17 nov 2007


unha directiva da Auriense
Publicada onte en La Región, na sección "Historia en 4 tiempos", de Maribel Outeiriño, esta nova do 16-XI-1982:
A Agrupación Cultural Auriense elixe a súa nova directiva: Xosé González Vázquez, Millán Picouto Iglesias, Roxelio Fernández Comesaña, Xosé Vázquez Pérez, Pedro Luján Rojas, Marco (sic) Valcárcel López, Xesús López Carreira, Hixinio Castelo Gómez, Antón Fernández Sánchez e María Picouto Iglesias.
(Engadido meu, por se alguén interesase: o presidente era, segundo creo, Xosé Lois González, que neses mesmos días puña a andar nese xornal O Carrabouxo: aí teñen unha viñeta daqueles días. Outra curiosidade: compartía eu asento naquela directiva coa miña muller de hoxe (daquela aínda non o era, un ano despois si) e co meu futuro cuñado, o poeta Millán Picouto).

32 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

De todos os demais amigos daquela andaina teño noticias ou mesmo os vexo, a algúns, con certa frecuencia. Non volvín saber do Roxelio Fernández Comesaña, un home, de máis idade que todos nós, moi correcto e galeguista, que tiña un comercio de mobles e tamén bastante trato co meu pai. (Agardo que estea ben, pero non volvín ter noticias del, supoño que fóra de Ourense).

Anónimo dijo...

A mím non se me esquece aquel outro "carrabouxo" no que tamén o para o motorista e dílle:" Tén poucas luces".E dí o carrabouxo:"Pois vostede moi listo tampouco parece".

Anónimo dijo...

Dous carrabouxos para a lembranza; cada vez que os lembro aínda me esmenderello. Na mila casa, contados, o efecto é semellante:

No outono, xornada ao aire libre. A muller do Carrabouxo, con cesto, está de res dobrada; a saia ergue moito por tras, e o Carrabouxo, deitado na herba, está xusto alí e olla moi interesado. Di ela: -Ves este cogomelo. Aínda non o entrou o verme. Resposta do outro: -Vexo. E aínda o pode entrar.

Para o segundo, lembren cando había quinielas de carreiras de cabalos, penso, que lle chamaban ao boleto o Q-1. Está o Carrabouxo, na casa, sentado onda a mesa, de cu para a porta. Entra ela, alborozada, cun boleto na man e en alto: -Tocoume o Q-1! Tocoume o Q-1. O outro, sen virarse e con cara ferreña: -Moi bonito! E quen foi o que cho tocou?

Anónimo dijo...

Outro, e paro. Preséntase un xaponés, moi educado, ao Carrabouxo: -Yo, Mikago Nagona. Resposta, algo abraiado: -Yo... micagonogarallo; pensamento: "Rediola, que costumes!".

Anónimo dijo...

Jua,Jua,Jua
Outro: É San Valentín e a muller dibúxalle dous corazós asaetados por unha flecha.Pregúntalle a muller."Sabes qué significa?".Responde o Carrabouxo:"Que me invitas a un pincho mouruno".

Anónimo dijo...

Vaia.Estóu pensando que quizáis teña que olvidarme de escribir o libro.Sería mellor inventar unha persoaxe de "cómic"?.Qué duras son as crises de identidade!.A ver se caio neso que chaman "parálisis por análisis".

Anónimo dijo...

Boeno,escollan máis

CARRABOUXOS

Anónimo dijo...

Pois a min a maioría dos do Carrabouxo, agás excepcións, non me gustan nada. Son un becho raro.

Anónimo dijo...

Boeno,apicultor.Seguro que a maioría dos artigos de prensa tampouco lle dicen nada.Por qué se lle vai esixir máis a unha viñeta que a un artigo? E ademáis:é dificil facer pensar á xente,como pretenden os artigos.Pero é moitísimo máis difícil facela rir.

Anónimo dijo...

O 95% dos chistes do Carrabouxo baséanse en xogos de palabras frecuentemente sinónimas.A vostede,coma a mín,parécelle demasiado fácil e non lle fai graza.Pero sorprenderíase da cantidade de xente que se rí francamente con eles.A mín cóstame entendelo,pero é a realidade.Tan realidade coma que as publicaciós que máis se venden son o "Marca",o "Hola",etc...

Anónimo dijo...

Onde dixén sinónimas debín decir polisémicas.

Anónimo dijo...

Non, se a min paréceme moi ben que a xente se ría, incluso cos/dos chistes do Carrabouxo.

(Creo que fixen un xogo de palabras)

Marcos Valcárcel López dijo...

Onte confirmáronme que Roxelio Fdez. Comesaña, por quen preguntei aquí, por sorte está ben e vive na Coruña. Alégrome.

Anónimo dijo...

