4 nov 2007

Rajoy e as contradicións
Pan por Pan domingo 4 novembro. A viñeta é do xenial Forges, claro (El País).

De sabios é rectificar: en honor ó dito, temos que felicitar a Mariano Rajoy porque rectificou as súas declaracións sobre o cambio climático: “uno habla casi todos los días y a veces se puede equivocar”. De paso libera ó seu pobre curmán dun gran peso morto: xa pode ir ós congresos de novo coa cabeza alta.

O mundo está cheo de contradicións: hai que esforzarse en entendelas. Por exemplo, protestamos contra a TV lixo, con razón, e hai colas de varias horas para entrar no Museo do Prado. E cada vez teñen máis éxito as series de médicos e cada vez hai tamén máis hipocondríacos: mellor sería que non as visen, non? Pero, ben, o caso é que os asesores de Rajoy lle dixeron que había que rectificar e acertaron. Hoxe mesmo dixeron na tele que as castañeiras da rúa vendían menos polo cambio climático. Se Rajoy se fixase niso, ata escusaba facer o ridículo a semana pasada.

2 comentarios:

lourixe dijo...

Boh! E eu que cando lin o título do post crin que se trataba dunha rectificación canto á teoría da conspiración do 11-M!

Xaime dijo...

Xa nin se escoita a auga no río
Xa nin hai río
Xa non hai quen escoite
Xa nin me río