29 nov 2007


Pintadas (e 9).
Pan por Pan venres 30 novembro. Na imaxe, Charlie Chaplin.
Rematarei hoxe con esta serie das pintadas, aínda que teño material non para nove columniñas, senón para un cento delas. Algunhas pintadas valerían para as clases de literatura, por exemplo, para identificar os recursos retóricos presentes nestas: “La moda me incomoda”; “Galiza: máis que nunca. España, nunca máis”; ou “Gane quien gane, pierde la gente. No votes”.
En Santiago vin no Ensanche unha moi desvergonzada, “Carrillo, eres tan tontín!”, e outra moi filosófica, “Pensar non doe”, na Facultade de Psicoloxía.
E remato con outra que me facilita un amigo ourensán: pintárona na madrugada do 22 de novembro de 1975, ó comezo do Paseo, entre Hermanos Barros e Tobaris, cando a morte de Franco e dicía “Viva el Rey”. Pero mans anónimas engadiron por baixo dela: “En el exilio, coño!”: non sabemos se este artista era un franquista ou un opositor de esquerda.
(P.S.: de novo grazas a todos/as os que mandaron as súas achegas a esta escolma de pintadas que durante os últimos dez días foi aparecendo neste blog. O tema é infinito e haberá ocasión de volver sobre el, cando pareza pertinente).

27 comentarios:

Anónimo dijo...

Có frío que fai esta noite en Ourense,e aproveitando polo tanto que non vai haber ninguén pola rúa,non séi se abrigarme bén,armarme de spray e saír a escribir unhas cantas pintadas novas que fagan nova historia.Pero non teño ideas.Dénme algunhas.

Anónimo dijo...

"SE OS GRILOS PENSASEN OUTRA GALIZA CANTARÍA"

Anónimo dijo...

On de hai moito espazo pra facer pintadas é no Auditorio...e o lugar é simbólico.

Anónimo dijo...

JUÁ JUÁ. Qué dibuxo mais bó. Unha xaula de grilos coa forma do mapa de Galiza,e dentro os grilos "cri-cri-cri". Pilar Canicoba: tés que facelo.

Anónimo dijo...

ESTA NON É A NOSA.SELECIÓN GALEGA JÁ.Aínda está hoxe.Debéu de ser escrita cando a seleción española perdéu algún partido.

Anónimo dijo...

Ve�a,unha canci�n.A m�sica de esta,comp�xoa Charlie Chaplin,o da foto.Seguro que a lembran,os da mi�a quinta.

Limelights

�balles po�er tam�n "Love,this is my song",do filme "A condesa de Hong Kong",m�sica de Charlie Chaplin.Pero as versi�s que atop�i en Iutub,meten medo.

Anónimo dijo...

Ve�a,unha canci�n.A m�sica de esta,comp�xoa Charlie Chaplin,o da foto.Seguro que a lembran,os da mi�a quinta.

Limelights

�balles po�er tam�n "Love,this is my song",do filme "A condesa de Hong Kong",m�sica de Charlie Chaplin.Pero as versi�s que atop�i en Iutub,meten medo.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Había unha versión dun brasileiro que tivo moito éxito:

Tú llegaste a mí cuando me voy
eres luz de abril, yo tarde gris
eres juventud, amor, calor, fulgor del sol
trajiste a mí tu juventud cuando me voy.

Entre candilejas te adoré
entre candilejas yo te amé
la felicidad que diste a mi vivir se fue
no volverá nunca jamás, lo sé muy bien.

Tú llegaste a mí cuando me voy
eres luz de abril, yo tarde gris
eres juventud, amor, calor, fulgor del sol
trajiste a mí tu juventud cuando me voy.

Entre candilejas te adoré
entre candilejas yo te amé
la felicidad que diste a mi vivir se fue
no volverá nunca jamás, lo sé muy bien.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

E non era Roberto Carlos.

Anónimo dijo...

José Augusto.É o do video,máis vello.Pero pinchando nún que está ó lado vese de xoven,con imaxes de Chaplin tocando o violín.

Marcos Valcárcel López dijo...

