27 nov 2007


Pintadas (6).
Pan por Pan martes 27 novembro. Harpo Marx, imaxe.

A provocación dende os muros dunha parede é un feito tan antigo como universal. O milagre de Internet permítenos acceder a mensaxes nacidas en lugares ben diferentes. En Italia, por exemplo (grazas, Arume), aquilo de “Estracomunitari, salvateci degli italiani” que significa “Inmigrantes: salvádenos dos italianos”. Ou esta catalana, que non é preciso traducir: “El que no folla per cap d´any, no folla en tot l´any”. Dende Uruguay chégame unha boa escolma. Velaí: “La esperanza es lo último que se perdió”; “Algunos nacen con suerte, otros en Uruguay”; “Todos prometen, nadie cumple, vote a nadie”. Que me perdoen os psicólogos por esta: “Los idealistas hacen castillos en el aire, los locos los habitan y los psicólogos cobran el alquiler”. Ou esta outra, que dá que pensar: “Los niños y los locos son los únicos que dicen la verdad: a los locos los encierran, a los niños los educan”.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Chega a unha consulta psicolóxica un fulano.O psicólogo tumbao no diván,e dille:cóntemo todo desde o principio.
-¿Desde o principio? Boeno,no principio...fixen a luz,e vín que era boa...

Anónimo dijo...

Colección de pintadas vistas en Flickr:

- "Galiza: máis que nunca. España: nunca máis"
http://www.flickr.com/photos/brocco_lee/237616250/

- "A turistificaçom é colonialismo lingüístico e cultural"
http://www.flickr.com/photos/septemtrionis/1258910907/


- "Juan Carlos I Parásito"
http://www.flickr.com/photos/jaumedurgell/210484517/

- "El Príncipe estuvo aquí pero se olvidó el trono" (pintada durante o Prestixe):
http://www.flickr.com/photos/saulgm/87862376/

- "Só os sádicos desfrutan coa tortura"
http://www.flickr.com/photos/kriskogz/1126783513/

- "Opus Dead"
http://www.flickr.com/photos/kriskogz/1221865955/

- "Pisos de luxo? Vivendas protexidas? Okupación!"
http://www.flickr.com/photos/kriskogz/1169626507/

- "Contra o Trankimazín izquierdista, Adoquín Komplex"
http://www.flickr.com/photos/porras/1138120851/

- "Inmobiliarias negocio de quen?
http://www.flickr.com/photos/kriskogz/1170479772/

- "Nim chapapote nin lume, Raxoi. Galiza non se fumde"
http://www.flickr.com/photos/comcinco/222479079/

- "Reset the world"
http://www.flickr.com/photos/cositasdeagustina/1160832603/

- "Hipoteca Cadena Perpétua"
http://www.flickr.com/photos/igonzalez/376433477/

- "Dream More, Work Less"
http://www.flickr.com/photos/daquellamanera/86907303/

- "Schule -- Arbeit(los) -- Tod" "Capitalism Kills -- Kill Capitalism" [Escola-(Falta de) Traballo)-Morte]
http://www.flickr.com/photos/drmotte/237707290/
Velaí o resume completo da nosa vida.

- "Comete actos aleatorios de amabilidad"
http://www.flickr.com/photos/alvy/149185988/

- "Señora, No es Vandalismo, Es arte"
http://www.flickr.com/photos/56245052@N00/1198120784/

- "Gracias por seguir apadrinando nuestras bombas. Es un mensaje de: La Liga de los hombres extraordinariamente ricos"
http://www.flickr.com/photos/srta_petardita/255091934/

- "La intolerancia se kura leyendo"
http://www.flickr.com/photos/laguada/521840010/

-"La moda me incomoda"
http://www.flickr.com/photos/gatovaka/51973387/

- "Qui vigila els vigilants?"
http://www.flickr.com/photos/elhamstergangster/221971223/

- "Gane quien gane, pierde la gente. No votes"
http://www.flickr.com/photos/zo_zena/1557584336/

- "Son los muros la prensa del pueblo"
http://www.flickr.com/photos/jagelado/96742571/

- "Nosotras éramos más de Pipi" [debuxo de Heidi]
http://www.flickr.com/photos/_tonidelong/1010985005/