Pra mín,o humorista xenial é Quino.E non por Mafalda,que tamén.Polas outras viñetas.Outro "escollido dos deuses".I en moitísimas das súas viñetas non hai verbas.

Anónimo dijo...

Eu sonlle máis de El Roto e xente así.

Anónimo dijo...

Carrabouxo e Quesada deben ter unha clá grande por razóns que eu creo sentimentais: por nacer con eles. Pero eu non lles atopo nada, pero nada, de gracia. E ultimamente o seu humor zafio e machista, especialmente o de Quesada nalgúns casos nauseabundo, vai medrando. Pero están xa no parnaso dos viñetistas galegos e eu xa non me atrevo a máis.

Anónimo dijo...

En efecto, a min ese humor zafio, machista e de reprimido sexual, que teñen non poucos chistes do Carrabouxo ou de Quesada, déixanme frío e incapaz de rir tales ocurrencias.

Anónimo dijo...

El Roto,Chumy Chúmez,etc...tambén está ben.

Pensen agora cantas das viñetas nos xornáis galegos teñen senso de humor "exportable" a xornáis do resto de España ou incluso do mundo.

Por certo ¿Qué opinan de Máximo,do País,e do Perich?

Anónimo dijo...

Algún día O Carrabouxo será estudado nunha tese de Antropoloxía como o símbolo dos complexos e virtudes, da retranca defensiva e, sobre todo, do que foi e aínda é a interpretación nacionalista das virtudes tradicionais do homo rusticus galaico. Non é "O segredo do humor" de Celestino fdez. de la Vega, senón algo máis primario: o humor labrego en versión nacionalpopular. Curiosamente, é un humor que fai rir moito máis aos non nacionalistas que aos nacionalistas, ou polo menos esa é a miña impresión, porque ese rústico idealizado é visto por moitos leitores como o rústico de sempre. Sen azo de establecer unha comparanza estritamente literal, era divertido ver n'A Nosa Terra de hai uns anos os debates verbo do grao de galeguidade e patriotismo do humor d'Os Tonechos, por exemplo.

Anónimo dijo...

No caso de Quesada, o que eu vexo é que quedou ancorado no pasado. Eses chistes seus aos que fai referencia Arume son simplemente "franquistas", non polo seu "contido ideolóxico", senón pola sociedade que esbozan en canto ás relacións entre as parellas, entre os pobres e os ricos, etc. Ata na pinta -eses homes con pelo ralo e bigotiño entrecano- se lle quedaron a Quesada os seus personaxes no franquismo. Eu discúlpoo porque xa debe ser un home moi maior.
Por certo, agora que a maioría dos que andamos por aquí imos tendo unha idade, ¿nunca sentiron o medo a quedar desfasados, a deixar de entender o mundo circundante, a que lles pase como a Quesada?

Anónimo dijo...

Tén razón no que dí leituga 1.Pero seguro que Quessada debuxa pensando en xente coma él,da súa edade,que desde logo hai moita aínda.Non esquezan cómo está a pirámide de población.Seguro que moitísimos amigos e coñecidos detéñense a falarlle e felicitalo pola viñeta do día.Pra él ése é "o mundo","todo o mundo".O demáis "xente que non paga a pena facer rír".Vive nun mundo virtual,coma moitos políticos,que gobernan pensando no seu inmediato entorno e moitos escritores.Xa temos falado de autoreferencialidad.

(E logo,a mín fastidiame esa definición das "épocas" baseándose exclusivamente nos gustos da xente xoven)

Marcos Valcárcel López dijo...

QUINO é un clásico e, como tal, un dos grandes: a min encantábanme aquelas páxinas que fixo en El País Semanal hai varios anos. (Nunha liña semellante, quizais de menor calidade, está o francés SEMPÉ do que teño un par de libros). Eu tamén son mais de EL ROTO, que creo que xa é moito máis que un humorista: un editorialista, un pensador, un descubridor... O meu entusiasmo é moito menor por Máximo, creo que algo repetitivo, e polo Perich, que me gustaba moito máis nas revistas dos anos 70. De CHUMY CHUMEZ, magníficas as súas viñetas sobre hipocondría (el mesmo era hipocondríaco).
Respecto dos galegos, creo que a relación entre Quesada e o Xosé Lois debería ser matizada. Quesada tivo o seu tempo e, efectivamente, está estancado, a súa cabeciña quedou noutra época (quizais os moitos problemas persoais da súa familia directa influíran...). O Carrabouxo, en cambio, non ten ese estigma tan arcaico e, por suposto, é un autor desigual: sería imposible ser un xenio todos os días. Ten ese toque populacheiro (machista?) nalgúns casos, pero iso encántalle a xente (a min non, pero): basta ver os aplausos dos militantes nacional-populares nas súas presentacións. Ó carón deses ten chistes moito máis elaborados e moi agudos na súa concepción, sobre todo nalgúns xogos lingüísticos cos personaxes. Gañaría se se abrise un pouco no plano ideolóxico: é visto por moitos como un "humorista orgánico" e creo que nunca fixo un chiste crítico con Beiras ou con Quintana, que algo terán tamén que criticar de cando en vez, digo eu.

