abandoóu ERGA polo pai é que viña dos da OJE.Cando se enteróu o pai metéuno nunha habitación durante horas e falóulle da guerra civil e de non séi qué acontecementos familiares.Sobornóuno cunha mobylette é non séi qué máis e deixóu aquel mundillo.Polo menos foi o que me dixo.Fai anos que non reside en Ourense,senón na Coruña.Nas pasadas navidades falóume pola rúa e tardéi unhos intres en recoñecelo.
Dous xoves rapaces, entusiastas activistas de ERGA e da UPG aló polo 1976, fan proselitismo cun compañeiro de aula de orixe popular e ferroviaria. Fálanlle da revolución nacional-popular, de Castelao, de Marx e de Lenin, da necesidade de coller as armas no seu momento, da loita final contra o capitalismo, do futuro comunismo nunha Galicia dona de seu e nun mundo esplendoroso, etc.
Convócano polas tardes e fálanlle horas e horas durante varias semanas. Cando pensan que o estudante está xa suficientemente concienciado, propóñenlle un día que se integre nalgunha estrutura acaída ao seu compromiso.
Nese día, o compañeiro de aula, moi serio, dílles que está totalmente de acordo en todo o que din... e que cando chegue o día da revolución que poden contar con el. Mais, namentres no aconteza tal cousa, el quere xogar ao fútbol e saír cunha moza, casar e ter un emprego en Renfe, como seu pai.
Eu, pai da criatura, o que quería é que se fixese un home de Falanghe e, chegado o momento, dar o chouto cara ás posicións de Franqueira, aquel home que, grazas aos seus esforzos como empresario cárnico, prometera que cada ourensán había papar doce polos ao ano.
Curioso rapaz aquel, Apicultor, tiña un sentido pragmático a realidade do que nos adoecíamos, ou tardamos en coller, eu ainda non o teño, na miña cabeza ainda moran cacatúas, loros transparentes, papagudas, ornitoloxias, pardaos, e cousa maravillosa un ornitorrinco.
Ando coa cabeza a paxaros, non firmei.
Había outro co que se practicou prosetismo, aquel que lle retorcia a cabeza aos paxaros.
Eu daquela andaba no rollo ecoloxista,que mantivo unha certa independenza coa política(xa contéi que estiven na fundación de Adega,no Auriense).A verdade é que era unha curiosa mezcla,todos aqueles rapaces que tiñamos inquietudes máis ala do obligatorio da escola e o instituto.
Tamén na Universidade Laboral había "movida ecoloxista",có Pablo,que dirixe na actualidade a asociación ecoloxista "Ridimoas".Había unhos premios chamados "premio Holanda",á investigación científica na xuventude.Presentáranse varios proxectos por Ourense,ecoloxista,,algunhos con premio.Esas iniciativas xa non existen.Mágoa.
Veño de ver na rede,unha noticia do 1981 sobre eses "premios Holanda".Fíxense.Promovida por empresas:Philips e unha radio.Por qué non podería unha institución pública promover algo así?
Dicen que os que teñen a cabeza chea de paxaros,andan sempre "polas ramas" (ponlas).
(Trato de lembrar a expresión inglesa equivalente a "ter a cabeza chea de paxaros".Teño lapsus linguaue,pero é simpática).
Pró galego,góstame máis como decía meu abó: "Tí,pensas que os paxaros maman.Pois non maman".
En efecto Jimmy.
Había un compañeiro de instituto, forte, túzaro e de orixe moi popular (da terra dos peliqueiros), que logo resultou ser un psicópata de moito coidado. Entendía que facer a revolución era darlle unhas boas hostias a un cacique da súa aldea e a calquera que lle levase a contraria, e falaba de coller as armas constantemente, inmediatamente.
Metía medo e houbo que fuxir del, darlles largas. Pero agarrou un mosqueo de non te menees e, despois, había que mirarse as costas por se aparecía por detrás en calquera momento. Un psicópata moi nacional-popular, que falaba un galego moi enxebre, iso si.
Señor Valcárcel: póñalle a este post, por favor, a etiqueta "pintadas" para que me saian todos os da serie xuntiños nunha recomendación que quero facerlle ós amigos.
¡Gracias!
EXCELENTE IDEA, AMIGO R.R. Xa o fago agora mesmo: os outros xa teñen a etiqueta PINTADAS e as que quedan o mesmo, así que quedarán todas xuntas para quen as queira consultar. grazas polas súas achegas, que foron moitas e ben valiosas.
As gracias, a vostede polo bló, que é cousa grande e, sobre todo, por esta serie que me permito recomendar. Un gran acerto como tema para este medio. Os comentarios nos blós son o mollo do conto, pero nesta serie ata se podería dicir que están case convertidos na chicha (sen desmerecer os seus textos, ollo!).
Un saúdo e gracias.
Oiga, R.R., se é vostede quen se di por aquí que é, aproveito para felicitalo polo que vostede xa sabe.
Estimado Marcos. Acabo de chegar desa comida entrañable, auspiciada polo Tino Fandiño, na que compartin contigo, e con outros como nós, as lembranzas sobre aquela xuventude de fai casi 30 anos que sin un duro no bolsillo, aínda que cargada de ilusions, botouse aos camiños e ás beiraruas do país para dar forma á Utopía.
Rapaces e rapazas de entre os 18 e os 25 anos, que soñaban coa idea de transformar radicalmente o mundo, comenzando, obviamente, polo que lles quedaba mais próximo.
E nese contexto, precisamente, no que se enmarca a aludida "Folga da Madeira de Ourense" no voso blog. Folga , por certo moi dura, que tivo lugar entre abril e xuño de 1977, e que se acabaría convertindo co paso do tempo nunha anecdota mais das miles que se foron sucedendo no laborioso proceso de construcción da antedita Utopía.
Folga, que foi por certo, o bautizo sindical do nacionalismo na provincia de Ourense; cos enormes avatares e carencias propias de todo neno recen bautizado. Efectivamente foi impulsada polo SOG, i eu tiña daquela 21 anos.
A miña biografía posterior non é o importante, senon o que queda. Pero si alguén ten curiosidade, efectivamente exerzo de enfermeiro no Chou, e dende fai uns anos non profeso de militancia politica nin sindical, aínda que tampouco quedei anclado no pasado (por moitas deudas que teña contraídas con él), e sigo mirando ao futuro. Unha apreta
Publicar un comentario