- "Viva el Mal. Viva el Kapital"
http://www.flickr.com/photos/_tonidelong/1010985229/

- "No queremos tu coche aquí"
http://www.flickr.com/photos/oteo_74/203755944/

- "Pagamos un abono caro pero con sauna" [Metro de Madrid]
http://www.flickr.com/photos/rinzewind/188959684/

- "Waste your Life. Be an Artist"
http://www.flickr.com/photos/daquellamanera/577667669/

- "Los Okupas comemos Kroketas. A los parásitos os alimenta la ignorancia"
http://www.flickr.com/photos/mikelo/428619529/

- "Los perros y la policía son tus enemigos"
http://www.flickr.com/photos/kankamusilla/352991661/

- "Nos mean y la prensa dice que llueve"
http://www.flickr.com/photos/arratetxo/422194946/

- "Stop me before I kill again" [George Bush]
http://www.flickr.com/photos/daquellamanera/94323592/

- "Non á guerra. Que vaya tu puto hijo Aznar"
http://www.flickr.com/photos/brocco_lee/237616252/

- "Aprende a desaprender"
http://www.flickr.com/photos/juanvegano/477473472/

- "Stop (Bush)" [nun sinal de tráfico]
http://www.flickr.com/photos/daquellamanera/423144263/

Anónimo dijo...

Nesta foto, Harpo Max � cuspidi�o a Bob Dylan.

Anónimo dijo...

Pero esa mirada do Harpo é máis coma a dos curas,que sempre están mirando prá arriba,pró ceo.(Está facendo un acorde en "primeira inversión" coa man direita).

R.R. dijo...

Impresionante listado, señor swann. Picar nesa de "gracias por seguir apadrinando nuestras bombas" recordoume a estoutro grafitero: Banksy .

Vou seguir botándolle un ollo ás súas ligazóns.

Marcos Valcárcel López dijo...

Traballo máis que impresionante, mr. Swan. Graciñas polas súas achegas.

Anónimo dijo...

Querido amigo: Leo con atención a túa columna diaria en Galicia Hoxe e os teus coidados traballos históricos. Como agora andas a voltas coas “pintadas”, mándoche algunhas recentes e outras non tanto:

Na Facultade de Psicoloxía había unha estes días atrás que dicía “Pensar non doe”. E, no mesmo Campus Sur, na Casa do clero, esta outra: “O ensino non é mercadoría”. E fronte o pavillón deportivo, esta outra: “Sen a muller nâo á revoluçao”.

Hai non moitos anos, no edificio de Fenosa da rúa Galeras –ben longo il- había unha pintada ácrata da movida dos 80 en Compostela que dicía: “Aprovechémonos de nuestros padres mientras no podamos vivir de nuestros hijos”. E outra –ácrata tamén- dos tempos lonxanos da transición, no Ensanche, que dicía: “Carrillo, eres tan tontín!”. Un saúdo, H.B.

mar nov 27, 06:28:00 PM

Anónimo dijo...

Un saúdo a H.B., que non é Herri Batasuna, senón un senior moi querido por moita xente que o recorda ben despois de tantos anos de docencia. Eu vino no concerto do sábado venres, mais non lle dixen nada.

Anónimo dijo...

Qué noite máis fermosa queda hoxe,cunha fermosa lúa,i está xusto na miña parroquia!,coma decía o cura aquel...

Blue moon

Anónimo dijo...

Máis música pra disfrutar desta lúa:
Serenata á luz da lúa

Anónimo dijo...

Máis:
Río de lúa

Anónimo dijo...

Perto da vella discoteca Yohakin, templo nouturno de diversas tribos da esquerda estudiantil dos setenta en Santiago de Compostela, había unha pintada que dicía:

MUERTE AL CERDO DE CARRILLO

E outra posterior, debaixo, advertía:

CARRILLO, TEN CUIDADO QUE TE QUIEREN MATAR EL CERDO

Anónimo dijo...

algumhas das que colocas no Uruguay estám recolhidas por Galeano nas suas obras, pois também tem o gosto este de ler nos muros o que nom encontra nos livros.