OUTRA QUE ME PASA O BENITO LOSADA E O ENDEREZO DUN FOTOLOG DO SEU FILLO SOBRE PINTADAS CON PLANTILLA:

Marcos a pintada era: "Pero un beso de amor no se lo doy a Corcuera"
E o enlace para o fotolog do Anxo de pintadas con plantilla é http://www.fotolog.com/darkopanchevB

Anónimo dijo...

Esa do Corcuera estaba na entrada da Ponte Nova de Ourense,ó lado do ximnasio Lee.Non séi se estará aínda.
Por estas fechas aparece sempre algunha coma esta: "Non a constituÇon".
E logo están esas outras pintadas,os tachós nas sináis de tráfico con texto en castelán,ou có nome correxido ó galego.

No parque de San Lázaro,había fai anos una sinal que decía "Prohibido pasear perros".Cún spray,correxírona pra que dixera:"Prohibido pasar porros".

Anónimo dijo...

Fai bastantes anos, andaba eu pola baixa Limia, e vín un rótulo que puña "Lobios, tantos Km". Pero cún spray puxéranlle unha flecha apuntando pra unha carreteira secundaria. Eu penséi: "debe ser por aí máis perto, e por eso cho puxeron. Metínme por alí e fun dar a unhos montes, perdido. Logo enteréime de que aquelo fixéranno os de Entrimo, seus eternos riváis, pra despistar á xente foránea pra que non chegase a Lobios.

Eso sí que da pra unha tesis.A rivalidade entre pobos riváis e próximos. O de Entrimo e Lobios é famoso. Cortábanse a carretera uns ós outros o día da festa pra que non chegara o camión da orquesta. Ou saboteaban a corrente eléctrica. Os que sexan de por alá, poderán contar moitas desas.

Xaime dijo...

En Labacoia, fai anos nunha sinal de tráfico que debería pór SANTIAGO 12, poñía, SANTIAGO DE CUBA 12000, seguro que XMG a lembra

Anónimo dijo...

Lavacolla, please.

Xaime dijo...

Lavacolla, pues

Anónimo dijo...

Lavacolla, pois, si.

Anónimo dijo...

aquela que recollía non sei onde eduardo galeano:

"proletarios del mundo, uníos"

outra man engadiu:

"último aviso"

Anónimo dijo...

Xa é un pouco tarde, non si?
Os que si se van unindo son os capitalistas...

R.R. dijo...

Señor Valcárcel: a serie encantoume.

Outra de viciños mal levados: en Tui tiñan unha dende a entrada de Portugal que puña: Portugal, e unha frecha de cambio de sentido.

Saúdos para todos os que pintaron nas uvas.

Anónimo dijo...

Fíxense,qué curioso:

Muro virtual de pintadas

Anónimo dijo...

Joer coas pintadas.Se eu fora escritor, faría un relato sobre cómo unha pintada anónima cambióu o destino dun pobo.Coma naquela película de Hithckookna que unha maleta cuxo dono non aparecéu xamáis fixo prosperar unha cidade abocada á desaparición.Ou aquel relato de García Márquez na que a chegada á praia do cadáver dun náufrago cambióu pra sempre o destino da xente naquela perdida costa.

Anónimo dijo...

Non sei cal podería ser o título dese relato. "A pintada do diaño".Moi manido."O diaño na parede".Non, que ése é unha expresión en alemán (cando se quere decir que ún ve problemas onde non os hai)."O muro".Non, que ese título xa o hai.

Anónimo dijo...

Ich muss jetz ins bett gehen.Ich habe zuviel wein getrunken.
(Agora teño que ir prá cama. Bebín demasiado viño).

R.R. dijo...

http://www.fotolog.com/darkopanchev

A ligazón que puxo aí arriba o señor Valcárcel. Funciona sen o B final.

Señor da Coba: ¡Póñase co conto!

Anónimo dijo...

Veño de pasar pola rotonda da entrada á Valenzá desde Ourense, e fixéime nunha pintada que non séi que quere decir. Pón "Independência" (Atención ó circunflexo). Xa a teño visto noutros sitios.

Anónimo dijo...

Creo que xa a citéi algunha vez.En Sintra hai unha que pón: "Turistas, a nova peste ".E algunha outra contra os espanhóis, cuxo texto non lembro agora mesmo.