Marcos Valcárcel López dijo...

Ten razón o que di Xohán da Coba no seu último comentario: estou seguro que Quesada ten moito éxito entre o seu público máis habitual, que non pide outro tipo de viñetas. Non sei como será visto agora, coa edición por Xerais dun tomo dos seus chistes: se é unha escolma, supoño que se escollerían os mellores dunha moi longa traxectoria e aí pode haber cousas boas, de seguro. O malo dos chistes é que moitas veces, para ser entendidos, hai que contextualizalos: hoxe non nos farían graza cousas publicadas nos 60 ou 70, porque se esqueceron xa os referentes e o "ambiente" da época en que naceron.

Xaime dijo...

En relación ó que dí Leituga, o que felicito por ter rexeitado publicamente se-lo rei sen reino de Galicia, ós que temos fillos cerca da vintena, certamente cóstanos aceitar que pouco a pouco estamos quedándonos desfasados, como eles dín.
Un exemplo, onte faleille o meu fillo maior que podería pasar se criminalizan o botellón, e contestoume que entón non haberá sitio no cárcere para todos xa que a xente xa está afeita, e que en todo caso o que se ía producir é que en vez de beber na rúa, alugarán pisos entre moitos, das vivendas sociais de aluguer, e comentoume que ía ser pior o remedio ca enfermidade, xa que de momento todo queda nunha borrachera, pero despois escomenzarían -puxerónseme os pelos como escarpias- as denuncias por agresións as cativas, que hoxe non as hai por que non se meten nun piso nin tolas.
Súa nai alarmouse de tal maneira que nos demos conta os dous que os novos están queimando etapas a un ritmo vertixinoso, e non sabemos onde irá a parar todo esto que é xusto o que pensa un que se esta quedando atrás.

Anónimo dijo...

¿Onde figura, señor Xaime, a miña renuncia pública a reinar sobre Galicia? Busque onde busque, en ningures atopará unha declaración oficial miña, debidamente asinada e rubricada co selo real, que confirme hipótese tan disparatada. Non hai máis que un repregamento estratéxico, pois sei que teño en contra aos nacionalistas lugueses, autodeclarados cimarróns, quen prefiren con certeza ao Duque de Lugo e ao seu vástago Froilán, cando non a algún sobrevido pretendente portugués. Pero non teña medo, pois non hei rendir tan doadamente os meus exércitos nin declinar con tanta celeridade as miñas lexítimas aspiracións ao trono de Don García.

Anónimo dijo...

E logo o de bibliotecario segue en pe ou non, SAR Leituga The First?

Anónimo dijo...

Eu, desde o outro día, chámolle Leituga I e non 1, en sinal de pleitesía.

Anónimo dijo...

Vaia.LeitugaI.Rei no exilio interior.

Xaime dijo...

Corren rumorosos na murada cidade que non lle aceita como rei, por algo tan súblime como o nome.
LEITUGA I, ofende a maioría dos lugueses, xa que semellante escarola, non é nin está capacitada para arrebatarlle o NABO, o seu predominio natural nesta bendita terra

Anónimo dijo...

Eu, como bibliotecario impétore (hai que ir reformando a norma lingüística para os novos tempos, pero rapidito), non acho problema niso. Un enlace dinástico en Vilar de Donas é o máis doado do mundo. A nova dinastía Leituga-Nabo ou Nabo-Leituga, tanto monta (con licencia), estou seguro que convencerá ao máis recalcitrante intramurán lugués, mesmo do barrio do Carmen. Xa me encargo eu das bodas entre o nabo e a leituga, por suposto para Coresma.

Anónimo dijo...

Vostedes saben cómo se copia o dibuxo dunha moeda,poñendo un papel porriba e rascando cún lapiceiro? Eu teño copiado así un montón de cousas,entre outras o diseño dos afamados cerroxos da igrexa de Vilar de Donas.Tamén o fixen coa "pedra dos croques" na Catedral compostelá.Fagan a proba de vez en cando,hai unha morea de lembranzas turísticas que se poden facer así.
Moita xente copia así as estrelas adicadas ós famosos no "Boulevard da fama" de Jólivud.

Anónimo dijo...

Xa saben o chiste malo do mozo que lle dí á noiva:"Cómeme o rabo" e dixo ela "Non,que é coaresma".Ó outro día,dille él:"Cómeme o nabo".